8 erros no uso de moodle para a docenciaCUFIEGuía que percorre en clave humorística os erros máis comúns á hora de empregar a plataforma Moodle como apoio á docencia.
Tarefa Moodle Nivel I - A0. Creando un curso co básico Juan Marcos FilgueiraTarefa Moodle Nivel I - A0. Creando un curso co básico
Juan Marcos Filgueira Gomis
www.gabit.org
Tarefa Moodle Nivel II - A2. Máis pezas ao cursoJuan Marcos FilgueiraTarefa Moodle Nivel II - A2. Máis pezas ao curso
Juan Marcos Filgueira Gomis
www.gabit.org
Curso de proxectos integrados de investigación, tratamento e divulgación da i...Manuel Torres BúaCurso de proxectos integrados de investigación, tratamento e divulgación da información
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialAccion_titorialGuía didáctica do curso: Posta en práctica da acción titorial, na súa edición 2015-2016 organizado por CAFI, Xunta de Galicia
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)Juan Marcos FilgueiraAvaliación con e-portfolios. Rúbricas de aprendizaxe. Ferramentas de avaliación nos LMS. Moodle Mobile.
Utilización dos Foros no Ensinolauamexemplo sobre como utilizar foros co alumnado
Aprendizaje-Servicio: Aprender mejorando el mundo que nos rodeaCUFIEEl documento describe la metodología de aprendizaje-servicio, en la que los estudiantes adquieren competencias de su titulación al mismo tiempo que realizan un servicio a la comunidad. Los componentes clave son el servicio a la comunidad, el aprendizaje y la reflexión. La Universidad de A Coruña colabora con diversas ONGs, centros y asociaciones en proyectos que cubren áreas como asesoría jurídica, fisioterapia, divulgación y diseño accesible.
Presentacións eficaces: guía de boas prácticas para presentacións académicasCUFIETrucos para elaborar unha presentación educativa efectiva. Traballo elaborado colaborativamente por PDI da Universidade da Coruña no marco do curso de formación do CUFIE "Deseño e implementación de materiais didácticos multimedia para a docencia". Decembro de 2020
Tarefa Moodle Nivel II - A2. Máis pezas ao cursoJuan Marcos FilgueiraTarefa Moodle Nivel II - A2. Máis pezas ao curso
Juan Marcos Filgueira Gomis
www.gabit.org
Curso de proxectos integrados de investigación, tratamento e divulgación da i...Manuel Torres BúaCurso de proxectos integrados de investigación, tratamento e divulgación da información
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialAccion_titorialGuía didáctica do curso: Posta en práctica da acción titorial, na súa edición 2015-2016 organizado por CAFI, Xunta de Galicia
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)Juan Marcos FilgueiraAvaliación con e-portfolios. Rúbricas de aprendizaxe. Ferramentas de avaliación nos LMS. Moodle Mobile.
Aprendizaje-Servicio: Aprender mejorando el mundo que nos rodeaCUFIEEl documento describe la metodología de aprendizaje-servicio, en la que los estudiantes adquieren competencias de su titulación al mismo tiempo que realizan un servicio a la comunidad. Los componentes clave son el servicio a la comunidad, el aprendizaje y la reflexión. La Universidad de A Coruña colabora con diversas ONGs, centros y asociaciones en proyectos que cubren áreas como asesoría jurídica, fisioterapia, divulgación y diseño accesible.
Presentacións eficaces: guía de boas prácticas para presentacións académicasCUFIETrucos para elaborar unha presentación educativa efectiva. Traballo elaborado colaborativamente por PDI da Universidade da Coruña no marco do curso de formación do CUFIE "Deseño e implementación de materiais didácticos multimedia para a docencia". Decembro de 2020
Como diseñar una buena presentación educativaCUFIEConsejos y recursos para elaborar una presentación educativa efectiva. Trabajo elaborado colaborativamente por PDI de la Universidade da Coruña en el marco del curso de formación del CUFIE "Deseño e implementación de materiais didácticos multimedia para a docencia". Diciembre de 2020.
Enquisa valoración IV Xornadas de Innovación DocenteCUFIEREsultados da enquisa de valoración das IV Xornadas de Innovación Docente celebradas o 21 e 22 de novembro de 2019 na Universidade da Coruña
Enquisa valoracion III Xornadas de Innovación DocenteCUFIEVelaquí os resultados da enquisa de valoración da terceira edición das Xornadas de Innovación celebradas os días 8 e 9 de novembro de 2018 na Facultade de Educación da UDC.
