1. EQUIPO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
IES VILAMARÍN
I SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O Equipo de Normalización Lingüística do IES Vilamarín, en colaboración co profesorado e o
alumnado do centro, organiza do 13 ao 16 de maio a I Semana das Letras Galegas. As
actividades, partindo de distintos temas de interese, como o cine, literatura, a escritura, a
fotografía, as novas tecnoloxías, os xogos populares e por suposto, a cociña entre outras,
renderán homenaxe ás Letras Galegas e en especial, a Roberto Vidal Bolaño, autor polifacético
ao que están dedicadas este ano.
O programa de actividades inclúe o luns, en horario de 18:00 a 20:00 no Salón de actos a
realización do Videofórum “A lingua das bolboretas”, o martes de 11:00 a 12:00 na Cafetería
do centro “Café poético, Presentacións Pecha Kuchas e Amorodos”, o mércores en horario
de mañá a actividade de Fotografía “Lingua rica” e en horario de tarde a Charla-relatorio con
Séchu Sende, ao remate actuación musical con Alex para rematar, o xoves en horario de 9:00
a 11:30 “Xogos tradicionais” en colaboración co Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo.
Outras actividades a destacar:
Intercambio de Libros en Galego (Bookcrossing): actividade de animación á lectura que
consiste nun troco de libros no que se poderá traer ou coller un libro, lelo e volvelo a deixar (ou
non) na libraría de intercambio que se vai colocar a tal efecto na Cafetería do IES. Esta actividade
durará dende o 13 de maio ata o 22 de maio de 2013. Quen teña na casa libros que queira traer/
compartir, porque os ten repetidos, porque quere que "circulen", poderá achegarse e deixalos e a
Exposición do Obradoiro de Escritura Creativa cos traballos realizados ao longo do mes de
abril polo alumnado da Residencia do IES Vilamarín.
Comida Menú Cunqueiro, o martes a comida que ofrecerá o centro na seu Menú de Carta xirará
entorno a propostas de Cunqueiro, baseadas no libro A cociña galega.
Esperando gozar dunha semana cultural, enriquecedora e divertida que anime a que detrás desta
veñan moitas máis edicións. Agradecemos difusión. Estades convidados e convidadas a vir.
Equipo Normalización Lingüística do IES Vilamarín