ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
A POBOACIÓN Tema 8
FONTES DEMOGRÁFICAS A xeografía da poboación estuda as relacións entre a poboación e o espazo. Para iso apóianse noutras ciencias como é a DEMOGRAFÍA que se encarga de: Analizar a poboación cuantitativamente a través das fontes de informacións que son: Censos Padróns municipais Rexistros civís Fontes estatísticas Enquisas
FONTES  DEMOGRÁFICAS Censos Padróns  Municipais Rexistro Civil Outras fontes Estatísticas Enquisas
CENSOS É o reconto individualizado da poboación do país nun momento determinado. Recolle datos demográficos, económicos e sociais da poboación (total, sexo, idade, estado civil…) En España o censo realízase cada dez anos (os acabados en 1). PADRÓN MUNICIPAL É o rexistro de veciños dos termos municipais.  Recolle, tamén, datos demográficos, económicos e sociais da poboación. Actualízase o 1 de xaneiro de cada ano. FONTES DEMOGRÁFICAS
FONTES DEMOGRÁFICAS REXISTRO CIVIL Anota nacementos, matrimonios e defuncións. Con estes datos o INE elabora os libros de Movemento Natural da poboación.
FONTES DEMOGRÁFICAS As estatísticas Enquisas  Destacan os Anuarios Estatísticos do INE Estatística de Variacións Residenciais Enquisa da ʴDzDzó Activa (EPA)
DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN 1.-Características da distribución Segundo o os datos de 2008 hai en España uns 46 millóns de habitantes pero están distribuídos irregularmente. Para expresar a distribución facemos uso da DENSIDADE DE POBOACIÓN que é a relación entre a poboación e os quilómetros cadrados: ʴDzDzó Dens=____________________ quilómetros cadrados
DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN 1.-Características da distribución  A densidade española foi aumentando ao longo do tempo ata situarse no 91,1 hab/km 2. Pero hai fortes desequilibrios espaciais entre: Áreas poboacionais Áreas de baldeiro
DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN: 2.-Factores explicativos da distribución Época preindustrial: tiveron importancia nesta época: Factores naturais (as maiores densidades dábanse nas zonas de relevo chairo e inverno suave, sobre todo no Mediterráneo) Factores humanos: o descubrimento de América deulle a Castela unha gran prosperidade converténdoa na zona máis poboada da Península. No século XVII prodúcese un desprazamento da xente cara a periferia peninsular o que fai que as maiores densidades se sitúen na custe e as menores no interior. Época industrial: entre 1850 e 1975, agudizáronse os contrastes. Aumentaron o seu peso Madrid e as rexións periféricas tanto por crecemento natural como por instalación de actividades económicas que atraeron a poboación como a industria (País Vasco, Cataluña, Eixe do Mediterráneo) e o turismo ( no litoral Mediterráneo). Época postindustrial, a partir de 1975, tenden a minguar os contrastes. A crise reduciu a atracción das áreas industrializadas e diminúen as saídas do interior á periferia e refórzanse as zonas do Ebro e Mediterráneo e Madrid.
MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN  Natalidade Fecundidade Índice sintético de fecundidade Mortalidade Mortalidade infantil Esperanza de vida Crecemento natural
O MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN: 1.-Os réximes demográficos. Réximes  demográficos Réxime demográfico Antigo ata principios Do século XX Transición  Demográfica 1900-1975 O réxime demográfico Actual. A partir De 1975
É moi pequeno Alto Moi baixo. C.N 9,16 por mil en 2003, aínda que dende 1981 aumenta debido ao aventamento da poboación. As causas en xeral cambiaron: aumentan as causas cardiovasculares, o cancro, accidentes en estradas, alzheimer. Mortalidade infantil baixa. Mortalidade é diferente por: -sexos: a esperanza de vida é maior na muller que no home. -Profesións: a mortalidade é maior canto menor  é a cualificación Descendeu notablemente (agás coa gripe de 1918) e a Guerra Civil. Houbo:  -avances médicos (vacinas, antibióticos, emprego das clínicas nos nacementos, sanidade pública) -sanitarios, aumento do nivel de vida. Mellora da dieta. -incremento do nivel educativo e cultural: para previr e abandonar costumes nocivos. A mortalidade infantil tamén diminuíu polos progresos da pediatría. Valores elevados e oscilantes. Por: -precarias condicións de vida e médicas. -baixo nivel de vida. -dieta alimentaria escasa pola baixa produtividade agraria e desequilibrada por falta de proteínas. -enfermidades infecciosas: atraso na medicina, falta de hixiene, epidemias, guerras e malas colleitas. -Mortalidade infantil moi elevada tanto neonatal como postnatal. MORT. Afundimento da natalidade (10,5 por mil) e tamén o índice de fecundidade (1,23 fillos por muller). Acadou en 1981 o 2,1 fillos o que permite substituír a poboación  e decreceu en 1998 ata 1,15.  Agora recuperouse pola inmigración pois a poboación ten aínda un comportamento maltusiano, debido a : - situación económica que seguiu á crise de 1975: .paro (reduciu matrimonios e retrasounos) .precariedade dos contratos o que impide  a emancipación. .a escaseza de postos de traballo a tempo parcial e de garderías. - cambio de mentalidade : menor influenza relixiosa, emprego de anticonceptivos, despenalización do aborto, incorporación da muller ao traballo, preponderancia das relacións en parella sobre as reprodutoras, formas familiares distintas. -aumento do nivel de vida e do nivel cultural : cambiou a valoración dos fillos, apréciase o seu benestar, educación así como a aspiración a melloras materiais. Descendeu de forma suave e descontinua, alternando períodos de decrecemento con outros de recuperación. -Nos anos 20 (1920-30) a prosperidade económica permitiu a recuperación da natalidade. -Entre 1930 e 1956: restableceuse o descenso, debido á crise económica de 1929 e a inestabilidade política da Segunda República, a Guerra Civil, que ocasionou subnatalidade, e á situación da postguerra durante a cal se exiliaron milleiros de persoas e houbo graves dificultades económicas debido á autarquía e ao bloqueo internacional. A política pronatalista de Franco que concedía premios á natalidade e prohibía os anticonceptivos non foi suficiente para compensar esa tendencia. -Entre 1956 e 1965 tivo unha recuperación da natalidade que se denominou baby boom posbélico, grazas ao desenvolvemento económico e ao final da autarquía. -Entre 1965 e 1975:as migracións do campo á cidade e os problemas da vivenda fixeron que se reducise de tamaño da familia. Valores elevados: -predominio dunha economía rural. Os fillos eran unha man de obra a considerar e aseguraban o porvir dos pais. -inexistencia de sistemas para controlar os nacementos. NAT. Réxime actual Transición Réxime demográfico antigo
O MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN: 2.-Os desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación Actualmente todas as comunidades autónomas posúen baixas taxas de natalidade, mortalidade e de crecemento natural. Pero hai contrastes debido á diferente estrutura por idades. Debido a: A migración afecta á poboación nova e provoca envellecemento das rexións migratorias e o rexuvenecemento das inmigratorias. Onde hai poboación nova elévase a natalidade. A)Comunidades con maior dinamismo demográfico: teñen natalidade máis elevada, mortalidade máis baixa e crecemento natural máis alto. B)Comunidades en declive: teñen natalidade máis baixa, mortalidade máis alta e crecemento natural negativo.
