Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre xuño e setembro de 2014. Presentados o venres 12 de setembro na 9ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Agustín Fernández Paz na biblioteca do IES Salvaterra de MiñoiessalvabiblioBiografía de Agustín Fernández Paz. Obras e traducións. Títulos dispoñibles nos fondos da biblioteca do IES Salvaterra de Miño.
Seleccionados 10. SOLF Decembro 2014Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre outubro e decembro de 2014. Boletín número 10 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre marzo e xuño de 2014. Presentados o venres 13 de xuño na 8ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros e outros documentos seleccionados do fondo infantil e bebeteca correspondentes ás novas adquisicións entre xaneiro e marzo de 2017. Boletín número 19 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre decembro de 2013 e marzo de 2014. Presentados o venres 14 de marzo na 7ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoBibliotecadicorunaGuía de lectura da sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña para nen@as de 7 a 12 anos. En galego
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco AmorEsta é a proposta do Club de Lectura para o Nadal pensando no alumnado do 1º ciclo da ESO.
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros e outros documentos seleccionados do fondo infantil e bebeteca correspondentes ás novas adquisicións entre abril e xuño de 2017. Boletín número 20 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Seleccionados SOLF nº 19 (marzo 2017)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros e outros documentos seleccionados do fondo infantil e bebeteca correspondentes ás novas adquisicións entre xaneiro e marzo de 2017. Boletín número 19 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Seleccionados 7ª xuntanza SOLF (marzo 2014)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros seleccionados do fondo infantil, correspondentes ás novas adquisicións entre decembro de 2013 e marzo de 2014. Presentados o venres 14 de marzo na 7ª xuntanza do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Guía de lectura infantil. verán 2012.galegoBibliotecadicorunaGuía de lectura da sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña para nen@as de 7 a 12 anos. En galego
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco AmorEsta é a proposta do Club de Lectura para o Nadal pensando no alumnado do 1º ciclo da ESO.
Seleccionados SOLF nº20 (xuño 2017)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros e outros documentos seleccionados do fondo infantil e bebeteca correspondentes ás novas adquisicións entre abril e xuño de 2017. Boletín número 20 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014Ayuntamiento de Dumbría / Concello de DumbríaPequeno boletín de recomendacións de lecturas en galego dispoñibles nas Bibliotecas do @ConcelloDumbria
Seleccionados SOLF nº16 (Xuño 2016)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros e outros documentos seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre abril e xuño de 2016. Boletín número 16 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Seleccionados SOLF nº15 (marzo 2016)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros e outros documentos seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre xaneiro e marzo de 2016. Boletín número 14 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Seleccionados SOLF nº 14 (decembro 2015)Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros e outros documentos seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre outubro e decembro de 2015. Boletín número 14 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Seleccionados SOLF nº13 Setembro 2015Biblioteca Pública Municipal de NarónLibros e outros documentos seleccionados do fondo infantil correspondentes ás novas adquisicións entre xullo e setembro de 2015. Boletín número 13 do SOLF (Servizo de Orientación de Lectura ás Familias) da Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Boletín Informativo de decembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 63 - Decembro 2020.
Negra e criminal: selección en clave femininaBibliotecas Municipais de A CoruñaGuía de selección de novela intriga e misterio especial adicada á muller como protagonista da historia, como creadora e como eixe central da guía polo Día da Escritora, 19 de outubro de 2020. Sumámonos así coa confección desta guía e da mostra que establecemos na Biblioteca Infantil e Xuvenil á iniciativa da Biblioteca Nacional coa que pretende destacar nesta V edición o esforzo cotidiano das mulleres e a destacar a súa labor neste sector. #DíadelasEscritoras #DíadasEscritoras
Boletín Informativo de outubro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 62 - Outubro 2020.
Boletín Informativo de setembro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 61 - Setembro 2020.
Boletín Informativo de xuño 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 60 - Xuño 2020.
Boletín Informativo de maio 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 59 - Maio 2020.
Boletín Informativo de marzo 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 58 - Marzo 2020.
Boletín Informativo de febreiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 57 - Febreiro 2020.
Boletín Informativo de xaneiro 2020 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 56 - Xaneiro 2020.
Boletín Informativo de decembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 55 - Decembro 2019.
Boletín Informativo de novembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 54 - Novembro 2019.
Boletín Informativo de outubro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 53 - Outubro 2019.
Polimatía: Leonardo e o RenacementoBibliotecas Municipais de A CoruñaEste ano 2019 celébrase o quinto centenario da morte dun dos homes con máis talento de toda a historia, Leonardo da Vinci, o mestre do Renacemento italiano.
Para conmemorar esta efeméride, na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano imos dedicarlle o último Ciclo Temático do ano.
