O morcego Roque preséntanos a outros mamíferos menos transformados, pero ben adaptados á vida acuática, que dependen da auga para desenvolveren as súas actividades e/ou conseguir o seu alimento.
Lontras, visons, castores, aguaneiros, ortinorrincos, hipopótamos, musgaños, osos polares.
Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContosO morcego Roque preséntanos aos pinnípedes, mamíferos mariños co corpo fusiforme e patas curtas con extremidades palmeadas en forma de aleta.
leóns mariños, lobos mariños, osos mariños, focas e morsas.
Os sapoconchos IIIMonContosRoque descobre ao vello sapoconcho e despois de coñecelo vai en busca de todos os seus parentes.
III.- Máis especies acuáticas e as tartarugas mariñas
Morcego Roque, peixes planosMonContosO morcego Roque descubre os pleuronectiformes (peixes planos) e fainos un achegamento á súa vida e outras curiosidades, ademais dun breve percorrido pola súa diversidade facendo fincapé na especies que aparecen nas lonxas galegas.
Morcego Roque, avenoiteirasMonContosO morcego Roque descubre unha avenoiteira e, ademais de estudala para coñecela mellor, fai un percorrido polo mundo para saber das súas parentes.
Morcego Roque, as anduriñasMonContosO morcego Roque bota en falta ás súas veciñas, as anduriñas e fai unha viaxe para velas e coñecer as diferentes especies ao longo do mundo.
Os picapeixesMonContosImpresionado polas présas e polas cores dun picapeixe quixo saber máis del e dos seus parentes e fixo unha das súas viaxes para coñecelos e que os coñeceramos.
Anátidas (2)MonContosRoque atopouse cun grupo de aves e quedou sorprendido polas súas cores e variedade. Fixo una das súas viaxes para coñecelas.
Os parentes dos parrulos: gansos, ciños…
Os limícolas 2MonContosChamaron a atención de Roque unhas aves que se movían de aquí para alá pola beira da auga e de aquelo xurdeu outro longo traballo para coñecelas e traérnolas a ver.
Aves non voadorasMonContosImaxes e datos das aves non voadoras do mundo cos seus mapas de distribución e de algunhas das extinguidas en datas históricas.
GaivotasMonContosOs malos momentos que lle fixeron pasar as gaivotas servíronlle de disculpa para estudalas e para facer outra das súas viaxes para coñecelas.
Especies protexidas animaisMonContosRoque presenta neste traballo as especies animais protexidas en Galiza segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia Nº 89, do 9 de maio de 2007.
RoedoresMonContosRatos, ratas esquíos e otros parentes
Déuselle a Roque por saber duns bechos comúns, os ratos e os seus parentes, e descubreu, para a súa sorpresa, que hai tantos que era tarefa imposible coñecelos a todos e conformouse cun achegamento para coñecer as familias
Os sapoconchos IMonContosRoque descobre ao vello sapoconcho e despois de coñecelo vai en busca de todos os seus parentes.
I.- Descripción, e achegamento ás especies terrestres
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadelaAs especies animais ou vexetais que son únicas ou corren perigo de desaparecer deben ser protexidas, para o cal é imprescindible tamén preservar os seus ecosistemas.
Neste traballo recollemos as especies con diferentes tipos de protección en Galiza, así como os endemismos.
Roque no marMonContosRoque e Raimundo fan unha viaxe para coñecer bechos do mar: algúns dos máis grandes, algúns dos máis raros, dos máis pezoñentos, dos menos agraciados e outros curiosos.
Morcego Roque, avenoiteirasMonContosO morcego Roque descubre unha avenoiteira e, ademais de estudala para coñecela mellor, fai un percorrido polo mundo para saber das súas parentes.
Morcego Roque, as anduriñasMonContosO morcego Roque bota en falta ás súas veciñas, as anduriñas e fai unha viaxe para velas e coñecer as diferentes especies ao longo do mundo.
Os picapeixesMonContosImpresionado polas présas e polas cores dun picapeixe quixo saber máis del e dos seus parentes e fixo unha das súas viaxes para coñecelos e que os coñeceramos.
