Animais ciclo 1_epjuanpontesampaioPresentación para o segundo curso do primeiro ciclo de Educación Primaria dos animais vertebrados (mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes) e invertebrados (só insectos)
Animais ciclo 1_epjuanpontesampaioPresentación para o segundo curso do primeiro ciclo de Educación Primaria dos animais vertebrados (mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes) e invertebrados (só insectos)
Naturais resumo tema_11_quintoFizResumo do tema 11
Resumo matematicas 11_quintoFizEl documento explica conceptos básicos de geometría como escalas, ejes de coordenadas, ejes de simetría, poliedros, prismas y pirámides. Define una escala como la proporción entre medidas reales y de un mapa o plano, y explica cómo ubicar puntos en un sistema de coordenadas. Además, describe qué son los ejes de simetría de una figura, los poliedros regulares, los prismas y sus características, y las pirámides y sus propiedades. Por último, pide situar puntos en
Naturais resumo tema_1FizResumo tema 1 de naturais 5º E-Dixgal
LEONARDO DA VINCIFizLeonardo Da Vinci vivió durante el Renacimiento y destacó como pintor, escultor, arquitecto, ingeniero y científico. Recibió una excelente educación en Florencia y se formó en el taller de Verrocchio. Más tarde ofreció sus servicios al duque de Milán como pintor, escultor, arquitecto e ingeniero militar, anticipando inventos como el helicóptero. Fue un genio completo que influyó en el arte y la ciencia gracias a obras como la Mona Lisa y estudios pioneros de anatomía.
Sociais resumo tema7FizResumo tema 7 sociais netex 5º
Repaso tema 7Fiz1. O documento contém perguntas sobre a língua galega, incluindo palavras relacionadas a lume, terra, noite e libro, regras ortográficas e tempos verbais.
2. Pede para escrever palavras relacionadas a peixe, mobiliário e roupas, e explicar por que certas palavras são escritas com b, v ou h.
3. Também inclui uma atividade de correção ortográfica e perguntas sobre as regras do jogo "Rei, rei".
Repaso control temas_4_5_netex_5FizFicha repaso temas 4 e 5 de Netex
Repaso tema 7-8_cast_sextoFiz1. Resume un documento que pide describir un objeto, definir sufijos apreciativos y sus clases con ejemplos, hacer preguntas para respuestas dadas, definir prefijos con palabras de ejemplo, analizar métrica y rima de estrofas, encontrar adverbios modificadores, explicar uso de g/j en palabras, y descomponer palabras compuestas en sus elementos.
2. Pide analizar elementos lingüísticos como sufijos, prefijos, métrica, rima, adverbios y formación de palabras.
3. Incluye
Resumo t11 lengua_6FizEste documento resume los principales temas gramaticales de la lengua castellana como las palabras tomadas de otras lenguas llamadas préstamos, la estructura de la oración formada por sujeto y predicado, los diferentes tipos de predicado, la escritura con x o s de ciertas palabras y los mecanismos de cohesión en un texto. Propone también ejercicios para identificar sujetos, predicados y mecanismos de cohesión.
LISTA DE COTEXO.pdfFizEste documento contiene dos listas de autoevaluación para dos tareas de investigación sobre monumentos de París y horarios de vuelos entre Santiago y París. Cada lista contiene entre 5 y 7 preguntas sobre si el estudiante fue capaz de encontrar la información requerida de manera independiente, incluir detalles específicos como compañías aéreas y precios de vuelos, y presentar la información de manera clara y comprensible. Al final hay un espacio para proponer mejoras.
DinosaurosFizPresentacion feita polo alumnado de 5º nivel do CEP Pilar Maestú Sierra de A Pobra do Caramiñal, como traballo previo á visita dunha exposición dobre dinosauros en Pontevedra.
Repaso tema 10_cast_sextoFizEste documento presenta 10 actividades sobre gramática y ortografía de la lengua española. Incluye ejercicios de clasificación de palabras en arcaísmos y neologismos, búsqueda de significados en el diccionario, escritura de oraciones afirmativas y negativas, clasificación y escritura de oraciones de diferentes tipos como interrogativas y exclamativas, explicación del uso de la h en ciertas palabras, escritura de diálogos y textos con diálogos directos, y escritura final de oraciones de diferentes tip
Resumo t10 lengua_6FizArcaísmos son palabras antiguas que ya no se usan, mientras que neologismos son palabras nuevas para nombrar cosas recientes. Los textos dialogados presentan conversaciones entre dos o más personas usando estilo directo e indirecto.
1. ANIMAIS INVERTEBRADOS Representan o 95% dos animais da Terra. Hai moita
diversidade, pero todos son ovíparos e sen esqueleto interno. Teñen o corpo
brando e case todos con cuncha ou pel dura.
