Conceptos básicos de DZdzí. Na parte final da presentación faise unha pequena referencia os ecosistemas galegos. Nesta última parte a maior parte da información foi extraida da web www.adelaleiro.com aínda que ten modificacións propias.
O estudo dos ecosistemasAdán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.Os medios. Adaptacións. Hábitat e Nicho. O solo. Principais ecosistemas en España. Relacións tróficas. Fluxo de materia e enerxía. Ciclos bioxeoquímicos.
O estudo dos ecosistemasAdán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.Os medios. Adaptacións. Hábitat e Nicho. O solo. Principais ecosistemas en España. Relacións tróficas. Fluxo de materia e enerxía. Ciclos bioxeoquímicos.
BiosferaNacho ValverdeEsténdese desde as zonas máis altas da atmosfera, onde se atopan microorganismos en suspensión (sobre os 10.000m ), ata os fondos oceánicos, incluídos os seus sedimentos.
Os ecosistemas na Terra.pptssuser0964e7Traballo realizado por unha alumna para o curso de 1º da ESO sobre os ecosistemas na Terra, os niveis tróficos, os grandes biomas terrestres. Relación entre os seres vivos. Escrito en lingua galega. Dcumentos gráficos para entender con mais facilidade os conceptos que se queren tratar.
3. 1. INTRODUCIÓN O jeep detívose no corazón do parque do Serengeti (Tanzania). Dende o vehículo contemplábase a inmensidade da sabana africana na que centos de animais herbívoros (ñús, gacelas,cebras...) comían a abundante herba. Un dos biólogos do parque, o doutor De la Fuente, díxolle aos investigadores en prácticas- sabedes que” Serengeti” significa na lingua Masai “chaira sen fin”?. De feito, o parque posúe uns 13ooo Km 2 e nel habitan algunhas das máis grandes manadas de herbívoros do mundo. Estos animais migran estacionalmente (ata un millón e medio de ñúes, douscentas cincuenta mil cebras e medio millón de gacelas Thomson) en dirección a reserva Masai-Mara, en Kenia, percorrendo uns 2700 Km. na estación seca, de maio a outubro, na procura de pastos frescos e non regresarán ata o inicio da estación húmida a finais de outubro-. Doutor, segundo din os nativos este ano as chuvias foron especialmente abundantes- comentou un dos investigadores-como cre que afectará isto ó ecosistema?. Teño a esperanza de que axude na recuperación das poboacións de leóns e guepardos tras anos de descensos poboacionais, nalgúns casos chegando a estar por debaixo dos 2000 individuos para os leóns e dos 9o exemplares no caso dos guepardos-indicou De La Fuente-.
4. Cuestións: 1) Por que se produce a migración dos herbívoros? 2) Por que pensa o doutor que un ano de boas chuvias permitirá recuperar as poboacións de felinos do parque? 3) Cal pensas que é a razón de que haxa un número maior de gacelas que de guepardos? 1. INTRODUCIÓN
5. A DZdzí é a ciencia que nos permite estudar as relacións dos seres vivos co medio ambiente físico e biolóxico no que habitan. Todos os seres vivos pertencen a algunha especie . Dous individuos son da mesma especie cando poden reproducirse entre eles e dar descendencia fértil. O caso das mulas ou machos Os individuos dunha especie normalmente non están illados, senón que habitan un área determinada formando unha poboación . Polo xeral, as poboacións tampouco están illadas. O conxunto de poboacións de distintas especies que comparten un territorio e establecen relacións entre elas denomínase comunidade ou biocenose . O territorio ocupado por unha biocenose e que presenta unhas características físicas e climáticas chámase biotopo . 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS
6. O conxunto formado pola biocenose (os seres vivos) e o biotopo (medio físico onde se asentan) é un ecosistema . Os ecosistemas non teñen límites definidos . Podemos considerar o estudo do ecosistema dunha bosta de vaca ou ampliar o estudo ó prado onde se encontra. De feito,ampliando a nosa observación a Terra constitúe por si mesma un enorme ecosistema que chamamos Ecosfera e a súa biocenose é a Biosfera . En conclusión, os compoñentes dun ecosistema son a súa comunidade biolóxica (biocenose) e o lugar onde se asenta (biotopo). Por iso, os factores dun ecosistema poden ser bióticos ( referidos aos seres vivos) ou abióticos ( referidos ó medio físico no que os atopamos). 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS
7. 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS COMPOÑENTES DUN ECOSISTEMA Os ecosistemas Biótopo (medio físico) Biocenose (comunidade biolóxica)
8. 2. ECOLOXÍA E ECOSISTEMAS FACTORES DUN ECOSISTEMA BIÓTICOS ABIÓTICOS
9. 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS Os factores abióticos poden clasificarse en tres grandes grupos: Factores topográficos e xeográficos : fan referencia a localización (latitude e lonxitude) do ecosistema no planeta e as características do relevo. Son exemplos: a altitude, o grao de exposición solar, a pendente do terreo... Factores climáticos e ambientais : dependen das condicións climáticas e no caso dos ecosistemas acuáticos principalmente da profundidade. Son exemplos: a humidade, a pluviosidade, a luminosidade, a temperatura media en superficie, a temperatura da auga, os ventos... Factores edáficos : refírense a natureza e composición do solo que é esencial para o asentamento dos vexetais e na reciclaxe da materia orgánica e por ende na disponibilidade de nutrintes.