Anátidas (2)MonContosRoque atopouse cun grupo de aves e quedou sorprendido polas súas cores e variedade. Fixo una das súas viaxes para coñecelas.
Os parentes dos parrulos: gansos, ciños…
Os limícolas 2MonContosChamaron a atención de Roque unhas aves que se movían de aquí para alá pola beira da auga e de aquelo xurdeu outro longo traballo para coñecelas e traérnolas a ver.
Aves non voadorasMonContosImaxes e datos das aves non voadoras do mundo cos seus mapas de distribución e de algunhas das extinguidas en datas históricas.
GaivotasMonContosOs malos momentos que lle fixeron pasar as gaivotas servíronlle de disculpa para estudalas e para facer outra das súas viaxes para coñecelas.
Especies protexidas animaisMonContosRoque presenta neste traballo as especies animais protexidas en Galiza segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia Nº 89, do 9 de maio de 2007.
RoedoresMonContosRatos, ratas esquíos e otros parentes
Déuselle a Roque por saber duns bechos comúns, os ratos e os seus parentes, e descubreu, para a súa sorpresa, que hai tantos que era tarefa imposible coñecelos a todos e conformouse cun achegamento para coñecer as familias
Os sapoconchos IMonContosRoque descobre ao vello sapoconcho e despois de coñecelo vai en busca de todos os seus parentes.
I.- Descripción, e achegamento ás especies terrestres
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadelaAs especies animais ou vexetais que son únicas ou corren perigo de desaparecer deben ser protexidas, para o cal é imprescindible tamén preservar os seus ecosistemas.
Neste traballo recollemos as especies con diferentes tipos de protección en Galiza, así como os endemismos.
Roque no marMonContosRoque e Raimundo fan unha viaxe para coñecer bechos do mar: algúns dos máis grandes, algúns dos máis raros, dos máis pezoñentos, dos menos agraciados e outros curiosos.
os corvos do mundo presentados polo Morcego oque)MonContosAs lideiras de Roque: Corvos.
Roque ten un encontro cun corvo, o que lle serve para ver de coñecelo, a el e aos corvos do mundo.
As anguías e outras especies semellantesMonContosAs lideiras de Roque: Anguías.
Roque buscando que facer deu cun peixe antes familiar mais que facía tempo que non vía, e púxose a buscar, para saber, información sobre a anguía, as anguías do mundo e outros peixes co mesmo nome.
Morcego Roque, O RíoMonContosRoque preséntanos aos seres dos ríos.
Hai uns días nunha andaina que fixo pola beira do río fixouse en ducias de cousas que antes non tiña visto.
Sorprendido polo que veu, e sabendo que non vira todo, púxose a buscar e pescudar... quixo chegar ata o fondo!
E a maiores dos bechos de sempre, dos que todo o mundo sabe, descubriu unha boa morea de outros menos familiares. Co que veu, buscou e estudou… tendes, de aquí en diante, o traballiño que armou
Roque e Raimundo viaxan aos PolosMonContosPara rematar esta primeira fase de viaxes de longo percorrido Roque e o seu amigo Raimundo fan unhas viaxes aos Polos Norte e Sur para coñecer aos bechos que viven alá e engaden, como agasallo, o catálogo dos pingüíns do mundo e as súas características.
A galiña e os seus parentesMonContosA galiña e os seus parentes polo mundo. unha nova achega do morcego Roque para que coñezamos algo máis da galiña e a súa historia, e a todos os seus parentes (I): galos, pavos, francolíns.
Os nenos da rata Luisa van aos cogomelos.pptxMonContosOs nenos de Luisa descubren o mundo dos cogomelos e amósannos algúns cogomelos e outras frutificacións curiosas de fungos que se poden atopar camiñando por Galiza
Os nenos da rata Luisa montan unha hortiñaMonContosOs nenos da rata Luisa: O horto.
Os nenos de Luisa montan unha hortiña e descubren o traballo que custa levala adiante.
os parentes dos corvos presentados polo morcego Roque.pptxMonContosAs lideiras de Roque: Os parentes dos corvos.
Mentres facía o traballo dos corvos Roque tamén foi descubrindo a outra xente da súa parentela coa que xuntou o material para este traballo.
As lavandeiras e outras especies semenllantesMonContosAs lideiras de Roque: Lavandeiras.
