Dossier "A noite xusto antes dos bosques"A_RR"A noite xusto antes dos bosques" (Bernard-Marie Koltès)
Interpretación, adaptación e dirección: Adrián Ríos
Coaching: Ermel Morales
Deseño de iluminación e técnico: Fran Soaje
Deseño gráfico: Marielvy Martínez
Fotografía e vídeo: J. Pablo Pintor (Incongo Art)
Vestiario: Aurin
Produción: Arre Vento Teatro
Entrevista Xesús PisónAsnosasletrasEntrevista a Xesús Pisón dos alumnos de Literatura Galega do século XX e da actualidade do IES Manuel García Barros.
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román LandínPresentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes:
- VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007.
- Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol
Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletrasEntrevista ó escritor Anibal C. Malvar polo alumnado de literatura galega do século XX e da actualidade do IES García Barros.
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román LandínPresentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes:
- VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007.
- Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol
Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletrasEntrevista ó escritor Anibal C. Malvar polo alumnado de literatura galega do século XX e da actualidade do IES García Barros.
Roberto Vidal Bolaño: Letras Galegas 2013Bibliotecas Municipais de A CoruñaGuía de lectura de Roberto Vidal Bolaño elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais co gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013
Outras historias: Agustín Fernández Paz e o cinemafilmotecaforumPresentación empregada na palestra "Agustín Fernández Paz e o cinema", impartida no local da A. C. Alexandre Bóveda o xoves 12 de setembro de 2024.
VangardasRomán LandínAs vangardas internacionais e galegas na arte e na literatura. Inclúe textos e actividades. Material elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES de Meaño.
Entrevista a Ramón CarideAsnosasletrasEntrevista a Ramón Caride dos alumnos de Literatura galega do século XX e da actualidade do IES Manuel García Barros.
1. A NOITE XUSTO ANTES
Bernard-Marie Koltès
adaptación e interpretación ADRIÁN RÍOS
DOS BOSQUES
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
Arre Vento
teatro
2. A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
ÍNDICE
A compañía...................................................1
Sinopse................................................................2
Sobre o autor...........................................3
Ficha artística..........................................4
Requerimentos técnicos.....................6
Contacto e distribución..................6
Arre Vento
teatro
3. A COMPAÑÍA:
1
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
Arre vento Teatro é unha compañía creada por Adrián Ríos no ano
2015. O proxecto nace da necesidade de poder levar á escena un
teatro actual, de aires novos, capaz de levarlle ao público historias
cheas de forza e intensidade. Xorde nun momento de cambio, dunha
transición sociocultural que esixe alentos de reivindicación, de contar
o que é preciso contar, posuíndo un estilo propio e definido no marco
lúdico que será sempre o Teatro. Ao mesmo tempo, a transición
socioeconómica que estamos a vivir fai cada día máis dificultosa a
acción teatral, esa comunicación cultural da que queremos comezar
a formar parte neste intre. Por iso é preciso facernos escoitar con
textos que mostren a máis actual necesidade de ser transmitidos e
removan a conciencia do público, amosándolle os nosos mundos
sobre a escena.
Comezamos así o camiño dunha compañía con desexos de continui-
dade e constante auto renovación a prol da escena galega.
Cremos na verdade e de tal xeito amosámola, transformando a pala-
bra escrita en realidades que a todos se nos antolla acadar. Encadra-
mos as nosas historias nun marco de crueza e visceralidade, definido
pola naturalidade no estilo e alimentado polas mellores dramaturxias.
A noite xusto antes dos bosques é o primeiro exemplo que Arre vento
Teatro pon en marcha, levándolle ao espectador unha cuestión de
controversia actual, que convive con nós cada día e que, indiferente-
mente, deixamos de atender. Sen esquecernos da poética, esta
primeira montaxe convértese nese berro colectivo que todos confia-
mos escoitar pero que, por mor da “indefensión aprendida”, non
somos quen de esgarrar.
