Presentación para o segundo curso do primeiro ciclo de Educación Primaria dos animais vertebrados (mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes) e invertebrados (só insectos)
Lixo mutantejuanpontesampaioOs alunos do CEIP de Ponte Sampaio deron a benvida ao escritor Carlos Freire presentando un mural coa temática do seu libro "O MISTERIO DO LIXO MUTANTE" e gatos dando consellos sobre reciclaxe. O mural incluía debuxos feitos polos alumnos de 3o a 6o curso coñecendo así o traballo dos nenos.
GaliciajuanpontesampaioPresentación na que se amosan as características da comunidade autónoma de Galicia. Está pensada para alumnos e alumnas de 4º curso de EP na materia de Coñecemento do Medio.
CantarolasjuanpontesampaioElaboración dun libro con poemas de "Cantarolas" feito na aula por alumnado de EP4 do CEIP de Ponte Sampaio en xaneiro de 2014.
Os movementos da_terrajuanpontesampaioPresentación sobre os astros feita por nenos e nenas do 2ª ciclo de EP do CEIP de Pontesampaio na clase de Atención Educativa (alternativa á Relixión) no curso 2012/13.
O sistema solarjuanpontesampaioPresentación sobre os astros feita por nenos e nenas do 2ª ciclo de EP do CEIP de Pontesampaio na clase de Atención Educativa (alternativa á Relixión) no curso 2012/13.
O ceojuanpontesampaioPresentación sobre os astros feita por nenos e nenas do 2ª ciclo de EP do CEIP de Pontesampaio na clase de Atención Educativa (alternativa á Relixión) no curso 2012/13.
Que sae dunha sementejuanpontesampaioPresentación na que se amosa a "plantación" que fixeron os nenos e nenas de 1º do CEIP de Ponte Sampaio no curso 2011/12.
O dia da_pazjuanpontesampaioPresentación en PPT do traballo feito polos nenos e nenas do 2º curso de EP do CEIP de Ponte Sampaio na aula de informática no curso 2011/12.
Aproveitamento das plantasjuanpontesampaioLas plantas sirven para mostrar a los niños de primer grado las razones por las que creen que sirven las plantas. Seis parejas de niños presentarán sus ideas sobre para qué sirven las plantas.
Pinguins voadoresjuanpontesampaioCreación dun guión para o video "os pingüíns voadores" feito polos nenos e nenas de 2º de primaria do CEIP Ponte Sampaio en decembro de 2011
Os xogos do_magostojuanpontesampaioPresentación na que os alumnos e alumnas do CEIP Ponte Sampaio explican mediante texto e debuxos os xogos que realizaron no Magosto 2011.
Banda segundojuanpontesampaioCreación de diálogos sobre bandas deseñadas feitas polos alumnos e alumnas de 2EP do CEIP Ponte Sampaio no curso 2011/12.
Saude e deporte.juanpontesampaioPresentacion ppt sobre o tema do deporte e a saúde e do deporte para 2º de EP.
Chistes primeirojuanpontesampaioPresentación na que os alumnos e alumnas de primeiro ilustran os chistes que se traballaron na aula para a confección da revista escolar.
Visita Illa de Medal.juanpontesampaioPresentación en Power Point sobre a visita que fixeron os alumnos do 1º ciclo de EP do CEIP de Ponte Sampaio á Illa de Medal. Flora da illa e construccións.
1. OS ANIMAIS A PRIMEIRA GRAN DIFERENCIA QUE OBSERVAMOS ENTRE OS ANIMAIS É O SEU ESQUELETO : HAI ANIMAIS CON ESQUELETO ( VERTEBRADOS ) E ANIMAIS SIN ESQUELETO ( INVERTEBRADOS )
2. OS ANIMAIS VERTEBRADOS Son os animais que teñen un esqueleto interno, formado por ósos (coma nós os humanos) ou cartílagos (como as quenllas). Son de maior tamaño que os invertebrados.
3. Este esqueleto interno está formado por unha columna vertebral e o resto dos ósos ou as espiñas. Son vertebrados: os mamíferos , as aves , os peixes , os réptiles e os anfibios . OS ANIMAIS VERTEBRADOS (2) O gato é un mamífero A galiña é un ave. A ra é un anfibio. O lagarto é un réptil. A troita é un peixe.
5. OS ANIMAIS VERTEBRADOS (4) Podemos dividilos en grupos dependendo da: Temperatura do sangue e diferenciamos os animais de sangue quente (mamíferos e aves) e de sangue frío (peixes, réptiles e anfibios). Modo de reproducción . Hai animais que nacen de ovos ( ovíparos ) e outros nacen do ventre da súa nai ( vivíparos ).
