Mamíferos acuáticoss (3) Pinnipedos (Morcego Roque)MonContosO morcego Roque preséntanos aos pinnípedes, mamíferos mariños co corpo fusiforme e patas curtas con extremidades palmeadas en forma de aleta.
leóns mariños, lobos mariños, osos mariños, focas e morsas.
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)MonContosO morcego Roque preséntanos a outros mamíferos menos transformados, pero ben adaptados á vida acuática, que dependen da auga para desenvolveren as súas actividades e/ou conseguir o seu alimento.
Lontras, visons, castores, aguaneiros, ortinorrincos, hipopótamos, musgaños, osos polares.
Os picapeixesMonContosImpresionado polas présas e polas cores dun picapeixe quixo saber máis del e dos seus parentes e fixo unha das súas viaxes para coñecelos e que os coñeceramos.
Morcego Roque, peixes planosMonContosO morcego Roque descubre os pleuronectiformes (peixes planos) e fainos un achegamento á súa vida e outras curiosidades, ademais dun breve percorrido pola súa diversidade facendo fincapé na especies que aparecen nas lonxas galegas.
Morcego Roque, avenoiteirasMonContosO morcego Roque descubre unha avenoiteira e, ademais de estudala para coñecela mellor, fai un percorrido polo mundo para saber das súas parentes.
Morcego Roque, as anduriñasMonContosO morcego Roque bota en falta ás súas veciñas, as anduriñas e fai unha viaxe para velas e coñecer as diferentes especies ao longo do mundo.
RoedoresMonContosRatos, ratas esquíos e otros parentes
Déuselle a Roque por saber duns bechos comúns, os ratos e os seus parentes, e descubreu, para a súa sorpresa, que hai tantos que era tarefa imposible coñecelos a todos e conformouse cun achegamento para coñecer as familias
Especies protexidas animaisMonContosRoque presenta neste traballo as especies animais protexidas en Galiza segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia Nº 89, do 9 de maio de 2007.
Os sapoconchos IMonContosRoque descobre ao vello sapoconcho e despois de coñecelo vai en busca de todos os seus parentes.
I.- Descripción, e achegamento ás especies terrestres
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadelaAs especies animais ou vexetais que son únicas ou corren perigo de desaparecer deben ser protexidas, para o cal é imprescindible tamén preservar os seus ecosistemas.
Neste traballo recollemos as especies con diferentes tipos de protección en Galiza, así como os endemismos.
Anátidas (2)MonContosRoque atopouse cun grupo de aves e quedou sorprendido polas súas cores e variedade. Fixo una das súas viaxes para coñecelas.
Os parentes dos parrulos: gansos, ciños…
Roque no marMonContosRoque e Raimundo fan unha viaxe para coñecer bechos do mar: algúns dos máis grandes, algúns dos máis raros, dos máis pezoñentos, dos menos agraciados e outros curiosos.
GaivotasMonContosOs malos momentos que lle fixeron pasar as gaivotas servíronlle de disculpa para estudalas e para facer outra das súas viaxes para coñecelas.
As anguías e outras especies semellantesMonContosAs lideiras de Roque: Anguías.
Roque buscando que facer deu cun peixe antes familiar mais que facía tempo que non vía, e púxose a buscar, para saber, información sobre a anguía, as anguías do mundo e outros peixes co mesmo nome.
Morcego Roque, as anduriñasMonContosO morcego Roque bota en falta ás súas veciñas, as anduriñas e fai unha viaxe para velas e coñecer as diferentes especies ao longo do mundo.
RoedoresMonContosRatos, ratas esquíos e otros parentes
Déuselle a Roque por saber duns bechos comúns, os ratos e os seus parentes, e descubreu, para a súa sorpresa, que hai tantos que era tarefa imposible coñecelos a todos e conformouse cun achegamento para coñecer as familias
Especies protexidas animaisMonContosRoque presenta neste traballo as especies animais protexidas en Galiza segundo se recolle no Diario Oficial de Galicia Nº 89, do 9 de maio de 2007.
Os sapoconchos IMonContosRoque descobre ao vello sapoconcho e despois de coñecelo vai en busca de todos os seus parentes.