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS As migracións son movementos de poboación no espazo. Diferenciamos entre: Emigración: saída de poboación dende o seu lugar de orixe. Inmigración: é a chegada de poboación a un lugar de destino. Saldo migratorio: é o balance entre a inmigración e a emigración: SM= I-E. Tipos: Migracións interiores Migracións exteriores
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS 1.-Migracións interiores. 1.1.-Migracións tradicionais Desenvolvéronse entre o último terzo do século XIX e a crise económica de 1975. Protagonizadas por campesiños (a outras áreas agrarias ou zonas industrializadas). Tipos: Temporais: entre 1870 e 1960. Aféctalle aos campesiños e podían ser : Desprazamentos estacionais a outras áreas rurais para realizar labores agrarias. Desprazamentos temporais á cidade nas épocas do ano nas que o campo non daba tanto traballo. Éxodo rural: tivo lugar entre 1900 e 1975. É unha migración entre áreas rurais e urbanas con carácter definitivo ou de longa duración. Procedían de zonas atrasadas de Galicia, interior peninsular e Andalucía oriental. Dirixíronse a áreas industriais e máis tarde turísticas. Etapas: Primeiro terzo do XX: estivo motivado polo exceso de brazos no campo, debido á crise da filoxera nas zonas vitivinícolas e ó inicio da mecanización do campo. O éxodo viuse favorecido pola oferta de traballo nas zonas industriais. Guerra Civil e posguerra: o éxodo estancouse. Entre os anos 1950 e 1975: o éxodo acadou o seu maior volume por: Crecemento demográfico Crise da agricultura tradicional pola mecanización. O auxe industrial impulsado polos Plans de Desenvolvemento Apoxeo do turismo. Desde 1975: decaeu o éxodo rural a partir da crise industrial. Actualmente: os maiores saldos migratorios corresponden a Baleares, Canarias e rexións do litoral mediterráneo, grazas ao turismo, á pequena industria... Consecuencias: demográficas (desequilibrios de distribución e de estrutura da poboación), económicas (zonas deprimidas e en euxe),sociais (perda de identidade tradicional e mala integración) e ambientais.
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS 1.-Migracións interiores. 1.2.-Migracións actuais Dende 1975 iniciouse un novo sistema migratorio de características moi distintas. A procedencia dos emigrantes xa non é maioritaria rural, senón que proveñen de municipios urbanos e de perfil diverso: novos, maiores, cualificados non cualificados. Destino: Migracións entre comunidades ralentizáronse e continúan tendo como destino o arco mediterráneo e o Val do Ebro. Intensificáronse as migracións dentro da propia provincia ou comunidade autónoma (Galicia Oriental a Galicia occidental) Os municipios urbanos de maior tamaño (zonas industrializadas) perderon capacidade de atracción a favor dos medianos e pequenos. Tipos: Migracións laborais: Aféctalle aos traballadores menos cualificados de zonas en declive que se encamiñan a zonas máis dinámicas economicamente da propia provincia ou comunidade. Traballadores cualificados que se trasladan a centros de actividade terciaria. Podemos falar de zonas con saldo positivo, saldo alternativo positivo e negativo e saldo negativo. Migracións residenciais: son principalmente intra-urbanas, entre cidade centro e periferia. Aféctalle aos mozos. Migracións de retorno rural: Protagonizadas por antigos emigrantes que regresan. Corrente neorrural de persoas que abandonan a vida urbana. Movementos habituais de poboación: son desprazamentos regulares: Por cuestións laborais (movementos pendulares) Lecer
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS 1.-Migracións interiores. Consecuencias As migracións laborais: acrecentan os desequilibrios demográficos e económicos entre as rexións da periferia e do interior. As migracións residenciais intraurbanas causan o sobreenvellecemento das áreas urbanas centrais e incrementan a poboación na periferia que hai que dotar de servizos. As migracións de retorno de emigrantes provocan o sobreenvellecemento nas zonas receptoras de xubilados. E os novos no neoruralismo facilitan o mantemento de escolas e de actividades tradicionais. Os movementos pendurales ocasionan problemas de tráfico de circulación.
MOVEMENTOS MIGRATORIOS: 2.-As migracións exteriores Son movementos de poboación fóra das fronteiras do propio país.  Dende finais do XIX ata 1975, España foi un país de emigrantes. Destino:  Emigración transoceánica Emigración a Europa
MOVEMENTOS MIGRATORIOS: 2.-As migracións exteriores 2.1.-A emigración transoceánica Dirixiuse a América Latina e secundariamente a EE.UU, Canadá e Australia. Etapas: Primeira etapa: auxe (finais do XIX a 1914) Procedencia: Atlántica (galegos, asturianos e canarios) Destino: Arxentina, Cuba e Brasil Causas: a estrutura agraria precaria Sexo: emigran os homes de baixa cualificación Segunda etapa : decadencia (1914.1945) Causas da decadencia: Inseguridade Crise de 1929 (os países suramericanos poñen cotas anuais de inmigrantes) Guerra Civil e postguerra Terceira etapa (1945-1960): segundo auxe ultramarino.  Procedencia: emigrantes de Galicia e Canarias Destino: Venezuela (petróleo), Arxentina e Brasil Perfil: homes máis cualificados Cuarta etapa: (dende 1960) Descedeu a emigración transoceánica en beneficio da europea.
MOVEMENTOS MIGRATORIOS: 2.-As migracións exteriores. 2.2.-Emigración a Europa Etapas: Primeira etapa: (Ata mediados do século XX): É unha emigración: Escasa e estacional. Procede do campo levantino Destino a Francia Perfil: agricultores, obreiros da construción, rapazas para servizo doméstico, refuxiados políticos. Segunda etapa: (entre 1950 e 1973). Etapa de auxe pois era necesario reconstruír Europa e precisábase man de obra: Emigrou moita xente polos excedentes poboacionais na agricultura, a insuficiencia na industrialización, o aumento do paro. Procedían: de Galicia e Andalucía Destino: Francia, Alemaña e Suíza. Perfil: poboación pouco cualificada que desempeñaban traballos moi duros. Terceira etapa: (dende 1973) decadencia da emigración: Pola crise económica descende a emigración Agora trátase dunha emigración temporal e de tempada Repártese en Francia, Reino Unido e Alemaña.