6. OS ANIMAIS VERTEBRADOS (5) Tamén podemos usar outros criterios: Se temos en conta a alimentación poden ser carnívoros , herbívoros ou omnívoros . Si nos fixamos no ambiente no que viven poden ser terrestres , acuáticos ou aéreos .
7. OS MAMÍFEROS Teñen esqueleto, polo tanto son vertebrados . Son animais vivíparos, nacen dentro do ventre da súa nai. E aliméntanse do leite materno ao nacer. Teñen o corpo cuberto de pelo e normalmente teñen catro patas. Poden ser carnívoros, herbívoros ou omnívoros.
8. OS MAMÍFEROS SON VERTEBRADOS O esqueleto dun can. O esqueleto dun mono. Cando observamos o seu esqueleto podemos diferenciar perfectamente as partes principais: a cabeza, o tronco e as extremidades.
9. OS MAMÍFEROS SON VIVÍPAROS Nesta imaxe podemos ver coma o tenreiro está medrando na barriga da súa nai. E aquí podemos ver como se alimenta co leite materno.
10. OS MAMÍFEROS TEÑEN O CORPO CUBERTO DE PELO Raposo do Ártico Lontra Normalmente os mamíferos cobren a súa pel con pelo. Hai animais máis ou menos peludos. Os que viven en lugares fríos (o raposo do Ártico) ou os mamíferos acuáticos (a lontra) adoitan ter moito pelo porque lles axuda a manter a temperatura.
11. OS MAMÍFEROS TEÑEN CATRO EXTREMIDADES (PATAS E BRAZOS) As extremidades están convertidas en brazos ou patas, que serven para desprazarse. Hai mamíferos acuáticos que teñen as súas extremidades convertidas en aletas ; e mamíferos voadores , coma os morcegos que teñen membranas e as converten en ás e que lle permiten voar.
12. NON TODOS OS MAMÍFEROS TEÑEN A MESMA ALIMENTACIÓN. O león aliméntase de carne. O cabalo aliméntase de herba. Os ósos poden comer peixe ou froitas. Os mamíferos poden ter unha alimentación moi variada. Hainos que so comen herba (herbívoros), outros so comen carne (carnívoros) e tamén os hai que comen de todo (omnívoros). Outros, coma algúns paxaros, especialízanse tanto que so comen graos das sementes (granívoros) ou so comen insectos (insectívoros).
13. AS AVES Teñen esqueleto, polo tanto son vertebrados. Son animais ovíparos, nacen de ovos. Teñen o corpo cuberto de plumas e teñen dúas patas, dúas ás e pico . Poden ser carnívoras ou herbívoras.
14. AS AVES SON ANIMAIS VERTEBRADOS Aquí podedes ver á esquerda o esqueleto dunha galiña e á dereita o esqueleto dunha aguia . Fixádevos na diferencia entre os picos (o da aguia e máis curvado) e tamén nas garras (o da aguia ten os dedos e as uñas máis fortes xa que as necesita para atrapar ás súas presas).
15. AS AVES SON VIVÍPARAS Os ovos están no niño A galiña chócaos durante 21 días. Finalmente, nace un novo pitiño. As aves nacen de ovos e para que nazan as crías teñen que permanecer a unha temperatura cercana á do adulto. Por iso, no caso das galiñas teñen que estar durante 21 días sobre os ovos mantendo unha temperatura constante. Este proceso chámase incubación .
16. AS AVES TEÑEN O CORPO CUBERTO DE PLUMAS . perdiz cisne aguia As plumas son a característica distintiva das aves que non comparten con ningún outro grupo de animais. Serven para darlles cores chamativas, protexer contra o frío ou a calor, axúdanlles a desprazarse no aire ou na auga, entre outras cousas. Están formadas de queratina, que é a proteína que forma as uñas, o pelo ou as escamas de outros vertebrados.
17. AS AVES TEÑEN CATRO EXTREMIDADES : ( ÁS E PATAS ) Gaivota coas ás despregadas para voar. Distintos tipos de patas para nadar, cazar, agarrarse a unha rama ou correr. As aves teñen catro extremidades: as superiores chámanse ás e serven na maioría dos casos para voar (as aves que pesan moito non voan) e as inferiores que se chaman patas e serven para desprazarse andando ou correndo ou tamén para coller impulso para o voo ou para frear a aterraxe e tamén para nadar.
18. OS PICOS DAS AVES E A SÚA ALIMENTACIÓN. Hai aves que so comen carne e teñen picos curvados e duros que serven para desgarrar as presas. Outras comen graos de cereais, follas ou pequenos vermes e teñen picos máis pequenos. Tamén hai aves que teñen picos moi longos que lles serven para atrapar cangrexos, peixes, caracois e vermes acuáticos. As aves teñen tamén outra característica que é o seu pico. Hai diferentes tipos de picos dependendo da súa alimentación.