CUFIE servicesCUFIEThe Centre for Educational Training and Innovation provides educational training and support services to students, teachers, and PhD students. It offers courses on special educational needs and inclusion, as well as assistive devices and counseling on accessibility. The centre aims to promote educational innovation among teachers and support virtual and blended instructional design. It also manages tutorial plans and a study guides platform to support all university students.
Resultados enquisa de valoración II Xornadas de Innovación Docente na UDCCUFIEO presente documento ofrece as estatísticas resultantes da enquisa online que pasamos a todos os participantes nas II Xornadas de Innovación Docente organizadas polo CUFIE.
Actividades en moodle 3 castellanoCUFIEEste documento proporciona una guía rápida sobre las diferentes actividades disponibles en Moodle 3 y cómo aprovecharlas didácticamente. Describe brevemente cada actividad, sus opciones generales y posibles usos, incluyendo bases de datos, encuestas, chats, foros, glosarios, lecciones y cuestionarios. El objetivo es ayudar a los docentes a diseñar cursos virtuales que promuevan el aprendizaje activo y la evaluación continua.
Abriendo canales de institucionalización del Aprendizaje Servicio en la Unive...CUFIEComunicación presentada por las técnicas de la OCV (Lorena Rilo) y del CUFIE (Ana M. Peña Cabanas) en el VII Congreso Nacional y II Internacional de Aprendizaje-Servicio Universitario celebrado en Santiago de Compostela del 13 al 15 de Octubre de 2016.
Como planificar unha experiencia de Aprendizaxe Servizo?CUFIESe estás pensando en implantar un proxecto de Aprendizaxe Servizo e non sabes que pasos debes seguir, esta guía pódeche axudar.
Avalía o teu proxecto de Aprendizaxe ServizoCUFIEEsta guía axudarache a saber se o teu proxecto cumple cos requisitos de calidade propios da Aprendizaxe e Servizo
Guía Básica sobre Gamificación EducativaCUFIEGuía Básica sobre Gamificación Educativa
8 errores en el uso de Moodle para la docenciaCUFIEGuía que enumera en clave humorística los errores más comunes a la hora de emplear la plataforma Moodle como apoyo a la docencia.
Aprendizaje-Servicio: Aprender mejorando el mundo que nos rodeaCUFIE
2. Actividades en Moodle 3
As actividades de Moodle son elementos favorecedores da
aprendizaxe activa, que priorizan a interacción persoa(s)-persoa(s). Moitas
delas, permiten procesos de cualificación conectando directamente co libro de
cualificacións da plataforma.
Na imaxe da esquerda poden verse os tipos de Actividades que
podemos atopar na versión 3 de Moodle que temos actualmente no campus
virtual da UDC.
Para engadir algunha delas ao teu curso debes activar o modo
edición e premer no menú + Engadir actividade ou recurso que aparece debaixo
de cada bloque. Abrirase unha xanela coma esta que temos aquí á esquerda.
Selecciona a actividade que precises e pulsa en Engadir.
A continuación imos ver dun xeito resumido en que consiste cada
unha delas e que aplicacións prácticas se lles pode dar á hora de deseñar un
curso virtual.
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
3. Actividades en Moodle 3
Base de datos
Que é Opción xerais Exemplos de uso
Unha actividade de traballo
colaborativo que permite ao
alumnado crear unha base de
datos formada por entradas que
poden conter texto, imaxes,
ficheiros, urls, etc.
Moodle ofrece modelos
predefinidos para configurar o
deseño da base de datos
Permite:
- Requerir aprobación de cada entrada
polo profesor
- Admitir ou non comentarios ás entradas
- Delimitar o número de entradas por
persoa
- Facer seguemento e cualificar as
entradas, podendo cualificar o profesor
ou os alumnos (avaliación entre pares)
- Exportar as entradas a un arquivo
- Elaboración de galerías de imaxes sobre un tema
determinado
- Recopilación de URL, reseñas de libros, revistas, etc.
sobre un tema de interese.
- Compartir contidos ou traballos elaborados polo
alumnado para que os revisen ou comenten os
compañeiros
- Compartir arquivos de interese relacionados co tema
do curso
- Recopilación de datos persoais dos participantes no
curso
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
4. Actividades en Moodle 3
Comentarios (Enquisas configurables)
Que é Opción xerais Exemplos de uso
Esta actividade permite ao profesor
editar e propoñer un sondeo de
opinión entre os participantes no
curso e analizar as súas respostas.
Permite:
- Establecer datas de apertura e peche
da enquisa
- Permitir rexistro de nomes dos
participantes ou que a enquisa sexa
anónima.
- Seleccionar entre diversos tipos de
preguntas: elección múltiple, resposta
curta, resposta longa, resposta
numérica
- Insertar outros elementos na enquisa
como imaxes, códigos captcha, etc.
