O próximo luns dÃa 30 de Xaneiro, engadimos un novo centro a nosa rede, e comezamos a prestar os nosos servizos dende o noso novo centro de Forem Coruña. O centro está situado no PolÃgono da Grela, na rúa Galileo Galilei Nº 50 (acceso dende a liña 11 do bus urbano da Coruña, parada Newton / Galileo Galilei). O novo centro, de mais de 1200 metros cadrados, sustitúe as nosas instalación de Forem Oleiros, e está deseñado para satisfacer os requisitos de espazo e equipamento dos novos certificados de profesionalidade, dando asà resposta ás necesidades de formación das seguintes familias profesionais : - Administración e xestión - Artes gráficas - Electricidade e Electrónica - EnerxÃa e Auga - Instalación e mantemento - Informática e Comunicacións - Servizos socioculturais e a comunidade O novo centro conta cos espazos formativos seguintes : - 4 aulas informáticas de 60 metros cadrados, cada unha delas - 1 aula branca, de usos múltiples, de 45 metros cadrados - 1 aula - taller de enerxÃas renovables, de 100 metros cadrados - 1 aula - taller de electricidade e electrónica, de 140 metros cadrados - 1 aula - taller de frÃo – climatización, de 150 metros cadrados - 1 aula taller de microinformática, 90 metros cadrados - 1 aula – taller sociosanitario, de 106 metros cadrados Ademais dos espazos formativos, o centro consta de diversos almacéns, para a xestións dos materias das acción formativas e de despachos para o persoal asociado o centro : administración e xestión, técnicos e servizo de orientación.