Geometria a través de la HistoriaTeresa Fernández BlancoSe hace un recorrido de la historia de la geometría a través de diez periodos en los cual se van proponiendo una serie de actividades.
Malla solo matematicaAlvaro AmayaEste documento presenta los planes de estudio de matemáticas para los grados de kínder a primero de una institución educativa en Colombia. Describe los logros anuales, ejes temáticos, indicadores de logro y referentes teóricos para cada grado y periodo. El objetivo es desarrollar competencias matemáticas como la interpretación, argumentación y proposición en estudiantes.
Cuerpos geomtricosCony Villalobos1) El documento describe los elementos de los poliedros como caras, aristas y vértices y explica sus características. 2) También presenta la relación de Euler que relaciona el número de caras, vértices y aristas de los poliedros convexos. 3) Finalmente, describe los cinco poliedros regulares y sus características geométricas.
Propiedades de los liquidosYuí Insensaritho SaAncheezzEste documento resume las propiedades fundamentales de los líquidos, incluyendo la viscosidad, tensión superficial, cohesión, adhesión y capilaridad. Explica que la viscosidad se refiere a la resistencia interna de un líquido al fluir y cómo depende de factores como la temperatura. También describe cómo la tensión superficial causa que las moléculas en la superficie de un líquido se comporten como una membrana elástica y cómo esto contribuye a la formación de gotas. Finalmente, define la capilaridad como la habilidad de
Propiedades de los liquidosJuan Luna VelazquezEste documento describe las propiedades de los líquidos. Los líquidos y los gases son diferentes pero juntos conforman los fluidos. A diferencia de los gases, en los líquidos los átomos se encuentran más juntos y la fuerza de cohesión entre ellos es más débil, permitiéndoles fluir y tomar la forma de su recipiente. El estudio de los fluidos se divide en hidrostática, que estudia las propiedades de los fluidos en reposo, e hidrodinámica, que estudia las propiedades de los fluidos en movimiento.
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICABiblioteca Escolar LeiradoFotografías realizadas polo alumnado para participar no II Concurso de Fotografía matemática do IES de Salvaterra de Miño.
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICABiblioteca Escolar LeiradoFotografías realizadas polo alumnado para participar no II Concurso de Fotografía matemática do IES de Salvaterra de Miño.
Xeometría no Corremelide, o Corremelide na xeoemtríasoigca
Clasificación de Polierdos. Propidades
1. POLIEDROS Etimoloxicamente, a palabra poliedro (Π oλυεδρos ) deriva dos termos gregos Π oλυs (moito) e εδρα (plano). Pila García
2. “ Non entre aquí quen non sepa xeometría ” Esta frase podíase ler encima da porta de entrada á Academia de Platón (século IV A.C.) onde se reunían a discutir problemas de filosofía, lóxica, política, arte, etc.
3. CORPOS SÓLIDOS Un corpo sólido é todo o que ocupa lugar no espacio. Os corpos xeométricos poden ser de dúas clases: ou formados por caras planas ( poliedros ), ou tendo algunha ou todas as súas caras curvas ( cuerpos redondos ).
4. Actividad a. Qué características comúns ves a todos eles? b. Debuxa outros tres corpos coas mesmas características. c. Sinala 3 obxectos reais que sexan poliedros.
5. DEFINICIÓN Estes corpos chámanse poliedros e podemos decir de forma simplificada que son sólidos limitados por caras en forma de polígonos.
6. Ángulos diedros Dous planos que se cortan, dividen o espazo en catro rexións. Cada unha delas chámase ángulo diedro ou simplemente diedro . As caras do diedro son os semiplanos que o determinan e a recta común ás dúas caras chámase aresta .
7. Se son tres planos os que se cortan, chamáselle triedro , se son catro, tetraedro , se son cinco, pentaedro , etc. Ó punto común chamáselle vértice .
8. Actividad Observa os seguintes poliedros. Se os sitúas nun plano, observa que hai dous que non se poden apoiar sobre todas as súas caras. Cáles son?
