ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
Neste 23 de abril, Día do libro, CROCAIO coida que o noso proxecto de xogar e contar pode
no rematar xa que nós sempre queremos xogar , ler ou escoitar historias, por iso fíxovos esta
selección de libros recomendados para pasar momentos divertidos.
Para ler aos máis pequenos
Violín. Antonio Rubio y Óscar Villán. Kalandraka, 2014.
Dende 3 anos. Kalandraka incorpora á súa colección “de la cuna a
la luna” tres novos títulos escritos polo poeta Antonio Rubio. Neste
caso, un texto con onomatopeias e a necesaria musicalidade para
captar a atención dos máis pequenos.
Don Caballito de Mar . Eric Carlé. Kokinos.
Os peixes, unha vez que a nai puxo os ovos e que o pai fecundou,
déixannos abandoados a súa sorte. Pero ás veces un dos
progexenitores coida dos ovos, e hai especies como o cabaliño de
mar, e algún outro, que – sorprendentemente –é o pai o que se
encarga deles. Ilustracións moi atractivas.
Grazas! Charo Pita. La fragatina.
En Grazas! unha neta ten moitas preguntas que facer a súa
avoa e esta non ten respostas. O certo é que non fai falta
sabelo todo, comprendelo todo, analizalo…
Para ler os que acaban de aprender
Tío Lobo. Xosé Ballesteros. Kalandraka
Adaptación de “Tío Lobo” basada nun conto tradicional italiano.
Trátase dun texto que introduce aos primeiros lectores no
xénero dos «contos de advertencia». A historia vai desembocar
nun final inesperado. Un relato moi recomendable para ser
contado en voz alta (e en compañía).
La canción del oso. Benjamin Chaud. Edelvives, 2014
Desde 6 anos Perseguindo oa seu fillo osiño, que a súa vez
persigue a unha abella, o gran oso chega ata a ópera de París. O
percorrido por increíbles esceas, compostas cunha gran
abundancia de detalles e elementos decorativos, leva ao lector a
aguzar a vista para tratar de localizar ao osiño. Un libro para
observar que tene tamén un divertido texto que non se esgota
nunha primeira lectura.
Abezoo . Carlos Reviejo. Edirtorial SM
Abecedario de animais para descubrir o mundo das letras e
familiarizarse coa poesía. Impresionantes ilustracións de Javier
Aramburu e fermosos versos de Carlos Reviejo.
Dinosaurio Belisario. Pepe Cáccamo. Kalandraka
Esta é a historia rimada dun tirano que se cría intocable:
“verde, branco, gordo, enorme. Belisario era o terror no
mundo ao arredor”. Pero ás veces a vida dá sorpresas.
Para os que xa len de corrido
Rubicundo. María Canosa. Xerais . 9 a 12 anos.
Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer
característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para
velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas
antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena
detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño:
Rubicundo. Nin lle p arecía raro que todas as noites subise na súa
bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata
perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa
indumentaria…
.
Otto éun rinoceronte . Ole Lund Kirkegaard .Alfaguara.
Un dos títulos máis emblemáticos deste autor danés .Unha escritura
sinxela, con diálogos chispeantes e absurdos, tolas aventuras nas que
á imaxinación é importante. Aos nenos protagonistas gústalles xogar
e buscan a independencia frente ao mundo adulto e as súas normas.
La fábrica de monstruos. Ana Alonso . Anaya.
Os monstruos Fóster son o xoguete de moda. Óscar soña con ter un, pero cando
oconsigue, descubre que detrás da fabricación de estos xoguetes ocultase un escuro
segredo… e que os monstruos Fóster poden chegar a ser realmente sorprendentes.
Con este libro xogarán coas cores primarias e cores secundarias e as relacións entre uns e
outros.
Para os que len moito
Xenaro e a negra sombra. Mar Guerra. Merlín.Xerais.
Xenaro, é un e enfadado... Abúrrese de vacacións e
bota de menos os seus amigos .Que semana a que
pasaron de viaxe de fin dos estudos primarios! Como
esquecer o Encarrapuchado e os seus lobos! Era un
home? Un espectro? Estes e outros misterios son os
terán que resolver durante a estadía no albergue do
Porroutó, antes de que o remate da Primaria os leve
a institutos distintos.
