UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaFernanda Suárez MéndezResumo dos apuntes do grupo común sobre as revolucions liberais para 4º da ESO. CPI de Castroverde. 2017
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...Fernanda Suárez MéndezResumo do tema sobre a entrada do liberalismo en España para o alumnado que ten problemas para entender ou memorizar o tema común.
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismorubempaulTema teórico que analiza as características do liberalismo, as revolucións liberais, a restauración e o nacionalismo decimonónico
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónFernanda Suárez MéndezResumo dos apuntes sobre como chegou o liberalismo a España para o exame de recuperación. Contidos mínimos. Para 4º da ESO
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnievesPresentación sobre la crisis del Antiguo Régimen y los primeros movimientos revolucionarios.
Temas 2 e 3 segundo trimestreFernanda Suárez MéndezMateria de Historia de 4º da ESO. Castroverde. Transformacións politicas e socioeconómicas no século XIX. LIberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e movemento obreiro A exclusión ds mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade sufraxismo e dereito á educación.
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónFernanda Suárez MéndezResumo dos apuntes sobre como chegou o liberalismo a España para o exame de recuperación. Contidos mínimos. Para 4º da ESO
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnievesPresentación sobre la crisis del Antiguo Régimen y los primeros movimientos revolucionarios.
Temas 2 e 3 segundo trimestreFernanda Suárez MéndezMateria de Historia de 4º da ESO. Castroverde. Transformacións politicas e socioeconómicas no século XIX. LIberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e movemento obreiro A exclusión ds mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade sufraxismo e dereito á educación.
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosvelazquezturnesnievesPresentación orientada a 4º de ESO Temas 1 e 2 Antiguo réxime e revolucións
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Fernanda Suárez MéndezEl documento proporciona consejos para reducir el estrés de Martín, una persona con autismo, durante sus interacciones. Estos incluyen hacer las actividades predecibles, hablar con frases cortas y vocabulario simple, ser explícitos y darle tiempo para cumplir instrucciones sin presionarlo constantemente. También recomienda no gritar, corregirlo sin dramatismo y felicitarlo con gestos, mantener la calma si tiene una rabieta, y entender que los comportamientos problemáticos tienen una función para él y no intenta fastidiar.
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaFernanda Suárez MéndezTáboa dos poderes lexislativo e executivo nas principais administracións españolas. Apuntes para 3º da ESO do CPI de Castroverde. Curso 2017 - 2018.
Guión para a análise de obras artísticasFernanda Suárez MéndezGuión para analizar fachadas de edificios neoclásicos e barrocos para a clase de 4º da ESO do CPI de Castroverde, Lugo.
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiFernanda Suárez MéndezApuntes para a clase de 4º da ESO do CPI de Castroverde. Curso 2017 - 2018.
Referendo catalánFernanda Suárez MéndezApuntes para a clase de 3º da ESO do CPI de Castroverde.
Traballo machismo 4º esoFernanda Suárez MéndezTraballo realizado pola alumna Isabel González Pin durante o curso 2016 - 2017 para a materia de valores, no CPI de Castroverde, Lugo.
Machismo na mecánicaFernanda Suárez MéndezTraballo sobre o machismo na mecánica realizado pola alumna de 4º da ESO María Besteiro Valiño, durante o curso 2016 - 2017 no CPI de Castroverde, Lugo.
A mirada feminista na cociña definitivoFernanda Suárez MéndezTraballo feito pola alumna Tania Varela Ron para a materia de valores durante o curso 2016 - 2017 de 4 da ESO do CPI de Castroverde.
Power point sara morán edrosaFernanda Suárez MéndezA mirada feminista na política. Traballo dunha alumna de 4º da ESO do CPI de Castroverde para a materia de valores.
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroFernanda Suárez MéndezApuntes para o alumnado de 4º da ESO sobre o século XIX: nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro e movemento feminista.
