Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega os principais trazos da obra pictórica de Velázquez
1 of 66
Downloaded 61 times
More Related Content
Velázquez: caracteríticas e evolución pictórica
1. DIEGO RODRÍGUEZ DE SILVA Y VELÁZQUEZ (1599-1660) ETAPAS E EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA: Etapa de formación (1617-1622) Etapa de madurez (1623-1660) “ Máis aínda que Caravaggio ou Ribera, Velázquez lanzouse á conquista da realidade, a súa materialidade e a súa carnalidade. Introduciu a mans cheas na pintura a materia, o accidental e o circunstante.” Fernando Marías, Univ. Aut. de Madrid
2. ALGUNHAS LECTURAS PREVIAS: “ Velázquez fue un artista que no se dejó constreñir por las imposiciones estéticas de su tiempo. Si bien vivió intensamente la espiritualidad del Barroco, no por ello se prestó a ser acotado por la formalidad que ese movimiento impuso. (...) Que no encontremos en su arte ninguno de los clichés del momento, es decir, ni tremendismo, ni moralismo, no quiere decir que no podamos leerlo como un ejemplo de vanitas . Sus vanitas son asépticos y nos son coercitivos . La rendición de Breda, Las hilanderas y las Meninas son vanitas . No olvidemos que el Barroco coincide con el nacimiento de los Estados, y esos Estados recién nacidos para impresionarse y darse miedo mutuamente, se vistieron, no más nacer, de pavos reales. Antoni Llena, pintor. El país, 16 de octubre de 2006
3. En 1611, con doce anos, tras un curto periodo como aprendiz no obradoiro de Francisco Herrera o Vello, ingresa no obradoiro de Francisco Pacheco , con cuxa filla casará Etapa de formación (1617-1622) Aos 18 anos conseguiu licencia para pintar, dos seus mestres tomou os principios manieristas e academicistas ademais do tenebrismo . Neste período caracterizado polo tratamento naturalista, os temas preferidos son os: Bodegóns con figuras : O augador de Sevilla (1620), Vella fritindo ovos (1618) Retratos : Retrato de Sor Francisca Jerónima de la Fuente (1620) Escenas relixiosas : Cristo en casa de Marta e María , A Adoración dos Magos (1619) Velázquez fórmase en Sevilla no estilo tenebrista e naturalista
4. Almorzo 1617 óleo sobre lenzo 183 x 116 cm O Hermitage, San Petersburgo Características deste período: O tenebrismo , cos fortes contrastes de luces e sombras Predominio das cores terrosas Sinxeleza na composición
5. Vella fritindo ovos 1618 Óleo sobre lenzo, 99 x 128 cm. National Gallery of Scotland, Edimburgo
6. O augador de Sevilla 1623 óleo sobre lenzo 106.7 x 81 cm Wellington Museum, Londres Asimilou o programa do naturalismo e consagrou a súa arte á observación obxectiva da realidade , evitando calquera convencionalismo ( Gombrich )
7. Sor Francisca Jerónima de la Fuente 1620 óleo sobre lenzo 160 x 110 cm Museo do Prado, Madrid
8. Cristo en casa de Marta e María c. 1620 óleo sobre lenzo 60 x 103,5 cm. National Gallery, Londres
9. A adoración dos Magos 1619 óleo sobre lenzo 203 x 125 cm Museo do Prado, Madrid
10. Etapa de madurez (1623-1660) Este período pódese subdivir en tres etapas, coincidndo coas súas viaxes a Italia 1623-1631: Primeira etapa madrileña e primeira viaxe a Italia Velázquez viaxa á Corte , acadando o seu propósito de se establecer nela Hai un abandono da temática relixiosa e dos bodegóns, para se concentrar no xénero retratista VELÁZQUEZ NA CORTE Pintor do Rei
11. Estes retratos teñen como características: A sinxeleza na composición O realismo A escasa preocupación polos fondos A elegancia que emanan os personaxes O estatismo Son retratos de corpo enteiro, en busto, de tres cuartos Sobresaen diversos retratos do monarca e do Infante D. Carlos (1625-28), e os primeiros retratos de bufóns, como o de “Calabacillas” Filipe IV c. 1624-1627 óleo sobre lenzo 210 x 102 cm Museo do Prado, Madrid
12. Don Luis de Gongora y Argote 1622 Óleo sobre lenzo 50.3 x 40.5 cm Museum of Fine Arts, Boston
13. Infante Don Carlos 1626-27 óleo sobre lienzo 209 x 125 cm1626-27 Museo do Prado, Madrid
14. Retrato de home novo 1626-31 óleo sobre lenzo Alte Pinakothek, Munich
15. Doña María de Austria, raíña de Hungria 1630 óleo sobre lienzo 58 x 44 cm Museo do Prado, Madrid
16. O encontro con Rubens , que visita Madrid en 1628, orientouno cara ao humanismo e a mitoloxía , ademais de animalo a continuar a súa formación en Italia Antes pintou “ Os Borrachos ” ou O Triunfo de Baco (1629) Nel amosa ao personaxe mitolóxico entre campesiños andaluces, sinalando a principal característica da súa pintura mitolóxica: a concepción burlesca e irónica da mesma O Triunfo de Baco O ENCONTRO CO PINTOR FLAMENGO RUBENS
17.