“Só teño ganas, un día, de contar ben, coas palabras máis simples, a cousa máis importante
que coñeza e que poida contarse, un desexo, unha emoción, un lugar, luz, sons, calquera
cousa que sexa un fragmento do noso mundo e que pertenza a todos”.
Bernard-Marie Koltès.
Arre Vento
teatro
4. SINOPSE:
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
2
A noite xusto antes dos bosques, obra escrita no ano 1976 polo dramaturgo francés Ber-
nard-Marie Koltès e representada por vez primeira en 1977 no Festival de Avignon Off,
constitúese non coma un monólogo senón coma un “monodiálogo”: un diálogo no que só
están rexistradas as intervencións dun interlocutor. A poética concéntrase no dicir dunha
soa personaxe que evoca, dende a súa propia, outras voces. A omisión deliberada da
palabra do outro produce un efecto multiplicador do sentimento de soidade.
O protagonista, un "estraño", resístese a aceptar a realidade dos
feitos. Na noite, pouco despois de ser roubado e maltratado,
aborda a un descoñecido para pedirlle que o escoite, compartir
un cuarto, mostrarlle a súa angustia, os seus problemas e facelo
partícipe dos seus imposibles plans de liberación e vinganza.
Procura continuas estratexias para que o receptor fique con el e
atenda ao seu discurso. Nel circula de xeito impetuoso a espe-
ranza depositada nun futuro que a todos se nos antolla acadar e
no que, sobre unha linguaxe áspera, se pon de manifesto a súa
insoportable soidade e o desprezo que sinte por aqueles que o
rexeitan.
A peza pon sobre o tapete unha cuestión que co paso do tempo
adquiriu unha potente actualidade: a marxinación do emigrante
estranxeiro, eses brotes de racismo provocados por outros mar-
xinados que lle impiden sobrevivir ao protagonista incluso no
medio sórdido no que quizais pensou que podía atoparse.
Porén, a personaxe que atopamos no texto non é unha voz mar-
xinal, senón unha multitude de voces pola capacidade que ten
de evocar personaxes e situacións.
Este “estraño” que fala atiborra ao seu receptor cunha gran can-
tidade de descricións sobre as emocións e sentimentos arraiga-
dos nunha soa persoa que significan unha masa. É a súa forma
férrea de curarse da soidade e irse vivir ao bosque. A necesida-
de de comunicarse, de ser escoitado, de procurar a compañía de
alguén, a frustración, o odio, o medo, o amor, a esperanza, a
soidade, o racismo, a desigualdade social, entre outros, son
algúns dos principais temas que o espectador poderá ver
reflexados neste abrumador e poderoso discurso como é A noite
xusto antes dos bosques.
Arre Vento
teatro
5. SOBRE O AUTOR:
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
Bernard-Marie Koltès é un dramaturgo francés nado en Metz
no ano 1948. Entre a súa produción teatral destacan: Legado
(1971), A noite xusto antes dos bosques (1977), Combate de
Negro e de cans (1979), Na soidade dos campos de algodón
(1985), Regreso ao deserto (1988) e Roberto Zucco (1988), entre
outras obras.
É complexo atopar un dramaturgo máis alegoricamente
contemporáneo e ao mesmo tempo universal que
Bernard-Marie Koltès. É o autor dos esquecidos, dos anónimos,
dos solitarios, dos asasinos... Sen xuízo cédelles a palabra para
que expoñan a súa profunda realidade, as súas ilusións e
desilusións. Creador de lugares á marxe do social, de lugares
sen nome, reclusos, abandonados, na procura da dimensión
universal.
O mundo de Koltès é o mundo dos suxeitos e as conciencias, o mundo do simbólico e dos inter-
cambios humanos.
Koltès comezou a escribir dende o comezo dos anos setenta, dirixindo el mesmo nun inicio as súas
obras. Pero foi o famoso director francés Patrice Chéreau quen o fixo saír do anonimato no ano
1983, cando dirixiu Combrate de Negro e de cans.
