Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigcaPresentación das todas novidades en galego xuntas adquiridas durante o presente curso 2016_17 pola biblioteca do centro.
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoiessalvabiblioBiografía de Agustín Fernández Paz. Obras e traducións. Títulos dispoñibles nos fondos da biblioteca do IES Salvaterra de Miño.
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)XenzaRecomendación de lectura desde as bibliotecas municipais. Concello de Oleiros
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)XenzaRecomendacións de lectura das bibliotecas municipais. Mozos e adultos. Concello de Oleiros
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre xuño e setembro de 2014. Presentados o venres 12 de setembro na 9ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre marzo e xuño de 2014. Presentados o venres 13 de xuño na 8ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Guía de lectura. IlustrArteBibliotecas Municipais de A CoruñaGuía de lectura da mostra bibliográfica IlustrArte sobre Ilustración Galega na Biblioteca do Forum Metropolitano
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (adolescentes a partir de 12 anos)XenzaRecomendación de lectura desde as bibliotecas municipais. Concello de Oleiros
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)XenzaRecomendacións de lectura das bibliotecas municipais. Mozos e adultos. Concello de Oleiros
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre xuño e setembro de 2014. Presentados o venres 12 de setembro na 9ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre marzo e xuño de 2014. Presentados o venres 13 de xuño na 8ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Guía de lectura. IlustrArteBibliotecas Municipais de A CoruñaGuía de lectura da mostra bibliográfica IlustrArte sobre Ilustración Galega na Biblioteca do Forum Metropolitano
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco AmorEsta é a proposta do Club de Lectura para o Nadal pensando no alumnado do 1º ciclo da ESO.
Recomendados da semana 13.05-19.05BibliotecadicorunaRecomendados da semana 13.05-19.05, en cine, música e literatura para todos os públicos..., e para Infantil e Xuvenil.
Cartel teatro o monstro de corescaminodelaimaginacionEl grupo de teatro "Os Asomados" del HC San Rafael Vigo presentará la obra "O monstro de cores" en sombras chinesas. Se llevará a cabo en el TRÁNSITO Á VIDA ADULTA - CEE HC SAN RAFAEL en una fecha y hora aún por determinar.
2. 1
5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA
1
Kusuma
Héctor Cajaraville
Colección: Merlín (9 anos en diante)
Ilustradora: María Lires
Código: 1343273
ISBN: 978-84-9121-4410-6
152 páxinas | NOVIDADE
Premio Merlín de Literatura Infantil 2018
Kusuma é unha faisán femia procedente da
remota selva de Kaltim, que se ve obrigada
a marchar do lugar en que sempre viviu
debido á acción destrutiva do ser humano.
Co obxectivo de buscar un futuro mellor
para ela e mais a rolada de pitiños que agarda,
cruza medio mundo ata chegar a Galicia.
Pero alí as cousas non van ser doadas:
a desconfianza da maior parte dos animais
da fraga en que se instala, o medo ao diferente
e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma
a demostrar o seu valor e o seu dereito
a ser unha máis na terra de acollida.
Kusuma é unha historia de aventuras,
de cooperación, de superación e de amizade;
un exemplo de como os prexuízos con que ás
veces nos enfrontamos ao descoñecido son o
camiño máis enganoso e máis inxusto para
tratar de entender o mundo.
Temas: ecoloxía, amizade, superación.
A biblioteca de Pedrarcana
Carlos Taboada
Colección: Merlín (11 anos en diante)
Ilustrador: Carlos Taboada
Código: 1343270
ISBN: 978-84-9121-370-3
216 páxinas | NOVIDADE
Pedrarcana de Leria era unha cidade
engaiolada nunha burbulla de tedio.
Alí case nunca pasaba nada interesante:
a xente non lía, non falaba, non soñaba,
non xogaba, non protestaba, deixábase levar.
Mais cando chegou Alexandra a traballar
na biblioteca as cousas comezaron a mudar e,
sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou
no tranvía o libro das tapas vermellas.
Falou na clase con tanto entusiasmo da
historia do pirata da cidade, que Artai
e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron
á biblioteca na procura do tesouro agochado
en Pedrarcana.
