Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre xuño e setembro de 2014. Presentados o venres 12 de setembro na 9ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigcaʰԳٲó das todas novidades en galego xuntas adquiridas durante o presente curso 2016_17 pola biblioteca do centro.
Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre decembro de 2013 e marzo de 2014. Presentados o venres 14 de marzo na 7ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)XenzaRecomendacións de lectura das bibliotecas municipais. Mozos e adultos. Concello de Oleiros
Guía de lectura. IlustrArteBibliotecas Municipais de A CoruñaGuía de lectura da mostra bibliográfica IlustrArte sobre Ilustración Galega na Biblioteca do Forum Metropolitano
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)XenzaRecomendación de lectura desde as bibliotecas municipais. Concello de Oleiros
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco AmorEsta é a proposta do Club de Lectura para o Nadal pensando no alumnado do 1º ciclo da ESO.
Os mellores do humorBibliotecas Municipais de A CoruñaDende a Biblioteca Municipal Ágora ofrecémosvos para o verán unha variada selección de novelas, cómics e películas para partirvos de risa!!
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigcaʰԳٲó das todas novidades en galego xuntas adquiridas durante o presente curso 2016_17 pola biblioteca do centro.
Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre decembro de 2013 e marzo de 2014. Presentados o venres 14 de marzo na 7ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)XenzaRecomendacións de lectura das bibliotecas municipais. Mozos e adultos. Concello de Oleiros
Guía de lectura. IlustrArteBibliotecas Municipais de A CoruñaGuía de lectura da mostra bibliográfica IlustrArte sobre Ilustración Galega na Biblioteca do Forum Metropolitano
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)XenzaRecomendación de lectura desde as bibliotecas municipais. Concello de Oleiros
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco AmorEsta é a proposta do Club de Lectura para o Nadal pensando no alumnado do 1º ciclo da ESO.
Os mellores do humorBibliotecas Municipais de A CoruñaDende a Biblioteca Municipal Ágora ofrecémosvos para o verán unha variada selección de novelas, cómics e películas para partirvos de risa!!
Guía de lectura Xosé María Díaz Castro-Letras Galegas 2014Bibliotecas Municipais de A CoruñaGuía de Lectura sobre Xosé María Díaz Castro escritor al que se le dedican el Día das Letras Galegas 2014 elaborada por la Biblioteca Municipal de Estudios Locales
Carta familias-20-21-covid-blogiessalvabiblioCarta da biblioteca de benvida ás familias do alumnado do IES Salvaterra de Miño
Montse fajardo 19 20-inicialiessalvabiblioUn evento se llevará a cabo en la biblioteca el miércoles 12 de febrero de 2020 a las 17:00 horas. Montse Fajardo, autora de los libros Invisibles e Un cesto de mazás, se encontrará con el alumnado de 1o Bacharelato.
dzԻ岹óԲ--ٳܰ--á-2019iessalvabiblioAquí chegan as recomendacións de lectura de verán grazas ao traballo conxunto de tres bibliotecas:
A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño.
A Biblioteca do CEIP Leirado.
A Biblioteca do IES Salvaterra de Miño.
Biblioterapia 1-definitivoiessalvabiblioBiblioterapia: lecturas saudables. Recomendacións de lectura elaborada con ocasión da Semana da Ciencia 2019 do IES Salvaterra de Miño
Plantacion 2019 biblioiessalvabiblioFolleto sobre a plantación realizada polo alumnado do IES Salvaterra no curso 2018-19
Eva Mejuto: Trans-formando o mundoiessalvabiblioO documento repete a frase "Transformando o mundo." quatro vezes, com a autora Eva Mejuto e a duração de 22 segundos listados abaixo de cada repetição.
Cartel e horario da Hora de Ler 17 18iessalvabiblioEste documento apresenta o cronograma de uma "Hora de Ler" em uma escola secundária espanhola para o ano letivo de 2017-2018. O cronograma lista as datas de outubro a junho com as aulas destinadas à leitura silenciosa a cada dia da semana, geralmente de uma hora de duração. A nota inicial enfatiza que o objetivo é promover a leitura por prazer, não para completar tarefas ou estudar para testes.