I.- Descripción, e achegamento ás especies terrestres
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesmonadelaAs especies animais ou vexetais que son únicas ou corren perigo de desaparecer deben ser protexidas, para o cal é imprescindible tamén preservar os seus ecosistemas.
Neste traballo recollemos as especies con diferentes tipos de protección en Galiza, así como os endemismos.
Anátidas (2)MonContosRoque atopouse cun grupo de aves e quedou sorprendido polas súas cores e variedade. Fixo una das súas viaxes para coñecelas.
Os parentes dos parrulos: gansos, ciños…
Roque no marMonContosRoque e Raimundo fan unha viaxe para coñecer bechos do mar: algúns dos máis grandes, algúns dos máis raros, dos máis pezoñentos, dos menos agraciados e outros curiosos.
GaivotasMonContosOs malos momentos que lle fixeron pasar as gaivotas servíronlle de disculpa para estudalas e para facer outra das súas viaxes para coñecelas.
As anguías e outras especies semellantesMonContosAs lideiras de Roque: Anguías.
Roque buscando que facer deu cun peixe antes familiar mais que facía tempo que non vía, e púxose a buscar, para saber, información sobre a anguía, as anguías do mundo e outros peixes co mesmo nome.
Os sapoconchos IIIMonContosRoque descobre ao vello sapoconcho e despois de coñecelo vai en busca de todos os seus parentes.
III.- Máis especies acuáticas e as tartarugas mariñas
O medio mariño os peixes (Candea 1994)candeadosalnes-Carpeta O Medio Mariño: cadernos informativos e fichas de traballo: o medio, as plantas, as aves, os peixes, os crustáceos, os moluscos, varios, o home (1994-95)
Roque e Raimundo viaxan aos PolosMonContosPara rematar esta primeira fase de viaxes de longo percorrido Roque e o seu amigo Raimundo fan unhas viaxes aos Polos Norte e Sur para coñecer aos bechos que viven alá e engaden, como agasallo, o catálogo dos pingüíns do mundo e as súas características.
Os nenos da rata Luisa van aos cogomelos.pptxMonContosOs nenos de Luisa descubren o mundo dos cogomelos e amósannos algúns cogomelos e outras frutificacións curiosas de fungos que se poden atopar camiñando por Galiza
Os nenos da rata Luisa montan unha hortiñaMonContosOs nenos da rata Luisa: O horto.
Os nenos de Luisa montan unha hortiña e descubren o traballo que custa levala adiante.
os parentes dos corvos presentados polo morcego Roque.pptxMonContosAs lideiras de Roque: Os parentes dos corvos.
Mentres facía o traballo dos corvos Roque tamén foi descubrindo a outra xente da súa parentela coa que xuntou o material para este traballo.
os corvos do mundo presentados polo Morcego oque)MonContosAs lideiras de Roque: Corvos.
Roque ten un encontro cun corvo, o que lle serve para ver de coñecelo, a el e aos corvos do mundo.
As lavandeiras e outras especies semenllantesMonContosAs lideiras de Roque: Lavandeiras.
Un paxaro que lle resultou curioso serve de motivo para facer un traballo para coñecelo mellor e para achegarse aos seus parentes polo mundo.
bechos pau e outras especies semellantesMonContosAs lideiras de Roque: Bechos pau.
Roque descubre un becho pau e fai un traballo para coñecelo, logo aproveita para facer un achegamento ás familias do mundo e tenta ver de preto os da Península Ibérica.
As barbantesas e outras especies semellantesesMonContosAs lideiras de Roque: Barbantesas.
Despois de ver unhas imaxes, Roque métese na leria de coñecer ás barbantesas: achegarse ás da Península Ibérica e algunhas curiosas do mundo.
As sardiña e especies semellantes (Roque)MonContosAs lideiras de Roque: Sardiñas.
Como a Roque calquera cousa lle da pé para meterse nunha enleada, desta volta foi o cheiro a sardiñas asadas o que serviu para querer aprender sobre as sardiñas, os seus parentes e outros peixes aos que nalgúns sitios tamén se lle chama sardiñas e o uso e o aproveitamento que se fai deles.