A biblioteca de Pedrarcana é unha historia
moi emocionante e fermosa sobre o valor dos
libros e das bibliotecas para mudar
a pel dunha cidade.
Temas: libros, lectura.
Fichadelectura
3. 2
5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA
Historia da bicicleta
dun home lagarto
Fina Casalderrey
Colección: Sopa de Libros (10 anos en diante)
Ilustradora: Laura Súa Campo
Código: 1384052
ISBN: 978-84-9914-754-3
168 páxinas | 3ª edición
Esta é a historia de Mundo, un neno que
superou o ataque dos lobos ao seu rabaño,
pedaleou nunha bicicleta de celador de
telefonía, rubiu aos postes máis altos coma
un lagarto… Pero a misteriosa desaparición
do seu pai, o medo debuxado nas caras
das veciñas, o loito enigmático da súa nai,
as notas manuscritas nos libros… atoldaron
os seus soños de futuro.
Temas: medos, soños, solidariedade, misterio.
A porta dourada
Xelís de Toro
Colección: Sopa de Libros (10 anos en diante)
Ilustrador: Pablo Rosendo
Código: 1384071
ISBN: 978-84-9121-416-8
152 páxinas | NOVIDADE
O meu pai é escritor coa cabeza e mecánico
coas mans. Aínda que o que máis lle gusta é
ser pescador, pero só co corazón, porque
nunca lle vin pescar nada. Eu son filósofa,
unha filósofa pequena, e esta historia que
comeza como acaba é un remuíño acuático
de peixes con perruca e sereas saudosas que
brillan como estrelas.
Temas: aventuras, lendas, medio mariño,
familia.
Fichadelectura
4. 3
5º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA
Pioneiras
Galegas que abriron camiño
Anaír Rodríguez
Colección: Pequeno Merlín (Álbum)
Ilustradora: Nuria Díaz
Código: 1351058
ISBN: 978-84-9121-310-9
32 páxinas | 3ª edición
Unha das primeiras correspondentes
de guerra foi galega, tamén unha das
primeiras navegantes, escritoras ou directoras
dun xornal. Este libro fala de doce mulleres
que conseguiron vencer as barreiras impostas
ao seu xénero e dar os primeiros pasos
por vieiros transitados ata ese momento
só por homes. Mulleres reais e diversas
que no seu día foron pioneiras en diferentes
ámbitos e cuxas historias merecen ser
coñecidas e postas en valor.
Temas: as mulleres na historia, feminismo.
Paseniño, paseniño
Antonio García Teijeiro
Colección: Pequeno Merlín (Álbum)
Ilustrador: Marcos Viso
Código: 1351061
ISBN: 978-84-9121-414-4
80 páxinas | NOVIDADE
Coa sutileza con que se desprazan as aves
no aire, os poemas de Antonio García
Teijeiro, Premio Nacional de Literatura
Infantil e Xuvenil, dialogan neste álbum
coas excepcionais ilustracións de Marcos Viso.
Ambos os dous seguen o rastro das pegadas
que Rosalía de Castro deitou sobre as
palabras, sobre a natureza e sobre o amor.
Un traballo elegante e delicado, que destila
emoción, evocación e coñecemento, e logra
crear unha atmosfera abraiante, irrepetible.
Temas: natureza, amor.
5. 4
6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA
Escaquis e Romeu
Antonio Manuel Fraga
Colección: Sopa de Libros (10 anos en diante)
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Código: 1384067
ISBN: 978-84-9914-313-0
224 páxinas | NOVIDADE
«É coma un neno», dicían de Romeu os seus
coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello
barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu
transcorría tranquila, entre cortes de pelo,
barbeados e lecturas na compaña das plantas
da súa galería. Mais unha noite de treboada
Escaquis apareceu misteriosamente para poñer
patas arriba a súa existencia. Esta estraña
nena contaba cun poder moi especial: era
quen de abrir portas a outras realidades!
Romeu e mais os seus amigos tentarán
descubrir a súa orixe para axudarlle a
retornar ao seu mundo.
Temas: seres fantásticos, realidades
paralelas, amizade, xenofobia, contaminación.