Cartel hora de_ler_17-18iessalvabiblioO curso começa em 2 de outubro. As aulas de leitura serão na primeira hora de segunda-feira e devem ser usadas para ler, não para fazer tarefas ou estudar para exames. As aulas de leitura não devem ser usadas para conversar, mas sim para atividades de leitura.
Cartel biblio solidariaiessalvabiblioProposta para o intercambio de libros de lectura obrigatoria e recomendacións entre o alumnado do IES Salvaterra de Miño
Día da Poesía 2017: O komando poetico no IES SalvaterraiessalvabiblioConmemoramos o Día da Poesía:
O Komando poético recorre unha vez máis as aulas do IES Salvaterra de Miño.
O alumnado do Club de Lectura le as poesías elaboradas por eles mesmos na biblioteca.
"O Furancho" de Ibuprofeno Teatro.iessalvabiblioO alumnado do IES Salvaterra de Miño asiste á representación da obra "O Furancho" de Ibuprofeno teatro. Foi o 11 de novembro de 2016 no Auditorio Avelino Soutullo en Ponteareas.
ʰԳٲó de carteis para Casares. Día das Letras Galegas 2017iessalvabiblioEl documento presenta los carteles elaborados por estudiantes de un instituto en Galicia con motivo del Día das Letras Galegas de 2017, dedicado al escritor Carlos Casares. Los carteles están inspirados en diferentes cuentos de la obra "Vento Ferido" de Casares.
Cartel carlos casares_2017iessalvabiblioCartel para o Día das Letras Galegas 2017 adicado á Carlos Casares
Cartel feira troco_17iessalvabiblioCartel de anuncio da Feira do Troco 2017 no IES Salvaterra de Miño
Escolma poemas pola paz 12 13iessalvabiblioEste documento contiene varios poemas y extractos de textos en español relacionados con la paz y la no violencia. Los poemas tratan temas como la esperanza, la libertad, la opresión, la guerra y la necesidad de crear paz. El documento promueve valores como la no violencia, los derechos humanos y la fraternidad entre los pueblos.
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de Miño
1. Agustín
Fernández
Paz
Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947; Vigo 2016) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da
literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores
infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera.
Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano.
Ademais de Perito Industrial Mecánico, Agustín Fernández Paz é Mestre e Licenciado en Ciencias da Educación. Traballou como docente
durante máis de trinta anos, nos distintos niveis do ensino primario e secundario. Ademais desta dedicación á docencia, desenvolveu unha
ampla actividade teórica e divulgativa, centrada en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a
didáctica da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social. Tamén tivo un papel relevante na elaboración de
materiais didácticos de lingua e literatura (un dos textos nos que participou, Canles 5, obtivo o Premio Nacional “Emilia Pardo Bazán” para
libros de texto non sexistas).
Os seus libros obtiveron numerosos premios, tanto no ámbito galego coma no español (Merlín, Lazarillo, Edebé Xuvenil, O Barco de Vapor,
Protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas…). Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor
do ano (no 2004 e no 2007). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de LIX do ano, que concede a Asociación de Escritores en
Lingua Galega. O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil que concede o
Ministerio de Cultura de España. Outras obras súas foran finalistas deste mesmo premio en anos anteriores.
No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Astrid Lindgren Memorial Award, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O
único que queda é o amor foi incluído na IBBY Honour List en 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en
2002. Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da International Youth Library de Múnic en 2001, un recoñecemento que
tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.
Contos por palabras foi considerado como un dos once títulos esenciais da LIX española do século XX no Primeiro Congreso de Lengua y
Literatura para niños y jóvenes, celebrado en Santiago de Chile en 2010. No ano 2011, foille outorgado en México o VII Premio Iberoamericano
SM de la Literatura Infantil y Juvenil, en recoñecemento á súa traxectoria literaria. E a OEPLI acordou designalo como candidato español ao
Premio Andersen 2012.
En xaneiro do ano 2013, foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.
Os seus libros gozan do aprecio dos lectores, e moitos deles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno,
Trece anos de Branca ou As fadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos.