- Que os resultados sexan visibles só para
o profesor ou tamén para os alumnos
- Facer avaliacións do curso, do profesorado, da
interacción en grupo, dos contidos, das prácticas etc.
- Recoller suxerencias de mellora sobre diversos
aspectos do curso
- Recoller información de interese sobre os
participantes no curso (intereses, motivos polos que
se matricularon no curso, preferencias, etc.)
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
5. Actividades en Moodle 3
Conversa
Que é Opción xerais Exemplos de uso
A conversa ou Chat é unha
ferramenta de comunicación
sincrónica, é dicir, que permite aos
participantes nun curso manter
conversas baseadas en texto en
tempo real
Permite:
- Establecer datas de apertura e peche
do chat
- Grabar as sesións para consultas
posteriores
- Agrupar ao alumnado e asignar un chat
a cada grupo
- Atención en titorías
- Choivas de ideas
- Entrevista a un experto nalgún tema relacionado co
curso
- Traballo en equipo
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
6. Actividades en Moodle 3
Enquisa
Que é Opción xerais Exemplos de uso
Esta actividade proporciona ao
docente cinco modelos de enquisa
xa predeterminados pola
plataforma. Serve para recopilar
datos de opinión sobre o curso, a
docencia, etc.
A diferencia coa actividade
Comentarios (enquisas) está en
que nesta última as preguntas son
totalmente configurables polo
profesor, mentras que na Enquisa
os modelos veñen predefinidos e
non se poden modificar.
Permite:
- Seleccionar entre 5 tipos de enquisa
predefinidos
- Recoller e analizar as respostas de cada
participante
- Agrupar ao alumnado e asignar unha
enquisa diferente a cada grupo
- Medir a satisfacción do alumnado con diversos
aspectos relacionados co curso
- Recoller información sobre preferencias, opinión,
formas de traballar, estilos de aprendizaxe, etc. dos
participantes no curso
- Medir a distancia entre expectativas iniciais e
resultados de aprendizaxe do alumnado
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
7. Actividades en Moodle 3
Escolla
Que é Opción xerais Exemplos de uso
A actividade Escolla serve para
lanzar unha consulta aos
participantes do curso.
O docente formula unha pregunta
e proporciona unha lista de opcións
das que o alumno pode escoller tan
só unha.
Permite:
- Que o alumnado poida ou non cambiar
de opción despois de responder.
- Limitar o número de alumnos que
poden escoller cada opción (ex. se
elixen tema para un traballo e só poden
elixir tres alumnos cada tema)
- Delimitar as datas nas que estará
dispoñible a escolla.
- Decidir se os alumnos poden ver ou
non os resultados da escolla
- Elección de turno de prácticas de laboratorio
- Elección de tema para un traballo
- Enquisa rápida sobre algún aspecto concreto no
desenrolo do curso (ex. Podes asistir á visita ao Museo
programada para tal data?)
- Formación de grupos para a realización dunha
actividade colaborativa
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
8. Actividades en Moodle 3
Foro
Que é Opción xerais Exemplos de uso
O Foro é unha ferramenta de
comunicación asíncrona onde
docentes e alumnos publican
mensaxes e responden aos dos
outros partipantes, o que permite
crear fíos de conversación sobre
aspectos relacionados co curso.
Permite:
- Crear 4 tipos de foros:
a. Foro xeral- calquera pode abrir as
discusións que desexe
b. Foro formato Blog- aparece sempre o
primeiro mensaxe de cada discusión
c. Foro QA- cada participante ten que
facer un comentario antes de ver os
dos demais
d. Discusión simple única- cada alumno
participa nunha única discusión
- Cualificar as entradas
- Adxuntar arquivos ás entradas e delimitar o
seu tamaño
- Suscripción opcional ou forzada para recibir
copia dos mensaxes do foro
- Agrupar ao alumnado e asignar un foro
diferente a cada grupo.
- Foro de novas con información relevante para os
participantes
- Foro de dúbidas dun tema ou unidade
- Foro de debate con cualificación de entradas
- Foro tipo “cafetería” para estimular a participación e
os lazos entre os participantes
- Foro de grupo para o intercambio de ideas ou
información durante a realización dun traballo
colaborativo
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
9. Actividades en Moodle 3
Glosario
Que é Opción xerais Exemplos de uso
O Glosario é unha ferramenta que
permite crear de xeito colaborativo
un diccionario de termos
relacionados coa temática do
curso. Ademáis, as definicións
creadas pódense enlazar en cada
aparición do termo correspondente
nos contidos do curso.
