1. Valoración persoal sobre a película Troya (W.Peyersen. 2004) por Aida
Álvarez Suárez.
A película gustoume, aínda que me parece demasiado dramática porque
morre moita xente de maneira cruel.
Penso que os personaxes están moi ben interpretados: a valentía de Héctor e
Aquiles, o amor de Paris, a fortaleza de Príamo…
Creo que tanto os escenarios como o vestiario e as imaxes da loita entre os
dous exércitos están moi logrados.
A película resulta entretida, ao meu parecer, pola mestura de temas:
- O amor de Aquiles e Briseida, de Héctor pola súa muller e o seu fillo, de
Paris e Helena; o amor por Troya que senten Héctor e Príamo, o que
sente Aquiles; o amor de Príamo polos seus fillos…
- O afán de conquistas personificado no atrida Agamenón.
- A procura da gloria por parte de Aquiles.
Penso que facer películas de temática clásica é bo porque é unha maneira
amena de darlle a coñecer á xente esta civilización que cada vez parece estar
máis esquecida.