A evolución da poboación en España e en Galiciaprofesor historiaTradución ao galego e adaptación dunha presentación do prof. Isaac Buzo que versa sobre os trazos xerais da evolución da poboación española
A distribución da poboación en España e en Galiciaprofesor historiaTradución ao galego e adaptación dunha presentación do prof. Isaac Buzo sobre a distribución da poboación en España, cun engadido sobre a distribución da poboación galega
A distribución da poboación en España e en Galiciaprofesor historiaTradución ao galego e adaptación dunha presentación do prof. Isaac Buzo sobre a distribución da poboación en España, cun engadido sobre a distribución da poboación galega
PreseXeografía humana de galicia poboaciónccssdidactica ddovalPresentación de Aula
A poboación en Galicia. Comportamentos demográficos
IES Cacheiras
2º Bach. Xª e Hª de Galicia
04h vocabulario poboacion-urbanizacionquiquehsRelación de conceptos para os temas relativos á poboación e mundo urbano da Xeografía de 2º BAC (Galicia)
Momentos da poboación españolaxosea Breve presentación con información do IGN e gráficas de elaboración propia sobre diversos aspectos da poboación española: evolución, distribución,crecemento natural, estrutura da poboación e migracións.
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaulTitorial sobre o proceso que hai que levar a cabo para o comentario dunha pirámide de poboación, neste caso de España
O movemento natural da poboación en España e en Galicia
1. POBOACIÓN Isaac Buzo Sánchez (adaptado) MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN ESPAÑOLA E GALEGA Fonte: Banco de Imágenes CNICE
2. DEFINICIÓN MOVEMENTO NATURAL = CRECEMENTO NATURAL = CRECEMENTO VEXETATIVO É a variación da poboación por causas naturais (polo balance entre a natalidade e a mortalidade. CN = Nacementos - Defuncións Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
3. TAXAS Para poder comparar os datos demográficos de diferentes lugares con distinta poboación cómpre relativizar os datos. Por isto, tanto a natalidade como a mortalidade e o crecemento natural relaciónanse coa poboación absoluta do lugar TN = Nº de nacementos (nun período) x 1000 / ʴDzDzó absoluta (nese período) TM = Nº de defuncións (nun período) x 1000 / ʴDzDzó absoluta (nese periodo) TCN = Crecemento Natural (nun período) x 100 / ʴDzDzó absoluta (nese periodo) As taxas de natalidade e de mortalidade calcúlanse por cada 1.000 habitantes (% o ) A taxa de crecemento natural calcúlase por cada 100 habitantes (%) Atención!! Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
4. TAXAS Existen outras taxas complementarias que nos axudan a interpretar os datos de mortalidade ou natalidade, ou a estudar aspectos parciais de ambos os dous fenómenos: Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ TF: Nº de nacidos nun período x 1000 / mulleres entre 15 e 49 años Taxa de fecundidade Número de nacidos vivos por cada 1.000 mulleres en idade de procrear (15-49) Índice sintético de fecundidade Número medio de fillos por muller (Taxa de reposición = 2,1 fillos por muller) TMI = Menores dun ano falecidos (nun periodo) x 1000 / nados vivos (nese periodo) Taxa de mortalidade Infantil Número de bebés falecidos antes de cumprir un ano por cada 1.000 nados vivos EV = ∑ idade dos falecidos durante un período / total de falecidos (nese período) Esperanza de vida Duración media da vida de cada individuo dun grupo. Normalmente adóitase calcular ao nacer, pero pode ser calculada (e de feito varía) para momentos diferentes
5. EVOLUCIÓN DO CRECEMENTO NATURAL A evolución do crecemento natural ao longo da historia explícase a través da teoría de la transición demográfica . Esta describe tres periodos históricos en que se produciron diferentes comportamentos demográficos Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
6. RÉXIME DEMOGRÁFICO ANTIGO Natalidade: elevada até o último terzo do s. XIXl e principios do s. XX (sociedade rural). Únicamente en períodos de crise, ao se retrasaren os matrimonios, descendía a natalidade Mortalidade xeral alta e oscilante, aínda que a partir da década de 1870 descendeu lixeiramente (baixo nivel de vida e precarias condicións medico-sanitarias Mortalidade catastrófica (ou extraordinaria) recurrente debido a epidemias, guerras o períodos de fames. Mortalidade infantil elevada. Esperanza de vida baixa Correspóndese cunha sociedade preindustrial ou tradicional, caracterizada por un crecemento natural baixo En España este período prolongouse até fins do s. XIX (retrasada a respecto de Europa): Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
7. TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA Natalidade: descendeu de xeito suave e discontinuo, alternando periodos de crecemento con outros de caída da natalidade: aumento nos anos 20 (prosperidade económica); caída na Guerra e Posguerra (forte crise); 1956-75 (aumento relacionado co desenvolvemento económico do país, cun moderado crecemeento nos últimos anos do período (baby-boom) Mortalidade xeral: descendeu notablemente e de forma constante agás en dous momentos: 1918 (epidemia de gripe) e 1936-39 (Guerra Civil). Causas: avances médicos e sanitarios (vacinas, antibióticos, partos en clínicas, sanidade pública, etc.), fin da malnutrición trala posguerra; e elevación do nivel socioeducativo. A mortalidade infantil tamén se reduciu neste período, sobre todo a causada pola malnutriciòn e as infeccións Correspóndese cunha sociedade industrial, onde os avances en todos os sectores da economía, favorecidos pola Revolución Industrial, proporcionan máis e mellores alimentos. Elévase o nivel de vida e errádicanse enfermidades. Cronoloxicamente abranguería até 1975 (cun retraso a respecto doutros países europeos, de duración menor pero máis intensa): Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
8. RÉXIME DEMOGRÁFICO MODERNO Natalidade: afúndese (cifras inferiores a 10 ‰ ). O índicie de fecundidade baixa até os 1,15 en 1998 volvendo a subir posteriormente até 1,24 (continuando o seu ascenso até a actualidade) debido á incorporación de parellas novas inmiigrantes. Esta evolución explícase atendendo a factores económicos (crise de fins dos 70 e principios dos 80), cambios de mentalidade na sociedade española, incorporación da mullre ao mundo laboral, etc. A mortalidade mantense en cifras baixas (8,91 ‰ en 2001), aínda que dende 1981 experimenta un lixeiro ascenso debido ao evellecemento da poboación. As principais causas dos falecementos: doenzas cardiovasculares, cancro, accidentes de tráfico, suicidios e doenzas relacionadas co envellecemento (Alzheimer e demencia senil). A mortalidade infantil tamén está baixo mínimos Correspóndese cunha sociedade moderna ou postindustrial, onde a natalidade e a mortalidade sitúanse en taxas moi baixas . As taxas de natalidade son moi sensibles ás coxunturas económicas (en momentos de bonanza hai crecemento e nos de crise caídas). O resultado é un moi baixo crecemento natural (mesmo nalgúns lugares pode ser negativo): Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ
9. RÉXIME DEMOGRÁFICO MODERNO Comparación con datos reais das taxas de natalidade, mortalidade e de crecemento natural ou vexetativo dos últimos 30 anos en España Obsérvase a última fase da teoría da transición demográfica, a taxa de mortalidade estabilizada sobe nos últimos anos polo envellecemento da poboación, mentres que a natalidade cae até case igualarse coa mortalidade. Nos últimos anos a natalidade elevouse ao chegar as persoas inmigrantes Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ Elaboración propia, datos INE
10. DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS: Natalidade Comunidades tradicionalmente natalistas: Andalucía, Murcia, Baleares, Canarias, Ceuta, Melilla (Comunidades do sur) Comunidades que recibiron moita inmigración (poboación nova en idade de traballar e procrear): Madrid, Cataluña, Comunidad Valenciá Comunidades avellentadas ás que afectou fortemente a emigración: Galicia e Comunidades do interior Comunidades afectadas polas crises industriais dos 70, que reduciron as súas taxas de natalidade: cornixa cantábrica Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ Elaboración propia, datos INE
11. DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS: Mortalidade Comunidades envellecidas que posúen altas taxas de mortalidade debido á súa estrutura de idade (moitos maiores e pouca xente nova): Cantábrico e interior, debido tanto á emigración como aos efectos das crises Comunidades novas, que tradicionalmente foron moi natalistas, e Comunidades con moita inmigración. Ao existir moita poboación nova, a taxa de mortalidade redúcese (lembrade que a taxa de mortalidade se calcula en relación á poboación total) Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ Elaboración propia, datos INE
12. DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS: Crecemento natural O crecemento debido a factores biolóxicos (crecemento natural ou vexetativo) é maior naquelas Comunidades cunha estrutura demográfica nova, debido xa á súa tradicional natalidade elevada ou xa á chegada masiva de población nova en idade de procrear, fundamentalmente Canarias, l costa mediterránea e Madrid Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ Fonte: INE
15. A TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA EN GALICIA Características: Galicia foi un país de emigracion dende a segunda metade do s. XVIII até 1973, cando a crise que afectou ao mundo industrializado detivo o proceso As dificuldades económicas provocaron durante séculos que a poboación só tivese como recurso emigrar para poder sobrevivir O proceso tan intenso de emigración só foi posible porque a natalidade era superior á media do Estado. Situábase arredor do 22 ‰, mais tras a fin da transición demográfica a taxa caeu moi por baixo da do resto do Estado (16‰). Nos últimos tempos obsérvase un lixeiro repunte (17‰), aínda que sen chegar á taxa de reemprazo A mortalidade xeral é algo superior á do resto do Estado (10 ‰), mais hai que ter en conta que é unha poboación moi avellentada. As taxas de mortalidade infantil son semellantes ás do resto do Estado Con este panorama, en Galicia temos un crecemento natural negativo, no que afectou tanto a transición demográfica coma o fenómeno migratorio Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