Permite:
- Requerir aprobación de cada entrada
polo profesor antes de ser publicada
- Que os alumnos poidan editar sempre
as entradas
- Entradas duplicadas, é dicir, que varios
alumnos podan definir o mesmo termo
- Enlace automático do concepto
definido en todos os contidos do curso
- Amosar sempre ou non o nome de
quen edita a entrada
- Cualificar as entradas polo profesor ou
por outros estudantes (avaliación entre
pares)
- Elaboración conxunta de listas de vocabulario en
cursos de idiomas
- Recopilación de teminoloxía técnica relacionada coa
temática do curso
- Listaxe de acrónimos coa súa explicación
- Listaxe de preguntas frecuentes ou FAQs
- Listaxe de fórmulas matemáticas necesarias para o
aproveitamento do curso
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
10. Actividades en Moodle 3
Lección
Que é Opción xerais Exemplos de uso
A Lección serve para crear unha
secuencia de páxinas de contido.
Esa secuencia pode ser lineal (a
única navegación posible polo
contido é cara adiante ou cara
atrás) ou ofrecer distintos
itinerarios en función das respostas
do alumnado ás preguntas
definidas polo profesor.
Permite:
- Crear páxinas de contido(texto, imaxes,
vídeos, etc.), páxinas de preguntas e
configurar a navegación entre elas
- Delimitar datas de apertura e peche da
lección
- Cualificar os resultados e amosalos ou
non ao alumnado
- Condicionar a lección a outra do
mesmo curso.
- Delimitar número máximo de intentos
por pregunta, permitir revisións para
cambiar respostas anteriores.
- Importar preguntas a partires dun
ficheiro de textos.
- Desenvolvemento de contidos de aprendizaxe guiada
a través de preguntas
- Actividades de repaso ou reforzo
- Actividades de toma de decisións con itinerarios
distintos en función da decisión tomada.
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
11. Actividades en Moodle 3
Paquete SCORM
Que é Opción xerais Exemplos de uso
Un paquete SCORM (Sharable
Content Object Reference Model) é
un conxunto de materiais (páxinas
web, gráficos, presentacións Flash...)
empaquetados seguindo os
estándares Scorm para obxectos de
aprendizaxe. Moodle admite a
integración destes paquetes mediante
ficheiros zip que se engaden a un
curso. Normalmente serán páxinas
con navegación entre elas e con
actividades de avaliación cuxos
resultados quedarán rexistrados no
libro de cualificacións. Pódense
elaborar con ferramentas de autor
como Exelearning.
Permite:
- Amosar os contidos en xanela
emerxente ou no propio curso
- Delimitar dispoñibilidade en datas
- Diversos métodos de cualificación
- Delimitar número de intentos para as
preguntas
- Ver no libro de cualificacións de
Moodle todos os resultados das
actividades
- Presentación de contidos multimedia
- Ferramenta de avaliación
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
12. Actividades en Moodle 3
Proba
Que é Opción xerais Exemplos de uso
A Proba é unha actividade de
autoavaliación tipo test que
permite ao profesor crear un
listado de preguntas de diversos
tipos: escolla múltipla, resposta
curta ou numérica, ensaio,
emparellamento, verdadeiro ou
falso, etc.
No caso de levar preguntas de
ensaio a nota non se calcula
automáticamente xa que este tipo
de pregunta ten que ser cualificada
de xeito manual polo profesor.
Permite:
- Delimitar datas de apertura e peche
- Establecer un límite de tempo para
realizar a proba
- Delimitar o número de intentos e o
método de cualificación
- Configurar diversos parámetros sobre o
comportamento das preguntas
- Definir a retroalimentación que recibirá
o alumno en cada resposta
- Probas de autoavaliación
- Avaliación contínua e de progreso onde que o alumno
recibe retroalimentación sobre o seu proceso de
aprendizaxe
- Test para comprobar a comprensión de conceptos
previamente expostos, lecturas, etc.
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
13. Actividades en Moodle 3
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
Reunión
Que é Opción xerais Exemplos de uso
A actividade Reunión, permite aos
docentes organizar facilmente
horarios para titorías, entregas,
revisións de traballos ou probas,
etc. fixando citas en franxas
horarias de maneira que os
estudantes escollen o momento
que máis lles convén segundo a súa
dispoñibilidade.
- Delimitar unha franxa horaria.
- Configurar o número de reunións que se
poden concretar e o tempo de duración
de cada unha.
- Fixar cantas citas pode seleccionar cada
estudante e se unha vez escollida a cita,
se podem ou non facer cambios no
horario acordado
- Organización de datas, horarios e grupos para titorías,
revisións de exames, entregas ou revisións de
traballos, exposicións orais na aula, etc.