As peripecias
de Extravaganzza Pérez
Ledicia Costas
Colección: Sopa de Libros (10 anos en diante)
Ilustrador: Óscar Villán
Código: 1384066
ISBN: 978-84-9121-312-3
200 páxinas | NOVIDADE
Extravanganzza Pérez vive nunha casa que
semella un zoolóxico. Os seus pais son dous
biólogos de moita sona. Semellan estar algo
tolos, pero queren aos animais e mais á súa
filla pola vida. Un día marchan a unha
expedición secreta deixando a Extravaganzza
soa na casa. Ela está encantada. Vivir sen pais
é o mellor que lle pode pasar a unha nena…
agás se os teus pais non dan sinais de vida
durante semanas.
Temas: animais, contaminación, medio
ambiente, valentía, viaxes.
Fichadelectura
Fichadelectura
6. 6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA
5
A noite das bicicletas
Teresa González Costa
Colección: Merlín (11 anos en diante)
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Código: 1343269
ISBN: 978-84-9121-369-7
224 páxinas | NOVIDADE
Raymond era un apaixonado da bicicleta e
experto na apertura de todo tipo de cadeados.
Membro dunha familia de saltimbanquis, a
súa ilusión era participar nunha gran carreira
ciclista, razón pola que era capaz
de pedalear todo o día sobre Vancouver,
a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou
á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán,
que traballaba no estaleiro familiar e a quen
todos os deportes ao aire libre lle encantaban.
Xaora, os dous amigos quedarán abraiados
ao veren como Valentina aprendera tan
rápido a andar e facer acrobacias sobre a súa
Celífera, progresando sobre a bicicleta a unha
velocidade que ninguén imaxinara nunca.
Precuela de A filla do ladrón de bicicletas,
Premio Merlín de Literatura Infantil 2010,
esta novela consolida un mundo asombroso
de fantasía, cheo de humor e tenrura.
Temas: fantasía, humor, circo.
Mamá,
quero ser Ziggy Stardust
Iria Misa
Colección: Sopa de Libros (10 anos en diante)
Ilustradora: Alba Barreiro
Código: 1384070
ISBN: 978-84-9121-415-1
224 páxinas | NOVIDADE
Aine contaba nove anos a primeira vez que
viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles
días, ademais de percorrer a cidade, visitaron
unha exposición. Era sobre unha estrela
de rock que mudaba de aspecto coma os
camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle
o corpo cando se fixou na roupa que vestía,
pois non soubo se era de home ou de muller.
Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo,
tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción
que falaba dun extraterrestre que só quería
cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine,
de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un
músico marciano que podía ser todo o que
lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu
inseparable amigo imaxinario, íao lograr.
Temas: igualdade, identidade, familia, música,
amizade.
Fichadelectura
7. 6
6º CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA
Street Poems
Fran Alonso
Colección: Sopa de Libros (12 anos en diante)
Ilustrador: Fran Alonso
Código: 1384068
ISBN: 978-84-9914-367-3
112 páxinas | NOVIDADE
Fran Alonso volve sorprender desde a poesía
infantil e xuvenil, cunha ollada interdiscipli-
nar, fundindo a frescura e a forza dos versos
coa improvisación rebelde da street art.
Este é un libro de poemas inconformistas,
críticos, gamberros e combativos; disparos
de graffiti que poderían ser escritos nos muros
e rapeados con pintura nas paredes, seguindo
a estela da arte na rúa, un libro que procura
espazos de confluencia entre as artes plásticas
e a poesía.
Os poemas de Street Poems volven mostrarnos
un autor atrevido, capaz de actualizar
e sacudir o lectorado de poesía infantil
e xuvenil.
Temas: arte urbana, graffiti, poesía.
O misterio das badaladas
Xabier P. DoCampo
Colección: Merlín (11 anos en diante)
Ilustrador: Xosé Cobas
Código: 1343215
ISBN: 978-84-9914-207-4
144 páxinas | 10ª edición
No campanario da igrexa de Eiranova acaban
de instalar un reloxo. Comezan a soar por
primeira vez as badaladas que anunciarán a
todos os habitantes que son as doce da noite.