Enquisa machismo coas respostasFernanda Suárez MéndezEnquisa para alumnado de 3º e 4º da ESO sobre a detección do machismo. O obxectivo é traballar sobre as ideas machistas que poida ter o alumnado para eliminalas, ademáis de pescudar se son conscientes do emprego da linguaxe sexista e ensinarlles a evitala en posteriores clases. Inclúese todo o material no blogg www.castroverdefeminista.blogspot.com
1. O liberalismo político:
A burguesía1
decatouse de que os reis absolutos, mesmo cando se convertían
en déspotas ilustrados2
e aplicaban as ideas da Ilustración, non cambiaban a fondo o
sistema político, económico e social. Xurdiulles a necesidade de alcanzar o poder
para conseguir realizar cambios profundos e acabar co Antigo Réxime.
Chamamos revolucións burguesas ao proceso de conquista do poder por
parte da burguesía. A primeira revolución liberal foi a dos Estados Unidos, que
conseguiu a independencia das 13 colonias do Reino Unido. Pero en Europa tivo máis
repercusión a Revolución Francesa que comezou en 1789.
O liberalismo político foi o pensamento no que
se apoiaron as revolucións
burguesas. Esta ideoloxía política
deriva do pensamento ilustrado:
foron os pensadores da ilustración os
que aportaron os principais conceptos do liberalismo como a separación de poderes
(Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau).
Os principios que defende o liberalismo son:
Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en teoría, que
todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os mesmos dereitos,
ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había privilexios
reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha serie de
dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que toda
sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos naturais
son a liberdade3
, a propiedade e a igualdade ante a lei. Na práctica o
sufraxio quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade
1 Burguesía: é a clasesocial formada por persoas acomodadas quelogran ter propiedades e capital,ou
sexa,cartos.O nome venlle de cando no Antigo Réxime vivían no burgo ou cidade.A burguesía no
Antigo Réxime formaba parte do Terceiro Estado, é dicir,aínda queeran ricos ericas non tiñan
privilexios.Tiñan quepagar impostos,eran xulgados por leis diferentes aos privilexiados (nobreza e
clero),non podían acadar determinados cargos da administración eo exército, etc. No século XIX a
burguesía converterase na clasedominanteimpoñendo a súa visión económica epolítica do mundo.
2 Déspotas ilustrados: monarcas quedurante o Antigo Réxime, aplicaron asmedidas propostaspola
Ilustración paramellorar a vidados seus súbditos esúbditas.Melloraban as cidades (medidas de
hixiene, empedrado, construción demonumentos, etc), investían en industria (reais fábricas),favorecían
o progreso (Sociedades Económicas deAmigos do País),etc. Pero non soltaban as rendas do poder,
seguían a ser reis absolutos etiñan a soberanía e os tres poderes.
3 Liberdade de movementos, de residencia,depensamento, de opinión, de relixión,dereunión, de
asociación,detraballo,de empresa, de mercado...
2. económica (sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados
grupos pola súa cor ou etnia. Pero isto vémolo claro hoxe en día. Daquela o
sufraxio era algo moi avanzado e á meirande parte da xente parecíalles normal
que as mulleres e os escravos non votasen.
Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino
característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo
defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo.
Separación de poderes. Fronte á concentración de poderes do Antigo
Réxime, o liberalismo defendeu a limitación do poder e a súa división funcional
en tres grandes áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas
institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este sistema pretendíase
impedir as arbitrariedades e os abusos do poder.
Constitucións escritas e declaracións de dereitos. A garantía dos dereitos e
liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos por escrito en
solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou
lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU
en 1787, seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución
española de 1812.
O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas,
convertidas nos grupos dominantes da sociedade no século XIX grazas ao
desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das
revolucións políticas.
Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:
O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta. Este
liberalismo mantén gran parte do poder monárquico. O rei ou a raíña
comparten a soberanía co pobo. O sufraxio será censatario.
O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias.
O liberalismo democrático limita moito o poder da monarquía ou incluso
camiña cara ao republicanismo4
nalgúns momentos, e considera que a
soberanía debe de ser do pobo e os sistemas electorais deben ter sufraxio
universal.
