ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Homes-Lobo en
Gal i ci a
Feito por Alba Valín,
alumna de 3ºB, para
L.Galega
Galicia ten un amplo repertorio en canto a fábulas
e lendas que contan a presenza de homes que
teñen a virtude de converterse en lobos, total ou
parcialmente. É moi difícil que coincidan en todos
os datos que achegan, pero a estes homes-lobo
podémolos agrupar en tres grandes grupos:
•O lobishome.
•O corredor.
•O lobo da xente.
O lobishome
O lobishome é o máis coñecido
pero tamén o que menos
información ten. Hai varias
hipóteses:
A primeira é que nacese o 24
de Decembro, en Nadal; outra
que é unha bruxería porque
alguén lle tiña envexa; ou
tamén pola soberbia que
botase el mesmo.
Manuel Blanco, é coñecido por toda
Galicia polo nome de o lobishome de
Allariz ou a sacauntos. Trátase dun home
que foi acusado do asasinato de nove
persoas, logo de haber escapado da cadea
por ser xuzgado por matar a un policía.
Durante o seu xuízo, el mesmo recoñeceu
que empregaba as mans e os dentes para
asasinar as vítimas e que despois comía os
restos; todo isto, por unha maldición que
lle botaran de rapaz.
Corredores
Unha persoa convertese nun
home-lobo corredor cando é
o sétimo fillo do mesmo sexo
que todos os seus irmáns.
Automaticamente nace coa
maldición que o obriga a
transformarse en lobo, tanto
en aparencia como en
actitude, en canto cumpre
determinada idade. Os
corredores teñen que
percorrer, as noites dos
venres, sete parroquias o,
polo defecto, sete montes e
sete pontes.
Para evitar ou rematar coa
maldición, o afectado deberá ser
apadriñado polo irmán maior, ou,
en todo caso, por algún dos demais.
Tamén cabe a posibilidade de
volver a ser una persoa normal, se
alguén o dana durante o camiño
que fai os venres.
Lobo da xente
Os lobos da xente son homes e mulleres que, por maldición dos
pais ou de calquera outra persoa da familia máis
achegada, vense obrigados a transformarse en lobos. Para iso
teñen que buscar a pel dun lobo real, xa sexa matando o animal
ou conseguíndoa de outra forma, para poñela por riba cada vez
que se vaian transformar.
Se son feridos [cousa que so
pode ser dunha pedrada ou con
arma punzante], non morren, a
súa fada rematarán e volverán
ser persoas normais. Aínda que
tamén hai outra teoría de cómo
volven a ser humanos, e consiste
en queimarlles a pel de lobo.
Conta unha lenda de cerca
dos montes de
Invernadeiro, no val de
Conso, que unha rapaza tiña
fortes rifas coa nai moi
deseguido e, incluso, que
unha vez lle pegou. A súa
proxenitora, díxolle: “Oxalá
Deus deixe que te convertas
en loba”. E así foi. Durante
moito tempo matou xente
ata que un día, isto deixou
de suceder e todos
comprenderon que era que
o meigallo terminara e a
rapaza volvía a ser unha
persoa normal.

More Related Content

What's hot (12)

ODP
09 Ilustrísima
iescc
PDF
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
soigca
PDF
Novidades
soigca
PDF
Seres Mitoloxicos
Fiz
PDF
Nós lemos en galego, e ti?
Meigamaior
PDF
As mulleres das lendas galegas.gabriela
bibliomoas
PDF
Mitoloxía en feminino
RemoeaLinguaLinguaGa
PPT
Jessica non cría en bruxas
RATIBRON
PPT
ʰԳ3ª
Meigamaior
PDF
Contos pola igualdade
ceeabarcia
PDF
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Biblioteca Pública Municipal de Narón
ODP
14 A galiña azul
iescc
09 Ilustrísima
iescc
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
soigca
Novidades
soigca
Seres Mitoloxicos
Fiz
Nós lemos en galego, e ti?
Meigamaior
As mulleres das lendas galegas.gabriela
bibliomoas
Mitoloxía en feminino
RemoeaLinguaLinguaGa
Jessica non cría en bruxas
RATIBRON
ʰԳ3ª
Meigamaior
Contos pola igualdade
ceeabarcia
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Biblioteca Pública Municipal de Narón
14 A galiña azul
iescc

[Homes lobo en galicia]

  • 1. Homes-Lobo en Gal i ci a Feito por Alba Valín, alumna de 3ºB, para L.Galega
  • 2. Galicia ten un amplo repertorio en canto a fábulas e lendas que contan a presenza de homes que teñen a virtude de converterse en lobos, total ou parcialmente. É moi difícil que coincidan en todos os datos que achegan, pero a estes homes-lobo podémolos agrupar en tres grandes grupos: •O lobishome. •O corredor. •O lobo da xente.
  • 3. O lobishome O lobishome é o máis coñecido pero tamén o que menos información ten. Hai varias hipóteses: A primeira é que nacese o 24 de Decembro, en Nadal; outra que é unha bruxería porque alguén lle tiña envexa; ou tamén pola soberbia que botase el mesmo.
  • 4. Manuel Blanco, é coñecido por toda Galicia polo nome de o lobishome de Allariz ou a sacauntos. Trátase dun home que foi acusado do asasinato de nove persoas, logo de haber escapado da cadea por ser xuzgado por matar a un policía. Durante o seu xuízo, el mesmo recoñeceu que empregaba as mans e os dentes para asasinar as vítimas e que despois comía os restos; todo isto, por unha maldición que lle botaran de rapaz.
  • 5. Corredores Unha persoa convertese nun home-lobo corredor cando é o sétimo fillo do mesmo sexo que todos os seus irmáns. Automaticamente nace coa maldición que o obriga a transformarse en lobo, tanto en aparencia como en actitude, en canto cumpre determinada idade. Os corredores teñen que percorrer, as noites dos venres, sete parroquias o, polo defecto, sete montes e sete pontes.
  • 6. Para evitar ou rematar coa maldición, o afectado deberá ser apadriñado polo irmán maior, ou, en todo caso, por algún dos demais. Tamén cabe a posibilidade de volver a ser una persoa normal, se alguén o dana durante o camiño que fai os venres.
  • 7. Lobo da xente Os lobos da xente son homes e mulleres que, por maldición dos pais ou de calquera outra persoa da familia máis achegada, vense obrigados a transformarse en lobos. Para iso teñen que buscar a pel dun lobo real, xa sexa matando o animal ou conseguíndoa de outra forma, para poñela por riba cada vez que se vaian transformar.
  • 8. Se son feridos [cousa que so pode ser dunha pedrada ou con arma punzante], non morren, a súa fada rematarán e volverán ser persoas normais. Aínda que tamén hai outra teoría de cómo volven a ser humanos, e consiste en queimarlles a pel de lobo.
  • 9. Conta unha lenda de cerca dos montes de Invernadeiro, no val de Conso, que unha rapaza tiña fortes rifas coa nai moi deseguido e, incluso, que unha vez lle pegou. A súa proxenitora, díxolle: “Oxalá Deus deixe que te convertas en loba”. E así foi. Durante moito tempo matou xente ata que un día, isto deixou de suceder e todos comprenderon que era que o meigallo terminara e a rapaza volvía a ser unha persoa normal.