O galego na historia: da Idade Media aos Séculos EscurosGalego en BerlínPresentación sobre o galego na historia ata os Séculos Escuros para a materia "Unha análise sociolingüística e Galicia".
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDiego LallanaPresentación realizada por Diego Cangas, 1º BACH A do IES Pintor Colmeiro
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaAgrela ElvixeoDivisión administrativa en España. Entidades locais: concellos e provincias. Comunidades Autonómicas e outras entidades administrativas. España e a política rexional da UE
Do esplendor medieval ata os séculos escurosAnakker_99Galiza, tras volverse un reino de maior prestixio e independente, trouxo un gran esplendor á lingua galega polo cal foi considerada unha das linguas oficiais xunto co latín. Sen embargo, a finais da Idade Media o castelán influíu perxudicialmente sobre o galego, o que o levou a unha etapa de decadencia.
[Presentación] do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDiego LallanaPresentación realizada por Diego Cangas, 1º BACH A do IES Pintor Colmeiro
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaAgrela ElvixeoDivisión administrativa en España. Entidades locais: concellos e provincias. Comunidades Autonómicas e outras entidades administrativas. España e a política rexional da UE
Do esplendor medieval ata os séculos escurosAnakker_99Galiza, tras volverse un reino de maior prestixio e independente, trouxo un gran esplendor á lingua galega polo cal foi considerada unha das linguas oficiais xunto co latín. Sen embargo, a finais da Idade Media o castelán influíu perxudicialmente sobre o galego, o que o levou a unha etapa de decadencia.
Literatura Galego-Portuguesa MedievalRomán LandínPresentación sobre literatura medieval galego-portuguesa. Descrición de xéneros, motivos temáticos e recurso formais. Lírica e Prosa. Autoría: Ramón Cruces Colado (profesor de Lingua Galega e Literatura).
Death by PowerPointAlexei KapterevThis document provides tips for creating effective PowerPoint presentations. It notes that many presentations are "unbearable" due to a lack of significance, structure, simplicity, and rehearsal. It emphasizes the importance of having a clear purpose for your presentation, using a simple structure like problem-solution, keeping slides concise with minimal text and images over clipart, writing speaker notes instead of long slides for printing, and rehearsing your presentation aloud to work out any issues. The overall message is that presentations should be passionate, memorable and scalable through a focus on simplicity and clarity of message.
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
2. ÍNDICE
INTRODUCIÓN
O ESPLENDOR MEDIEVAL
A LITERATURA MEDIEVAL
A SITUACIÓN DA LINGUA DURANTE A IDADE MEDIA
A DECADENCIA. CAUSAS
OS SÉCULOS ESCUROS
CONCLUSIÓN
FONTES
3. INTRODUCIÓN
No século VIII Galicia formaba parte
dunha unidade política xunto cos reinos
de Asturias e León, nos séculos X, XI e XII
conseguiu autonomía que lle permitiu ser
un reino independente en determinados
momentos destes séculos. Nesa época o
galego era só de uso oral e o latín, cada
vez menos, era de uso na escrita; a causa
da presión que exercía o monolingüísmo
oral no século XIII o galego e o latín
chegaron a unha situación de
cooficialidade.
A lingua e literatura galegas entran en
decadencia a finais da Idade Media, en
concreto nos séculos XIV e XV, o motivo
do cal foi a perda de poder político de
Galiza fronte a Castela.
4. O ESPLENDOR MEDIEVAL
Nesta época atopámonos nunha gran
riqueza económica e cultural, en mostra
disto o galego era a lingua máis falada
pola nobreza e polo pobo, o papa
converte a Santiago de Compostela en
cidade santa debido ao seu elevado
número de peregrinos, nos séculos
XI, XII e XIII: invéntase a Orde dos
Templarios (que servía para protexer aos
peregrinos dos ladróns ou perigos que
poidan atopar polo camiño a Santiago);
o Mestre Mateo realiza o Pórtico da
Gloria e componse o Códice Calixtino e
as familias de Castro e Traba educaban
aos fillos da nobreza (aos futuros reis) en
galego.
5. A LITERATURA MEDIEVAL
Os primeiros textos escritos en galego que se
conservan son: “Ora faz ost o Senhor de
Navarra”, Cantiga de Guarvaia ou Cantiga da
Ribeirinha e Cantiga da Guarda.
A lírica galego - portuguesa ten tres etapas, a
primitiva(ata os inicios do século XIII), a idade de
ouro, que se divide á súa vez en período
Afonsino(s.XIII) e período Dionisíaco (s. XIV); e a
etapa de decadencia, que tamén se divide en
escola galego-castelá e escola castelá-portuguesa.
Despois das substitucións nobiliares e a revolta dos
irmandiños a literatura galega viviu os Séculos de
Ouro.
6. A LITERATURA MEDIEVAL
Os autores e poetas:
- Trobadores: nobres que se dedicaban á
literatura, eran os autores das
composicións.
- Segreis: dedicábanse a compoñer e
cobraban por iso.
- Xograres:lévanlles as cantigas ao pobo e
case sempre as interpretan con
acompañamento musical
- Menestrel: elaboraba a música das
cantigas.