Dende 1983 ata a súa morte Chéreau foi o único en montar as obras de Koltès en Francia. É
soamente despois da súa morte prematura cando comeza a ser realmente coñecido a nivel inter-
nacional. Hoxe en día volveuse un clásico no repertorio dramático, sendo o autor francés contem-
poráneo máis representado.
3
Arre Vento
teatro
6. 4
FICHA ARTÍSTICA:
Adrián Ríos é un actor nado en Moaña no ano 1990.
Iniciou a súa traxectoria interpretativa no eido do teatro afecio-
nado na compañía Teatro Aurín, da que formou parte entre os
anos 2000 e 2007 e na que destacan montaxes como A pousa-
deira ou Comedia bífida. Comezou a súa formación de arte
DIRECCIÓN E INTERPRETACIÓN:
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
dramática na Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas
(2007-2009) da man de profesionais como Casilda Alfaro e Pepa Barreiro, entre outros.
Neses anos formou parte do elenco nas montaxes A balada do cárcere de Circe e O des-
embarco dos turcos. María Soliño, producidas por Ningures Teatro. No ano 2009 comeza
os seus estudos na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, dentro da especialidade
de Interpretación Textual. Paralelos aos estudos superiores realiza formación complemen-
taria, impartida por referentes teatrais como José Piris, nos seminarios intensivos de
Teatro Xestual na escola internacional de teatro Total Nouveau Colombier.
No 2009 comeza a súa traxectoria profesional, iniciando a súa labor teatral na Compañía
Escénica da ESAD Galicia ata 2010 coa montaxe Os soños de Walla e representando,
posteriormente, clásicos do teatro como A tempestade (2012), Edipo rei (2013) e Antígona
(2013). No ano 2011 participa na peza O dondo sabor das mazás, espectáculo de teatro
contemporáneo producido por Butaca Zero, baixo a dirección de Xavier Castiñeira e com-
partindo escena cos profesionais galegos Machi Salgado, Fernando González, Laura
Míguez, Melania Cruz, entre outros. No 2013 interpreta Matanza, de Roberto Salgueiro,
adaptada ao micro-teatro e dirixida por Toni Salgado. Dende o ano 2013 ata o 2015 inté-
grase no traballo activo das compañías teatrais Moito Morro Teatro e 8mm Teatro, coas
producións Es-ketches I: microzapping e Unha historia de amor ao Tarantino, respectiva-
mente.
No tocante á súa traxectoria profesional no mundo audiovisual, comeza no ano 2010
cando participa no filme galego-brasileiro Onde está a felicidade?, dirixido polo cineasta
Carlos Alberto Riccelli e no que interveñen tamén os actores Luis Zahera, María Pujalte,
Marta Larralde, Bruna Lombardi e Marcelo Airoldi, entre outros. A partires de aí continúa a
aumentar a súa experiencia traballando en diversas curtametraxes e webseries, entre as
que destacan Los malos hábitos, Maleteiro, Clases de lo social ou Dando la lata; tamén
aparece en series de TV, como Escoba, Serramoura e Pazo de familia.
Arre Vento
teatro
7. Fran Soaje
J. Pablo Pintor (Incongo Art)
Marielvy Martínez
Aurín
Arre Vento Teatro
Deseño de iluminación e técnico
Fotografía e vídeo
Deseño gráfico
Vestiario
Produción
EQUIPO ARTÍSTICO:
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
5
AGRADECEMENTOS:
Ricardo Solveira
Pepa Barreiro
Henrique Harguindey
Xavier Castiñeira
ESAD Galicia
Arre Vento
teatro
8. · 6m de ancho
· 6m de fondo
· 4m de altura
REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
(Posibilidade de realizar
en espazos máis reducidos)
CONTACTO E DISRIBUCIÓN:
ARRE VENTO TEATRO -Tlf: 647 190 021 / e-mail: arreventoteatro@gmail.com
A noite xusto antes dos bosques. DOSSIER
6
Arre Vento
teatro