XEO2. Novo esceario xeopolítico. España no sistema e no mundo
1. O novo escenario xeopolítico:
Dende a década de 1980 o espazo
xeográfico español aumentou a súa
integración no contexto mundial. Este
caracterízase, na actualidade, por un
acelerado proceso de globalización e pola
existencia de acusadas desigualdades.
Este proceso ven asociado á
implantación do capitalismo a escala
mundial, derivando na globalización
da producción, o consumo e os
intercambios.
2. - A producción tende a organizarse a escala planetaria, a planificarse por
fases e ubicarse nas áreas espaciais máis ventaxosas. As multinacionais
desempeñan un papel fundamental na globalización da producción.
-O consumo evoluciona cara a Uniformación de preferencias: difusión de
patróns, publicidade e meios de comunicación.
-Os intercambios reflexan unha ampliación xeográfica, circulación máis rápida
e diversificación.
-Os fluxos de mercadorías globalízanse debido á progresiva eliminación de
fronteiras comerciais, unións aduaneiras e e zonas de librecambio.
-Os fluxos de capital amosan un proceso de globalización acelerada co
obxetivo de acadar beneficios a curto ou medio prazo.
- Os fluxos de servizos e tecnoloxía medran considerablemente.
3. As direccións dos fluxos económicos fanse
cada vez máis complexos, ampliando as
direccións entre os tres grandes núcleos do
capitalismo mundial: EE.UU., Xapón e UE. e os
países que componente estes vértices e os da
periferia.
5. DESIGUALDADE NO MUNDO
Os contrastes na distribución da riqueza son tan evidentes como os físicos,
culturais ou demográficos. Os baremos utilizados para medir as desigualdades
son fundamentalmente:
- O PNB, utilizado polo Banco Mundial. Case todos os países de África, Asia e
Iberoamérica teñen un PNB por baixo da media mundial. O do país máis rico do
mundo é 500 veces maior cá o do máis pobre.
-A renda per cápita, utilizada polo FMI. Luxemburgo, Noruega atópanse entre
os mellor situados e Zimbabue e outros países africanos teñen o máis baixo.
( España atópase entre os 30 primeiros)
- O ÍNDICE DE DESENVOLVEMENTO HUMANO (IDH) calculado polas
Nacións Unidas e que ten en conta a renda per cápita, a EV ao nacer, o índice
de alfabetización, etc. Os países de Europa occidental, Norteamérica, Xapón,
Australia… nos primeiros lugares e os últimos están ocupados por países de
África, Asia e
6. Fonte: Vicens Vives Ed.
Consulta o enlace coa
relación de países do
mundo en base o seu Índice
de desenvolvemento
Humano.
Atendendo os datos dun
informe do Programa de
Nacións Unidas para o
desenvolvemento.
7. A diferente posición dos territorios no sistema mundial
xera unha forte división Norte-Sur ou Centro-Periferia,
contraposta e con diferentes niveis de
desenvolvemento, e con diferentes características
demográficas, económicas e sociais que determinan
notablemente a súa posición e relación de dependencia
dentro do sistema mundial.
Países desenvolvidos.
Caracterizados pola riqueza económica, baixo crecemento demográfico, altas
taxas de urbanización e benestar social, a pesares de amosar desequilibrios
segundo as diferentes áreas Predominio mundial.
Imaxe:wikipedia
8. -Influencia do meio natural como condicionante Ainda que baixo as mesmas
condicións do meio danse enormes diferencias entre rexións.
-Fincapé nos factores internos do territorio: dependendo dos recursos económicos e
extraeconómicos, xunto á capacidade de sociedades para a súa xestión.
- Factores externos como determinantes, dependencia das relacións que interconectan
os territorios. Relacións baseadas no intercambio desigual entre centros e periferias,
provocando movementos de expansión ou declive. O desenvolvemento duns ven a ser a
causa do subdesenvolvemento doutros. Son relacións cambiantes, podería supor a
extansión de espazos semiperiféricos ou periféricos, ou o declive dos espazos centrais,
pero sempre implican unha situación de dominio duns espazos sobre outros.
Países subdesenvolvidos.
En situación de desequilibrio económico, demográfico e
social, xerando uns condicionantes de vida que deixan
sen cubrir moitas das necesidades básicas da poboación.