Leonardo, que morreu en 1519 no Castelo de Clos-Lucé, na localidade francesa de Amboise, deixou un legado que vai moito máis alá de "A Gioconda" ou "A última cea". Era un xenio multidisciplinar con estudos de anatomía, urbanismo, pintura, inventos visionarios... dominou ciencia, técnica e arte. Foi descrito a miúdo como o arquetipo do home renacentista e un home de curiosidade insaciable, en definitiva un Polímata.
Prestaremos especial atención á época do Renacemento, nome dado no século XIX a un amplo movemento cultural que se produciu en Europa Occidental durante os séculos XV e XVI. Os seus principais expoñentes atópanse no campo das artes, aínda que tamén se produciu unha renovación nas ciencias. Sen dúbida foi este un cambio moi profundo e complexo, que transcendeu a todas as ordes da vida. Para esa época producíronse algúns fitos moi importantes como a invención da imprenta por Gutenberg e o desenvolvemento da teoría heliocéntrica de Copérnico. Estes foron elementos propiciadores dunha revolución científica e social dunha magnitude impensable até entón.
Ademais este ano tamén é o V centenario da primeira circunnavegación á terra, realizada pola expedición de Fernando de Magallanes e Elcano, de 1519 a 1522. Tras a viaxe e a primeira volta ao mundo púidose confirmar a teoría de Terra esférica e tivo repercusións como a globalización, apertura dunha rede intercambios intercontinentais e creación de mecanismos de financiamento das rutas comerciais.
Boletín Informativo de setembro 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 52 - Setembro 2019.
Boletín Informativo de xullo-agosto 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 51 - Xullo-Agosto 2019.
Boletín Informativo de xuño 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 50 - Xuño 2019.
Proyecto A Eira. Perspectiva colaborativa en las bibliotecas: retos y oportun...Bibliotecas Municipais de A CoruñaEste documento describe un proyecto de innovación bibliotecaria y participación ciudadana en el barrio de Sagrada Familia. El proyecto consiste en crear un espacio de aprendizaje colaborativo en la Biblioteca Municipal Sagrada Familia para encontrar soluciones a las necesidades del barrio mediante la experimentación y el intercambio de ideas entre vecinos, universidades y otras entidades. El proyecto tiene como objetivos facilitar el desarrollo comunitario y la mejora de la calidad de vida a través de la creación de este espacio.
Boletín Informativo de maio 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 49 - Maio 2019.
Boletín Informativo de abril 2019 da Biblioteca Sagrada Familia da CoruñaBibliotecas Municipais de A CoruñaBoletín informativo da biblioteca municipal Sagrada Familia da Coruña. Número 48 - Abril 2019.
Presentación Mulleres na tecnoloxíaBibliotecas Municipais de A CoruñaPresentación da charla realizada por Ana Belén Díaz Parapar dentro das xornada Mulleres e tecnoloxía, celebrada na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil - Durán Loriga o 13 de marzo do 2019, para conmemorar a figura das mulleres dentro da Ciencia.
2. A Real Academia de Belas Artes, vén de declarar o 1 de abril o Día das Artes Galegas, este ano adicado a Castelao. Porén quixemos
rendirlle unha pequena homenaxe ó máis célebre dos nosos ilustradores cunha mostra dedicada ós ilustradores galegos, na que
atoparedes unha pequena selección do traballo de moitos destes artistas.
E é que xa o dicía Manel Cráneo:
“Dedicarse á ilustración en calquera dos seus afluentes foi sempre unha opción ligada á incomunicación debido ao illamento que
supón traballar por conta propia…“.
Entre abril e xuño na Biblioteca do Fórum Metropolitano atoparedes unha mostra bibliográfica e unhas actividades coas que pretendemos
dar maior visibilidade a estes profesionais, destacando a labor levada a cabo pola AGPI, que leva dende o 2003 procurando crear
“conciencia de grupo e polo tanto de non traballar na soidade”.
Nestes meses tamén estarán presentes datas sinaladas, como o día do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro e o Día das Letras Galegas,
ano adicado a Manuel María.
Ilustradores de antes e de hoxe, reunidos nesta pequena selección do que podedes atopar nos fondos das Bibliotecas Municipais da
Coruña.
3. De abril a xuño de 2016
PARAOSMÁISPEQUES…
Árbol / AntonioRubio e ÓscarVillán
Os conceptos enriba, debaixo e no
medio; ademais da suma “dun máis
un, son dous”, aparecen neste libro
de imaxes coma se dun xogo se
tratase. E é que autor e ilustrador
conseguen que conceptos que pode
resultar difíciles de comprender para
os máis pequenos, a través dun texto
breve e rimado, e dunhas ilustracións
que estes poden recoñecer e
identificar, resulten doadas de
comprender e, ademais, dun xeito
divertido, cantarín e xoguetón.