9. DEFINICIÓN Ós poliedros que teñen algunha cara sobre a que non se poden apoiar, chamaselles cóncavos e ós demáis convexos . Nos imos traballar sempre, salvo que se indique o contrario, con poliedros convexos.
10. Actividade Na figura seguinte tes pintado un poliedro. Nel indícanseche algúns elementos característicos. a. Cómo definirías cada un destes elementos? Ó número de caras que concorren nun mesmo vértice chámaselle orde do vértice. b. Cántas caras, vértices e arestas ten este poliedro? c. Cántas caras se teñen que xuntar nun vértice como mínimo?
11. FÓRMULA DE EULER (1750) Nos poliedros da figura, conta o número de caras, vértices e arestas e escríbeos na táboa. Encontras algunha relación entre C, V e A ?
12. CONCLUSIÓN En todos os poliedros convexos verifícase sempre que o número de caras máis o número de vértices é igual ó número de arestas máis dous : C + V = A + 2
13. Actividade Na táboa seguinte danse algúns datos de poliedros convexos. Completaa e intenta debuxar algún deles. Un poliedro ten 7 caras. Catro delas son pentágonos e tres cadriláteros. Cántas arestas ten? Cántos vértices ten? Un poliedro ten dúas caras hexagonais e todas as demáis son triángulos. Chamamos t ó número de caras triangulares. a) Escribe unha expresión para o número de arestas do poliedro. b) Usa a fórmula de Euler para unha expresión do número de vértices . 6 5 3 12 8 2 6 4 1 A V C Poliedro
14. Hai outros elementos nos poliedros que debes coñecer: Cómo definirías a diagonal dun poliedro? E o plano diagonal? Cál é o número de diagonais e de planos diagonais do poliedro anterior?
15. Explica razoadamente cáles das seguintes afirmacións son verdadeiras e cáles son falsas 1. O número de arestas dun poliedro que concorren nun vértice é, como mínimo, 4. 2. As caras dun poliedro son todas iguais. 3. Hai poliedros con tres caras. 4. En cada vértice dun poliedro concorren sempre o mesmo número de arestas. 5. As caras dun poliedro teñen que ser forzosamente polígonos. 6. Todos os poliedros de cinco caras teñen 8 arestas e 5 vértices. 7. O número mínimo de caras que concorren nun vértice é 3. 8. O cilindro é un poliedro.
16. POLIEDROS REGULARES Coñécense co nome de sólidos platónicos en honra a Platón (século IV a. de C.), pero o certo é que non se sabe en qué época chegaron a coñecerse. Algúns investigadores asignan o cubo, tetraedro e dodecaedro a Pitágoras e o octaedro e icosaedro a Teeteto (415-369 a. de C.)
17. DEFINICIÓN Un poliedro é regular se todas as súas caras son regulares e iguais e todos os seus vértices son da mesma orde.
18. TETRAEDRO REGULAR Formado por tres triángulos equiláteros. É o que ten menor volumen dos cinco en comparación coa súa superficie. Representa o lume. Está formado por 4 caras, 6 arestas e 4 vértices. LUME
19. OCTAEDRO REGULAR Formado por oito triángulos equiláteros. Xira libremente cando se suxeita por vértices opostos. Por elo, representa ó aire en movemento. Está formado por 8 caras, 12 arestas e 6 vértices. AIRE
20. ICOSAEDRO REGULAR Formado por vinte triángulos equiláteros. É o que ten maior volume en relación coa súa superficie e representa á auga. Ten 20 caras, 30 arestas e 12 vértices. AUGA
21. HEXAEDRO REGULAR OU CUBO Formado por seis cadrados. Permanece estable sobre a súa base. Por iso representa a terra. Está formado por 6 caras, 12 arestas e 8 vértices. TERRA
22. DODECAEDRO REGULAR Formado por doce pentágonos regulares. Corresponde ó Universo, pois as súas doce caras poden albergar os doce signos do Zodiaco. Ten 12 caras, 30 arestas e 20 vértices. O UNIVERSO
23. A finais do século XVI, Kepler imaxinou unha relación entre os cinco poliedros regulares e as órbitas dos planetas do sistema solar entón coñecidos (Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno). Segundo el cada planeta movíase nunha esfera separada da contigua por un sólido platónico.