4 República:forma de goberno na que o cargo de xefe de Estado está en mans dunha persoa elixida por
votación por un tempo determinado, en lugar de ser un monarca que herda o trono durante toda a súa
ida.A república éo contrario da monarquía. Non confundircondemocracia, quenonten nada quever. Ademocraciaé
o contrario deditadura.Na democracia manda o pobo. Pero unha democracia podeser república (comoa democracia francesa,
que ten un presidentecomo xefe deEstado) ou unha democracia podeser unha monarquía (comoa actualdemocracia española
que ten comoxefe deEstado a unrei, FilipeVI).
3. A Independencia dos Estados Unidos de América
(As fotocopias do libro de texto non as hai que saber)
O Reino Unido tiña, no século XVIII, unhas colonias5
na costa leste de América do
Norte.O ReinoUnido aproveitábase economicamente destes territorios: conseguía materias
primas e reservábase o monopolio6
comercial. Isto dificultaba o comercio entre as Trece
Colonias e outras zonas de América. A orixe do problema tivo, por tanto, unha base
económica, pois as colonias vían na metrópole unha barreira para o seu desenvolvemento.
A tensión política agravou a situación. Recordemos que o Reino Unido non tiña unha
situación de absolutismo como tiñan Francia ou España, por exemplo. No Reino Unido había
un sistemaparlamentarionoque orei tiña moitopoder,peroaspersoascon podereconómico
(burgueses ou nobres adiñeirados) podían votar a parte dos membros do parlamento e o
parlamento controlaba un pouco o que facía o rei. Os impostos aprobábanse no parlamento.
As Trece Colonias non tiñan representación no parlamento do Reino Unido. Así que moitas
veces se negaban a pagar impostos, posto que os aprobaban no parlamento británico sen
consultalos.O rei de do Reino Unido, tratou de corrixir este problema e obrigalos a pagar. As
Trece Colonias responderonboicoteandoosprodutos británicos (é dicir,deixaronde comprar
determinados produtos que se fabricaban no Reino Unido e se vendían nas colonias). Como
conseguíanboicotearesesprodutosse oReinoUnidotiñao monopolio?.Poisporexemplo, en
lugar de comprar o te á compañía británica á que llo tiñan que mercar (que o traía de China),
comprábano de contrabando, a compañías que o traían de outras colonias que non eran
británicas.
Así que o ambiente xa era tenso. E a gota que colmou o vaso foi que o Reino Unido lle
permitiu á Compañía Inglesa das Indias Orientais vender o te practicamente sen pagar
impostos, co que resultaba aínda máis barato que o de contrabando. As Tea Acts, que deron
ese monopolio da venda de te tan vantaxoso a esa compañía, prexudicaba aos comerciantes
americanos, que responderon atacando uns barcos británicos cargados de té que estaban no
porto de Boston (motín do te). Este foi o comezo da guerra da Independencia.
Pero o máis importante non foi que estas colonias se independizaran, senón como o
fixeron.Podíanindependizarsee nomear rei a algún parente do rei británico, por exemplo, e
establecer un sistema semellante ao do Reino Unido, ou un sistema absolutista como o que
tiñan a meirande parte dos países de Europa. Pero non fixeron tal. Tiñan as ideas da
ilustración na cabeza e ademais viñan dunha situación que xa non era absolutista, a do
parlamentarismo inglés. Organizáronse segundo os principios do liberalismo político.
A Declaración de Independencia xa deixa ver ese concepto liberal do poder, que ven da
Ilustración, no que o poder do rei, en realidade emana do pobo. O rei debe defender os
dereitos do pobo, e se non o fai, o pobo estaría no seu dereito de opoñerse a el. O concepto
5 Colonia:territorio dominado por unha potencia estranxeira.
6 Monopolio comercial:so pode comprar e vender un produto determinado unha entidade concreta. É
dicir,O Reino Unido facía leis que prohibían queoutros puideran comerciar coas 13 colonias.Así por
exemplo, se eu son un burgués e fabrico algo,só llelo podo vender ao Reino Unido, e non podo facer
negocio con España,por exemplo, sen a intervención do Reino Unido que sacará beneficio.