7. e a outros que andan na auga, sen estaren emparentados.
8. E dunhas noutras veuvos dar
na liada que vos vai amosar (en varias partes).
9. Os mamíferos acuáticos son un grupo de especies adaptadas á vida no mar ou nas augas
doces e que dependen delas para desenvolverse e alimentarse. Os que presentan
transformacións mais evidentes son os cetáceos (baleas, golfiños, toniñas...), os sirenios
(manatís e dugongos), e os pinnipedos (focas verdadeiras, otarios e morsas), pero tamén
viven ou dependen da auga as lontras, musgaños, castores, hipopótamos ...
10. Os mamíferos mariños evolucionaron a partir de mamíferos terrestres e conservan
moitas das súas características. Teñen temperatura corporal constante, respiran
oxíxeno directamente do aire, paren as crías e aliméntanas con leite e, a non ser os
cetáceos, conservan, toda ou en parte, a cuberta de pelo.
Orificios respiratorios dun cetáceo Orca expulsando aire
12. Aínda que as distintas especies teñen diferentes graos de adaptación á vida mariña todos
eles teñen unha forma corporal hidrodinámica e apéndices modificados (palmeados ou
transformados en aletas).
Os máis adaptados son os cetáceos e os sirenios, que viven na auga de forma permanente, mentres que
os demais pasan algún tempo en terra e teñen as crías fóra da auga.
14. Sirenios
Son mamíferos mariños
completamente adaptados á vida
acuática e herbívoros (coñecidos
tamén como "vacas mariñas").
A vaca mariña de Steller (abaixo), o máis
grande dos sirenios coñecidos, que vivía
nas augas frías do noroeste do Pacífico,
foi exterminada no século XVIII
15. Os manatís son
herbívoros que viven en
aguas pouco fondas de
áreas costeiras
pantanosas da zona
tropical atlántica de
América e de Africa, e
na cunca do Amazonas.
Son animais grandes de
cor gris co rabo amplo e
redondo. Comen cada
día ata 50 kg de
vexetais. Crían cada
dous anos e teñen unha
soa cría cada vez. Poden
vivir ata 60 anos.
Atópanse en perigo de
extinción por perda do
hábitat.
16. Trichechus manatus -
Habita costas, ríos e
esteiros dos EE.UU., as
Antillas, o Golfo de
México e a costa de
América do Sur ata mais
alá da desembocadura do
río Amazonas. Pode
medir uns 3 m de longo,
e pesar entre 400 e 600
kg. As femias son máis
grandes que os machos.
Existen dúas subespecies
recoñecidas.
Trichechus manatus manatus -
manatí do Caribe ou manatí
antillano. Atópase nas Antillas e
nas costas de México, de Centro
América e da metade norte de
América do Sur.
Trichechus manatus latirostris -
manatí de Florida. Atópase
nalgunhas illas do norte e na costa
dos EE.UU., é un algo máis grande.
17. Trichechus senegalensis -
manatí africano ou manatí
de África Occidental.
Atópase en hábitats
costeiros, en esteiros e ríos
da costa oeste de África,
desde o río Senegal ata o
río Cuanza en Angola.
Mide ata 3,5 m de longo e
pode acadar os 500 kg.
18. Manatí do Amazonas
(Trichechus inunguis).
Atópase no río Amazonas e
os seus afluentes, no Brasil,
Perú, Bolivia, Ecuador,
Colombia, Venezuela e as
Guaianas.
Mide ata 2,8 m e pesa
entre 300 e 500 kg. Non
ten unllas nas aletas.
19. Dugongo ou dugón (Dugong dugon).
Único representante do seu xénero é o
sirenio de menor tamaño. Pode medir ata 3
m de longo e pesar uns 200 kg,
Ten a aleta caudal bilobulada e restos
rudimentarios das extremidades
posteriores no esqueleto
Atópase por zonas costeiras, de augas
cálidas, dos océanos Índico e Pacífico; en
parte do leste de África, desde o Sinaí ao
sur de Mozambique; en Madagascar; en
varias illas do océano Índico; nas costas e
illas do sur e surleste de Asia, entre a India
e o Xapón; e no norte de Australia.