A Agustín Fernández Paz gústalle reiterar, utilizando as palabras do escritor noruegués Jostein Gaarder, o seu empeño nunha
loita explícita por acadar un estatus social digno para a literatura infantil e xuvenil. E ten como guía do seu labor as palabras
que Álvaro Cunqueiro escribiu en 1963:
«O propio dun escritor é contar claro, seguido e ben. Contar a totalidade humana, que el pola súa parte ten a
obriga de alimentar con novas miradas. E se hai algo que estea claro nesta dieta, é que o home precisa en primeiro
lugar, coma quen bebe auga, beber soños.»
2. Agustín
Fernández
Paz
Textos narrativos
A cidade dos desexos.
Ilustracións: Manuel Uhía. Edicións Xerais, 1989.
Traducido ao castelán.
As flores radioactivas.
Ilustracións: Miguelanxo Prado. Edicións Xerais, 1990.
Traducido ao catalán, eusquera, castelán e bable.
Premio Merlín de Literatura Infantil 1989.
Contos por palabras.
Ilustracións: Miguel Vigo. Edicións Xerais, 1991.
Traducido ao castelán, catalán, eusquera, francés e bable.
Premio Lazarillo 1990.
Lista de Honra do IBBY 1990-1992.
Premio Lecturas de Gálix 2003.
Seleccionado como un dos dez libros esenciais da LIX española do século
XX.
Lonxe do mar.
Ilustracións: Fran Jaraba. Edelvives, 1991.
O tesouro do dragón Smaug.
Ilustracións: Fran Jaraba. Editorial Galaxia, 1992.
Traducido ao castelán, catalán, eusquera e aranés.
As tundas do corredor.
Ilustracións: Fran Jaraba. Edelvives, 1993.
Traducido ao castelán.
Lista de Honor da CCEI 1995.
Fantasmas no corredor.
Ilustracións: Óscar Villán. Edicións Xerais, 2005.
Traducido ao catalán e ao castelán.
Rapazas.
Ilustracións: Miguelanxo Prado. Edicións Xerais, 1993.
Nova edición, ampliada e revisada: Edicións Xerais, 2003.
Traducido ao castelán, eusquera, catalán e portugués.
Trece anos de Branca.
Ilustracións: Manuel Uhía. Edebé-Rodeira, 1994.
Traducido ao castelán, catalán e eusquera.
Premio Edebé de Literatura Juvenil 1994.
Unha lúa na fiestra.
Ilustracións: Fran Jaraba. Editorial Galaxia, 1994.
Cartas de inverno.
Edicións Xerais, 1995.
Traducido ao catalán, castelán, eusquera, portugués e bretón.
Premio Rañolas 1995 ao mellor libro editado.
Finalista do Premi Protagonista Jove 1998.
Amor dos quince anos, Marilyn.
Ilustracións: Andrés Meixide. Edicións Xerais, 1995.
Traducido ao castelán e ao catalán.
Avenida do parque, 17.
Ilustracións: Xan López Domínguez. Edicións SM, 1996.
Traducido ao catalán, castelán e árabe.
O centro do labirinto.
Edicións Xerais, 1997.
Traducido ao catalán, castelán e portugués.
Finalista do Premio Nacional de LIJ 1998.
Nova edición, revisada: Edicións Xerais, 2015
A néboa escura.
Ilustracións: Miguelanxo Prado. Consellería de Educación, Xunta de
Galicia, 1998.
O laboratorio do Doutor Nogueira.
Ilustracións: Francisco Bueno. Edicións Xerais, 1998.
Traducido ao castelán, eusquera, catalán e portugués
As fadas verdes.
Ilustracións: Asun Balzola e Patricia Garrido. Ediciones SM, 1999.
Traducido ao castelán e ao catalán.
Placa de Plata de El Barco de Vapor en 2007
Cos pés no aire.
Ilustracións: Miguelanxo Prado. Edicións Xerais, 1999.
Traducido ao castelán, eusquera e catalán.
Premio de Literatura Infantil “Raíña Lupa” da Deputación de A Coruña
1998.
Finalista do Premio Nacional de LIJ 2000.
Finalista do Premi Protagonista Jove 2002.
A nube de cores.
Ilustracións: Xoán C. Martínez. Edicións Sotelo Blanco, 1999.
O soño do merlo branco.
