1. VOCABULARIO UNIDADES FINAIS
- Localización: espazo concreto sobre o que se asenta a cidade. Deende
das características do medio físico (topografía) e, sobre todo, da
función para que se creou a cidade (comerciais, defensivas,
industriais,…).
- Situación: posición relativa da cidade respecto a un contorno
xeográfico amplo. Está relacionada coa función da cidade respecto ao
contorno (control político, comercial, …).
- Hábitat Concentrado: Disposición da expresión física da ocupación
humana nun territorio, na que as viviendas se agrupan nun ou en
poucos núcleos de tamaño destacado, bastante distantes entre sí e
separados por espacios despoboados.
- Hábitat Disperso: Cando no medio rural a disposición das vivendas
salpica o espacio con casas ailladas ou formando pequenos
agrupamentos dunhas poucas casas.
- Hábitat Urbano: asentamento humano de carácter urbano que posee
unha serie de características definitorias que o distinguen dos
espazos rurais, como a sucesión de edificacións consolación de
continuidade, unha densa rede de transportes e comunicacións, unha
especialización de carácter productivo en torno ao sector secundario
e terciario…
- Hábitat Rural: conxunto de vivendas familiares e anexos existentes
no mundo rural. Por extensión, formas de vida que se desenvolven
neste ambiente, xeralmente realcionadas con tarefas agropecuarias
- Urbanización: progresiva concentración na cidade da población,
actividades económicas e das innovacións máis destacadas, así como
á difusión deses procesos cara o entorno.
- Área Periurbana: Área rural situada na periferia dunha cidade,
donde teñen lugar profundas transformacións dos aspectos
demográficos, económicos e sociais por efecto da expansión de
aquela, transformando tamén os seus usos rurais tradicionais.
- Función Urbana: Conxunto de actividades que levan a cabo os
habitantes dunha cidade. As funcións urbanas clasifícanse pola súa
proxección: actividades dirixidas a suministrar bens e servicios á
poboación exterior, e actividades que o fan ós seus residentes
(básicas e non básicas).
- Área de Influencia: Esta composta polas zonas jerarquizadas ou que
dependen económicamente dunha cidade maior. Esta xerarquización
das cidades dá lugar ao sistema de cidades, cuxa primeira
2. teorización correu a cargo de Christaller coa súa teoría dos lugares
centrais a base de malla hexagonais.
- Conurbación: Crecemento paralelo de dúas ou máis cidades ata
fundirse nunha única aglomeración urbana.
- Área Metropolitana: Conxunto formado por unha cidade e a zona
urbana que a rodea sen pertencer relamente a ela. Esta área
metropolitana soe estar formada por unha gran cidade o metrópole
que exerce a súa influencia urbana sobre otras cidades máis
pequenas, e nelas abundan a terciarización e as cidades dormitorio.
- Solo Urbano: aquel que está situado en zonas consolidadas pola
edificación, ou ben cuenta cunha serie de servizos urbanísticos
(acceso rodado, abastecimento de auga e sumidoiros e suministro de
electricidade).
- Solo Urbanizable: Terreos declarados como tal polo Plano Xeral de
Ordenación Urbana dun municipio, onde se poderá construir no
futuro; pode ser programado e non programado.
- Solo rural: o rústico, conxunto de terreos que deben ser protexidos
do proceso de urbanización.
- Rede Urbana: Conxunto xerarquizado de centros urbáns que asegura
os servicios a unha rexión, e está dominado por unha cidade máis
importante, a metrópoli rexional.
- Xerarquía Urbana: Diferenciación do poder de atracción duns
lugares a outros. Este concepto esta moi ligado á teoría dos lugares
centrais de Crhistaller ou os sistemas de cidades.
- Plano Urbano: é a representación gráfica das superficies edificadas
e das non edificadas (rúas, xardíns, prazas, etc.) dunha cidade
- Plano Ortogonal: Plano urbano no que as rúas se cruzan de forma
perpendicular cun aspecto de damero ou taboleiro de xadrez, e aparece en
todos os períodos da historia, ligado normalmente a actuacións planificadas.