Á hora de falar sobre as causas do subdesenvolvemento,
atopamos diferentes posicionamentos:
Imaxe:wikipedia
11. En función do grado de desenvolvemento
distínguense dous grandes conxuntos:
Entre os dous grupos existe outro formado por países que conseguiron incorporarse ao modelo
de desenvolvemento industrial e compiten ventaxosamente na economía globalizada, Estanse
alonxando do subdesenvolvemento, se ben persisten graves desigualdades no seu interior. Son
os países emerxentes, que se sitúan fundamentalmente no sueste asiático, América do Sur
(Brasil) e sur de África (República Sudafricana). Son espacios importantes na economía
mundial, posto que evitan a polarización entre ricos e pobres, proxectando tamén unha imaxe
de progreso que vai asociada vantaxes impositivas, man de obra barata, e políticas favorables
para o asentamento de empresas extranxeiras
OS PAÍSES EMERXENTESOS PAÍSES EMERXENTES
12. COMERCIO DESIGUAL, DÉBEDA EXTERNA.
O intercambio desigual entre o Norte e o Sur
marxina aos países menos desenvolvidos pola
diferenza de prezo dos productos intercambiados.
Mentres que o Norte exporta produtos industriais e
de alta tecnoloxía moi caros, o Sur vende produtos
agrícolas e materias primas que descenden
continuamente de valor agás o caso dos
combustibles e algunha materia prima de valor
estratéxico para a industria dos países
desenvolvidos. Así, aínda que aumenten as
exportacións, diminúen os ingresos que obteñen
delas. A situación é máis grave nos países que
dependen da exportación dun número moi reducido
de produtos (café, cacao, cobre…) pois a caída dos
prezos no mercado internacional pode afundir as
súas economías. Un nivel de dependencia que se
ve agravado porque moitos países menos
desenvolvidos teñen balanzas comerciais
deficitarias, e isto ten repercusión na débeda
externa que xera unha forte presión nas súas
economías.
Fonte: Anaya Ed.
13. A débeda externa dos países subdesenvolvidos é unha
consecuencia directa do comercio desigual, pois cada vez deben
pagar máis polo que mercan fóra cos ingresos, cada vez
menores, do que venden (agás os citados combustibles e
materias primas estratéxicas). Para poder sobrevivir teñen que
acudir a créditos das institucións internacionais como o Banco
Mundial e o Fondo Monetario Internacional, créditos que teñen
que devolver incrementados polos xuros. Pero a débeda
multiplícase porque teñen que pedir novos préstamos para
facer fronte aos antigos. Así o reembolso da débeda convértese
así nun dos principais obstáculos ao seu desenvolvemento.
14. POSICIÓN DE ESPAÑA NO MUNDO.
- A súa superficie e a poboación sitúano como un
Estado de tamaño medio e
cun considerable peso demográfico.
- España está área xeoeconómica dos países
desenvolvidos, considerada
como potencia intermedia, que disfruta dunha
economía potente e dun alto
nivel de benestar a pesares da crise económica actual.
- Situación xeoestratéxica condicionan as súas liñas
prioritarias cara o Mediterráneo, o norte de África,
Europa e o Atlántico.
Aínda así o progresivo aumento das relacións comerciais e financeiras co resto
do mundo e a participación cada vez máis activa nos diferentes foros
económicos fan de España un país con peso internacional crecente.
Dende a súa integración na UE o seu protagonismo acrecentouse. A escala
internacional tamén desempeña un activo papel en institucións como o Fondo
Monetario Internacional (FMI), Organización Mundial do Comercio (OMC),
Banco Mundial (BM), etc.
15. A participación nas grandes organizacións internacionais: Dende a década dos
setenta incrementouse a súa participación en grandes organizacións internacionais
para a paz, o desenvolvemento, defensa e solidariedade, xunto a unha actitude de
compromiso e pluralismo ideolóxico para a paz, a defensa e a solidariedade: ONU,
OTAN, OIT, OMS, UNESCO, etc.
Na actualidade a política exterior española e da UE amosan unha estreita relación
co ámbito mediterráneo: Cumios euromediterráneos (fomento a cooperación
económica, social e cultural e acadar unha estabilidade política e social). Grande
vinculación exterior con Marrocos: crecente emigración, acordos de pesca,
reclamación magrebí de territorios de Ceuta e Melilla, descolonización do Sáhara
occidental. Mantemento de actividades comerciais, investigacións e proxecto de
construcción de gaseoductos.
Relacións con América Latina:Fomento das relacións instirucionais ó máis alto nivel,
Contribución ó Desenvolvemento económico e social de América Latina, mediante á
potenciación de procesos de unión comercial e prestación de axudas ó
desenvolvemento, ampliación comercial e investimentos, participación en Cumios
hispanoamericanos e colaboración nas relacións entre a UE e América Latina.
A pertenza á UE determina que sexa o eido de relacións económicas, políticas e
culturais máis estreitas.