Un paxaro que lle resultou curioso serve de motivo para facer un traballo para coñecelo mellor e para achegarse aos seus parentes polo mundo.
bechos pau e outras especies semellantesMonContosAs lideiras de Roque: Bechos pau.
Roque descubre un becho pau e fai un traballo para coñecelo, logo aproveita para facer un achegamento ás familias do mundo e tenta ver de preto os da Península Ibérica.
As barbantesas e outras especies semellantesesMonContosAs lideiras de Roque: Barbantesas.
Despois de ver unhas imaxes, Roque métese na leria de coñecer ás barbantesas: achegarse ás da Península Ibérica e algunhas curiosas do mundo.
As sardiña e especies semellantes (Roque)MonContosAs lideiras de Roque: Sardiñas.
Como a Roque calquera cousa lle da pé para meterse nunha enleada, desta volta foi o cheiro a sardiñas asadas o que serviu para querer aprender sobre as sardiñas, os seus parentes e outros peixes aos que nalgúns sitios tamén se lle chama sardiñas e o uso e o aproveitamento que se fai deles.
1. outros mamíferos acuáticosA partir de aquí están outros mamíferos menos transformados, pero ben
adaptados á vida acuática, que dependen da auga para desenvolveren as
súas actividades e/ou conseguir o seu alimento.
AS LIDEIRAS DE ROQUE
mamíferos acuáticos
4
MonDaporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
2. Lontra sen unllas ou lontra de
meixelas brancas
(Aonyx capensis). Atópase en
África, ao sur do Sahara.
Miden de 70 a 100 cm de longo
máis entre 30 e 50 cm de rabo,
e poden pesar de 10 a 30 kg.
Aliméntase de animais
acuáticos: cangrexos, peixes,
ras e vermes.
Lontras
3. Lontra anana ou lontra sen unllas asiática
(Aonyx cinereus). Atópase nos rios, lagos,
pantanos e outras áreas de auga doce do
Surleste asiático: India, Nepal, Bután,
Bangladés, sur da China, Indochina e nas
illas de Sumatra e Borneo.
Pode medir ata 90 centímetros de
lonxitude total e pesar arredor de 5 kg.
Aliméntase de crustáceos, moluscos,
peixes e ras.
4. Lontra mariña (Enhydra lutris).
Atópase no Pacífico Norte, desde o norte do
Xapón á Baixa California en México.
Os machos miden de 1,2 a 1,5 m e pesan entre
22 e 45 kg, e as femias miden de 1 a 1,4 m e
poden acadar un peso de 14 a 33 kg.
Aliméntase maiormente de invertebrados:
ourizos, bivalvos, lapas e caracolas, e
crustáceos.
Recoñécense 3 subespecies:
E. l. lutris (Lontra mariña común ou lontra
marina asiática), que se atopa desde as illas
Kuriles ás illas do Comandante no Pacífico
occidental, que ten a cabeza ampla e o nariz
curto (É a subespecie máis grande).
E. l. nereis (Lontra mariña do sur ou lontra
mariña de California), da costa de California
Central que ten a cabeza estreita e o fuciño
longo.
E. l. kenyoni (Lontra mariña do norte), das
costas de Alaska e a costa do Pacífico oriental,
desde as illas Aleutianas ata o norte de Oregón.
5. Lontra de pescozo manchado
(Hydrictis maculicollis).
Atópase en ríos e lagos de augas claras
de África, ao sur do Sahara.
Mide arredor de 1 m e pesa uns 6 kg.
Aliméntase de peixes e crustáceos.
6. Lontra de río de América del Norte
(Lontra canadensis). Atópase en ríos e costas
de América do Norte.
Pode pesar entre 5,0 e 14 kg
Aliméntase de peixes e invertebrados, pero
tamén come anfibios, sapoconchos e,
ocasionalmente, aves.
Recoñécense varias subespecies:
L. c. canadensis, do leste de Canadá e os
Estados Unidos e da illa de Terranova;
L. c. kodiacensis, da illa Kodiak, Alaska;
L. c. lataxina, dos Estados Unidos;
L. c. mira, de Alaska e a Columbia Británica;
L. c. pacifica, de Alaska, Canadá, norte de
Estados Unidos, sur e centro de California,
norte de Nevada, e o noreste de Utah;
L. c. periclyzomae, da Columbia Británica;
L. c. sonora, de México e áreas próximas dos
Estados Unidos.