MOVEMENTOS MIGRATORIOS: 2.-As migracións exteriores. Consecuencias Consecuencias demográficas pola diminución de ectivos de poboación e diferente distribución. Consecuencias económicas: Positivas:  aliviaron o forte crecemento natural e o paro. Envío de divisas Negativas: Moitos aforros foron investidos en áreas máis desenvolvidas. Os retornados asentábanse noutras zonas para asegurarse o traballo. Consecuencias sociais:  Desarraigo Penosas condicións de vida
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 3.-A inmigración estranxeira. 3.1.-Características Nos últimos anos España converteuse nun país de inmigrantes, actualmente superan os 5,2 millóns. Pola situación: Nacionalizados: son españois de pleno dereito. Legais: que obteñen o permiso de residencia e manteñen a súa nacionalidade de orixe. Ilegais. Causas: España tiña necesidade de man de obra polo desenvolvemento de 1995, sobre todo de baixa cualificación non cubertos polos nacionais. Tamén favoreceron outras medidas como a regularización dos inmigrantes ilegais e o reagrupamento familiar. Procedencia: Europa (principalmente da UE e da Europa Leste) África (Marrocos) América Latina (Arxentina, Colombia, República Dominicana e Ecuador). Asia (China e Filipinas)
Destino:  Cataluña Madrid Andalucía Comunidade Valenciana e Canarias Perfil: Os inmigrantes comunitarios son xubilados que aprecian as boas condicións climáticas do litoral mediterráneo. Os inmigrantes extracomunitarios, normalmente mozos de baixa cualificación, trasládanse a España por motivos: Económicos Políticos OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 3.-A inmigración estranxeira. 3.1.-Características
Demográficas pois contribuíron decisivamente ao crecemento demográfico polo aumento da natalidade. Grazas a isto evitouse o crecemento negativo. Económicas: A inmigración achega poboación activa que desempeña tarefas duras e peor remuneradas e colabora co crecemento do PIB.Achega diñeiro ás arcas públicas por consumir en educación e sanidade.Prestan servizos domésticos que permiten incrementar a taxa de actividade das familias españolas. A inmigración relaciónase con algúns problemas como a baixa competitividade, baixos salarios. Sociais Problemas xenófobos ou racistas Os inmigrantes padecen condicións laborais e de vida precarias. Acúsanse de delitos sociais e formas de vida pouco edificantes Diferenzas culturais, lingüísticas e relixiosas que fan difícil a súa integración e poden provocar tensións OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 3.-A inmigración estranxeira. 3.2.-Consecuencias
OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 3.-A inmigración estranxeira. 3.3.-Política inmigratoria española. Política  inmigratoria Marco  Europeo Medidas Política da UE  Sobre asilo e  inmigración Lei de Estranxería Colaboración Cos países Emisores para  Controlar, tramitar Repatriacións E retornos Ordenación dos fluxos Migratorios  Seleccionando os  Tipos de inmigrantes Que se necesitan e Organizando a  Chegada mediante convenios Impuso da  Integración promovendo A súa promoción social Loita contra a  Inmigración Clandestina mediante a Colaboración cos  Países de orixe para iso Exércese máis control Nas aduanas. Supón un Sistema común De asilo e de Visados e a cooperación  Dos países membros Regula a entrada no país,  Modalidades de presenza Dereitos e liberdades Condicións de traballo
CRECEMENTO REAL DA POBOACIÓN O crecemento real da poboación obtense sumando o crecemento natural e o saldo migratorio. CR=(Nacemento-Defuncións)+(Inmigrantes-Emigrantes) Os ritmos en xeral foron lentos pero dende o 2001 o crecemento da poboación acelerouse pola chegada de inmigrantes.
A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA.  A Estrutura da poboación reflicte as características Composición por sexo Composición por idade Composición por actividade económica
A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 1.- Estrutura por sexo e idade. 1.1.-Estrutura por sexo A estrutura por sexo é a relación entre o número de homes e de mulleres que compoñen a poboación. Exprésase a través das  taxas de masculinidade ou de feminidade  que poden calcularse para toda a poboación ou para grupos de idades. Canto máis se afaste o índice de 100 maior será o desequilibrio entre sexos.
Nºde homesx100 Taxa de masculinidade=__________ Nºde mulleres Nº de mulleres x100 Taxa de feminidade=_____________ Nº de homes A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 1.- Estrutura por sexo e idade. 1.1-Estrutura por sexo
Sempre nacen máis homes ca mulleres. Co paso do tempo os efectivos de ambos os dous sexos iguálanse. Posteriormente volve desequilibrarse a favor das mulleres, de xeito que ao final hai máis anciáns. A estrutura por idade permite medir o índice de avellentamento. ʴDzDzó de máis de 65 anosx 100 Índice de avellentamento=___________________ ʴDzDzó total   A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 1.- Estrutura por sexo e idade. 1.1.Estrutura por sexo
España ten unha estrutura por idades envellecida: Os mozos (0-14 anos) reduciron a súa porcentaxe dende principios de século. En 2003 eran un 14,15%. Adultos (15-64 anos) aumentaron. En 2004 supuñan un 68,9%. Anciáns (65 ou máis) aumentaron. O índice de envellecemento era do 16,9% en 2004. A maior proporción está no interior. Causas do envellecemento: O descenso da natalidade O aumento da esperanza de vida Consecuencias do envellecemento: Financiamento das pensións Saúde: custo sanitario Social: dependencia Comunidades con maior porcentaxe  de mozos son as que amosan unha  natalidade elevada e ou as fortemente  inmigratorias como Madrid e  o litoral mediterráneo Comunidades máis envellecidas Son as do interior e teñen unhas Taxas de natalidade baixas. A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 1.- Estrutura por sexo e idade. 1.2.-Estrutura por idade
ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica ʴDzDzó activa: é o conxunto de persoas de 16 anos que subministran man de obra para a produción de bens e servizos ou que están dispoñibles e fan xestións para se incorporaren ao mundo laboral. Comprende: ʴDzDzó activa ocupada (a que traballa) ʴDzDzó activa desocupada (a que está buscando traballo)
ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa ʴDzDzó inactiva é a que non ten traballo remunerado e inclúe: Pensionistas Rendeiros Estudantes Persoas dedicadas aos labores dofogar
ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa É a porcentaxe de activos dunha poboación. O INE calcúlaa de tres maneiras: Taxa de actividade: porcentaxe de activos dunha poboación. Calcúlase multiplicando a poboación activa por cen e dividíndoa pola poboación total, poboación de 16 anos e máis ou poboación entre 16 e 65 anos. Taxa de paro: porcentaxe de poboación activa desocupada respecto do total da poboación activa. Calcúlase multiplicando a poboación activa desocupada por cen e dividíndoa pola poboación activa. Taxa de dependencia: é a relación entre a poboación dependente e a poboación traballadora. Calcúlase multiplicando a poboación dependente por cen e dividíndoa pola poboación en idade de traballar.