Poden ter simetría bilateral, radial, ou ser asimétricos. Algúns grupos son:
Artrópodos, coma os saltóns, as arañas, a lagosta e o cempés.
Moluscos, coma os polbos, os caracois e o longueirón.
Vermes, coma as lombrigas intestinais, as miñocas.
Medusas, anémonas e corais.
Equinodermos, coma as estrelas e os ourizos de mar.
Poríferos.
Os artrópodos son o grupo máis diverso e abundante de animais. Características:
-Teñen un corpo articulado, dividido en varias partes.
-Teñen patas articuladas.
-Moitos teñen antenas.
-Posúen pel endurecida que os protexe. Para poder medrar, os artrópodos
despréndense desta pel. A este proceso denomínaselle muda.
-Poden ser acuáticos e terrestres. Algúns poden voar.
Os artrópodos divídense en catro grupos: insectos, arácnidos, crustáceos e
miriápodos.
Os insectos son o grupo máis abundante de artrópodos. As bolboretas, os
saltóns e as libélulas son exemplos de insectos. .
Teñen o corpo dividido en cabeza, tórax e abdome. Teñen seis patas.
Teñen dúas antenas. A maioría teñen ás que lles permiten voar. Algúns
son sociais.
A maioría dos arácnidos son terrestres (arañas, escorpións).Características.
Teñen o corpo dividido encefalotórax e abdome. Teñen oito patas.
Crustáceos (nécora, cangrexo, lumbrigante) Características:
A maioría son mariños. Teñen o corpo dividido encefalotórax e abdome.
Teñen antenas. A maioría teñen dez patas. As patas dianteiras poden ser pinzas.
Os miriápodos son todos terrestres (cempés e milpés). Características:
Teñen o corpo dividido en cabeza e tronco. O tronco está dividido en aneis.
Teñen moitas patas. Teñen antenas.
Os moluscos teñen as seguintes características xerais:
Teñen un corpo brando e musculoso. Poden ter unha cuncha externa, coma os
caracois; cuncha interna, coma as luras; ou non posuír, coma as lesmas.
A maioría son acuáticos, aínda que hai algúns terrestres coma as lesmas e os
caracois. Dentro dos moluscos inclúense especies comestibles, coma as ameixas ou
as luras.
Hai tres grupos principais: bivalvos, cefalópodos e gasterópodos.
Os bivalvos (navallas, ameixas, mexillóns) teñen as seguintes características:
Son acuáticos, a meirande parte mariños. A maioría viven na area ou suxeitos ás
rochas. Posúen unha cuncha formada por dúas pezas chamadas valvas. Non
teñen cabeza diferenciada. Respiran por branquias.
Cefalópodos (luras, polbos, nautilos). Neste grupo inclúese o animal
invertebrado máis grande coñecido, a lura xigante. Características:
Todos son mariños. Ningún cefalópodo ten cuncha externa agás o nautilo.
Algúns, como a xiba, teñen unha cuncha interna. Teñen unha coroa de
tentáculos xunto á cabeza. Respiran por branquias. Teñen un cerebro moi
desenvolvido. Algúns segregan unha tinta negra para agocharse.
As lesmas, os caracois ou as lapas son gasterópodos.
A maioría son mariños. Teñen unha cabeza ben diferenciada. Os gasterópodos
acuáticos respiran por branquias, os terrestres por pulmóns. Ten ollos
en tentáculos, que se poden retraer ante o perigo. Moitos gasterópodos teñen
unha cuncha externa con forma de espiral. Tamén hai gasterópodos sen
cuncha, coma as lesmas.
As lombrigas intestinais ou as samesugas son vermes. Características:
Corpo brando e alongado. Teñen a pel húmida. Non teñen patas articuladas.
Poden vivir na auga ou na terra, en ambientes húmidos.
Algúns son parásitos e poden causar enfermidades.
2. Aínda que as medusas, as anémonas e os corais presentan formas moi diferentes,
teñen en común as seguintes características:
Teñen o corpo en forma de bolsa, cun só orificio que está rodeado por tentáculos.
O corpo é brando. Só algúns corais teñen unha coiraza dura. Posúen simetría
radial. A maioría son mariños e viven en mares cálidos. Viven fixados ao substrato,
agás as medusas, que poden nadar. Son carnívoros. Aliméntanse de animais que
cazan cos seus tentáculos.
As estrelas e os ourizos de mar son equinodermos. Características:
Son mariños. Teñen simetría radial. Posúen unha protección formada por pezas
duras situadas debaixo da pel.
Os ourizos teñen pugas. Desprázanse moi lentamente no mar.
Os poríferos (esponxas) son animais moi sinxelos. Características:
Corpo con formas irregulares sin simetría. Corpo cheo de poros. Aliméntanse das
substancias que filtran da auga a través dos seus poros.