Actividades en Moodle 3
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
14. Actividades en Moodle 3
Taller
Que é Opción xerais Exemplos de uso
Con esta actividade o profesor
propón un traballo que os
estudiantes realizarán de xeito
individual coa particularidade de
que o resultado pode ser avaliado
por outros estudiantes (avaliación
entre pares). Os alumnos obteñen
dúas cualificacións: unha
correspondente á entrega do
traballo ao profesor e outra á
cualificación dos compañeiros.
Ambas se gardan no libro de
cualificacións do profesor.
Permite:
- Delimitar dispoñibilidade en datas
- Configurar parámetros para os envíos
(tamaño dos arquivos, número máximo
de adxuntos, etc.)
- Configurar os métodos de cualificación
- Configurar a retroalimentación
- Usar o modo “autoavaliación”, é dicir,
que o alumno teña que avaliar tamén o
seu propio traballo
- Usar exemplos de resposta para que os
alumnos se baseen neles á hora de
facer as súas avaliacións
- Traballos individuais nos que interese que os alumnos
valoren os resultados doutros compañeiros (por ex.
Actividades de aprendizaxe baseado en problemas
onde pode haber máis dunha solución posible ao
problema e interesa valorar todas as respostas)
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
15. Actividades en Moodle 3
Tarefa
Que é Opción xerais Exemplos de uso
É unha ferramenta que serve para
encargar tarefas aos alumnos,
recollelas, comentalas e avalialas.
As entregas poden ter diversos
formatos (texto, follas de cálculo,
imaxes, arquivos de audio ou vídeo,
etc.) no caso de seren arquivos
subidos á plataforma. Tamén
poden consistir en que o alumno
escriba directamente no editor de
texto de Moodle
Permite:
- Delimitar a dispoñibilidade en datas
- Delimitar os tipos de entrega, número e
tamaño no caso de arquivos
- Definir a retroalimentación que recibirá
o alumno
- Entregar por equipos no caso de
traballos colaborativos
- Configurar o método de cualificación
(ex. Mediante calificación numérica
tradicional ou mediante rúbricas)
- Facer comentarios ao alumnado en
relación á tarefa ou á súa cualificación
- Proposta de todo tipo de actividades que requiran a
entrega dalgún arquivo (textual, de audio, de vídeo,
etc.) como actividades de investigación, memorias de
prácticas, traballos colaborativos, recensións,
esquemas, prácticas con audio ou vídeo, etc.
- Actividades nas que o alumno teña que responder coa
redacción no editor de texto de Moodle: artigo de
opinión, recensión bibliográfica, resumo, etc.
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
16. Actividades en Moodle 3
Wiki
Que é Opción xerais Exemplos de uso
É un conxunto de páxinas web
creadas e editadas de xeito
colaborativo polos participantes
nun curso. Poden colaborar todos
eles nun único wiki ou haber un
wiki por cada alumno no que todos
os compañeiros poderán participar.
Consérvase un histórico das
distintas versión de cada páxina do
wiki, o que permite ao profesor
consultar os cambios que fai cada
participante.
Permite:
- Crear un único wiki para todos, un
individual ou un por cada grupo no caso
de que os participantes se dividan en
grupos
- Determinar o fomato do editor de
páxinas web
- Configurar todos os axustes comúns ao
resto de actividades: límites temporais,
delimitar tipos ou tamaño de ficheiros
adxuntos, etc.
- Consultar a actividade de cada
participante, eliminar páxinas, etc.
- Editar, compartir e crear de xeito colaborativo
apuntamentos, resumos ou esquemas do tema ou
unidade
- Elaborar en equipo un traballo sobre un tema
proposto polo profesor
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
17. Actividades en Moodle 3
Cadro xeral de usos das actividades
Base
de
datos
Comentari
os (Enquisa
config.)
Conversa
(Chat)
Enquisa Escolla Foro Glosario Lección Paquete
SCORM
Proba Reunión Taller Tarefa Wiki
Consultas e
recollida de
información
Comunicación e
debate
Traballo
colaborativo
Autoavaliación
Avaliación entre
pares
Avaliación polo
profesor
Titoría
Creación de
contidos -alumnos
Creación e
presentación de
contidos -docente
Guía rápida para o seu aproveitamento didáctico
CUFIE. Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente
18. Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa
Edificio Xoana Capdevielle
Campus de Elviña, s.n.
15071 – A Coruña
Actividades en Moodle 3. Guía para o seu aproveitamento
didáctico. de Unidade de Teleformación. CUFIE ten unha
licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual
4.0 Internacional.