Ilustracións: Manuel Uhía. Editorial Everest Galicia, 2000.
Traducido ao castelán.
Aire negro.
Edicións Xerais, 2000.
Nova edición revisada: Edicións Xerais, 2009. Nova edición, reescrita:
Edicións Xerais, 2012.
Traducido ao catalán, castelán, eusquera, búlgaro e inglés.
Lista de Honra do IBBY 2001.
The White Ravens 2001 da Internationale Jugenbibliotehk de Munich.
Premi Protagonista Jove 2002.
No corazón do bosque.
Ilustracións: Miguelanxo Prado. Editorial Anaya, 2001.
Nova edición: Edicións Xerais, 2002
Traducido ao castelán, catalán e eusquera.
Finalista do Premio Nacional de Literatura 2002.
Ana e o tren máxico.
Ilustracións: Enjamio. Caixanova, 2001.
Un tren cargado de misterios.
Ilustracións: Enjamio, Edicións Xerais, 2001.
Traducido ao castelán.
Premio Lecturas de GÁLIX 2003.
Noite de voraces sombras.
Edicións Xerais, 2002.
Traducido ao catalán, castelán e eusquera.
Finalista do Premio Nacional de LIJ 2003.
O meu nome é Skywalker.
Ilustracións: Juan Ramón Alonso, Ediciones SM, 2003.
Existe tamén unha edición no Círculo de Lectores, 2005.
Traducido ao castelán, catalán e coreano.
Premio O Barco de Vapor 2003.
The White Ravens 2003 da Internationale Jugenbibliotehk de Munich.
Premio Lecturas de GÁLIX 2005.
A serea da Illa Negra.
Ilustracións: Miguelanxo Prado. Tambre-Edelvives, 2003.
A praia da esperanza.
Ilustracións: Teresa Novoa. Edicións Xerais, 2003.
Tres pasos polo misterio.
Edicións Xerais, 2004.
Traducido ao catalán e ao castelán.
Raquel ten medo.
Ilustracións: Marina Seoane. Edicións Xerais, 2004.
Traducido ao catalán, castelán e eusquera.
Laura e os ratos.
Ilustracións: Rocío del Moral. Edicións Xerais, 2004.
Traducido ao catalán, castelán, eusquera e inglés.
A escola dos piratas.
Ilustracións: Luis Filella. Edebé-Rodeira, 2005.
Traducido ao castelán, catalán, eusquera, coreano e chinés.
Premio Edebé de Literatura Infantil 2005.
A fuxida do mar.
Ilustracións: Enric Solbes. Edicións Xerais, 2005.
Traducido ao catalán, castelán e eusquera.
A noite dos animais.
Ilustracións: Enjamio. Editorial Galaxia, 2005.
Traducido, en versión revisada e ampliada, ao catalán e ao castelán.
¡Que medo, mamá Raquel!
Ilustracións: Fran Jaraba. Edicións Xerais, 2005.
Un radiante silencio.
Ilustracións: Pablo Auladell. Editorial Anaya, 2005 (edición non
venal).
Edición venal: Editorial Anaya, 2006.
Corredores de sombra.
Edicións Xerais, 2006.
Traducido ao castelán e ao catalán.
Premio Frei Martiño Sarmiento 2007.
O Raio Veloz.
Ilustracións: Andrés Meixide. Editorial Planeta&Oxford, 2006.
Nova edición: Ilustracións: Federico Delicado. Oxford University
Press, 2010.
Traducido ao castelán.
Querido inimigo.
Ilustracións: Tesa González, Edebé-Rodeira, 2006.
Traducido ao castelán.
Os gardiáns do bosque.
Ilustracións: Cristina Durán e Giner Bou. Baía Edicións, 2006.
Traducido ao catalán, castelán e eusquera.
O único que queda é o amor.
Ilustracións: Pablo Auladell. Edicións Xerais, 2007.
Traducido ao castelán, catalán, portugués, eusquera e coreano.
Premio Xosé Neira Vilas da Asociación de Editores Gallegos ao
mellor Libro Infantil e Xuvenil de 2007
Premio Nacional de LIJ 2008.
Premio Frei Martiño Sarmiento 2009.
Lista de Honra do IBBY 2010.