Unha, dúas, tres…, dez, once… Entón sucede
algo que haberá dar nun acontecemento que
só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán
pescudar até encontrar explicación para un
fenómeno que a todos confunde. Unha por
unha irán resolvendo as pistas que lles van
aparecendo e que os levarán a encontrar ao
responsábel do anormal comportamento do
reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e
cheguemos á última páxina do libro, abrirase
un novo misterio que desafiará a perspicacia e
a intelixencia do lector.
Temas: amizade, ecoloxía, respecto aos
maiores, misterio, igualdade.
Fichadelectura
Fichadelectura
8. 7
Colección Merlín
1343010 A malvada Mª Xosé. Miguel Vázquez Freire. 11ª ed.
1343815 As flores radioactivas. Agustín Fernández Paz. 20ª ed. Premio Merlín, 1989. Tamén en ePub
1343821 As aventuras de Breogán Folgueira. Darío Xohán Cabana. 8ª ed.
1343827 Contos por palabras. Agustín Fernández Paz. 25ª ed. Premio Lazarillo, 1989 / Lista de Honra
do IBBY,1992 / Premio Lecturas Galix, 2003 / Elixido un dos dez títulos imprescindibles da LIX
Española do século XX, 2010. Tamén en ePub
1343031 Dúas bágoas por Máquina. Fina Casalderrey. 20ª ed. Premio Merlín, 1991. Tamén en ePub
1343845 A casa abandonada. Úrsula Heinze. 4ª ed. Premio Merlín de Literatura Infantil, 1986
1343066 Perigo vexetal. Ramón Caride. 13ª ed. Premio Merlín, 1995. Tamén en ePub
1343074 Na fogueira dos versos. Antonio García Teijeiro. 7ª ed. Premio Merlín, 1996 / Premio Pier Paolo
Vergerio, 1998 / Lista de Honra do IBBY, 1998
1343081 Ameaza na Antártida. Ramón Caride. 11ª ed.
1343883 ¡Sireno, Sireno!. An Alfaya. 3ª ed. Premio Merlín de Literatura Infantil, 1997
1343086 Laia, a nena da illa. Ánxela Loureiro. 3ª ed.
1343087 Tanis I o Mocos. M. Lourenzo González. 10ª ed.
1343088 O laboratorio do doutor Nogueira. Agustín Fernández Paz. 7ª ed.
1343089 Memorias dun raposo. Antonio Reigosa. 12ª ed. Premio Merlín, 1998. Tamén en ePub
1343095 Déixao Medrar. Silvestre Gómez Xurxo. 12ª ed. Tamén en ePub
1343098 O futuro roubado. Ramón Caride. 7ª ed.
1343099 As flores do meu amigo. Rafael Fernández Lorenzo
1343108 Resalgario. Antonio Reigosa. 7ª ed. Premio Raíña Lupa, 2000.
1343112 Ith. Silvestre Gómez Xurxo. 4ª ed.
1343913 A merla de trapo. Antón Cortizas. 5ª ed. Premio Merlín, 2001 Tamén en ePub
1343125 Cos pés no aire. Agustín Fernández Paz. 5ª ed. Premio Raíña Lupa, 1998 Tamén en ePub
1343126 Camiño perigoso. Ánxela Loureiro. 3ª ed.
1343127 Estanislao, príncipe de Sofrovia. Manuel Lourenzo González. 4ª ed.
1343130 As bruxas. Roald Dahl. 6ª ed.
1343934 Danny, o campión do mundo. Roald Dahl. 4ª ed.
1343143 A negrura do mar. Ramón Caride. 4ª ed. Premio Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos)
1343150 Charlie e a fábrica de chocolate. Roald Dahl. 8ª ed.
1343151 Charlie e o grande ascensor de cristal. Roald Dahl. 2ª ed.
1343164 Usha. María Reimóndez. 13ª ed. Tamén en ePub
1343165 O brillo dos elefantes. Fran Alonso. 4ª ed.
1343166 O tesouro da lagoa de Reid´Is. Agustín Agra. 6ª ed. Premio Merlín, 2006 Tamén en ePub
1343175 Area Maior. Manuel Martínez Barreiro
1343181 Os piratas da illa da Esperanza. X.H. Rivadulla Corcón. 6ª ed. Premio Frei Martín Sarmiento
2010 (categoría 6º primaria a 2º ESO)