21. Cetáceos(orde
Cetacea). Mamíferos
completamente adaptados á vida
acuática. Teñen o corpo
fusiforme, semellante ao dos
peixes, as patas de diante
transformadas en aletas, non
teñen patas de atrás, aínda que
algún conservan vestixios dos
osos da pelve. Teñen a aleta
caudal horizontal e bilobulada.
Non conservan o pelo e contan
cunha espesa capa de graxa que
lle serve de illamento térmico.
Está formado por case un cento
de especies, maiormente
mariñas, a non ser 5 especies de
golfiños que viven na auga doce.
Os cetáceos divídense á súa vez en dous subordes, o dos misticetos (Mysticeti):
baleas e rorcuais (15 especies). Carnívoros que teñen barbas na vez de dentes -
Comprende as familias Balaenidae (baleas francas), Balaenopteridae (rorcuais),
Cetotheriidae (balea franca anana) e Eschrichtiidae (balea gris)- e o dos
odontocetos (Odontoceti): cetáceos dentados (unhas 80 especies). Carnívoros cun
número variable de dentes, agrupados en 8 familias – Delphinidae (golfiños,
caldeiróns e orcas), Iniidae (golfiños do Amazonas), Platanistidae (golfiños de auga
doce da India e Paquistán), Pontoporiidae (golfiño do río da Plata), Phocoenidae
(toniñas), Physeteridae (cachalote), Kogiidae (cachalotes ananos), Ziphiidae (zifios)
e Monodontidae (narval)
22. Os cetáceos divídense á súa vez en dous subordes: o dos misticetos e o dos odontocetos.
odontocetos (Odontoceti): cetáceos dentados (unhas 80
especies). Carnívoros cun número variable de dentes,
agrupados en 8 familias – Delphinidae (golfiños e orcas),
Iniidae (golfiños do Amazonas), Platanistidae (golfiños de
auga doce da India e Paquistán), Pontoporiidae (golfiño do
río da Plata), Phocoenidae (toniñas), Physeteridae
(cachalote), Kogiidae (cachalotes ananos), Ziphiidae (zifios e
caldeiróns) e Monodontidae (o narval e a beluga)
misticetos (Mysticeti): baleas e rorcuais (15
especies). Carnívoros que teñen barbas na vez
de dentes -Comprende as familias Balaenidae
(baleas francas), Balaenopteridae (rorcuais),
Cetotheriidae (balea franca anana) e
Eschrichtiidae (balea gris)-
23. Balea de Groenlandia ou balea boreal
(Balaena mysticetus)
É a única especie do xénero. Habita en augas árticas e
subárticas. Pode medir de 14 a 18 m e pesar de 55 a 100
toneladas. Ten un corpo robusto, sen aleta dorsal e con
aletas pectorais pequenas. É de cor negra escura, gris ou
apardazada, con manchas irregulares de cor branca na
mandíbula inferior e, ás veces, arredor da base do rabo.
Aliméntase de kril.
Cada 3 ou 4 anos as femias, despois dun período de
xestación de case un ano, teñen unha cría que mide de 4
a 5 m e mama durante case un ano. Viven máis de 100
anos.
Ten ata 600 barbas que poden acadar os 3 m de longo.
A capa de graxa pode ter máis de 70 cm de espesor.
Misticetos:
24. Balea franca austral (Eubalaena australis).
Atópase entre 20° a los 60° de latitude do
Hemisferio Sur.
Pode medir de 13 a 16 m e pesar unhas 40 t.
Reprodúcese nas zonas cálidas durante o
inverno. Ao naceren miden de 3 a 5 metros
25. Balea franca glacial ou balea vasca
(Eubalaena glacialis).
Atópase por case todo o Atlántico norte. Mide entre
14 e 18 m, pero pode pasar dos 20 e pesar entre 36
e 72 t. É de cor negra aínda que hai exemplares
cunha mancha branca no ventre. Aliméntase de
pequenos animais.