Violín / AntonioRubio e ÓscarVillán
Un texto mínimo e musical para os
prelectores. É ideal para ler en voz
alta, con versos acumulativos que
permiten aos nenos participar e
entreterse. O texto que xoga con
“onomatopeyas” e as expresivas
imaxes, permiten captar a atención
dos nenos. O material sobre o que
está impreso o libro -cartón duro- e o
seu reducido tamaño fano moi
recomendable para empregar con
bebés.
Paxariña de papel / AntonioRubio e
ÓscarVillán
Sinxela e enxeñosa proposta poética
dirixida aos máis pequenos. A
paxariña de papel está a poñer a
mesa, primeiro pon o mantel e enriba
vanse acumulando unha serie de
obxectos, ata compoñer un sinxelo
poema. Sete secuencias de marcado
ritmo, con rimas e imaxes moi
adecuadas aos máis pequenos. Unha
boa proposta para ler xuntos en voz
alta, xogando coa voz e o ritmo. A
presentación tamén está moi
indicada para a idade, encadernada
en cartoné en formato cadrado e con
puntas redondeadas.
4. Bechos pequerrechos / MaríaLires
Conto para nenos amantes dos
animais e da poesía, onde verán
un desfile zoolóxico divertido e
cheo de cores. Bechos de
cabelos crechos que cantan e
contan a súa vida de
pequerrechos.
Antón e Pompón. As cores / AnxoFariña
Conto moi musical para aprender as
cores a ritmo de poesía. Formato
orixinal de tapa dura acolchada moi
manexable para peques. Poderedes
desfrutar de vibrantes ilustracións
cheas de cor e aprenderedes o
valor da amizade co Antón e os
seus amiguiños.
Don Pon e o pequeno Pin / RodrigoChao
O pequeno Pin, un cangrexo ermitán,
atravesa unha gran crise de
identidade ata que se atopa con Don
Pol, o polbo máis vello dos océanos.
A súa intelixencia e astucia non só o
salvan de ser o xantar do famento
Don Pol, tamén o levan a coñecer a
súa verdadeira identidade e a vivir co
seus iguais a salvo de todo perigo.
Roi quere ser mamá / AnaPilladoVega
Forma parte dunha colección
“Lila Lilaina”, trátase dun conto
que narra con delicadeza a
igualdade entre nenos e nenas.
Roi é un neno ao que lle gosta
coidar á súa irmá e xogar ás
casiñas... Ana Pillado quere que
hábitos asociados normalmente
ás mulleres se vexan
normalizados tamén nos homes,
esquecendo prexuízos.
PARACOMPARTIllAR NACASA…
5. A casa máis animada do mundo /
AlmudenaAparicio
Esta é a historia da casa encantada
que está debaixo do ceo e enriba
do mar. Nela viven gatos que foxen
do queixo, mouchos que toman o
sol, cans que falan, gatos que len,
xílgaros fóra da gaiola, tartarugas
que andan ás présas, periquitos que
escriben e hámsteres que xogan ás
agachadas.
El corazón de la casa / CarmenGómez
Os recunchos máis especiais dunha
casa serven a esta magnífica autora
como pretexto para lembrar e
recrear, a través dun verso sinxelo e
cheo de emotividade, imaxes
gardadas na memoria. O cuarto
escuro, as xanelas, o trasteiro...
énchense de lirismo e de vida a
través dunha linguaxe poética tan
próxima ao neno que lle resultará un
xogo. A magnífica ilustración soubo
captar toda a plasticidade e
emotividade da particular atmosfera
creada pola autora.
Venres / SantiagoFreire e DaniPadrón
Reinterpretación de “Robinson
Crusoe” desde a perspectiva do
personaxe de Venres. A obra
permite achegarse a este clásico
da literatura desde unha óptica
diferente, ao situar como
protagonista a un personaxe
secundario, facendo fincapé en
valores como a amizade e a
igualdade e a convivencia entre
distintas culturas.
O meniño Nito. Entón, os homes choran ou
non? / SoniaRosa e MacusRomero
Os homes choran ou non choran?
Este é o dilema no que se atopa Nito,
e que lle trae non poucos problemas
ata que por fin, coa axuda do Doutor
Aymoré, consegue resolver as súas
dúbidas.
PARADESFRUTAR ONDEQUEIRAS…
6. A galiña / AdelaLeiro, XoséRamónDaporta, MartaRiera,
PepeCarreiro e GenovevaPiñeiro
Libro informativo que forma parte dunha
colección sobre animais domesticos galegos,
neste caso da galiña. Sumerxíndonos nas suas
páxinas podémonos entreter coas ilustracions
de Marta Riera, Pepe Carreiro e Genoveva
Piñeiro e aprender sobre a fisionomía,
alimentación, etc. das galiñas do país.