A pastelaría de dona Remedios.
Ilustracións: Mabel Piérola. Edebé-Rodeira, 2008.
Traducido ao castelán.
¡Upa!
Ilustracións: Noemí Villamuza. Edicións Xerais, 2008.
Traducido ao castelán, catalán, eusquera e chinés.
Lúa do Senegal.
Ilustracións: Marina Seoane. Edicións Xerais, 2009.
Traducido ao castelán e ao catalán.
Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) á mejor
obra de LIX 2009.
Lista de Honra da CCEI 2010.
A Dama da Luz.
Ilustracións: Jorge Magutis. Edicións Xerais, 2009.
Valados.
Ilustracións: Xan López Domínguez. Edicións Xerais, 2009.
Traducido ao castelán, ao catalán e ao italiano.
Corazón de pedra.
Ilustraciones: Federico Delicado. Oxford, 2011.
Traducido ao castelán.
Non hai noite tan longa.
Edicións Xerais, 2011.
Traducido ao catalán.
Premio Losada Diéguez (creación literaria, 2012)
Premio Redelibros ao mellor libro de ficción do 2011
Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa do 2011
Premio Irmandade do Libro ao mellor libro galego do ano 2011
Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficcióon do ano 2011.
Fantasmas de luz.
Ilustracións: Miguelanxo Prado. Edicións Xerais, 2011.
Traducido ao castelán e ao catalán.
Premio da AELG 2012 ao mellor libro de LIX
Premio da Crítica Galicia 2012 (Creación Literaria)
As fronteiras do medo.
Rodeira-Edebé, 2012
Traducido ao castelán e ao catalán
Malos tempos para os fantasmas.
Ilustracións: Patricia Castelao. Edicións Xerais, 2012.
Traducido ao castelán e ao catalán.
O rastro que deixamos.
Edicións Xerais, 2012.
Premio Ánxel Casal (Asociación Galega de Editores) ao mellor libro
de non ficción do 2012.
Premio “Fervenzas Literarias” ao mellor libro de ensaio do ano 2012.
Zeralda e o dragón.
Ilustracións: Fran Jaraba. Galaxia, 2013.
Desde unha estrela distante.
Ilustracións: David Pintor. Edicións Xerais, 2013.
Traducido ao castelán e ao catalán.
A viaxe de Gagarin.
Edicións Xerais, 2014
Premio “Fervenzas Literarias” ao mellor libro de narrativa de 2014.
Premio “Ánxel Casal” (Asociación Galega de Editores) ao mellor libro
de ficción do 2014.
Amizades secretas.
Rodeira-Edebé, 2015
Traducido ao castelán
A neve interminable. Edicións Xerais, 2015.
Textos teoricos
Para lermos cómics.
Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, 1989.
Traducido ao bable.
28 libros da literatura infantil e xuvenil galega.
Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, 1989.
Os libros infantís galegos.
Consellería de Cultura, Xunta de Galicia, 1989.
Ler en galego (1): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas.
Editorial Ir Indo, 1990.
Facermos cómics (Unidade Didáctica).
Edicións Xerais, 1991.
Animación á lectura (Unidade Didáctica, escrita en colaboración).
Edicións Xerais, 1991.
Os cómics nas aulas.
Edicións Xerais, 1992.
A lingua galega no proxecto educativo e no proxecto curricular.
Consellería de Educación, Xunta de Galicia, 1993.
A maxia das palabras.
Consellería de Educación, Xunta de Galicia, 1998.
A literatura infantil e xuvenil en galego.
Edicións Xerais, 1999.
Proceso de normalización do idioma galego. 1980-2000. Volume 2: EDUCACIÓN
(coautor, con Xan M. Bouzada e Anxo M. Lorenzo Suárez). Consello da Cultura Galega,
2003
A planificación lingüística nos centros educativos
(coautor, con Anxo M. Lorenzo Suárez e Fernando Ramallo). Secretaría Xeral de Política
Lingüística – Consellería de Educación, 2007.
Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos
(coautor, con Anxo M. Lorenzo Suárez e Fernando Ramallo). Secretaría Xeral de Política
Lingüística – Consellería de Educación, 2007.
Podedes atopalos na nosa biblioteca