18. Dende 1629 a 1631 , realiza a primeira viaxe a Italia , onde coñecerá a obra dos pintores renacentistas romanos e venecianos (Tiziano), visitando ademais Ferrara e Nápoles, onde contactou co pintor español Ribera Durante esta viaxe realizou “A Fragua de Vulcano”, de xénero mitolóxico e “A Túnica de Xosé”. Neles advírtese a influencia de los pintores italianos PRIMEIRA VIAXE A ITALIA (1629-1631)
19.
20.
21. 1631-1648: Segunda etapa madrileña Neste período prodúcese o apoxeo do mestre A influencia italiana fai que: O seu debuxo faise máis solto As śuas figuras perden rixidez O espazo énchese de aire , presaxiando a perspectiva aérea , coloreándose de grises, ocres e verdes suaves e harmónicos A produción pictórica nesta etapa é moi abundante, Entre os cadros de temática relixiosa : Cristo crucificado do Prado ( 1631), A Coroación da Virxe e Os Eremitas, Cristo atado á columna (1632) Á volta de Italia, o estilo de Velázquez faise máis suave e colorista 1631-1648: Segunda etapa madrileña Neste período prodúcese o apoxeo do mestre A influencia italiana fai que: O seu debuxo faise máis solto As śuas figuras perden rixidez O espazo énchese de aire , presaxiando a perspectiva aérea , coloreándose de grises, ocres e verdes suaves e harmónicos A produción pictórica nesta etapa é moi abundante, entre a que destacan estes cadros de temática relixiosa : Cristo crucificado del Prado (1631), la Coronación de la Virgen y los Eremitas, Cristo atado a la columna (1632).
23. Entre os seus retratos : O Conde-Duque de Olivares (1638), Filipe IV , O Príncipe Baltasar Carlos (1635), (retratos ecuestres), Filipe IV e D. Fernando de Austria (con traxe de caza) E os retratos dos bufóns Pablillos de Valladolid , O neno de Vallecas , O curmán Ademais dos retratos imaxinarios dos filósofos Esopo e Menipo Autorretrato De 1643
24. Dentro do xénero histórico pinta A Rendición de Breda, tamén coñecido como As Lanzas (1634-35) A rendición de Breda (As Lanzas) 1635 307 x 367 cm Museo do Prado, Madrid “ A Rendición de Breda é a plasmación dunha certa vergonza; aquela que toda vitoria xenera no ánimo dunha persoa sensible” Antoni Llena, pintor
25.
26. O Conde-Duque de Olivares a cabalo 1634 313 x 239 cm Museo do Prado, Madrid
27. A raíña Isabel de Borbón a cabalo 1634-1635 301 x 314 cm Museo do Prado, Madrid
30. Filipe IV de cacería 1634-35 191 x 126 cm Museo do Prado, Madrid Cardeal Infante Fernando de Austria de cacería 1632-36 191 x 107 cm Museo do Prado, Madrid
36. O anano Francisco Lezcano, alcumado "O Neno de Vallecas" 1642-45 107 x 83 cm Museo do Prado, Madrid
37. Diego de Acedo (O Curmán) 1644 107 x 82 cm Museo do Prado, Madrid
38. O anano Sebastián de Morra c. 1645 106,5 x 81,5 cm Museo do Prado, Madrid
39. Esopo 1640 179 x 94 cm Museo do Prado, Madrid Menipo 1636-40 179 x 94 cm Museo do Prado, Madrid
40. Marte, Deus da guerra 1640 179 x 95 cm Museo do Prado, Madrid
41. 1648-1660: Segunda viaxe a Italia e Terceira etapa madrileña Velázquez realizou unha segunda viaxe a Italia entre 1649 e 1651 , co encargo real de adquirir cadros e antigüidades para as galerías reais hispanas. Nesta viaxe realiza o retrato de Inocencio X , o do seu criado Juan Pareja e os dous cadros do X ardín de Vila Medicis, considerados un claro precedente la pintura de Corot e do impresionismo. Tamén realizou na viaxe a Venus do Espello , un dos poucos nús da historia da pintura española Neste período Velázquez perfecciona a técnica , conseguindo plasmar a perspectiva aérea. A súa pincelada solta emprega cada vez menos cantidade de pasta pictórica , coida a ambientación e os detalles Velázquez volve a Italia...
42. Retrato de Inocencio X c. 1650 141 x 119 cm Galleria Doria-Pamphili, Roma “ (...)(Polo) modo en que o pincel reproduce os brillos das teas e a seguridade de toque con que capta a expresión do Papa, non dubidamos nin por un momento de que nos atopamos ante o home mesmo.” ( Gombrich )
43.