4. absolutista do poder era que o rei tiña todo o poder sen limitacións, e só Deus podería
obxectaralgo. No conceptoliberal o rei si que tenlímites. Asoberanía7
é da nación,non dorei
ou a raíña. Esta era unha idea que viña da Ilustración.
Organizáronse segundo os principios liberais, as ideas políticas da burguesía, que se
espallarán por Europa no século XIX:
- Constitución8
.
- División de poderes9
.
- Sufraxio10
.
A Constitución dos Estados Unidos foi a primeira constitución da historia. Nela
recoñecíanse a soberanía nacional e a separación de poderes. O poder lexislativo residía en
dúas cámaras, elixidas por sufraxio universal masculino (homes brancos), algo moi avanzado
na época (pensemos que na maior parte de Europa reinaba o absolutismo), o executivo nun
presidente elixido por votación, algo totalmente revolucionario nun mundo de reis que
herdabandosseusantepasadosodereitoagobernare o xudicial eranxuícesindependentes.A
elección do presidente era por votación indirecta.
En 1789, o mesmo
ano que estalaría a
Revolución Francesa,
George Washington
converteuse no
primeiropresidente dos
Estados Unidos.
7 Soberanía = poder
8 Constitución: é a lei fundamental dun Estado, superior a calquera outra lei que se faga nese Estado,
que define os dereitos e liberdades da cidadanía e que establece como se van repartir os poderes e as
institucións. As constitucións defende os dereitos da poboación e limita o poder para que non se
cometan abusos. Hoxe en día a constitución é a base de calquera democracia, unha característica
fundamental das democracias da Idade Contemporánea. O primeiro que fai un ditador cando toma o
poder a través dun golpe de Estado na actualidade é eliminar ou suspender a Constitución.
9 División de poderes: sepáranseo poder lexislativo,executivo e xudicial para evitar tiraníaseque uns
controlen aos outros.
10 Sufraxio: voto. No absolutismo non había sufraxio.Como moito había voto por estamento como
veremos na Revolución Francesa,pero non voto por persoa.Ao comezo na meirande parte dos países,o
sufraxio será censatario, é dicir,só poden votar as persoas que están nun censo que sefai en función da
riqueza,o sexo e a raza.Só podían votar en principio,os homes brancos ricos.En Estados Unidos o
sufraxio era moi avanzado,pois era sufraxio universal, é dicir,poden votar todos, aínda que neste
momento “todos” eran só os homes de raza branca.As mulleres e os escravos non votaban.
5. A Revolución Francesa
A Revolución11
Francesa foi a revolución liberal de maior repercusión, por iso moitos a
consideran o fito que marca o cambio da Idade Moderna á Idade Contemporánea. A
Revolución Francesa foi a revolución que puxo fin ao Antigo Réxime.
Cales foron as súas causas?
En primeirolugar hai que falar das ideas da Ilustración12
. A Ilustración espallara, a través
de diferentesescritos,libros, debates, etc., ideas como a soberanía nacional, a separación de
poderese o sufraxio.Estasideasserándecisivasparaque aoproducirse revoltas, estas acaben
derivandonunharevoluciónque cambie a organización política e transforme o absolutismo13
en liberalismo14
.
Pero que situación concreta derivou nun estoupido revolucionario?
- O descontento social do Terceiro Estado15
:
o A burguesía enriquecida quería acceder ao poder político e quitar os
privilexios á nobreza.
o O campesiñado apenas podía sobrevivir polos numerosos impostos aos que
debía facer fronte.
- A crise económica.
o Desde 1760 houbo unha serie de malas colleitas que provocaron o aumento
dos prezos e o descontento dos grupos populares.
o A FacendaReal taménestabaencrise,poloselevadosgastosestatais (luxo da
corte e participación na guerra da independencia americana).
o Os privilexiados non pagaban impostos e o terceiro Estado afogaba coas
últimas subidas.
- Perda de apoio de Luis XVI.
o A ilustración estaba descontenta porque Luis XVI non aplicaba as reformas
que levasen ao país ao progreso.
o A nobreza desconfiaba porque os ministros de economía intentaban
conseguir que pagasen impostos.