Hércules e Crunia /JoseAntonioAbad e DavidPintor
Jose Antonio Abad profunda nas raíces
mitolóxicas da Coruña para dar a coñecer a
súa orixe, destacando a tolerancia por riba de
todas as cualidades. Pola súa banda, o
debuxante David Pintor pareceulle un reto
estimulante o de ilustrar un texto sobre a cidade
na que naceu, combinando lenda, mar e
música. Por iso se documentou sobre o mito de
Hércules, visitou os que podían ser escenarios
da loita contra Xerión e empapouse da
xeografía costeira... Ata que despois de centos
de bosquexos logrou o resultado final, que
mestura un estilo moderno pero sen perder o
carácter clásico das historias mitolóxicas.
Nicolás va de compras / AliciaSuárez
Produtos de alimentación, pezas de
vestir, obxectos de agasallo e un
refrixerio para repoñerse dunha
intensa xornada de compras. A guía
de tendas facilítanos o "día a día".
As linguas dos amais / AnxoFariña
Ilustrado magníficamente por Anxo
Fariña que nos conta que está
baseado no Carmina Burana 132.
A través dun álbume de cromos o
avó vai amosando aos seus netos as
diferentes linguas dos animais.
Descubrimos que o morcego asubía,
os porcos gruñen, o tigre roufeña, o
leopardo funga, o elefante brama, a
ovella bea, o cabalo rincha, o rato
chía, o gato miaña, etc. E nós
falamos e danos a risa.
PARASABER DE…
7. Compostela / DavidPintor
Este libro sen palabras lembra tanto
a eses antigos rolos ilustrados
xaponeses (emaki) como a eses
xoguetes ópticos previos ao cinema
que en Occidente abriron novos
espazos de entretemento e
investigación científica.
A secuencia narrativa funciona
como unha cinta continua que nos
dá a impresión de viaxar por
Compostela sen saír de casa.
Acompañando ao debuxante que
serve de guía, sentimos o seu vento
e percorremos teitos, rúas, balcóns,
xardíns e cafés nunha excursión que
desexamos volver facer unha e
outra vez.
Las aventuras de la Bruja Fritanga /
XanLopezDomínguez
De todos os feitizos, pócimas e
tolemias máxicas, o mago Renglong
deu cun de enormes
consecuencias: converteuse a si
mesmo en xigante!
Pero non atopa un antídoto para
volver ao seu tamaño normal. A súa
única esperanza é que a boa da
bruxa Fritanga lle axude a atopar
unha solución. No seu divertido
periplo para axudarlle, Fritanga
descubrirá que para vencer grandes
dificultades hai que asumir grandes
riscos.
O castelo do asombro / RamonCaride e
DaniPadron
O castelo do asombro —que se
acompaña das sempre suxestivas
imaxes de Dani Padrón— é nunha
lograda compilación de relatos
populares que se engastan nunha
trama principal que avanza en
meandros, desenvolvendo unha
tipoloxía de fórmulas, personaxes e
solucións narrativas ben coñecidas
polos contadores de sempre:
xemelgos que se intercambian,
seres terroríficos que habitan
castelos encantados aos que
cómpre vencer, espelidos cegos
que a todos enganan, un festival de
arquetipos que faría as delicias de
Propp e que funcionou, funciona e
funcionará porque enraíza na cerna
mesma do noso imaxinario social no
que sempre nos vemos recoñecidos.
IMAXINANDO…
8. Os megatoxos e os templarios da luz /
AnxoFariña
A vida de Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca
mudou por completo desde o
accidente que os converteu en
mutantes. O que prometera ser
unha divertida viaxe de estudos a
esquiar, vaise converter nun
pesadelo xeado no corazón dos
Pireneos. Veranse obrigados a
viaxar ao pasado, á cidade de
París no medio da Revolución
industrial, onde coñecerán o
poder dos Templarios da Luz. E alí
terán que facer fronte á terrible
decisión: escoller entre a vida dun
ser querido ou a dunha cidade
enteira... Ti que escollerías?
Fantasmas de luz / AgustínFernandezPaz e
MiguelanxoPrado
A Damián fascínalle o cinema,
quizais porque leva trinta e cinco
anos traballando como operador
de cabina de proxección no
cinema Soñadores. Un día recibe
unha carta do seu xefe citándoo a
unha reunión na que lle pide que
non volva ao traballo. Isto será o
desencadenamento dun profundo
cambio na vida de Damián. Con
angustia, irase dando conta de
que aos poucos se vai volvendo
invisible.
Historias que contan as paredes /
AnaMªFernandez e ManelCraneo
Foi unha interesante experiencia
para Manel Cráneo enfocar o
traballo utilizando diferentes tipos
de paredes como tetigos mudos
do que acontece na vida e que
con tanta sensibilidade sabe
contar Ana María.
Obviamente, as imaxes adquiren
máis sentido ao ler os textos que
acompañan.
ENREDANDO NALECTURA…
9. Nano / ConchaBlanco
Nano é un mozo que ben se pode
identificar co inverno, pola súa cor
gris, estación do ano de días
curtos e noites largas. Nano
procura recoñecerse e aceptarse
tal como é, cos seus defectos e
virtudes. Inténtao primeiro da man
de Mali e logo da de Román.