Destácanse dous momentos: A)Descenso ata datas recentes: causado pola: emigración ao exterior que afectou á taxa de actividade masculina e a interior supuxo a perda de poboación activa feminina. o aumento da taxa de dependencia que se debe á: prolongación da escolaridade obrigatoria Á xeneralización da xubilación pagada Á anticipación da idade de xubilación nalgúns casos B)Aumento da poboación activa dende 1991:pola incorporación da muller ao mundo laboral.Novos sistemas de enquisas EPA, inmigración, etc. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.1.-Taxa de actividade
A)En función do sexo: A taxa masculina descendeu por: Crise económica Reconversión industrial Xubilacións anticipadas Hoxe en día en recuperación polos activos ocultos A taxa feminina foi aumentando. A incorporación da muller ao traballo foi motivado por: Causas ideolóxicas Causas demográficas (control da natalidade) Causas económicas (terciarización) B)En función da idade: As maiores taxas de actividade para os homes dáse entre os 25 e 54 anos e para as mulleres entre 20-24. A caída pode deberse ao abandono do traballo das mulleres por matrimonio. C)En función do territorio: As taxas son elevadas en zonas de maior dinamismo económico e baixas nas zonas con poboación nova ou envellecida. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.1.-Taxa de actividade
É a porcentaxe de poboación activa desocupada respecto ó total da poboación activa: ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.2.-Taxa de paro Taxa de paro= ʴDzDzó activa desocupada x100/ ʴDzDzó activa
A)Primeira etapa, ata 1973: Non foi un problema grave (non superaba o 3%) pois a presión demográfica resolvíase coa emigración e a escasa participación da muller no mundo laboral. B)Segunda etapa, dende 1973 a 1985: o paro aumenta por: Crise económica Reconversión industrial Retorno dos emigrantes Incorporación da muller ó mundo laboral Reclamación de emprego da xeración (baby boom) C)Entre 1985 e 1995: O paro retrocedeu ata 1990 pola mellora da situación económica para medrar, de novo, en 1995, debido:  á crise de principios da década D)Dende 1995 a 2008: a taxa de paro descendeu (10,8% en 2004) debido: Favorable conxuntura económica Entrada no mercado laboral de xeracións menos numerosas. No 2009 aumento do paro pola situación de crise global dos países desenvolvidos. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.2.-Taxa de paro
Variacións da taxa do paro: En función da idade: forte desemprego xuvenil. En función do sexo (maior paro feminino) En función do nivel de instrución En función da época do ano En función das CC.AA ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.2.-Taxa de paro
ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica da poboación 2.2.-Sectores económicos: Sector primario A comezos do século XX: era o sector máis predominante cun 63,6%. O seu descenso posterior débese ao éxodo rural. Durante a guerra civil e postguerra: recuperouse pola volta ao agro. Entre 1950 e 1975: redución do sector polo éxodo rural. Desde 1975: desacelérase e descende ata un 5,3%. Na actualidadade, en 2008, hai un 4%
ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica da poboación 2.2.-Sectores económicos: Sector secundario A comezos do século XX había pouca poboación neste sector, un 16%, durante o primeiro terzo aumentou un pouco. A guerra civil e posguerra: abriron unha paréntese nese crecemento debido ás destrucións de industrias, ó mantemento do retorno da poboación ao campo e ós problemas que a política autárquica motivou para a industria. Na década de 1960: aumenta baseado no impulso da industria polos plans de desenvolvemento e no aumento da construción nas cidades. Desde 1975: diminuíu polo trasvase de poboación ao sector terciario (30,5%). Na actualidade hai un 27,9%.
ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica da poboación 2.2.-Sectores económicos: Sector terciario A comezos de século: só había un 17%. Foi medrando tras a Guerra Civil En 2008 ocupaba a un 668,1% da poboación e vai en aumento por: Aumento do nivel de vida Cambios na industria Incremento dos servizos públicos Incorpórase a muller no mundo laboral ocupada principalmente no sector servizos.
O FUTURO DA POBOACIÓN ESPAÑOLA
O FUTURO DA POBOACIÓN ESPAÑOLA
FUTURO DA POBOACIÓN ESPAÑOLA Natalidade: poida recuperarse pero algúns pensan que este leve aumento é conxuntural. Mortalidade: increméntase pola taxa de envellecemento. Migracións: a exterior estará paralizada Crecemento da poboación: increméntanse ata 2050 pola inmigración, logo descenderán. Estrutura por sexo: predominan as mulleres. Estrutura por idade: país envellecido. Estrutura económica: a taxa medrará ata 2020 e logo diminuirá, será necesario recorrer á poboación inmigrante para manter as pensións actuais.
POBOACIÓN GALEGA Descenso da natalidade: 7,7 por mil en 2007. Diferenza entre Ourense e Lugo cunha taxa de 5,5 fronte á da Coruña e Pontevedra cun7 e 8 por mil. Mortalidade: Descenso acusado, así a todo hai unha tendencia ao aumento polo envellecemento da poboación. As provincias do interior cun 13 por mil e as da costa é inferior. Migracións: transoceánicas, a Europa e ao interior de España.
CRECEMENTO
ESTRUTURA SOCIO-LABORAL Importancia das actividades agrarias: 11% Escasa ocupación na industria: 31% Terciarización da poboación europea cun 52%

More Related Content

What's hot (10)

PPT
Poboacion EspañOla
Aulagalicia Hxg
PPT
A distribución da poboación en España e en Galicia
profesor historia
PPTX
Movimientos migratorios
mcarrerab
PPT
Tema 6. 3º Eso
dudashistoria
ODP
Tema 15 Os fenómenos migratorios
rubempaul
PPTX
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
Pablo González Paz
PPT
Movementos migratorios
profesor historia
PDF
Presentacion demografia
lalosantos
PPT
Unidade 16
Santiago Dans
Poboacion EspañOla
Aulagalicia Hxg
A distribución da poboación en España e en Galicia
profesor historia
Movimientos migratorios
mcarrerab
Tema 6. 3º Eso
dudashistoria
Tema 15 Os fenómenos migratorios
rubempaul
UNIDADE 1 - 2º E.S.O.
Pablo González Paz
Movementos migratorios
profesor historia
Presentacion demografia
lalosantos
Unidade 16
Santiago Dans

Viewers also liked (13)

PPT
Diversidade hídrica e bioxeográfica
Rosacidgalante
PPT
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
Rosacidgalante
PPT
Geografía 8 2013 la poblacion española
Rafael Rodrigo
ODP
A poboación de España e de Galicia
rubempaul
PPT
Tema 12 Mobilidade espacial da poboación. 2º BACH. Xeografía.
Gloria Martínez Marín
PPT
Tema 13 Urbanismo e ordenación do territorio. 2ºBACH: Xeografía
Gloria Martínez Marín
PPTX
Tema 9. población española actual
Alberto Fernández Puig
PPT
T7.4 estructura poblacio
E. La Banda
PPT
La población española. Temas 8 y 9 de Geografia de 2º Bach.
José Miguel Castanys
PPT
Estructura de la población española 2014
Geopress
PDF
Ud8. población española
Rocío Bautista
PPT
Tema 8 La Población Española Indice Examen Defin Esquemas
Mario Vicedo pellin
Diversidade hídrica e bioxeográfica
Rosacidgalante
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
Rosacidgalante
Geografía 8 2013 la poblacion española
Rafael Rodrigo
A poboación de España e de Galicia
rubempaul
Tema 12 Mobilidade espacial da poboación. 2º BACH. Xeografía.
Gloria Martínez Marín
Tema 13 Urbanismo e ordenación do territorio. 2ºBACH: Xeografía
Gloria Martínez Marín
Tema 9. población española actual
Alberto Fernández Puig
T7.4 estructura poblacio
E. La Banda
La población española. Temas 8 y 9 de Geografia de 2º Bach.
José Miguel Castanys
Estructura de la población española 2014
Geopress
Ud8. población española
Rocío Bautista
Tema 8 La Población Española Indice Examen Defin Esquemas
Mario Vicedo pellin
Ad

Similar to Tema 8 A poboación (20)

ODP
6. A poboación.
Ismael Vide González
ODP
Apoboación española
LOPEZMOURENZA
ODP
Apoboacin 101230052258-phpapp0
LOPEZMOURENZA
PPTX
PreseXeografía humana de galicia poboación
ccssdidactica ddoval
PPTX
Unidade 1.a poboación mundial
AsunTesouro
PPTX
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...