19. OS RÉPTILES Chámanse así por como se desprazan, xa que reptan, é dicir, arrástranse polo chan. Teñen esqueleto interno, polo tanto son vertebrados. Son animais ovíparos, nacen de ovos. Teñen o corpo cuberto de escamas e teñen catro patas curtas ou ningunha. A súa alimentación é moi variada e depende de cada réptil en concreto.
20. OS RÉPTILES SON VERTEBRADOS Esqueleto dun crocodilo. Cranio dun crocodilo. Ten unhas mandíbulas moi fortes e uns dentes grandes e afiados. Esqueleto dunha serpe, fíxate en que non ten extremidades O seu esqueleto está formado por unha columna vertebral bastante longa da que parten o resto dos ósos. Hai que ter en conta que algúns rèptiles non teñen extremidades.
21. OS RÉPTILES SON OVÍPAROS. Tartaruga poñendo ovos. Crocodilo saíndo do ovo. Os réptiles nacen de ovos, pero a diferencia das aves, non teñen que porse enriba para manter unha temperatura, se non que os abandonan. Por exemplo a tartaruga deixa os ovos na area. Finalmente os ovos eclosionan e saen ao exterioras crías.
22. OS RÉPTILES TEÑEN O CORPO CUBERTO DE ESCAMAS. Escamas na pel sunha serpe e dun lagarto. Caparazón dunha tartaruga. O corpo dos réptiles está cuberto de escamas que serven para que o seu corpo non perda a auga do interior a través da pel. En algúns casos, como nas tartarugas, a pel está revestida dunhas placas óseas que forman o seu caparazón .
23. OS RÉPTILES PODEN TER CATRO EXTREMIDADES OU NINGUHA. As serpes desprázanse con movementos ondulatorios porque non teñen patas. Os lagartos teñen patas curtas e ás penas levanta o seu corpo do chan. As tartarugas mariñas usan aletas para nadar. A presencia ou non de extremidades condiciona o desprazamento dos réptiles. Os que non teñen patas reptan, os que teñen catro patas moi curtas e fortes andan ou corren. Os réptiles mariños nadan.
24. OS RÉPTILES TEÑEN DISTINTOS TIPOS DE ALIMENTACIÓN Vemos os tres tipos, o crocodilo está a comer un peixe, as tartarugas comen unha folla de leituga e o camaleón acaba de atrapar un insecto coa súa lingua… bo proveito! Dependendo do tipo de réptil a alimentación pode variar. Hai réptiles carnívoros (crocodilos e caimáns), hainos herbívoros (tortugas terrestres) e tamén insectívoros (camaleón).
25. OS PEIXES A espiña dorsal é como a súa columna e xunto co resto das espiñas forman o seu esqueleto. Son animais ovíparos, nacen de ovos. Teñen o corpo cuberto de escamas e teñen aletas. A súa alimentación é variada e depende de cada especie de peixes. Son acuáticos: Viven na auga salgada e tamén na auga doce.
26. OS PEIXES VERTEBRADOS Teñen un esqueleto formado por unha espiña dorsal da que parten o resto das espiñas. Algúns peixes teñen un esqueleto cartilaxinoso. Ademáis distínguese perfectamente a cabeza, o tronco e a cola.
27. OS PEIXES SON OVÍPAROS. Ovo dunha raia. A maioría dos peixes poñen ovos, que abandonan e dos que saen logo os peixiños, pero hai algúns peixes coma a quenlla que poden ter as crías dentro do seu corpo (son ovovivíparos) e logo ter un “parto” ou tamén hai outros como a raia que deposita unhas “bolsas” que son ovos pero con cubertas moi duras.
28. OS PEIXES ESTÁN CUBERTOS DE ESCAMAS E TEÑEN ALETAS. A función principal das escamas é a protección e o illamento dos peixes e poden ter tamaños, formas e cores moi variadas. As aletas sérvenlles para nadar e desprazarse pola auga. As aletas da cola (aletas caudales) impulsanos; as aletas do lombo (aletas dorsais) dánlle estabilidade; tamén lle dan estabilidade as aletas que ten a altura das branquias.
29. A ALIMENTACIÓN DOS PEIXES A maioría dos peixes son carnívoros , aliméntanse de outros peixes, normalmente máis pequenos. E os máis pequenos aliméntanse de plancton. O plancton son organismos microscópicos que flotan na auga.
