1. OS HAIKUS
• O haiku é unha forma poética propia da
literatura xaponesa.
• É un poema sinxelo composto por tres
versos: o primeiro e o último, de cinco
sílabas; e o segundo, de sete. Así que en
total un haiku só ten 17 sílabas, no que
destacan un vocabulario sensible e unha
linguaxe descritiva.
2. OS HAIKUS
• Os haikus son normalmente poemas
breves que amosan escenas da natureza
ou da vida cotiá.
• Os haikus pretenden expresar en só tres
versos un sentimento breve e sincero,
xurdido normalmente ante a
contemplación da natureza ou tamén ante
sentimentos sobre o amor, a morte, a
enfermidade, a dor ou ante calquera
momento vivido.
3. Un haiku non ten título nin rima en
xaponés, mesmo pode prescindir de
sinais de puntuación e maiúsculas;
parécese ao que dicimos falando.
Nos haikus abundan
os substantivos (é
unha forma poética
preferentemente
nominal, de expresión
sinxela e concisa).
4. Na maioría dos poemas xaponeses faise referencia ás estacións do
ano:
A primavera identifícase coa floración de ameixeiras, cerdeiras,
salgueiros, o canto das aves, as sete flores da primavera, etc. O verán
traía o canto dos insectos, as choivas, as treboadas, a sementeira. Propio
do outono eran os parrulos, as grúas, as longas noites o a colleita do
arroz. Finalmente o inverno viña acompañado da neve, a néboa, o vento
e os eidos baleiros.
5. O poema adoita tratar da natureza, é a apreciación dun
acontecemento que chama a atención do poeta; a fonte de
inspiración pode ser un monte, un regato, a flora, o clima nalgunha
estación, verán, outono, inverno, primavera ou Aninovo (tradicional
en Xapón)
6. O KAIKU PERMANECEU DURANTE SÉCULOS MOI
RELACIONADO COA CULTURA XAPONESA:
Unha chuvieira.
Agárranse ás
herbas
os
pardais.
Yosa Buson
7. “Cando descubrimos o haiku, decatámonos da súa brevidade, a
súa sinxeleza, a súa concreción, os seus contidos captan
inmediatamente a nosa atención. Xorde en nós o impulso de
intentalo. En particular porque o haiku é un xénero sumamente
novidoso, que nos impresiona como cheo de frescura e
posibilidades, en comparación con outros xéneros literarios que ou
ben practicamos ou ben só coñecemos en calidade de lectores.
Desexamos ferventemente ter a inspiración para escribilo. “
(Adaptado do poeta uruguaio Carlos Fleitas)
8. "Haiku é simplemente o que está sucedendo neste lugar, neste
momento."
Definición dada por Basho, pai do xénero
Cal é o fin do haiku? A beleza, o Zen, a ascese, o
misterio do universo ou a suprema importancia do
feito máis pequeno?
Para Basho o haiku era un camiño ao Zen.
Buson considerábao unha arte cuxo fin era a
beleza.
Para Issa é a expresión do amor polas persoas, os
animais, as cousas.
Basho
9. OS HAIKUS
• Non se pode facer un haiku sen medir as
sílabas de cada verso. Igual que para
facer unha torta tes que usar un molde
5 sílabas
7 sílabas
5 sílabas
10. OS HAIKUS
• Na literatura galega temos exemplos en
Uxío Novoneyra, Helena Villar Janeiro,
O Leo, Marilar Aleixandre, Xoan
Abeleira e outros autores e colectivos
poéticos.
• O haiku interesou moito a poetas
españois como Antonio Machado, Juan
Ramón Jiménez ou Federico García
Lorca.
11. perpetra a araña
labirinto de chuspe:
trampa ou poema.
Marilar Aleixandre
12. O ceo en si
As faias a ondularen
A tarde acouga
Xoán Abeleira