- Soldadeiras: mulleres que se dedicaban a
acompañar as representacións facendo
acrobacias.
Os cancioneiros e pergamiños: os
cancioneiros que se conservan son o da
Ajuda, da Vaticana e da Biblioteca
Nacional de Lisboa; e os pergamiños que
se conservan son o Vindel e o Sharrer
7. A LITERATURA MEDIEVAL
Glosas: explicacións sobre textos latinos para
explicar termos que non se usaban, realizados
polos escribáns e colocados á marxe ou a pé de
páxina.
Carxas: versos finais dun longo poema escrito en
mozárabe chamado Mwsahmwsaha.
Cantigas:
Cantigas de Amor: o trobador diríxese á súa dama
para expresarlle o seu amor.
Cantiga de Amigo: póñense na boca dunha muller
que se dirixe a seres inanimados, amigas, irmás ou
á nai para expresarlles os seus sentimentos
amorosos.
Cantiga de Escarnio e Maldicir:
1. Cantigas de Escarnio: utilizan eufemismos ou
dobres sentidos nas palabras.
2. Cantigas de Maldicir: chaman ás cousas polo seu
nome e utilizan palabras directas.
8. A LITERATURA MEDIEVAL
Xéneros menores:
1. Pastorela: comeza co encontro dun cabaleiro cunha
pastora, este pídelle favores e ela acaba por rexeitalos ou
aceptalos.
2. Tenzón: cada interlocutor fala nunha estrofa, ten tema satírico.
3. Pranto: o poeta canta as virtudes dunha persoa morta.
Cancioneiro relixioso (Cantigas de Santa María):
1. Líricas: a Virxe é a persoa a quen o poeta declara o seu amor.
2. Narrativas: narran os milagres da Virxe.
Prosa medieval:
1. Historiografía: teñen fins de facerlle publicidade á monarquía.
2. Prosa de ficción:
- Ciclo Artúrico: relato cabaleiresco arredor da figura do rei Artur.
- Materia de Troia: narra a guerra de Troia cantada por Homero.
1. Haxiografía: - Milagres de Santiago (século XV)
9. A SITUACIÓN DA LINGUA DURANTE A IDADE MEDIA.
Neste período todos os galegos falaban o
galego xa fosen da nobreza, reis, artesáns ou
campesiños. Até o século XII o galego
compartiu espazos co latín culto, pero pouco
a pouco este foi caendo e deixándolle o seu
papel ao galego.
Á expansión económica e social
acompañouna un gran desenvolvemento
cultural, e o Camiño de Santiago converteu a
Compostela nun dos eixos do cristianismo
europeo. Naquel tempo a nobreza ocupaba
o seu tempo coas cantigas dos trobadores e
xograres, escritas e cantadas en galego. Así
se converteu este nunha das linguas
internacionais da lírica trobadoresca, xunto
co provenzal.
10. A DECADENCIA. CAUSAS.
A decadencia é o período no que o galego pasa a ser unha lingua
menosprezada, os nobres xa non a falan e é a lingua do pobo.
As causas da decadencia son:
1. Primeira substitución nobiliar: (na primeira metade do século XIV) Pedro
I, o Cru e Henrique de Trastamara loitan polo Reino de Galicia. O vencedor
é Henrique, que para premiar aos que o apoiaron arrebatoulles as terras
aos nobres galegos que apoiaron Pedro I, por isto o castelán entrou en
Galicia a través dos que apoiaron a Henrique de Trastamara e o galego
pasou a un segundo plano.
2. Revolta dos Irmandiños: estendida a revolta irmandiña os nobres de
Galicia pídenlle axuda a Isabel de Castela. Cando logra someter aos
irmandiños, esixe que a recompensen con terras para os nobres de
Castela, e así por segunda vez entra en Galiza o castelán.
3. Segunda substitución nobiliar: prodúcese unha guerra entre Xoana a
Beltranexa e Isabel a Católica pola coroa de Castela, os nobres galegos
apoian a Xoana, e coa vitoria de Isabel, esta decide vingarse dos que non a
apoiaron iniciando o que chamaron “La Doma y Castra del Reino de
Galicia”. Desde entón o Reino de Galiza quedará sometido a Castela e as
clases altas expresaranse en castelán, mentres que o pobo será o que use
o galego.
11. OS SÉCULOS ESCUROS
Durante os séculos XVI, XVII e XVIII a
lingua galega estivo ausente dos
usos escritos, pero seguía sendo a
vía normal de comunicación de
case a totalidade da poboación.
Como só se usaba oralmente
considerárono como unha lingua
non apta para a literatura da época.
Aínda así conservamos algunhas
das cartas, documentos e escasas
mostras literarias que nos deixan
ver os contidos da época.
No século XVIII , xorden as voces de
denuncia chamados “ilustrados”
que apoian a normalización da
lingua galega. Entre eles destaca
Frei Martín Sarmiento.
12. CONCLUSIÓN
O galego foi unha lingua moi
usada, tanto como pola
nobreza e os reis que como
polo pobo, pero por
diversas causas viuse
obrigado a pasar a un
segundo plano sendo só
utilizado verbalmente polo
pobo e a xente de poder
utilizar maioritariamente o
castelán como lingua culta.