44. Juan de Pareja 1650 81.3 x 69.9 cm Metropolitan Museum of Art, New York
45. O pavillón Ariadna no Xardín Médici en Roma 1650-51 44 x 38 cm Museo do Prado, Madrid
46. Entrada á gruta dos Xardíns da Vila Médici en Roma 1650 48 x 42 cm
47. “ La Venus del espejo, que nos da la espalda y nos mira borrosa desde el espejo, es quizás la pintura más genuinamente barroca de Velázquez (...) ya que en ella se vislumbra una variante de la metáfora barroca española que equipara el sexo con la cara. Según Quevedo, el sexo y el rostro son dos caras de la misma moneda, como también lo son para él el oro y la mierda, la luz y la sombra. Si el sexo anda oculto bajo la ropa, el rostro va al descubierto. Esta separación dolorosa que la civilización nos ha impuesto, es la que nos ha hecho seres humanos, la que nos ha condenado al trabajo y a la Historia. Pero esta separación es también lo que nos condena a inventar metáforas y suprimirla, a hacer arte para deshacer tal condena.” Antonio Llena, pintor El País, 16 de outubro de 2006 “ O espello reflicte o rostro dunha imaxe, reflexo dun reflexo, prodixiosa cristalización dun momento que, en realidade, xa esvaeceu.” Octavio Paz
48. Venus do espello 1649-51 - 122,5 x 177 cm - National Gallery, London
49. Velázquez volve á Corte e a Madrid en 1651 , despois dunha estadía de case tres anos en Italia. Esta última etapa madrileña supón o cumio estilístico do mestre sevillano Son deste período os retratos da Infanta Margarida e o da Raíña Mariana de Austria En dúas obras pódese resumir a aportación de Velázquez á historia da pintura: As Meninas ( 1656 ), e As Fiandeiras ou a Fábula de Aracne (1657) A última etapa madrileña e a culminación de Velázquez
50. A raíña Dona Mariana de Austria 1652-53 231 x 131 cm Museo do Prado, Madrid
51. María Teresa de España 1652-5 3 127 x 98,5 cm Kunsthistorisches Museum, Viena
52. Filipe IV de marrón e prata 1653 231 x 131 cm Museo do Prado, Madrid
53. Retrato de Filipe IV 1652-53 47 x 37,5 cm Kunsthistorisches Museum, Viena
56. En As Meninas , evoca a vida cotiá da familia real , que aparece arredor da Infanta Margarida , das súas damas de honor portuguesas, as meninas , e dos criados ananos, no salón onde Velázquez (que se autorretrata na penumbra) se atopa pintando aos reis (reflectidos no espello ); no fondo, na porta aberta, o aposentador observa a escena; o pintor obtén a sensación de profundidade por medio da alternancia de espazos iluminados con diferente intensidade. O espectador fica atrapado neste “instante” case fotográfico que o pintor captura cos seus pinceis. Ao contemplar a obra atopámonos, a pesar de estarmos fóra do cadro, dentro do mesmo, no espazo onde se atopan os monarcas. Os espazo abrangue, deste xeito, tanto o que hai dentro do cadro como o que hai fóra. Esta obra é a “ teoloxía da pintura ” As Meninas 1656 Museo do Prado, Madrid
57.
58. “ Ao pintar As Meninas , Velázquez ten aos reis das Españas diante dos narices, mais el nolos ensina. Dános a coñecer o seu reflexo no espello que está no fondo da sala. Trátase dun reflexo ao que un xogo de perspectivas invertidas de arriba abaixo e de destellos case que imperceptibles ao ollo permiten ao aire ser o protagonista do cadro, señorear e disolver calquera ilusión de poder.” Antoni Llena (pintor)
59.
60. En As Fiandeiras , sitúa o mito de Aracne , a habilidosa tecedora perseguida por Atenea no obradoiro de tapices de Santa Bárbara, o mito vai tecéndoe nas formas do tapiz ao fondo, mentres nun primeiro plano as obreiras traballan , o real e o mítico fúndense en tons amortecidos e temperados que teñen toda a súa delicadeza no tapiz, onde se desenvolve a escena principal cos protagonistas arrodeados dunha intensa luz A roca , en constante movemento, convértese no elemento que mellor exemplifica a “ instantaneidade ” do momento; esa roca ao xirar, xenera un baleiro que o absorbe todo, a realidade e o mito A estanza iluminada pola vaporosa luz que penetra, énchese de aire. Velázquez logra pintar a atmosfera, o aire que envolve as figuras A pincelada solta, de apariencia inacabada, as manchas de cor que suxiren detalles ou formas; todo nesta obra aproxímase a unha linguaxe nova que aínda está por nacer, o impresionismo 1657
61.
62. A Infanta Don Margarida de Austria c. 1660 212 x 147 cm Museo do Prado, Madrid
63. Retrato da Infanta Margarita c. 1660 121 x 107 cm Museum of Fine Arts, Budapest
66. A modo de conclusión: Velázquez sintetizou os estilos do s. XVI e XVII, o renacemento romano e a escola veneciana, o tenebrismo, o barroco flamengo e o naturalismo hispano Pintores neoclásicos coma Ingres, románticos coma Delacroix, impresionistas coma Manet e Degas, fauvistas coma Matisse, os expresionistas alemáns, surrealistas coma Dalí, sen esquecer ao propio Goya, van ser, sen dúbida, debedores de Velázquez