- Plano Radioconcéntrico: Plano urbano formado por rúas que parten do
centro a modo de radios e outras que forman círculos concéntricos que as
cortan perpendicularmente. Típico da Idade Media.
- Cidade Histórica: ou casco antigo, núcleo histórico e monumental das
ciudades europeas anterior aos ensanches do S. XIX e inicios do XX.
- CBD: Distrito financeiro (en inglés, central business district ou
downtown) é o término xeral co que se designan as áreas centrais en que se
concentran comercios e oficinas, e onde abundan os edificios altos
(rañaceos) e que nas cidades europeas adoita coincidir co casco antigo e
algunhas zonas dos ensanches do século XIX. As súas rúas son as máis
3. frecuentadas e accesibles e os prezos das vivendas son altos, aínda que a
poboación residente en ocasións é escasa.
- Ensanche: Expansión planificada das cidades a partir do derrubo das
murallas a finais do XIX, adoptando xeralmente o plano en cuadrícula,
debido ao crecemento da poboación urbana e á demanda de vivenda pola
burguesía.
- Cidade Xardín: variedade de cidade satélite caracterizada por amosar
unha gran cantidade de espazos verdes, tódalas edificacións teñen o seu
xardín, unha baixa densidade de población e unha tipoloxía constructiva
pouco desenvolvida en altura.
- Cidade Dormitorio: Aquela na que unha gran parte dá súa poboación
dedícaa para vivir e durmir pero non para traballar. En España
desenvolvéronse a partir dos anos sesenta en torno ás gran urbes.
- Arrabalde: antigamente barrio situado extramuros dunha población,
na actualidade barrio periférico dunha cidade.
- Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): Instrumento de
ordenación integral do territorio que clasifica o solo segundo o seu réxime
xurídico: solo urbán, solo urbanizable programado, solo urbanizable non
programado e solo non urbanizable.
- Municipio: Unidade territorial administrativa básica rexida por un
concello elexido democráticamente, en que se divide oficialmente o
territorio español. Normalmente, a capital coincide cun núcleo de poboación
concentrado mentras o resto dos núcleos están dispersos, como no caso de
Galicia.
- Parroquia: Territorio que abrangue a varios núcleos de poboación baixo
a xurisdicción moral dun sacerdote, de límites asumidos e coñecidos polos
moradores, pero non recoñecidos xurídicamente en Galicia.
- Rexión: é unha división territorial dun Estado determinada por
carácteres étnicos ou circunstancias especiais de clima, economía,
topografía, administración, goberno, etc.
- Provincia: entidade formada por unha agrupación de municipios. O seu
órgano de goberno é a Deputación, que ten como misión fomentar os
intereses provinciais e asegurar a prestación de servizos provinciais,
coordinar e cooperar cos municipios.
- Comunidade Autónoma: Unha comunidade autónoma é unha entidade
territorial que, dentro do ordenamiento constitucional do Reino de España,
está dotada de autonomía legislativa e competencias executivas, así como da
facultade de administrarse mediante as súas propios representantes
- UE: comunidade de vintesete estados europeos, establecida en 1993
para sustituir ás Comunidades Europeas, creadas nos anos cincuenta.
4. Caracterízase por un mesmo ordenamento xurídico, e a existencia e
funcionamento das súas propias intitucións comunitarias.
- Regularización de inmigrantes: Proceso levado a cabo polo Estado
para dotar de entidade legal aos inmigrantes ilegais ou indocumentados,
para que poidan obter unha serie de dereitos durante a súa/estancia no
noso país e poidan exercer un traballo con garantías.
- Biosfera: Esfera da vida ou espacio que ocupan na Terra os seres
vivos.
- Programa Leader: iniciativa comunitaria que trata de paliar os
efectos da Política Agraria Comunitaria en diversas áreas europeas ás que
fomenta mediante inversións, proxectos de desenvolvemento endóxeno, de
innovación rural e de revitalización destas zonas deprimidas, etc.
- Residuos sólidos urbanos: Desfeitos que proveñen de alguna
actividade humana (producción, consumo) que se encontran en estado sólido
e que é posible tratar e reciclar para evitar a súa acumulación masiva.