Cústalle abrir a porta da gaiola na
que el mesmo se pecha cada día
e comezar a voar, proxectándose
libremente ao exterior ante os ollos
da súa xente. Cuando cre que o
vai conseguir, unha desgraciada
circunstancia, coa que ninguén
contaba, convértese nun atranco
difícil de salvar. Pero do dano
sufrido tamén se aprende e Nano
non se permite tocar fondo e
rexorde, agora coma os gromos
na primavera. Unha historia de
intriga e de loita polo
recoñecemento da propia
identidade sexual.
Ouro negro / Pereledi e AndrésMeixide
“Se quere volver ver os seus fillos e
mais a súa irmá, siga as nosas
instrucións”. A inspectora Nola
acaba de recibir no seu móbil esta
inquietante mensaxe. Mal
empezan as súas vacacións. Está
no aeroporto de Algures, esa
fermosa illa á que viaxou coa súa
familia para pasar uns días de
descanso todos xuntos. E, de
súpeto, chega esa mensaxe e
todo se torce. Por que
secuestraron aos seus? Quen pode
estar detrás de todo isto? Nola,
muller afouta e incansable, non
parará ata descubrir onde está a
súa familia. Coa axuda do valente
gato Lolo, percorrerá a illa de
Algures nunha trepidante busca
chea de enredos, atrancos e
sorpresas. Porque a vida só ten
sentido cando sabes que as
persoas que queres están a salvo.
10. Cartas de inverno / AgustinFernándePaz e
AntonioSeijas
Á volta da súa viaxe, o escritor
Xabier Louzao atópase coas
cartas que o seu amigo Adrián lle
escribira durante a súa ausencia.
Unhas cartas que, nunha espiral
de enigmas, descobren os
estraños sucesos que está a vivir
Adrián na súa nova casa e que
levan a Xabier a acudir na súa
axuda. Mais alí, os dous amigos
terán que enfrontarse a misterios
que quizais as persoas nin tan
sequera somos capaces de
imaxinar.
Marcopola. A illa remeira – Dragoneta /
JacoboFernándezSerrano
Por fin o alquimista Brisgovius deu
coa apócema máxica. Xa ten lista
a beberaxe que fará da malvada
Demoneta un ser invencible capaz
de voar e de cuspir lume pola
boca. Demoneta transformarase
en Dragoneta, e ninguén no
mundo estará a salvo! Que será de
Marcopola e de Libro? Que vai ser
agora de todos nós?
Golfiño e os invasores / Fausto
Xa están aquí! A humanidade aínda
non o sabe, pero a invasión está en
marcha! O que empeza sendo unha
tranquila tarde no parque,
convértese para Golfiño e os seus
amigos nunha disparatada aventura
na que deben facer fronte a unha
raza alieníxena chegada á Terra con
propósitos inconfesables...
Conseguirá Golfiño deter os
maquiavélicos plans do Gran
Imperio Cuá-Cuá? Nestas páxinas
tedes o relato veraz do sucedido.
UNPOUCO DE BANDADESEÑADA…
11. Guia ilustrada da Galicia invisible /
AntonioReigosa e NoemíLopez
Hai unha Galicia visible e hai outra
que non se ve inzada de reinos,
cidades, vilas, illas, covas,
camiños, montes e outros moitos
lugares onde disque fan vida
xentes anfibias e outros seres
capaces de circular entrambos os
mundos, o tanxible e o intanxible,
o que vemos e o que temos que
imaxinar.Neste libro, unha guía
práctica para viaxar por un cento
destes lugares, abrimos as
galerías, franqueamos e
iluminamos os pasos soterrados
para chegar a eses mundos
escuros, sepultados baixo a terra
ou a area, navegamos polas
canles que conducen aos lugares
mergullados baixo as arrebatadas
augas dun pozo ou dunha lagoa,
do mar ou do ceo, a guiámosvos
polos carreiros que agabean ou
descenden ata os segredos do
misterio. Unha guía que fai visible
o invisible.
Hercules e Xerion / ManuelAlmofrei e
LuisSendón
Recreación libre da lenda
tradicional que narra a estadía de
Hércules na Galiza, o seu
enfrontamento con Xerión e a
construción dunha Torre que
servise de recordo da súa vitoria e
alumase as viaxes dos
navegantes.
A memoria das arbores /
MarcialdelAdalid, XoseA.NeiraCruz e
KikoDasilva
Os pais de Tano, cando naceu,
prantaron unha árbore no xardín
para que crecese xunto a el.
Todos os anos, o día do
aniversario de Tano, fan unha
especie de cerimonia en torno á
árbore. A Tano isto non lle parece
suficiente, así que colle un anaco
do seu pastel e lévallo ao
baobab. Pola noite, un estrano
son vai perturbar o sono de Tano.