O pequeño vampiro. Angela Sommer-Bodenburg. Alfaguara.
A Antón sucedeulle algo marabilloso; algo que ata ese momento
só sucedía nas novelas de terror ou misterio que tanto lle
gustaban: coñeceu a Rüdiger, un neno-vampiro dos de verdade..
El tenebroso libro de los monstruos.Stilton. Planeta.
Libro especial da colección Tenebrosa Tenebrax. Si vos gusta
explorar terras descoñecidas, seguide a Geronimo e Tenebrosa na
súa longa viaxe polo Valle Hórrido, ata o outro lado dos Montes
del Yeti Pelado. Van a acompañar a casa a Bichito, un tenro
monstruiño ao que alguén deixou na pota do Castelo da Cal ...
Para escoitar, cantar, bailar e xogar:
Libro disco:
A Gramola Gominola, grupo que presenta o seu primeiro
libro-CD cun percorrido polos estilos musicais contemporáneos
para os máis novos. Ritmos adultos con letras nas que se
abordan temas como os deberes, os cromos, os xogos, ou
cantan sobre Barriga Verde a ritmo colaboracións de Luís
Tosar, Pablo Dalama, Xenderal ou Mini e Mero.
Tangrams magnéticos. Editorial Combel
Unha colección de puzzles de tangram con máis de 150
figuras para poñer a proba o inxenio. Cinco xogos de
tangram e un taboleiro magnético. Ao final do libro
atópanse as solución ás figuras propostas.
Los 10 mejores juegos del mundo
Combel presenta unha selección dos mellores xogos de
taboleiro do mundo. Con este libro-xogo para toda a familia
descubriredes s novas formas de divertirse. Inclúe os
taboleiros, as fichas e un dado para montar, todo o que
necesitades para descubrir un mundo de xogos!
E que mellor para pechar estas recomendacións que o libro CD Brinca Vai! de Paco Nogueiras,
con ilustracións coma esta do magnífico David Pintor, que cantamos e cantaremos moito
tempo porque ten temas moi divertidos e axeitados para as festas do ano na escola: o libro, o
nadal, o entroido, os xogos…

More Related Content

Ler e xogar sen parar

  • 1. Neste 23 de abril, Día do libro, CROCAIO coida que o noso proxecto de xogar e contar pode no rematar xa que nós sempre queremos xogar , ler ou escoitar historias, por iso fíxovos esta selección de libros recomendados para pasar momentos divertidos. Para ler aos máis pequenos Violín. Antonio Rubio y Óscar Villán. Kalandraka, 2014. Dende 3 anos. Kalandraka incorpora á súa colección “de la cuna a la luna” tres novos títulos escritos polo poeta Antonio Rubio. Neste caso, un texto con onomatopeias e a necesaria musicalidade para captar a atención dos máis pequenos. Don Caballito de Mar . Eric Carlé. Kokinos. Os peixes, unha vez que a nai puxo os ovos e que o pai fecundou, déixannos abandoados a súa sorte. Pero ás veces un dos progexenitores coida dos ovos, e hai especies como o cabaliño de mar, e algún outro, que – sorprendentemente –é o pai o que se encarga deles. Ilustracións moi atractivas. Grazas! Charo Pita. La fragatina. En Grazas! unha neta ten moitas preguntas que facer a súa avoa e esta non ten respostas. O certo é que non fai falta sabelo todo, comprendelo todo, analizalo… Para ler os que acaban de aprender Tío Lobo. Xosé Ballesteros. Kalandraka Adaptación de “Tío Lobo” basada nun conto tradicional italiano. Trátase dun texto que introduce aos primeiros lectores no xénero dos «contos de advertencia». A historia vai desembocar nun final inesperado. Un relato moi recomendable para ser contado en voz alta (e en compañía).