11 Non debemos confundir revolucióne revolta. Unha revolta sonsimplemente desórdenes públicos, que poden ser
moi graves pero noncambiana forma de organizarse. Unha revolucióné uncambio brusconas estruturas políticas,
económicas ousociais que pode ser conseguidode forma pacífica (como a revoluciónindustrial) ouviolenta.
12 Ilustración:corrente de pensamentoque se desenvolveu noséculoXVIII que pretendía iluminar o mundo coas
luces da razón. O séculoXVIII é coñecido por iso como o “século das luces”. Os pensadores e pensadoras ilustradas
estabanconvencidos de que o mundopodía mellorarse grazas aocoñecementohumano. Criticabana superstición,
os estamentos e privilexios e todoaquilopropiodoAntigoRéxime que considerabanque entorpecía o progreso da
humanidade.
13 Absolutismo: réxime político habitual noAntigo Réxime e que se caracteriza por concentrar todos os poderes
(lexislativo, executivo e xudicial) nasmans dunrei oudunha raíña.
14 Liberalismo político: réxime políticoque se estendeupor Europa noséculoXIXe que entregaba o poder á
cidadanía que elexía aos seus representantes de forma libre e soberana. O liberalismodefende as liberdades
individuais e unha mínima intervención doEstadonos asuntos públicos. É o sistema político que viña benaos
intereses da burguesía doséculoXIX.
15 Terceiro Estado: estamento nonprivilexiado doAntigo Réxime. Nel estabandesde o campesiñado máis pobre ata
a burguesía máis rica, pero todos elese elas sen privilexios, tiñanque pagar impostos, no campo estabansometidos
ao réxime señorial e nonpodían acadar os postos máis altos da administraciónoudo exércitopor moi ricos que
foran.
6. o As clasespopularesnonlle tiñandemasiadorespecto aunrei que empezara a
gobernar moi novo e inexperto, que tardou demasiado tempo en ter
descendencia e que dilapidaba os cartos en luxos innecesarios.
En 1787 o rei convocou unha asemblea de notables para convencer aos privilexiados de
que pagasenimpostos(nontiñanobrigaperopodíanfacelovoluntariamente).Estes negáronse
e Luis XVI viuse obrigado a convocar os Estados Xerais, a única asemblea que podía autorizar
novos tributos.
Esta asemblea, non era como os parlamentos actuais. Era unha asemblea propia do
Antigo Réxime, que se reunía cando o rei a convocaba para facerlles algunha consulta.
Reuníanse representantesdostresestamentos,que deliberabansobre asconsultasque facía o
soberano e votaban por separado: cada estamento un voto. Cada estamento aproveitaba a
convocatoria para escribir unhas cartas con peticións para o rei, nas que comentaban os seus
problemas. En Francia estes Estados Xerais non se reunían dende principios do século XVII.
Os diferentesgrupossociaiselaborarone enviaronas súas queixas e peticións, recollidas
enmultitude de cadernosde queixas,panfletose escritos,que constitúenunavaliosafontede
información para a historiografía actual, para obter numerosísimos datos sobre a situación
antes da revolución.
A nobreza e o clero querían votar por estamento como se fixera sempre, pois así tiñan
maioría osestamentosprivilexiados. O Terceiro Estado quería que o voto fora individual, por
persoa.Os debatessobre como sería o voto prolongábanse e non parecían chegar a ningunha
parte.
Aquí é onde entra en xogo a ideoloxía da Ilustración. Ante a falta de acordos, os
representantesdoTerceiro estado, contando co apoio de representantes do baixo clero e da
baixa nobreza de orixe burgués, deciden cambiar o sistema de reunión e formar unha
Asemblea Nacional, considerada por eles como a única representación lexítima da nación
francesa. O rei, co apoio da meirande parte dos privilexiados, tentou clausurar as súas
reunións impedíndolles o acceso á sala. O Terceiro Estado reaccionou radicalizando as súas
posturas. Cambiaron o lugar de reunión e, esta vez, en lugar de autoproclamarse Asemblea
Nacional,decidenredactarnadamenosque unha constitución,polo que pasan a considerarse
Asemblea Constituínte. Isto en si mesmo é moi revolucionario. Rompían cos principios de
legalidadepolíticaataentónvixentes (sometementoávontade dorei absoluto,orixe divinodo
poder do rei por enriba do cal non pode estar ninguén) e organizábanse polos principios da
Ilustración: soberanía nacional.