24. DESENROLO DE POLIEDROS Se nun poliedro cortamos por un número suficiente de arestas de forma que quede unha soa peza e a estendemos no plano, obtemos un desenrolo do poliedro.
25. Un desenrolo de cada sólido platónico Debúxaos nunha cartolina, recórtaos e constrúeos.
26. Poliedros na vida cotiá Ornamentacións, en farolas, lámpadas, etc. Os balóns de fútbol estiveron feitos sempre con 12 pentágonos e 20 hexágonos (icosaedro truncado), aínda que hoxe en día se cambiaron por outra forma poliédrica máis redondeada (o pequeno rombicosidodecaedro ) que ten 20 triángulos, 30 cadrados e 12 pentágonos Nas súas formas naturais, moitos minerais cristalizan formando poliedros característicos .
27. En 1.996 concedeuse o premio Nobel de Química a tres investigadores polo descubrimento do fullereno cuxa forma é un icosaedro truncado. Os panais das abellas teñen forma de prismas hexagonais O virus da poliomelite e da verruga teñen forma de Icosaedro As células do tecido epitelial teñen forma de Cubos e Prismas
28. En pintura, Salvador Dalí, utiliza o dodecaedro nun óleo para enmarcar a súa escena sobre a última cea (cos seus 12 Apóstolos). Tamén o utiliza na súa obra Crucifixión (a cruz componse de 8 hexaedros adosados )
29. PRISMAS Un prisma é un poliedro limitado por dúas caras iguais e paralelas (bases) e tantos paralelogramos (caras laterais) como lados teñen as bases
30. 1. Qué obxectos reais che suxiren a idea de prisma? 2. Cómo definirías cada un dos elementos especificados na figura? 3. Si os polígonos da base son regulares, o prisma chámase regular. 4. Incluirías os prismas regulares entre os poliedros regulares?
31. Un prisma chámase recto cando as súas arestas laterais son perpendiculares ás bases e oblicuo en caso contrario. A altura dun prisma será o segmento perpendicular ás bases comprendido entre estas. Se a base do prisma é un triángulo, o prisma chamarase triangular ; se é un cadrado, chamarase cuadrangular , etc.
32. Hai uns prismas especialmente interesantes dentro dos prismas cuadrangulares. Estes son os paralelepípedos chamados así porque os cuadriláteros das bases son paralelogramos. Se o paralelepípedo é recto e os paralelogramos das bases son rectángulos, este recibe o nome de paralelepípedo rectángulo o u or toedro .
33. PIRÁMIDES Cando cortamos un ángulo poliedro por un plano, obtense un corpo xeométrico chamado pirámide . Na figura indícanse os elementos máis notábeis dunha pirámide. Cómo definirías cada un deles? É unha pirámide un poliedro regular?
34. As pirámides pódense clasificar de forma análoga ós prismas. Así, hai pirámides rectas e oblicuas , segundo que o centro do polígono da base coincida ou non co pé da altura da pirámide, e regulares e irregulares , segundo que o polígono da base sexa ou non regular. Así mesmo, segundo o número de lados do polígono da base, a pirámide será triangular , cuadrangula r, pentagonal , etc.
35. TRONCO DE PIRÁMIDE Se cortamos unha pirámide por un plano, obtemos un tronco de pirámide, que será recto ou oblicuo , segundo que o plano sexa ou non paralelo á base. Fíxate en que as caras laterais dun tronco de pirámide son trapecios e cando este é regular, entón os trapecios son isósceles iguais e a súa altura coincide coa apotema do tronco de pirámide. Por outra parte, as bases son polígonos semellantes. FONTE: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/iesarroyo/matematicas/materiales/4eso/geometria/poliedros/poliedros.htm