Unha bonita e tenra historia
aderezada cunhas peculiares
ilustracións e cun disco gravado
pola Sinfónica de Galicia.
PARASABERMÁIS…
PARAESCOITAR…
12. De profundis / MiguelanxoPrado e
NaniGarcía
Había unha vez unha casa no
medio do mar, onde unha muller
esperaba tocando un violoncelo
melancólico. Agardaba ao seu
amado, un pintor que sempre
quixo ser mariñeiro para navegar
entre as medusas, as estrelas de
mar e os peixes de mil colores e
que soñaba nos seus cadros.
A súa fascinación levoulle a
emprender unha viaxe no que
descubrir a emocionante beleza e
os misterios das profundidades,
pero tras o que ningún de sabíaos
se algún día poderían volver
atoparse?
O soño dunha noite de San Xoán /
ÁngeldelaCruz, ManoloGómez
Din as lendas que unha noite ao
ano, no San Xoán, os humanos
poden acceder ao Mundo
Máxico. Elena, intelixente, pero
pouco soñadora, non cre en
contos. Pero cando cae enfermo
seu pai, o duque Teseo, ela está
disposta a calquera cousa para
lle devolver a ilusión. Mesmo ir na
procura de Titania, raíña das
fadas. Sen embargo, o Mundo
Máxico xa non é o que era, pois
malgobérnao o rei Oberón, quen
comercia cos feitizos axudado
polo trasno Perecho.
PARAVERENFAMILIA…
S.O.S.SOMOSPAIS…
Eu tamén son fonte / TeresaMoure e
LeandroLamas
Nesta nova obra, Teresa Moure
preséntanos un texto poético
para unha historia fermosa sobre
o amor, a vida, e a intimidade
gozosa entre as nais e os seus
fillos e fillas.
13. Ardalén / MiguelanxoPrado
Somos o que lembramos. Pero a
memoria non é un rexistro obxectivo e
inalterable. Sabela tenta reconstruír
unha historia, unha parte da súa
historia, a través dos recordos de
Fidel. Pero hai máis fíos que se van
entretejiendo nese proceso de
recuperación, outras persoas, outras
memorias. Porque tamén somos o que
os demais lembran.
E nesas memorias, propias e alleas,
hai amor e agarimo, e hai rancores e
odios. Por iso lembrar non é inocuo.
Pero quen non lembra, non vive.
Despois de tres anos dedicado a
Ardalén, Miguelanxo Pradonos ofrece
a súa obra máis extensa e ambiciosa
ata a data. Un relato fascinante sobre
os recordos e a memoria, con
personaxes inesquecibles e a mestría
dun dos mellores autores de cómic do
noso país.
COMIQUEANDO…
El infierno del dibujante / KikodaSilva
Manuel Pardo é un debuxante de 72
anos que leva toda a vida
dedicándose a crear historietas...
pero a pesar da súa versatilidade e
destreza co lapis, nunca foi capaz de
publicar ningunha. Cada vez que
crea unha historieta descobre que
alguén se lle adiantou e publicou
unha igual á súa. Que mala sorte!
Pero o incansable Manuel seguirá
tentando ser o máis rápido para lograr
que lle publiquen algún dos seus
cómics... a condición de que alguén
non o fagan antes que el.
Conseguirao?
Honrando aos grandes clásicos da
historieta cun gran respecto, Kiko dá
Silva é capaz de mesturar con gran
mestría un debuxo intimista e doce
que narra a vida de Manuel cunha
excelente imitación dos cómics que
desde nenos lemos.
14. Aventuras de un oficinista japonés /
JoséDomingo
Conta en clave de humor e sen
palabras o enrevesado camiño de
volta a casa dun sinxelo oficinista
quen un día como outro calquera sae
do seu traballo sen sospeitar que, sen
o cheirar, unha longa sucesión de
estraños e incribles acontecementos
está a piques de desencadearse ao
redor, sobre e en contra da súa
persoa.
Unha narración atípica, que presta
especial atención ao detalle, á
expresividade e á fluidez narrativa,
buscando sorprender, divertir e
emocionar de principio a fin.
Coruñagráfica
A primeira guía profesional de
creadoras e creadores locais que
traballan no ámbito da ilustración,
banda deseñada, animación e
humor gráfico.
Coruña Gráfica recolle os traballos,
algúns inéditos, de 69 autoras e
autores profesionais ou
semiprofesionais da cidade ou que
desenvolveron unha parte da súa
traxectoria profesional na mesma.
Ademais dos traballos, a guía amosa
obras destacadas, premios, portfolio
dixital, contacto e unha fotografía de
cada autor e autora realizada nos
espazos culturais dependentes da
Concellería de Culturas.
Humorgráficogalego
Antoloxía de humor gráfico,
composta por m. A obra está dividida
en dúas seccións: a primeira de
caricaturas, e a segunda de chistes
gráficos. Os personaxes
caricaturizados foron na súa maioría
representativos da sociedade galega
(Laxeiro, Xosé Manuel Beiras, Isaac
Díaz Pardo, Xaquín Marín, Miguel
Anxo Fernán Vello…).