David Barrán Ferreiro
PDF
R5 sociais 6
Fiz
PPT
Tema 11 Movementos naturais da poboación. 2º BACH. Xeografía
Gloria Martínez Marín
PPT
14 a poboación do mundo
roberto
PDF
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
quiquehs
PPSX
UD 10 A poboación
EvaPaula
PPSX
Actividades UD 10 A poboación
EvaPaula
ODP
A poboación mundial
rubempaul
PDF
A poboación mundial
rubempaul
PDF
rSociais resumo tema6
Fiz
PPT
ʴDzDzó España 2016
Agrela Elvixeo
PPTX
Os movementos naturais da poboación española
J Alfonso Alvarez
PPTX
A ʴDzDzó
celia ameneiro
PPT
Tema 13. lección 5
dudashistoria
PPT
A poboación
ecocabe
6. A poboación.
Ismael Vide González
Apoboación española
LOPEZMOURENZA
Apoboacin 101230052258-phpapp0
LOPEZMOURENZA
PreseXeografía humana de galicia poboación
ccssdidactica ddoval
Unidade 1.a poboación mundial
AsunTesouro
Xeografía e Historia 2º ESO Unidade 2 O espazo humano mundial, en Europa e Es...
David Barrán Ferreiro
R5 sociais 6
Fiz
Tema 11 Movementos naturais da poboación. 2º BACH. Xeografía
Gloria Martínez Marín
14 a poboación do mundo
roberto
04h vocabulario poboacion-urbanizacion
quiquehs
UD 10 A poboación
EvaPaula
Actividades UD 10 A poboación
EvaPaula
A poboación mundial
rubempaul
A poboación mundial
rubempaul
rSociais resumo tema6
Fiz
ʴDzDzó España 2016
Agrela Elvixeo
Os movementos naturais da poboación española
J Alfonso Alvarez
A ʴDzDzó
celia ameneiro
Tema 13. lección 5
dudashistoria
A poboación
ecocabe
Ad

More from Rosacidgalante (20)

PPTX
Conociendo nuestro planeta_tierra
Rosacidgalante
PPT
Paisajesagrariosenimagenes 110125152641-phpapp01
Rosacidgalante
PPT
Tema 3 as actividades do sector primario
Rosacidgalante
PDF
Pirámide de aprendizaxe
Rosacidgalante
PPSX
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
Rosacidgalante
PPT
Os medios naturais de españa e de galicia
Rosacidgalante
ODP
Tema 2 o relevo
Rosacidgalante
PPT
Tema 1 a terra e o sistema solar
Rosacidgalante
PPT
Espazo xeográfico español
Rosacidgalante
PPT
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Rosacidgalante
PPT
A hexemonía española no século xvi
Rosacidgalante
PPT
Tema 6 as actividades do sector primario
Rosacidgalante
PPT
A actividade industrial
Rosacidgalante
PPT
Tema 7 a idade moderna. os descubrimentos xeográficos
Rosacidgalante
PPT
Cidade, burguesía e catedrais
Rosacidgalante
Conociendo nuestro planeta_tierra
Rosacidgalante
Paisajesagrariosenimagenes 110125152641-phpapp01
Rosacidgalante
Tema 3 as actividades do sector primario
Rosacidgalante
Pirámide de aprendizaxe
Rosacidgalante
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
Rosacidgalante
Os medios naturais de españa e de galicia
Rosacidgalante
Tema 2 o relevo
Rosacidgalante
Tema 1 a terra e o sistema solar
Rosacidgalante
Espazo xeográfico español
Rosacidgalante
Tema 6 As actividades terciarias e a súa transformación
Rosacidgalante
A hexemonía española no século xvi
Rosacidgalante
Tema 6 as actividades do sector primario
Rosacidgalante
A actividade industrial
Rosacidgalante
Tema 7 a idade moderna. os descubrimentos xeográficos
Rosacidgalante
Cidade, burguesía e catedrais
Rosacidgalante

Tema 8 A poboación

  • 2. FONTES DEMOGRÁFICAS A xeografía da poboación estuda as relacións entre a poboación e o espazo. Para iso apóianse noutras ciencias como é a DEMOGRAFÍA que se encarga de: Analizar a poboación cuantitativamente a través das fontes de informacións que son: Censos Padróns municipais Rexistros civís Fontes estatísticas Enquisas
  • 3. FONTES DEMOGRÁFICAS Censos Padróns Municipais Rexistro Civil Outras fontes Estatísticas Enquisas
  • 4. CENSOS É o reconto individualizado da poboación do país nun momento determinado. Recolle datos demográficos, económicos e sociais da poboación (total, sexo, idade, estado civil…) En España o censo realízase cada dez anos (os acabados en 1). PADRÓN MUNICIPAL É o rexistro de veciños dos termos municipais. Recolle, tamén, datos demográficos, económicos e sociais da poboación. Actualízase o 1 de xaneiro de cada ano. FONTES DEMOGRÁFICAS
  • 5. FONTES DEMOGRÁFICAS REXISTRO CIVIL Anota nacementos, matrimonios e defuncións. Con estes datos o INE elabora os libros de Movemento Natural da poboación.
  • 6. FONTES DEMOGRÁFICAS As estatísticas Enquisas Destacan os Anuarios Estatísticos do INE Estatística de Variacións Residenciais Enquisa da ʴDzDzó Activa (EPA)
  • 7. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN 1.-Características da distribución Segundo o os datos de 2008 hai en España uns 46 millóns de habitantes pero están distribuídos irregularmente. Para expresar a distribución facemos uso da DENSIDADE DE POBOACIÓN que é a relación entre a poboación e os quilómetros cadrados: ʴDzDzó Dens=____________________ quilómetros cadrados
  • 8. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN 1.-Características da distribución A densidade española foi aumentando ao longo do tempo ata situarse no 91,1 hab/km 2. Pero hai fortes desequilibrios espaciais entre: Áreas poboacionais Áreas de baldeiro
  • 9. DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN: 2.-Factores explicativos da distribución Época preindustrial: tiveron importancia nesta época: Factores naturais (as maiores densidades dábanse nas zonas de relevo chairo e inverno suave, sobre todo no Mediterráneo) Factores humanos: o descubrimento de América deulle a Castela unha gran prosperidade converténdoa na zona máis poboada da Península. No século XVII prodúcese un desprazamento da xente cara a periferia peninsular o que fai que as maiores densidades se sitúen na custe e as menores no interior. Época industrial: entre 1850 e 1975, agudizáronse os contrastes. Aumentaron o seu peso Madrid e as rexións periféricas tanto por crecemento natural como por instalación de actividades económicas que atraeron a poboación como a industria (País Vasco, Cataluña, Eixe do Mediterráneo) e o turismo ( no litoral Mediterráneo). Época postindustrial, a partir de 1975, tenden a minguar os contrastes. A crise reduciu a atracción das áreas industrializadas e diminúen as saídas do interior á periferia e refórzanse as zonas do Ebro e Mediterráneo e Madrid.