10. 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS Observa as distintas imaxes de ecosistemas e indica cales pensas que son os factores abióticos máis relevantes en cada caso. IMAXE 1
11. 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS IMAXE 2 IMAXE 3 IMAXE 4 IMAXE 5 IMAXE 6 IMAXE 7
12. 2.1. O MEDIO FÍSICO: FACTORES ABIÓTICOS IMAXE 8 IMAXE 9 IMAXE 10
13. 2.2. OS SERES VIVOS: FACTORES BIÓTICOS Os factores bióticos dun ecosistema son os seres vivos (biocenose ou comunidade) que nos atopamos nese ecosistema e as asociacións ou relacións que establecen entre sí. Podemos falar de dous tipos de asociacións: intraespecíficas (entre individuos da mesma especie) e interespecíficas (entre individuos de distintas especies). ACTIVIDADE: Pensade durante 5 minutos en asociacións entre seres vivos que podemos atoparnos na natureza. Imaxina como se poden relacionar individuos da mesma e de distintas especies.
14. 2.2.1. RELACIÓNS INTRAESPECÍFICAS Como xa comentamos son as que levan a cabo organismos da mesma especie entre sí. FAMILIA: conxunto de individuos con alto grao de parentesco que conviven e se axudan mutuamente no coidado das crías, a obtención do alimento e/ou a defensa. Ex. Leóns COLONIAL: constituidas por organismos unidos e comunicados entre eles orixinados todos a partir dun mesmo proxenitor. Ex. Corais. GREGARIA: reunión de individuos de distintas familias para conseguir un obxectivo concreto. Ex. Banco de peixes, manada de ñúes. SOCIEDADE: está integrada por individuos que presentan diferencias anatómicas e fisiolóxicas e entre os cales existe división do traballo. Ex. Abellas, formigas, termitas. COMPETENCIA INTRAESPECÍFICA: todos os individuos dunha especie loitan entre sí polos recursos do medio .Ex. Loita polo alimento, loita dos machos polas femias, loita polo espacio...
20. 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS Son as que se establecen entre individuos de distintas especies. COMPETENCIA INTERESPECÍFICA: individuos de distintas especies loitan por un recurso (alimento ou espazo). p.e. O coello e a lebre. DEPREDACIÓN: o individuo dunha especie ( presa ) serve de alimento ó de outra especie. (predador ) p.e.: a foca e os peixes. MUTUALISMO: individuos de distintas especies que se relacionan e obteñen un beneficio mutuo. Cando a relación perpetúase no tempo e hai dependencia, fálase de simbiose. p.e. Un líque.
21. 2.2.2. RELACIÓNS INTERESPECÍFICAS PARASITISMO: relación entre individuos de distintas especies, na que un individuo ( parásito ) vive a expensas da outra (hóspede ) , pero sen darlle morte, polo menos de xeito inmediato. p.e. Unha carracha e un can. COMENSALISMO: unha soa das especies ( comensal ) benefíciase, sen que a outra ( hóspede ) resulte afectada pola súa presenza ou acción. p.e. A quenlla e a rémora.
27. 3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS Os seres vivos precisan un aporte constante de materia e enerxía para levar a cabo as súas funcións vitais (nutrición, reprodución e relación). Segundo a súa nutrición os organismos poden ser autótrofos ou heterótrofos . IDEAS PREVIAS:
28. Os autótrofos transforman a materia inorgánica en orgánica grazas, na maioría dos casos a enerxía solar ( fotosíntese ) como fan os vexetais e algunhas bacterias. E en menor medida, a partir de compostos químicos ( quimiosíntese ), como ocorre tamén nalgunhas bacterias. Os heterótrofos obteñen a súa materia orgánica a partir da materia doutros seres vivos . Son exemplos os fungos e os animais. 3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS
29. 3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS FLUXO DA ENERXÍA A enerxía utilizada polos seres vivos provén do SOL en último termo. A través da fotosíntese as plantas e o fitoplancto obteñen a enerxía do sol e a almacenan como enerxía química na súa propia materia orgánica. Os animais conseguen enerxía ó alimentarse de plantas ou doutros animais. Esta enerxía de plantas e animais emprégase en distintos procesos (respirar, moverse, xerar calor, medrar, reproducirse...).