Son adultas aos 9 ou 10 anos. As crías miden ao
nacer entre 4 e 5 m e pesan arredor de 1.400 kg.
26. Balea franca do Pacífico norte (Eubalaena japónica).
Vive en aguas do océano Pacífico Norte. Pode medir
ata 18 m de longo. Atópase en perigo de extinción.
Quedan entre 100 e 300 exemplares en dous grupos a
un e outro lado do Pacífico norte.
27. Balea común (Balaenoptera physalus).
Atópase en todos os océanos desde as augas
polares ás tropicais. Pode chegar aos 27 m de
lonxitude. É de cor gris parda polo lombo e
abrancuxada por debaixo. Recoñécense dúas
subespecies: o rorcual do norte, que vive no
Atlántico Norte, e o rorcual antártico, máis
grande, que vive en aguas do océano
Antártico.
28. Rorcual norteño, rorcual boreal ou
rorcual sei (Balaenoptera borealis).
Atópase en todos os océanos, en maior
número no norte. Mide entre 12 e 16
metros e pode pesar de 20 a 30 t. É de cor
gris escura polo lombo e máis crara polo
ventre. Aliméntase de peixes e luras. As
femias crían cada dous ou tres anos e as
crías miden, ao nacer, de 4 a 5 m.
Recoñécense dúas subespecies:
Balaenoptera borealis borealis (rorcual sei
do norte) e Balaenoptera borealis schleglii
(rorcual sei do sur).
29. Balea de Bryde
(Balaenoptera brydei). Atópase en
augas costeiras temperadas e
tropicais. Adoita ser de cor negra
escura, ou azulada, polo lombo e
crema gris, ou rosada, polo ventre.
Non pasa dos 15 m de lonxitude nin
das 25 t de peso. Aliméntase de
peixes.
30. Rorcual tropical ou rorcual enano
(Balaenoptera edeni).
Atópase nas augas costeiras cálidas e
subtropicais do leste do Océano Índico e
do oeste do Pacífico. Mide arredor de 12
m. Aliméntase de peixes.
31. Balea azul (Balaenoptera musculus).
Pode medir de 24 a 27 m de lonxitude e pesar entre
100 e 120 t.
É de cor gris azuada polo lombo e mais crara polo
ventre. Aliméntase maiormente de kril. As femias
teñen unha cría cada dous ou tres anos que, ao
nacer, mide entre 7 e 8 m de longo e pesa case 3
toneladas. Fanse adultos arredor dos 5 anos, cando
miden máis de 20 m de lonxitude. Poden vivir máis
de 80 anos.
Recoñécense tres subespecies: B. m. musculus, do
Atlántico norte e do Pacífico norte; B. m. intermedia,
do océano Antártico; e B. m. brevicauda, do océano
Índico e do Pacífico sur. Dubídase sobre se a B. m.
indica, que se atopa no océano Índico, pode ser
outra subespecie diferente.
A balea azul é o animal
máis grande que viveu
nunca sobre a Terra
32. Rorcual aliblanco, balea minke
común ou balea anana
(Balaenoptera acutorostrata).
Atópse na metade norte dos
océanos Atlántico e Pacífico.
Mide entre 7 e 9,8 metros de
lonxitude e pode pesar entre 5
e 10 t. As femias son arredor de
0,5 m máis longas que os
machos. Son de cor gris escura
polo lombo e teñen o ventre
branco.
33. Rorcual austral ou Minke antártico
(Balaenoptera bonaerensis).
Atópase na metade sur dos océanos
Atlántico e Pacífico.
Mide entre 7 e 11 m e pode pesar de 6 a 9 t.
As femias miden ata 1 m máis que os
machos. Son de cor gris escura polo lombo e
brancas polo ventre.
34. Rorcual de Omura
(Balaenoptera omurai).
Descuberto no 2003. Atópase no
Pacífico sur oriental e en augas
próximas do Índico entre o sur do
Xapón e o norte de Australia.
Semella una balea azul pequena. Non
supera os 12 m de lonxitude.
35. As imaxes son collidas da “rede”.
Agradézolle aos autores poder dispoñer delas e agardo saiban desculpar o uso que lles din.
Remate da primeira parte