  • 10. MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN Natalidade Fecundidade Índice sintético de fecundidade Mortalidade Mortalidade infantil Esperanza de vida Crecemento natural
  • 11. O MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN: 1.-Os réximes demográficos. Réximes demográficos Réxime demográfico Antigo ata principios Do século XX Transición Demográfica 1900-1975 O réxime demográfico Actual. A partir De 1975
  • 12. É moi pequeno Alto Moi baixo. C.N 9,16 por mil en 2003, aínda que dende 1981 aumenta debido ao aventamento da poboación. As causas en xeral cambiaron: aumentan as causas cardiovasculares, o cancro, accidentes en estradas, alzheimer. Mortalidade infantil baixa. Mortalidade é diferente por: -sexos: a esperanza de vida é maior na muller que no home. -Profesións: a mortalidade é maior canto menor é a cualificación Descendeu notablemente (agás coa gripe de 1918) e a Guerra Civil. Houbo: -avances médicos (vacinas, antibióticos, emprego das clínicas nos nacementos, sanidade pública) -sanitarios, aumento do nivel de vida. Mellora da dieta. -incremento do nivel educativo e cultural: para previr e abandonar costumes nocivos. A mortalidade infantil tamén diminuíu polos progresos da pediatría. Valores elevados e oscilantes. Por: -precarias condicións de vida e médicas. -baixo nivel de vida. -dieta alimentaria escasa pola baixa produtividade agraria e desequilibrada por falta de proteínas. -enfermidades infecciosas: atraso na medicina, falta de hixiene, epidemias, guerras e malas colleitas. -Mortalidade infantil moi elevada tanto neonatal como postnatal. MORT. Afundimento da natalidade (10,5 por mil) e tamén o índice de fecundidade (1,23 fillos por muller). Acadou en 1981 o 2,1 fillos o que permite substituír a poboación e decreceu en 1998 ata 1,15. Agora recuperouse pola inmigración pois a poboación ten aínda un comportamento maltusiano, debido a : - situación económica que seguiu á crise de 1975: .paro (reduciu matrimonios e retrasounos) .precariedade dos contratos o que impide a emancipación. .a escaseza de postos de traballo a tempo parcial e de garderías. - cambio de mentalidade : menor influenza relixiosa, emprego de anticonceptivos, despenalización do aborto, incorporación da muller ao traballo, preponderancia das relacións en parella sobre as reprodutoras, formas familiares distintas. -aumento do nivel de vida e do nivel cultural : cambiou a valoración dos fillos, apréciase o seu benestar, educación así como a aspiración a melloras materiais. Descendeu de forma suave e descontinua, alternando períodos de decrecemento con outros de recuperación. -Nos anos 20 (1920-30) a prosperidade económica permitiu a recuperación da natalidade. -Entre 1930 e 1956: restableceuse o descenso, debido á crise económica de 1929 e a inestabilidade política da Segunda República, a Guerra Civil, que ocasionou subnatalidade, e á situación da postguerra durante a cal se exiliaron milleiros de persoas e houbo graves dificultades económicas debido á autarquía e ao bloqueo internacional. A política pronatalista de Franco que concedía premios á natalidade e prohibía os anticonceptivos non foi suficiente para compensar esa tendencia. -Entre 1956 e 1965 tivo unha recuperación da natalidade que se denominou baby boom posbélico, grazas ao desenvolvemento económico e ao final da autarquía. -Entre 1965 e 1975:as migracións do campo á cidade e os problemas da vivenda fixeron que se reducise de tamaño da familia. Valores elevados: -predominio dunha economía rural. Os fillos eran unha man de obra a considerar e aseguraban o porvir dos pais. -inexistencia de sistemas para controlar os nacementos. NAT. Réxime actual Transición Réxime demográfico antigo
  • 13.
  • 14. O MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN: 2.-Os desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación Actualmente todas as comunidades autónomas posúen baixas taxas de natalidade, mortalidade e de crecemento natural. Pero hai contrastes debido á diferente estrutura por idades. Debido a: A migración afecta á poboación nova e provoca envellecemento das rexións migratorias e o rexuvenecemento das inmigratorias. Onde hai poboación nova elévase a natalidade. A)Comunidades con maior dinamismo demográfico: teñen natalidade máis elevada, mortalidade máis baixa e crecemento natural máis alto. B)Comunidades en declive: teñen natalidade máis baixa, mortalidade máis alta e crecemento natural negativo.
  • 15.
  • 16. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS As migracións son movementos de poboación no espazo. Diferenciamos entre: Emigración: saída de poboación dende o seu lugar de orixe. Inmigración: é a chegada de poboación a un lugar de destino. Saldo migratorio: é o balance entre a inmigración e a emigración: SM= I-E. Tipos: Migracións interiores Migracións exteriores
  • 17. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS 1.-Migracións interiores. 1.1.-Migracións tradicionais Desenvolvéronse entre o último terzo do século XIX e a crise económica de 1975. Protagonizadas por campesiños (a outras áreas agrarias ou zonas industrializadas). Tipos: Temporais: entre 1870 e 1960. Aféctalle aos campesiños e podían ser : Desprazamentos estacionais a outras áreas rurais para realizar labores agrarias. Desprazamentos temporais á cidade nas épocas do ano nas que o campo non daba tanto traballo. Éxodo rural: tivo lugar entre 1900 e 1975. É unha migración entre áreas rurais e urbanas con carácter definitivo ou de longa duración. Procedían de zonas atrasadas de Galicia, interior peninsular e Andalucía oriental. Dirixíronse a áreas industriais e máis tarde turísticas. Etapas: Primeiro terzo do XX: estivo motivado polo exceso de brazos no campo, debido á crise da filoxera nas zonas vitivinícolas e ó inicio da mecanización do campo. O éxodo viuse favorecido pola oferta de traballo nas zonas industriais. Guerra Civil e posguerra: o éxodo estancouse. Entre os anos 1950 e 1975: o éxodo acadou o seu maior volume por: Crecemento demográfico Crise da agricultura tradicional pola mecanización. O auxe industrial impulsado polos Plans de Desenvolvemento Apoxeo do turismo. Desde 1975: decaeu o éxodo rural a partir da crise industrial. Actualmente: os maiores saldos migratorios corresponden a Baleares, Canarias e rexións do litoral mediterráneo, grazas ao turismo, á pequena industria... Consecuencias: demográficas (desequilibrios de distribución e de estrutura da poboación), económicas (zonas deprimidas e en euxe),sociais (perda de identidade tradicional e mala integración) e ambientais.