7. Chungungo, gato do mar (Lontra felina).
Atópase nas costas rochosas, raramente nas praias,
do Pacífico de América do sur.
Mide de 70 a 80 cm, máis uns 30 cm de rabo, e pode
pesar uns 5 kg.
8. Lobiño do río ou lontra neotropical
(Lontra longicaudis). Atópase en ríos,
ribeiras e pantanos de América central e
América do sur, desde o sur de México
ata Uruguai e o centro de Arxentina.
Pode medir entre 50 e 130 cm de longo e
pesar entre 5 e 12 kg; os machos son
máis pequenos que as femias.
Aliméntase de peixes e de crustáceos.
Subespecies:
L. l. annectens,
L. l. colombiana,
L. l. enudris,
L. l. incarum,
L. l. longicaudis,
L. l. platensis
9. Huillín, gato de río (Lontra provocax).
Atópase en lagos e ríos con vexetación densa
e, ás veces, en costas rochosas de augas
tranquilas do sur de Chile e da Arxentina
Pode medir ata 70 cm, máis uns 40 cm de
rabo, e pode pesar de 5 a 6 kg.
10. Lontra europea ou paleártica
(Lutra lutra). Atópase ao longo de ríos
e costas de, practicamente, toda
Europa e toda Asia, a non ser nas
partes máis frías e nas máis cálidas, e
no norte de África.
Mide entre 62 e 69 cm, máis arredor de
40 cm de rabo, e pesa uns 11 kg.
Aliméntase de peixes, crustáceos, ras,...
11. Lontra de Sumatra (Lutra sumatrana).
Atópase en ríos e costas do surleste de Asia:
Birmania, sur de Tailandia, Camboia, sur de
Vietnam e a península de Malasia, Sumatra e
Borneo.
Mide entre 50 e 80 cm, máis un rabo de 36 a 50
cm, e pesa de 5 a 6 kg.
Aliméntase de peixes e crustáceos.
12. Lontra lisa (Lutrogale perspicillata).
Atópase no sur e no surleste de Asia
Pode medir ata 1,3 m, case a metade de
rabo, e pesar entre 7 e 11 kg.
Aliméntase de peixes e outros pequenos
animais.
Recoñécense 2 subespecies:
L. p. perspicillata
L. p. sindica
13. Lontra xigante ou arirai (Pteronura brasiliensis).
Atópase en masas de auga de toda a cunca do
Amazonas e no Gran Pantanal.
Mide entre 1,50 e 1,80 m, dos que 65 son de
rabo, e pesan entre 22 e 45 kg.
Aliméntase de peixes.
Ten hábitos diurnos e vive en grupos familiares.
Recoñécense 2 subespecies:
P. b. brasiliensis, do norte da área de
distribución, nas cuncas do Orinoco e do
Amazonas e nas Guaianas;
P. b. paraguensis, do sur da área de distribución,
Paraguai, Uruguai, o sur do Brasil e o norte de
Arxentina, que é un pouco máis pequena e forma
grupos máis grandes
14. Visón europeo (Mustela lutreola). Atópase en pequenas
e escasas poboacións illadas ligadas aos ambientes
acuáticos, preferentemente nos cursos medios e baixos
de ríos con pouca corrente, auga limpa e ribeiras con
vexetación abundante; desde España ata os Urais.
Os machos miden entre 37 e 43 cm, as femias algo
menos, e teñen un rabo de 15 a 19 cm. Pesan entre 500 e
800 gr.
Son animais solitarios, territoriais e de hábitos
crepusculares e nocturnos.
Aliméntanse de peixes, anfibios, réptiles e crustáceos,
pero tamén capturan aves e pequenos mamíferos.
Subespecies: M. l. biedermanni, M. l. binominata, M. l.
cylipena, M. l. lutreola, M. l. novikovi, M. l.
transsylvanica, M. l. turovi.