SOBREILUSTRADORES…
15. Can depalleiro
Cando a Asociación Galega de
Profesionais da Ilustración buscaba
un tama para a súa primeira
exposición soou o ouveo do can de
palleiro, unha especie autóctona e
protexida con denominación de
orixe. Pareceulles que os ilustradores
galegos tamén podían reclamar a
súa denominación de orixe mediante
oa promoción conxunta do seu
traballo e que o mesmísimo can de
palleiro podería ser o nexo temático
da mostra. Neste catálogo da
expoción, aparecen corenta e tres
participantes de varias xeracións de
artistas gráficos, salientando a
diversidade estilística e a calidade do
seu traballo.
Sorrisos e boacolleita
Unha homenaxe de corenta
humoristas galegos aos homes e
mulleres do agro, fonte de riqueza, de
sabedoría, e como non, de humor. De
cada ilustrador aparece unha obra e
información sobre a súa traxectoria,
publicacións e premios.
A muller mariña: dunha mítica criatura do mar
e da terra / XoséLuísMartínezPereiro e
AnaPillado
E velaí que o cazador, desde a súa
privilexiada situación de cabaleiro,
víu deleitada na beira, como
durminido xunto ás penas, una
criatura extraordinaria que, de os
ollos non mentiren, tiña parte de
muller e parte de peixe. O mar
estaba tan calmo que podía sentirse
escaravellar da senrada entre os
mexillóns e tamén a respiración
humidosa da serea. Foián,
hipnotizado, non lograba quitar a
vista da aleta caudal que lle nacía
pouco máis abaixo do embigo. ¡Así
que era verdade que existían!
NOVELEANDO…
16. La casa de la Troya / AlejandroPérezLugín e
SusoCubeiro
A novela máis importante de
Alejandro Pérez Lugín. Desenvólvese
no Santiago de Compsotela de finais
do século XIX e narra a historia de
amor entre dous mozos, Gerardo e
Carmiña. O autor reflicte as
actividades dunha sociedade que
chegou a coñecer e serviuse de
personaxes reais para construír os
que poboan este inesquecible libro.
Lilus Kikus / ElenaPoniatowska e
SantiGutiérrez
Lilus Kikus é como todas as nenas do
mundo, máis non todas as nenas do
mundo son como Lilus Kikus. Lilus é
unha nena que fai, e pensa, e di o
que todas as nenas penetrantes e
inocentes. Porén cando Lilus se
pregunta a quen pertence unha
lagarta que ve todos os días, Lilus
está a facer unha pregunta
fundamental. Os contos de Lilus Kikus
publicáronse orixinalmente en 1954.
Este foi o primeiro libro de Elena
Poniatowska, que nos anos seguintes
se convertiría nunha das autoras máis
notables de México. A presente
edición engade ao encanto do relato
as ilustracións realizadas
especialmente por Santy Gutiérrez.
O libro das viaxes imaxinarias /
XabierP.Docampo e XoséCobas
O libro das viaxes imaxinarias contén
a transcrición de dous cadernos de
viaxe carentes de data e de calquera
información que permita coñecer a
localización dos lugares visitad os ou
a identidade do seu autor. Cadernos
nos que se recollen dous tipos de
textos: descrición das cidades e
reinos visitados e apuntamentos e
debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto
con algúns textos reflexivos máis
íntimos.
17. Terra Chá / ManuelMaría e Isaac DíazPardo
Publicado por vez primeira en 1954,
é sen dúbida un dos seus libros máis
intensos e logrados, un sentido canto
ós eidos da súa pequena patria
luguesa onde os homes, a paisaxe, a
palabra, o mundo todo acada unha
dimensión íntima e poderosa.
A función do tequila / ManuelGuedeOliva e
XoséCobas
Peza basada nun feito real, que
conta a historia de María Docampo,
secretaria de Castelao en Nova York,
en 1938, cando este se atopaba
recadando apoios para a causa
republicana. Non obstante, esta
muller resultará ser unha axente do
Servizo de Intelixencia Americano,
destinada a espiar ao intelectual
galeguista.
Contos de máscaras, rúas, perdicións e
caníbales / PacoMartín, XabierP.Docampo,
AgustínFernándezPaz, MarilarAlexandre e
XoséCobas
Daniel atopou a primeira foto de
Diana un luns do mes de xullo pouco
antes do mediodía e, nunha rúa
próxima ao Reitorado de Vigo, non
dubidou en preguntarlle a Agustín
Fernández Paz, que pasaba por alí,
se tiña noticia da rapaza. A vaca
Brensa, ben ofendida, acláralle a
Marilar Aleixandre que non é
caníbal nin vaca tola, e que fuxiu da
casa porque de ningún xeito ía
comer aquelas fariñas feitas de
animais. Paco Martín foi un dos
moitos que andaban polo bosque a
tarde que Clementina Celia da
Misericordia López de Vídalo e
Rodríguez-Veiga decidu comprobar
se podía perderse na fraga da súa
infancia. E Xabier P. Docampo foi
testemuña do brillo desa estrela que
abraiou un rapaz e que puxo luz
onde antes só había tebras. Xosé
Cobas soubo destas engaiolantes
historias e decidu iluminalas coas
súas cores.