1343984 Xenaro e o misterio da mochila verde. Mar Guerra. 6ª ed. Premio Merlín, 2008
1343199 O monstro das palabras. María Reimóndez
1343211 Xenaro e a hucha do indiano. Mar Guerra. 2ª ed.
OUTRAS LECTURAS
5º E 6ª CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA
9. 8
1343712 A filla do ladrón de bicicletas. Teresa González Costa. 10ª ed. Premio Merlín, 2010 / Premio Frei
Martín Sarmiento (Categoría 5º e 6º Primaria), 2012. Tamén en ePub
1343215 O misterio das badaladas. Xabier P. DoCampo. 10ª ed. Tamén en ePub
1343716 A chave da Atlántida. Anxo Fariña. 7ª ed. Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 / Premio
Frei Martín Sarmiento (categoría 5º e 6º de Primaria), 2013 Tamén en ePub
1343219 A Torre das Lavercas. Daniel Ameixeiro.
1343220 Señor Meco. Mar Guerra
1343223 Palabras de auga. Marcos Calveiro. 8ª ed. Premio Merlín, 2012 / Premio Fervenzas Literarias
ao Mellor Libro Xuvenil, 2012 / Lista de Honra do IBBY, 2014. Tamén en ePub
1343231 O Castañeiro de Abril. Antonio Manuel Fraga. 4ª ed. Premio Merlín, 2013. Tamén en ePub
1343232 Volvo! O regreso de Usha. María Reimóndez. Tamén en ePub
1343234 Soños de mar. X. H. Rivadulla Corcón. Premio Frei Martín Sarmiento 2015. Tamén en ePub
1343235 O fío vermello. An Alfaya. Tamén en ePub
1343238 Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledicia Costas. 10ª ed. Premio Merlín, 2014 / Premio Nacional
de Literatura Infantil, 2015 / Lista de Honra do IBBY, 2016. Tamén en ePub
1343239 Volverás, golfiño. Andrea Maceiras. 5ª ed. Tamén en ePub
1343242 O corazón da maxia. Xavier Estévez. 2ª ed.
1343243 Xenaro e a negra sombra. Mar Guerra
1343248 Nena e o mar. Érica Esmorís. 5ª ed. Premio Merlín de Literatura Infantil, 2015. Tamén en ePub
1343250 Esmeraldina, a pequena defunta. Ledicia Costas. 5ª ed. Premio Fervenzas ao Mellor Libro
Infantil, 2016. Tamén en ePub
1343257 Todo o tempo do mundo. David Pérez Iglesias. 3ª ed. Premio Merlín, 2016. Tamén en ePub
1343261 Avións de papel. Xavier Estévez. 2ª ed.
1343269 A noite das bicicletas. Teresa González Costa
1343270 A biblioteca de Pedrarcana. Carlos Taboada
Colección Sopa de Libros
1384033 A lagoa das nenas mudas. Fina Casalderrey. 9ª ed. Premio Frei Martín Sarmiento, 2008
1384038 Lúa do Senegal. Agustín Fernández Paz. 10ª ed. Premio AELG, 2010 Tamén en ePub
1384043 O misterio do Faro Vello. Fina Casalderrey. 4ª ed.
1384046 Cidades. Fran Alonso. 4ª ed. Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1997 / Premio
Lazarillo (ACCESIT), 1997
1384051 Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros. Mª Xosé Queixán
1384052 Historia da bicicleta dun home lagarto. Fina Casalderrey. 3ª ed. Tamén en ePub
1384060 Bala perdida. Manuel Rivas. 3ª ed. Tamén en ePub
1384063 A orquestra terrestre. Harkaitz Cano
1384065 A señorita Bubble. Ledicia Costas. 3ª ed. Premio Gala do Libro Galego, 2018 Tamén en ePub
1384066 As peripecias de Extravaganzza Pérez. Ledicia Costas. Tamén en ePub
1384067 Escaquis e Romeu. Antonio Manuel Fraga Tamén en ePub
OUTRAS LECTURAS
5º E 6ª CURSO EDUCACIÓN PRIMARIA
O profesorado ten xa á súa disposición en www.xerais.gal
proxectos de animación á lectura dos libros sinalados co símbolo