15. Visón americano (Neovison vison).
É orixinario de América do Norte,
aínda que na actualidade foi
introducido en moitas partes do
mundo.
Miden entre 30 e 45 cm, máis un rabo
de 15 a 20 cm, e pesan entre 600 e
1.800 gr.
16. Furapresas, aguaneiro, desmán ibérico ou desmán dos
Pirineos (Galemys pyrenaicus). Só se atopa en ríos, regatos e
lagoas do norte da península ibérica: norte de Portugal, Galiza,
Montes Cantábricos, Pirineos e algunhas áreas dos sistemas
Ibérico e Central; e no sur de Francia. É de hábitos nocturnos,
Ten entre 11 e 16 cm de lonxitude corporal e un rabo da
mesma lonxitude que o corpo. Pode pesar entre 35 e 80 g.
Crían dúas veces ao ano e teñen entre 1 e 5 crías cada vez.
Viven arredor de 3,5 anos.
Aliméntase de larvas de insectos e outros pequenos animais
que captura dentro da auga.
Recoñécense 2 subespecies:
G. p. pyrenaicus, dos Pirineos e da faixa cantábrica, que é un
algo máis pequeno;
G. p. rufulus, do resto dos espazos.
17. Desmán amisclado ou desmán ruso
(Desmana moschata). Atópase en cursos de
ríos de corrente lenta, con praias, de Europa
oriental, centro de Rusia e leste de Ucraína,
e en zonas do oeste de Siberia e do norte de
Kazaxistán.
Mide de 17 a 22 cm de lonxitude e ten
outros tantos de rabo; pesa uns 220 g.
Aliméntase de insectos, crustáceos,
moluscos, peixes e anfibios.
18. Castor europeo (Castor fiber).
Vive en áreas pantanosas e nas beiras dos
ríos das zonas frías do norte e do centro
de Europa e parte de Siberia.
Mide ata 75 cm de longo, máis uns 30 cm
de rabo, e pode acadar os 30 kg.
Aliméntase de vexetais. Principalmente de
tonas e follas de árbores.
Calcúlase que hai uns 600.000.
19. Castor americano (Castor canadensis).
Atópase nas zonas frías e boscosas de Canadá e
os Estados Unidos ata o norte de México, e foi
introducido na Terra do Fogo e na península
Escandinava.
Mide ata 75 cm de longo, máis uns 30 cm de
rabo, e pode acadar os 30 kg.
Recoñécense 25 subespecies
Calcúlase que hai entre 10 e 15 millóns de
exemplares.
20. Coipo ou coipú (Myocastor coypus).
É un roedor orixinario dos humidais do sur
de América.
Pode medir de 40 a 60 cm de longo, máis un
rabo de 30 a 45 cm, e pesar entre 4 e 10 kg.
Aliméntase de vexetais.
Críase en cautividade pola calidade da súa
pel.
Está incluído na lista das 100 especies
exóticas invasoras máis dañinas do mundo.
21. Rata de agua (Arvicola sapidus) atópase en
gran parte de Francia, España e Portugal.
Mide entre 16 e 23 cm, máis un rabo duns
12 cm, e pesa entre 150 e 280 gr.
Aliméntase maiormente de vexetais
Crían varias veces ao ano e teñen entre 2 e 7
crías cada vez. Viven uns 2 anos.
22. Rata de auga, rata aguadeira, aguadana ou
aguanón (Arvicola amphibius).
É un roedor da familia Muridae. Habita os
cursos de auga nas zonas húmidas de gran
parte de Europa e do norte e oeste de Asia.
Ten unha lonxitude de entre 16 e 23 cm, máis
un rabo de 12 cm, e pesa entre 150 e 280 g.
Aliméntase de plantas acuáticas.
Reprodúcese entre marzo e outubro, e ten 4 ou
5 camadas por ano de 2 a 7 crías por vez. A súa
lonxevidade máxima é de 5 meses en liberdade,
e de 2 anos e medio en catividade.
23. Carpincho, capibara ou chigüiro
(Hydrochoerus hydrochaeris).
Atópase en case toda América do Sur ao
leste dos Andes, desde Venezuela ata o
norte da Arxentina.