POEMARIOS…
PONTEENESCENA…
A ponte / ManuelLugrísFreire e AnxoFariña
Estreada en 1903, este drama en
dous actos en prosa, dividido en tres
cadros, supuxo unha ruptura
respecto do teatro anterior polo
emprego dunha lingua
contemporánea, o uso da prosa e a
referencia constante a unha
temática social próxima á
revolucionaria.
CONTANDO…
18. O chapaote móvese / ColectivoChapapote
Testimonio gráfico de la plataforma
formada por 66 profesionales del
cómic, nace como resultado de la
necesidad de una vía de expresión
visual ante la catástrofe del
Prestrige. En él se aúnan viñetas con
ilustración, humor gráfico, fotografía,
pintura, escultura…
INDAGANDO…
Os Réis de Galicia / AnselmoLópezCarreira e
TuchoFernándezCalo
Ata 1833 Galicia era oficialmente un
Reino, pertencente á Coroa dos
monarcas españoles. Ata esa data
cada rei de España sumaba entre os
seus títulos o de “Rei de Galicia”.
Hermerico, Frumario, Remismundo,
Veremundo, Teodimiro, Audeca,
Mauregato, Vermudo II, Urraca e
Xoán de Gante son só algún dos
monarcas que reinaron en Galicia
dende o século V ata o XIV, e que
poderás coñecer nesta obra que
inclúe tanto ilustracións orixinais,
coma recreacións.
175 Debuxos de Castelao: edición especial 50
cabodano do seu pasamento
A obra é unha reedición da
publicada en 1976 pola Caja de
Ahorros de Santiago. Recolle 175
debuxos dunha das xoias da
colección artística de Afundación:
as caricaturas e sentencias de
Cousas da Vida,
extraordinariamente profundas na
súa brevidade, que remiten a un
humorismo que reúne verdade,
beleza e utilidade, e na que se
captan os variados tipos humanos
de Galicia.
Cogumelos de Galiza / MarisaCastro,
VíctorLópezRomán e CarlosSilvar
Os cogumelos, eses “froitos” que
aparecen abundantemente nos
húmidos outonos galegos e que
corresponden á parte visíbel
dalgúns fungos. Nesta obra
recóllense as 60 especies máis
comúns nos bosques galegos.
Descritas por Marisa Castro e Víctro
López, con indicacións de se son
comestibstíbeis ou tóxicas, e
representadas polas cores de Carlos
Silvar.
19. Arrugas
Narra la amistad entre Emilio y
Miguel, dos ancianos recluídos en un
geriátrico. Emilio, que acaba de
llegar a la residencia en un estado
inicial de Alzheimer, será ayudado
por Miguel y otros compañeros para
no acabar en la planta superior de
la residencia, el temido piso de los
asistidos. Su alocado plan tiñe de
comedia y ternura el tedioso día a
día de los ancianos porque, aunque
para muchos sus vidas habían
terminado, ellos acaban de
empezar una nueva.
Basada en el aclamado cómic de
Paco Roca.
PARAVER…
BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA
Rúa Ágora, s/n, 15010 A Coruña
Tfno.: 981 189 886 Fax.: 981 189 887
bagora@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN
Praza Pablo Iglesias, s/n, 15009 A Coruña
Tfno.: 981 184 390 Fax: 981 184 391
bcastrillon@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTUDOS LOCAIS
Rúa Durán Loriga 10, 1º, 15003 A Coruña
Tfno.: 981 184 386 Fax: 981 184 385
bestudiosl@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO
Rúa Río Monelos, 1, 15006 A Coruña
Tfno.: 981 184 298 Fax: 981 184 295
bforum@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL.
Rúa Durán Loriga 10, Baixo, 14003 A Coruña
Tfno.: 981 184 388 Fax: 981 184 385
binfantil@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO
Praza dos Avós, s/n - 3º, 15002 A Coruña
Tfno.: 981 184 382 Fax: 981 184 383
bmontealto@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL OS ROSALES
Praza Elíptica, 1, 15011 A Coruña
Tfno.: 981 184 389 Fax: 981 184 351
brosales@coruna.es
BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA
Rúa Antonio Pereira, 1-3 Baixo, 15007 A Coruña
Tfno.: 981 184 392 Fax: 981 184 393
bsagradaf@coruna.es
www .coruna.es/bibliotecas
@bibcoruna