  • 18. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS 1.-Migracións interiores. 1.2.-Migracións actuais Dende 1975 iniciouse un novo sistema migratorio de características moi distintas. A procedencia dos emigrantes xa non é maioritaria rural, senón que proveñen de municipios urbanos e de perfil diverso: novos, maiores, cualificados non cualificados. Destino: Migracións entre comunidades ralentizáronse e continúan tendo como destino o arco mediterráneo e o Val do Ebro. Intensificáronse as migracións dentro da propia provincia ou comunidade autónoma (Galicia Oriental a Galicia occidental) Os municipios urbanos de maior tamaño (zonas industrializadas) perderon capacidade de atracción a favor dos medianos e pequenos. Tipos: Migracións laborais: Aféctalle aos traballadores menos cualificados de zonas en declive que se encamiñan a zonas máis dinámicas economicamente da propia provincia ou comunidade. Traballadores cualificados que se trasladan a centros de actividade terciaria. Podemos falar de zonas con saldo positivo, saldo alternativo positivo e negativo e saldo negativo. Migracións residenciais: son principalmente intra-urbanas, entre cidade centro e periferia. Aféctalle aos mozos. Migracións de retorno rural: Protagonizadas por antigos emigrantes que regresan. Corrente neorrural de persoas que abandonan a vida urbana. Movementos habituais de poboación: son desprazamentos regulares: Por cuestións laborais (movementos pendulares) Lecer
  • 19. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS 1.-Migracións interiores. Consecuencias As migracións laborais: acrecentan os desequilibrios demográficos e económicos entre as rexións da periferia e do interior. As migracións residenciais intraurbanas causan o sobreenvellecemento das áreas urbanas centrais e incrementan a poboación na periferia que hai que dotar de servizos. As migracións de retorno de emigrantes provocan o sobreenvellecemento nas zonas receptoras de xubilados. E os novos no neoruralismo facilitan o mantemento de escolas e de actividades tradicionais. Os movementos pendurales ocasionan problemas de tráfico de circulación.
  • 20. MOVEMENTOS MIGRATORIOS: 2.-As migracións exteriores Son movementos de poboación fóra das fronteiras do propio país. Dende finais do XIX ata 1975, España foi un país de emigrantes. Destino: Emigración transoceánica Emigración a Europa
  • 21. MOVEMENTOS MIGRATORIOS: 2.-As migracións exteriores 2.1.-A emigración transoceánica Dirixiuse a América Latina e secundariamente a EE.UU, Canadá e Australia. Etapas: Primeira etapa: auxe (finais do XIX a 1914) Procedencia: Atlántica (galegos, asturianos e canarios) Destino: Arxentina, Cuba e Brasil Causas: a estrutura agraria precaria Sexo: emigran os homes de baixa cualificación Segunda etapa : decadencia (1914.1945) Causas da decadencia: Inseguridade Crise de 1929 (os países suramericanos poñen cotas anuais de inmigrantes) Guerra Civil e postguerra Terceira etapa (1945-1960): segundo auxe ultramarino. Procedencia: emigrantes de Galicia e Canarias Destino: Venezuela (petróleo), Arxentina e Brasil Perfil: homes máis cualificados Cuarta etapa: (dende 1960) Descedeu a emigración transoceánica en beneficio da europea.
  • 22. MOVEMENTOS MIGRATORIOS: 2.-As migracións exteriores. 2.2.-Emigración a Europa Etapas: Primeira etapa: (Ata mediados do século XX): É unha emigración: Escasa e estacional. Procede do campo levantino Destino a Francia Perfil: agricultores, obreiros da construción, rapazas para servizo doméstico, refuxiados políticos. Segunda etapa: (entre 1950 e 1973). Etapa de auxe pois era necesario reconstruír Europa e precisábase man de obra: Emigrou moita xente polos excedentes poboacionais na agricultura, a insuficiencia na industrialización, o aumento do paro. Procedían: de Galicia e Andalucía Destino: Francia, Alemaña e Suíza. Perfil: poboación pouco cualificada que desempeñaban traballos moi duros. Terceira etapa: (dende 1973) decadencia da emigración: Pola crise económica descende a emigración Agora trátase dunha emigración temporal e de tempada Repártese en Francia, Reino Unido e Alemaña.
  • 23. MOVEMENTOS MIGRATORIOS: 2.-As migracións exteriores. Consecuencias Consecuencias demográficas pola diminución de ectivos de poboación e diferente distribución. Consecuencias económicas: Positivas: aliviaron o forte crecemento natural e o paro. Envío de divisas Negativas: Moitos aforros foron investidos en áreas máis desenvolvidas. Os retornados asentábanse noutras zonas para asegurarse o traballo. Consecuencias sociais: Desarraigo Penosas condicións de vida
  • 24.
  • 25.
  • 26.
  • 27.
  • 28.
  • 29. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 3.-A inmigración estranxeira. 3.1.-Características Nos últimos anos España converteuse nun país de inmigrantes, actualmente superan os 5,2 millóns. Pola situación: Nacionalizados: son españois de pleno dereito. Legais: que obteñen o permiso de residencia e manteñen a súa nacionalidade de orixe. Ilegais. Causas: España tiña necesidade de man de obra polo desenvolvemento de 1995, sobre todo de baixa cualificación non cubertos polos nacionais. Tamén favoreceron outras medidas como a regularización dos inmigrantes ilegais e o reagrupamento familiar. Procedencia: Europa (principalmente da UE e da Europa Leste) África (Marrocos) América Latina (Arxentina, Colombia, República Dominicana e Ecuador). Asia (China e Filipinas)
  • 30.
  • 31.
  • 32. Destino: Cataluña Madrid Andalucía Comunidade Valenciana e Canarias Perfil: Os inmigrantes comunitarios son xubilados que aprecian as boas condicións climáticas do litoral mediterráneo. Os inmigrantes extracomunitarios, normalmente mozos de baixa cualificación, trasládanse a España por motivos: Económicos Políticos OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 3.-A inmigración estranxeira. 3.1.-Características
  • 33. Demográficas pois contribuíron decisivamente ao crecemento demográfico polo aumento da natalidade. Grazas a isto evitouse o crecemento negativo. Económicas: A inmigración achega poboación activa que desempeña tarefas duras e peor remuneradas e colabora co crecemento do PIB.Achega diñeiro ás arcas públicas por consumir en educación e sanidade.Prestan servizos domésticos que permiten incrementar a taxa de actividade das familias españolas. A inmigración relaciónase con algúns problemas como a baixa competitividade, baixos salarios. Sociais Problemas xenófobos ou racistas Os inmigrantes padecen condicións laborais e de vida precarias. Acúsanse de delitos sociais e formas de vida pouco edificantes Diferenzas culturais, lingüísticas e relixiosas que fan difícil a súa integración e poden provocar tensións OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 3.-A inmigración estranxeira. 3.2.-Consecuencias
  • 34. OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 3.-A inmigración estranxeira. 3.3.-Política inmigratoria española. Política inmigratoria Marco Europeo Medidas Política da UE Sobre asilo e inmigración Lei de Estranxería Colaboración Cos países Emisores para Controlar, tramitar Repatriacións E retornos Ordenación dos fluxos Migratorios Seleccionando os Tipos de inmigrantes Que se necesitan e Organizando a Chegada mediante convenios Impuso da Integración promovendo A súa promoción social Loita contra a Inmigración Clandestina mediante a Colaboración cos Países de orixe para iso Exércese máis control Nas aduanas. Supón un Sistema común De asilo e de Visados e a cooperación Dos países membros Regula a entrada no país, Modalidades de presenza Dereitos e liberdades Condicións de traballo
  • 35.
  • 36. CRECEMENTO REAL DA POBOACIÓN O crecemento real da poboación obtense sumando o crecemento natural e o saldo migratorio. CR=(Nacemento-Defuncións)+(Inmigrantes-Emigrantes) Os ritmos en xeral foron lentos pero dende o 2001 o crecemento da poboación acelerouse pola chegada de inmigrantes.