  • 2. La canción del oso. Benjamin Chaud. Edelvives, 2014 Desde 6 anos Perseguindo oa seu fillo osiño, que a súa vez persigue a unha abella, o gran oso chega ata a ópera de París. O percorrido por increíbles esceas, compostas cunha gran abundancia de detalles e elementos decorativos, leva ao lector a aguzar a vista para tratar de localizar ao osiño. Un libro para observar que tene tamén un divertido texto que non se esgota nunha primeira lectura. Abezoo . Carlos Reviejo. Edirtorial SM Abecedario de animais para descubrir o mundo das letras e familiarizarse coa poesía. Impresionantes ilustracións de Javier Aramburu e fermosos versos de Carlos Reviejo. Dinosaurio Belisario. Pepe Cáccamo. Kalandraka Esta é a historia rimada dun tirano que se cría intocable: “verde, branco, gordo, enorme. Belisario era o terror no mundo ao arredor”. Pero ás veces a vida dá sorpresas. Para os que xa len de corrido Rubicundo. María Canosa. Xerais . 9 a 12 anos. Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle p arecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria… .
  • 3. Otto éun rinoceronte . Ole Lund Kirkegaard .Alfaguara. Un dos títulos máis emblemáticos deste autor danés .Unha escritura sinxela, con diálogos chispeantes e absurdos, tolas aventuras nas que á imaxinación é importante. Aos nenos protagonistas gústalles xogar e buscan a independencia frente ao mundo adulto e as súas normas. La fábrica de monstruos. Ana Alonso . Anaya. Os monstruos Fóster son o xoguete de moda. Óscar soña con ter un, pero cando oconsigue, descubre que detrás da fabricación de estos xoguetes ocultase un escuro segredo… e que os monstruos Fóster poden chegar a ser realmente sorprendentes. Con este libro xogarán coas cores primarias e cores secundarias e as relacións entre uns e outros. Para os que len moito Xenaro e a negra sombra. Mar Guerra. Merlín.Xerais. Xenaro, é un e enfadado... Abúrrese de vacacións e bota de menos os seus amigos .Que semana a que pasaron de viaxe de fin dos estudos primarios! Como esquecer o Encarrapuchado e os seus lobos! Era un home? Un espectro? Estes e outros misterios son os terán que resolver durante a estadía no albergue do Porroutó, antes de que o remate da Primaria os leve a institutos distintos. O pequeño vampiro. Angela Sommer-Bodenburg. Alfaguara. A Antón sucedeulle algo marabilloso; algo que ata ese momento só sucedía nas novelas de terror ou misterio que tanto lle gustaban: coñeceu a Rüdiger, un neno-vampiro dos de verdade.. El tenebroso libro de los monstruos.Stilton. Planeta. Libro especial da colección Tenebrosa Tenebrax. Si vos gusta explorar terras descoñecidas, seguide a Geronimo e Tenebrosa na súa longa viaxe polo Valle Hórrido, ata o outro lado dos Montes del Yeti Pelado. Van a acompañar a casa a Bichito, un tenro monstruiño ao que alguén deixou na pota do Castelo da Cal ...
  • 4. Para escoitar, cantar, bailar e xogar: Libro disco: A Gramola Gominola, grupo que presenta o seu primeiro libro-CD cun percorrido polos estilos musicais contemporáneos para os máis novos. Ritmos adultos con letras nas que se abordan temas como os deberes, os cromos, os xogos, ou cantan sobre Barriga Verde a ritmo colaboracións de Luís Tosar, Pablo Dalama, Xenderal ou Mini e Mero. Tangrams magnéticos. Editorial Combel Unha colección de puzzles de tangram con máis de 150 figuras para poñer a proba o inxenio. Cinco xogos de tangram e un taboleiro magnético. Ao final do libro atópanse as solución ás figuras propostas. Los 10 mejores juegos del mundo Combel presenta unha selección dos mellores xogos de taboleiro do mundo. Con este libro-xogo para toda a familia descubriredes s novas formas de divertirse. Inclúe os taboleiros, as fichas e un dado para montar, todo o que necesitades para descubrir un mundo de xogos! E que mellor para pechar estas recomendacións que o libro CD Brinca Vai! de Paco Nogueiras, con ilustracións coma esta do magnífico David Pintor, que cantamos e cantaremos moito tempo porque ten temas moi divertidos e axeitados para as festas do ano na escola: o libro, o nadal, o entroido, os xogos…