30. 3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS Esta enerxía deixa de estar dispoñible para os seres vivos. Polo que a enerxía que atravesa un ecosistema é UNIDIRECCIONAL FLUXO DA MATERIA A materia orgánica morta é transformada en materia inorgánica por algúns microorganismos (fungos e bacterias). Esta materia inorgánica é aproveitada polos autótrofos que xeran nova materia orgánica que será o alimento dos heterótrofos.
31. 3. A MATERIA E A ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS Cando morren os autótrofos e os heterótrofos son transformados en materia inorgánica polos microorganismo; e de novo comeza o ciclo. Polo tanto, o fluxo de materia nun ecosistema é UN CICLO PECHADO
32. 3.1. NIVEIS TRÓFICOS O conxunto de organismos que obteñen materia e enerxía de xeito similar constitúen un nivel trófico . Podemos diferenciar tres niveis tróficos: PRODUTORES: son os autótrofos (básicamente plantas e fitoplancto) que captan a enerxía solar, e mediante a fotosíntese, a empregan en obter materia orgánica a partir de materia inorgánica. CONSUMIDORES: son principalmente os animais, que obteñen a materia e a enerxía alimentándose doutros animais ou plantas.
33. 3.1. NIVEIS TRÓFICOS Os consumidores poden ser: Consumidores primarios (herbívoros): aliméntanse dos produtores. p.e..: elefantes, antílopes, roedores... Consumidores secundarios (carnívoros): aliméntanse dos primarios p.e.: lobos, leóns, paxaros insectívoros... Consumidores terciarios: aliméntanse dos secundarios. p.e.: algunhas serpes, aves rapaces... As veces, podemos falar incluso de consumidores cuaternarios que se alimen tan dos terciarios, aínda que rara vez é dun xeito exclusivo. p.e. O home, algunhas rapaces e peixes grandes e en xeral grandes super- predadores.
34. DESCOMPOÑEDORES: son as bacterias e os fungos que transforman os restos orgánicos e inorgánicos (cadáveres, excrementos...) en materia útil para os produtores. 3.1. NIVEIS TRÓFICOS
35. 3.2. CADEAS TRÓFICAS Unha cadea trófica é a representación lineal das relacións alimentarias que se dan entre os distintos niveis tróficos.
36. 3.3. REDES TRÓFICAS Como na natureza é habitual que un consumidor se alimente de máis dunha especie do nivel inferior e ésta a súa vez serve de alimento a varias do nivel superior. As cadeas tróficas teñen conexións entre sí. A representación de todas estas relacións denomínase rede trófica .
37. 4. BIOMAS Un bioma é un conxunto de comunidades que ocupan unha área cunhas características xeográficas e climáticas determinadas. Podemos diferenciar entre biomas terrestres e acuáticos. Os grandes biomas distribúense dun xeito uniforme no planeta dependendo da latitude e da altitude, é dicir, das características climáticas.
40. 5. ECOSISTEMAS GALEGOS CARACTERÍSTICOS As características xeográficas e climatolóxicas de Galicia proporcionan unha grande variedade de ambientes para a flora e a fauna autóctona. Dentro dos ecosistemas terrestres máis característicos da nosa terra podemos falar do bosque caducifolio (sobre todo as fragas galegas ), o bosque de ribeira ,o bosque mediteráneo e a matogueira . Tamén como rexión costeira teñen relevancia os ecosistemas mariños: costa rochosa, costa areosa, zona oceánica, as illas...
41. 5. ECOSISTEMAS GALEGOS CARACTERÍSTICOS Dentro dos ecosistemas acuáticos, ademais dos mariños xa citados, cobran especial relevancia os ríos e por suposto, un dos ecosistemas máis representativos da nosa comunidade como son as rías galegas. Tamén reside grande riqueza floral e faunística nos humidais (gándaras, brañas e turbeiras). Por último, dentro do que poderíamos chamar como ecosistemas de natureza ou de influencia humana (antrópicos) atopámonos, como ecosistemas máis destacados, con bosques madereiros (piñeirais e eucaliptais principalmente) , as viñas características do sur do país, os encoros,os beirais (minifundio)...