Paralelamente o ambiente en París era de gran axitación. Ante as manobras do rei, que
comezou a reunir tropas, o 14 de xullo de 1789, os habitantes de París asaltan a Bastilla, o
cárcere real, símbolo do absolutismo, e fanse co control do poder na cidade. Esta data
simbólica considérase o inicio da revolución.
A imitación do que acontecera na capital, nas cidades de provincias prodúcese a
substitución das autoridades existentes por outras novas, partidarias das reformas.
7. No campo, as noticias do que estaba a suceder e o temor ás represalias aristocráticas
causaron, a finais de xullo e comezos de agosto, unha onda de pánico masivo con asaltos ás
casas e castelos da nobreza e queima das escrituras onde se recollían as obrigacións e as
rendas feudais.
A Asemblea Nacional, co apoio popular, comezou a gobernar e transformar Francia.
A Asemblea rematou co Antigo Réxime:
- Aboliron o réxime feudal dos señoríos.
- Fixeron A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán que recolle o programa
básicodeste movemento liberal e burgués. Xa non haberá estamentos privilexiados
senón igualdade ante a lei.
- En 1791 a A Asemblea Nacional aprobou a primeira Constitución francesa.
Organizábanse como unha monarquía constitucional, con soberanía nacional,
separación de poderes e sufraxio (aínda que era un sufraxio censatario o feito de
poder votar nun contexto europeo absolutista era moi revolucionario).
- Aprobaron leis moi favorables aos intereses da burguesía. Aprobáronse medidas
contra a Igrexia:expropiacióndosseusbens,aboliciónde conventos...Estableceuse a
liberdade de comercioe industria suprimindoosgremios e prohibindo as asociacións
obreiras.
A partir de aí os revolucionarios foron dividíndose en función da maior ou menor
radicalización das súas demandas. Os había que apoiaban unha monarquía constitucional e
estaban xa contentos coas reformas, pero os había que estaban a favor dunha república. Os
había satisfeitos co sufraxio censatario e os que eran partidarios dunha maior democracia.
Houbo varios feitos que marcaron a evolución da revolución. Por unha parte o rei
dedicouse a frear as reformas, co poder que lle outorgaba a monarquía constitucional.
Ademais varias potencias absolutistas europeas declaráronlle a guerra a Francia, por medo a
que se estendese a revolución. O rei conspirou coas potencias inimigas e tratou de fuxir de
Francia.
Ante a gravidade dos feitos a Asemblea Nacional convocou novas eleccións por sufraxio
universal masculino e a nova asemblea aboliu a monarquía e proclamou a República en
1792. O novosistemapolíticochamábase convención.A Asembleaasumíatodosospoderesdo
Estado e os exercíaa travésde Comités. Promulgaríase unha nova constitución que recoñecía
o sufraxio universal masculinoe a soberanía popular.O rei foi xulgado e condenado a morte.
A execución do rei agravou a guerra contra os Estados veciños e radicalizou as posturas
internas. Incluso houbo un período ditatorial dirixido por Robespierre. Foi a época do terror,
na que perseguiron e executaron a todas as persoas sospeitosas de estar en contra da
revolución.
Ao final acabáronse impoñendo os burgueses moderados e caendo Robespierre.
A inestabilidade políticae asguerras fixeronque osmilitares tivesen cada ve máis poder.
En 1799, apoiado pola burguesía, partidaria do mantemento da orde para beneficiarse das
conquistas realizadas, o xeneral Napoleón Bonaparte deu un golpe de Estado.
8. Progresivamente foi concentrando todos os poderes nas súas mans e en 1804 proclámase
emperadore Francia transfórmase nun imperio.O prestixiode Napoleón baseábase nos seus
éxitosmilitares.Oimperionapoleónicoconverteusenunhacuriosamesturaentre liberalismoe
ditadura.A extensióndoimperiopropagouideasliberaiscomoaelaboraciónde constitucións.