Mide de 1 a 1,30 m de longo, uns 50 ou 60
cm de altura e ten un peso medio entre 50
kg nos machos e 60 kg nas femias. É o
roedor máis grande da actualidade.
As crías nacen ben desenvolvidas, cubertas
de pelo e cos dentes.
24. Rata almiscreira (Ondatra zibethicus).
É nativa de América do Norte, Canadá,
Estados Unidos e unha pequena parte do
norte de México, pero foi introducida en
zonas de Europa, Asia e América do Sur.
Habita tanto zonas salinas como de auga
doce, esteiros, humedais, ríos, lagos e
estanques.
Mide entre 40 e 70 cm, case a metade son
de rabo, e pesa entre 0,6 e 2 kg.
25. Ornitorrinco (Ornithorhynchus anatinus).
Só se atopa en ríos e regatos do leste de
Australia e na illa de Tasmania.
Poden medir de 43 a 50 cm e pesar entre 700 e
2.400 gr. Os machos son máis grandes que as
femias.
Aliméntase de pequenos animais acuáticos.
Adoita producir dous ovos que teñen unha fase
de desenvolvemento duns 28 días no interior da
femia e son incubados fóra outros 10 días. Deles
nacen crías pouco desenvolvidas que se
alimentan do leite que producen as nais.
26. Hipopótamo (Hippopotamus
amphibius). Atópase en rios e lagos de
África, ao sur do Sahara. Pasan o día na
auga e saen á noitiña a pacer.
Mide entre 3 e 4,8 metros de longo, máis
un rabo duns 56 cm, e ten unha altura de
1,5 m. Pesa habitualmente entre 1.300 e
1.800 kg.
Pode vivir máis de 40 anos.
27. Hipopótamo pigmeo
(Choeropsis liberiensis).
Só se atopa en bosques e
marismas de África Occidental
Mide de 150 a 177 centímetros
de lonxitude, entre 75 e 83
centímetros de altura, e pesa de
180 a 275 kg.
Aliméntase de vexetais.
Pode vivir máis de 30 anos.
28. Musaraña lontra ou musaraña
acuática gigante (Potamogale velox).
Vive en regos de montaña, lagoas e
ríos de pouca corrente de toda África
ecuatorial occidental.
Pode medir entre 29 e 35 cm, máis
entre 24 e 29 cm de rabo e pode
pesar arredor de 1 kg.
É un animal territorial e solitario de
costumes nocturnos.
Aliméntase de peixes e invertebrados
acuáticos.
29. Musgaño patiblanco (Neomys fodiens).
É unha especie de distribución ampla,
desde o norte de la Península Ibérica ata
a costa rusa do mar do Xapón.
Mide de 68 a 97 mm, incluído o rabo, e
pode pesar de 10 a 23 gr.
Aliméntase de pequenos animais
acuáticos, maiormente invertebrados.
30. Musgaño de Cabrera
(Neomys anomalus).
Atópase en regos e ríos de augas
limpas do centro e do sur de Europa e
do oeste de Asia.
Mide de 6 a 9 cm de longo, máis
entre 4 e 6 cm de rabo, e pode pesar
entre 7,5 e 16 g.
Aliméntase de insectos e outros
invertebrados, pero tamén pode
capturar peixes pequenos e ras.
31. Cuica de agua ou iapok (Chironectes minimus).
É un marsupial, o único acuático, que vive en
regos e lagos desde México ata o norte da
Arxentina e do Uruguai.
Mide de 27 a 35 cm de longo, máis outros 30 a 40
cm de rabo, epode pesar entre 550 e 800 g.
Aliméntase de peixes, crustáceos e outros
animais acuáticos,
32. Oso polar ou oso branco
(Ursus maritimus). Vive nas costas e
nos bancos de xeo do Ártico.
Os machos poden medir hasta 2,6 m
de longo, 1,3 m de altura, e acadar
entre 350 e 680 kg de peso, mentres
que as femias quedan arredor dos 2 m
e non pasan dos 500 kg.
Aliméntase de carne, das presas que
caza ou dos restos de animais mortos.
33. As imaxes son collidas da “rede”.
Agradézolle aos autores poder dispoñer delas e agardo saiban desculpar o uso que lles din.
Remate da cuarta parte
e do traballo