30. ONDE VIVEN OS PEIXES? Troita no río. Banco de sardiñas no mar. Sempre viven en ambientes acuáticos, é dicir, na auga . Pero poden vivir en auga doce (ríos, lagoas, estanques) ou en auga salgada (mares e océanos). Algúns peixes de auga doce son a troita, as pirañas ou calquera dos peixes que podemos ter nunha peceira na nosa casa. Os peixes de auga salgada son os máis coñecidos, porque son os que máis atopamos na praza ou no supermercado, por exemplo, a pescada, as sardiñas, o atún, o rape, etc. Sempre viven en ambientes acuáticos, é dicir, na auga . Pero poden vivir en auga doce (ríos, lagoas, estanques) ou en auga salgada (mares e océanos). Algúns peixes de auga doce son a troita, as pirañas ou calquera dos peixes que podemos ter nunha peceira na nosa casa. Os peixes de auga salgada son os máis coñecidos, porque son os que máis atopamos na praza ou no supermercado, por exemplo, a pescada, as sardiñas, o atún, o rape, etc.
31. OS ANFIBIOS Teñen esqueleto, polo tanto son animais vertebrados. Son animais ovíparos porque nacen de ovos, pero sofren unha metamorfose. Teñen o corpo cuberto de pel núa, é dicir, sen pelo, nen escamas, nen plumas. Sempre está húmida.
32. OS ANFIBIOS SON VERTEBRADOS O seu esqueleto está formado por ósos e porósos e pode distinguirse perfectamente a cabeza, o tronco e as catro extremidades. Algúns anfibios teñen unha cola, como a pintega e outros pérdena durante a metamorfose, coma a ra.
33. OS ANFIBIOS SON OVÍPAROS As crías nacen de ovos pero no momento de nacer son moi diferentes aos seus pais. Ata chegar a ter o aspecto adulto teñen que sufrir unha transformación que se chama metamorfose .
34. A PEL DOS ANFIBIOS pintega tritón A pel dos anfibios está núa, non ten pelo coma os mamíferos, nin plumas coma as aves, nin escamas coma os peixe ou os réptiles. Ademáis sempre está húmida e é moi esvaradiza. Esta humidade fai, entre outras cousas, que non morran abrasados pola calor e tamén lles serve para respirar, xa que a súa respiración é cutánea... Respiran pola pel!
35. OS ANIMAIS INVERTEBRADOS Carecen de esqueleto interno, é dicir, non teñen ósos . Aínda que moitos teñen cunchas ou caparazóns. Algúns teñen ás e poden voar. Reprodúcense por medio de ovos, polo tanto son ovíparos .
36. OS ANIMAIS INVERTEBRADOS (2) Non teñen columna vertebral e teñen unha especie de esqueleto articulado. Carecen de esqueleto interno, é dicir, non teñen ósos . Aínda que moitos teñen cunchas ou caparazóns. Hai moitas clases de invertebrados. Por exemplo os artrópodos, os moluscos, os gusanos, os equinodermos, as medusas e as esponxas. Nós este curso so imos estudar un tipo de artrópodos moi coñecido: os insectos . caracol augamar Ourizo de mar Esponxa mariña verme
37. OS ANIMAIS INVERTEBRADOS (3) Como podedes ver hai moitos tipos de invertebrados, pero este curso so imos estudar os INSECTOS. ANIMAIS INVERTEBRADOS ARTRÓPODOS MOLUSCOS GUSANOS EQUINO- DERMOS MEDUSAS ESPONXAS INSECTOS OUTROS
38. OS INSECTOS Os insectos son os artrópodos máis abundantes e recoñecémolos polas seguintes características: O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e abdomen. Teñen dúas antenasna cabeza e seis patas no tórax. Sonterrestres, aínda que algúns teñen ás e poden voar. Reprodúcense por medio de ovos, polo tanto son ovíparos .
39. O CORPO DOS INSECTOS O seu corpo está dividido en cabeza,tórax e abdomen . Na cabeza teñen as dúas antenas , que é onde teñen os sentidos. As súas seis patas saen do tórax . No abdomen teñen a tráquea , que utilizan para respirar.
40. O CORPO DOS INSECTOS (2) Algúns insectos poden ter ás (poden ter 2 ou 4) e polo tanto desprázanse voando, coma os cabaliños do demo, as xoaniñas ou as moscas. Outros desprázanse andando , como as formigas, ou saltando , coma o saltamontes.
41. OS INSECTOS SON OVÍPAROS Para reproducirse os animais invertebrados poñen moitos ovos pequenos . De cada ovo nace unha larva que se convertirá nun insecto adulto. A xoaniña pon os ovos sobre unha folla (1), máis tarde de cada ovo sairá unha larva (2) e finalmente se convertirá nunha xoaniña adulta (3). 1 2 3
42. Espero que aprendérades moito sobre o mundo dos animais. CEIP Ponte Sampaio 2º EP curso 2011-12