A Restauración e as revolucións liberais do XIX
Napoleón Bonaparte: liberalismo ou absolutismo?.
A RevoluciónFrancesa marcou a entrada do liberalismoenEuropa.Na última
etapa da revolución, tomou o poder, como vimos, Napoleón Bonaparte, que
constitúe unha curiosa mestura entre liberalismo e absolutismo.
Napoleón foi o primeiro ditador contemporáneo. Moitos outros ditadores
responderán máis tarde a este patrón ao longo da Idade Contemporánea: un
militarde éxito,que procede máis ou menos do pobo (non da realeza), que chega
ao poder apoiado por un grupo político e que goberna co apoio das Forzas Armadas.
Napoleónconcentratodosospoderesdo Estado, o que o aproxima ao absolutismo. Pero
tamén introduce ou mantén, aínda que ás veces só formalmente, algunhas das conquistas
liberais:
- Constitución.
- Cámaras de representantes (aínda que quitándolles o
verdadeiro sentido democrático).
- Creou un Código civil que recollía as principais achegas do
liberalismodarevoluciónfrancesa,aorecollermoitos dereitos
civís: dereito de propiedade, liberdade de conciencia e de
traballo... O Estado era laico, separando Igrexa e Estado.
Admitíase o matrimonio civil e o divorcio.
A caída de napoleón en 1815 marcou a fin do ciclo revolucionario comezado en 1789 e o
comezo do período denominado Restauración, porque
restauraba o absolutismo.
O Congreso de Viena
As principais potencias europeas reuníronse no
congreso de Viena, presidido polo chanceler do imperio
austríaco, Metternich. Alí acordaron que os países que
estiveran sometidos a Napoleón volverían ao absolutismo
cos seus reis lexítimos. Refixeron as fronteiras á súa
conveniencia,senterencontaos desexosda poboación de
cada territorio. Crearon unha serie de Estados – tapón ao
redor de Francia e uniron e desuniron ao seu antollo.
Para evitar que ocorrera de novo algo semellante ao que acontecera coa Revolución
Francesa, crearon unha serie de alianzas internacionais, para intervir nos países nos que se
viranameazadososmonarcas absolutoslexítimos:aSantaAlianzae a CuádruplaAlianza.A isto
9. chamóuselle o “sistema Metternich”: un sistema de relacións internacionais que se mantivo
dende ocongresode Vienaata a I Guerra Mundial e que consistía en convocar congresos cada
vez que había un conflito para tratar de manter o equilibrio de poder.
As revolucións liberais
Os intentos da Restauración de volver ao Antigo Réxime, sen máis, non tiveron éxito.
Nalgúns lugares xurdiron revolucións. Houbo varias ondas revolucionarias en 1820, 1830 e
1848.
Porqué se produciron estas revolucións?. Houbo varios motivos:
- As ideas liberais e a oposición ao absolutismo. Agora o liberalismo era algo posible,
nonsó unha ideana cabezadunpuñadode intelectuais,senónalgoque xa se levara á
práctica.
- Os sentimentosde pertenza aunha nacionalidade.A invasión napoleónica acentuaba
entre a poboacióndospaísesinvadidoso sentimento de pertenza a unha nación. Ese
sentimento aumentou cando no Congreso de Viena se refixeron as fronteiras de
forma artificial.
- As condicións económicas e a desigualdade social.
A primeiraondarevolucionariainiciouse enEspañaonde en 1820 o comandante Riego se
pronuncioucontraa monarquía absolutade FernandoVII.Asícomezouunhaetapade goberno
liberal na que o rei tivo que gobernar respectando a constitución de 1812. Este período
finalizoucoaintervenciónda Santa Alianza: os seus exércitos (os chamados “Cen mil fillos de
San Luis”) invadiron España e restauraron o absolutismo.
A segunda onda revolucionaria foi en 1830 e comezou en Francia.
As revolucións de 1848 afectaron a numerosos países. Nalgúns lugares reivindicábase
tamén o sufraxio universal masculino.