  • 37. A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. A Estrutura da poboación reflicte as características Composición por sexo Composición por idade Composición por actividade económica
  • 38. A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 1.- Estrutura por sexo e idade. 1.1.-Estrutura por sexo A estrutura por sexo é a relación entre o número de homes e de mulleres que compoñen a poboación. Exprésase a través das taxas de masculinidade ou de feminidade que poden calcularse para toda a poboación ou para grupos de idades. Canto máis se afaste o índice de 100 maior será o desequilibrio entre sexos.
  • 39. Nºde homesx100 Taxa de masculinidade=__________ Nºde mulleres Nº de mulleres x100 Taxa de feminidade=_____________ Nº de homes A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 1.- Estrutura por sexo e idade. 1.1-Estrutura por sexo
  • 40. Sempre nacen máis homes ca mulleres. Co paso do tempo os efectivos de ambos os dous sexos iguálanse. Posteriormente volve desequilibrarse a favor das mulleres, de xeito que ao final hai máis anciáns. A estrutura por idade permite medir o índice de avellentamento. ʴDzDzó de máis de 65 anosx 100 Índice de avellentamento=___________________ ʴDzDzó total A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 1.- Estrutura por sexo e idade. 1.1.Estrutura por sexo
  • 41. España ten unha estrutura por idades envellecida: Os mozos (0-14 anos) reduciron a súa porcentaxe dende principios de século. En 2003 eran un 14,15%. Adultos (15-64 anos) aumentaron. En 2004 supuñan un 68,9%. Anciáns (65 ou máis) aumentaron. O índice de envellecemento era do 16,9% en 2004. A maior proporción está no interior. Causas do envellecemento: O descenso da natalidade O aumento da esperanza de vida Consecuencias do envellecemento: Financiamento das pensións Saúde: custo sanitario Social: dependencia Comunidades con maior porcentaxe de mozos son as que amosan unha natalidade elevada e ou as fortemente inmigratorias como Madrid e o litoral mediterráneo Comunidades máis envellecidas Son as do interior e teñen unhas Taxas de natalidade baixas. A ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 1.- Estrutura por sexo e idade. 1.2.-Estrutura por idade
  • 42.
  • 43.
  • 44.
  • 45.
  • 46.
  • 47. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica ʴDzDzó activa: é o conxunto de persoas de 16 anos que subministran man de obra para a produción de bens e servizos ou que están dispoñibles e fan xestións para se incorporaren ao mundo laboral. Comprende: ʴDzDzó activa ocupada (a que traballa) ʴDzDzó activa desocupada (a que está buscando traballo)
  • 48. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa ʴDzDzó inactiva é a que non ten traballo remunerado e inclúe: Pensionistas Rendeiros Estudantes Persoas dedicadas aos labores dofogar
  • 49. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa É a porcentaxe de activos dunha poboación. O INE calcúlaa de tres maneiras: Taxa de actividade: porcentaxe de activos dunha poboación. Calcúlase multiplicando a poboación activa por cen e dividíndoa pola poboación total, poboación de 16 anos e máis ou poboación entre 16 e 65 anos. Taxa de paro: porcentaxe de poboación activa desocupada respecto do total da poboación activa. Calcúlase multiplicando a poboación activa desocupada por cen e dividíndoa pola poboación activa. Taxa de dependencia: é a relación entre a poboación dependente e a poboación traballadora. Calcúlase multiplicando a poboación dependente por cen e dividíndoa pola poboación en idade de traballar.
  • 50. Destácanse dous momentos: A)Descenso ata datas recentes: causado pola: emigración ao exterior que afectou á taxa de actividade masculina e a interior supuxo a perda de poboación activa feminina. o aumento da taxa de dependencia que se debe á: prolongación da escolaridade obrigatoria Á xeneralización da xubilación pagada Á anticipación da idade de xubilación nalgúns casos B)Aumento da poboación activa dende 1991:pola incorporación da muller ao mundo laboral.Novos sistemas de enquisas EPA, inmigración, etc. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.1.-Taxa de actividade
  • 51. A)En función do sexo: A taxa masculina descendeu por: Crise económica Reconversión industrial Xubilacións anticipadas Hoxe en día en recuperación polos activos ocultos A taxa feminina foi aumentando. A incorporación da muller ao traballo foi motivado por: Causas ideolóxicas Causas demográficas (control da natalidade) Causas económicas (terciarización) B)En función da idade: As maiores taxas de actividade para os homes dáse entre os 25 e 54 anos e para as mulleres entre 20-24. A caída pode deberse ao abandono do traballo das mulleres por matrimonio. C)En función do territorio: As taxas son elevadas en zonas de maior dinamismo económico e baixas nas zonas con poboación nova ou envellecida. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.1.-Taxa de actividade
  • 52.
  • 53. É a porcentaxe de poboación activa desocupada respecto ó total da poboación activa: ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.2.-Taxa de paro Taxa de paro= ʴDzDzó activa desocupada x100/ ʴDzDzó activa
  • 54. A)Primeira etapa, ata 1973: Non foi un problema grave (non superaba o 3%) pois a presión demográfica resolvíase coa emigración e a escasa participación da muller no mundo laboral. B)Segunda etapa, dende 1973 a 1985: o paro aumenta por: Crise económica Reconversión industrial Retorno dos emigrantes Incorporación da muller ó mundo laboral Reclamación de emprego da xeración (baby boom) C)Entre 1985 e 1995: O paro retrocedeu ata 1990 pola mellora da situación económica para medrar, de novo, en 1995, debido: á crise de principios da década D)Dende 1995 a 2008: a taxa de paro descendeu (10,8% en 2004) debido: Favorable conxuntura económica Entrada no mercado laboral de xeracións menos numerosas. No 2009 aumento do paro pola situación de crise global dos países desenvolvidos. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.2.-Taxa de paro
  • 55. Variacións da taxa do paro: En función da idade: forte desemprego xuvenil. En función do sexo (maior paro feminino) En función do nivel de instrución En función da época do ano En función das CC.AA ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica. 2.1.-ʴDzDzó activa. 2.1.2.-Taxa de paro
  • 56.
  • 57. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica da poboación 2.2.-Sectores económicos: Sector primario A comezos do século XX: era o sector máis predominante cun 63,6%. O seu descenso posterior débese ao éxodo rural. Durante a guerra civil e postguerra: recuperouse pola volta ao agro. Entre 1950 e 1975: redución do sector polo éxodo rural. Desde 1975: desacelérase e descende ata un 5,3%. Na actualidadade, en 2008, hai un 4%
  • 58. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica da poboación 2.2.-Sectores económicos: Sector secundario A comezos do século XX había pouca poboación neste sector, un 16%, durante o primeiro terzo aumentou un pouco. A guerra civil e posguerra: abriron unha paréntese nese crecemento debido ás destrucións de industrias, ó mantemento do retorno da poboación ao campo e ós problemas que a política autárquica motivou para a industria. Na década de 1960: aumenta baseado no impulso da industria polos plans de desenvolvemento e no aumento da construción nas cidades. Desde 1975: diminuíu polo trasvase de poboación ao sector terciario (30,5%). Na actualidade hai un 27,9%.
  • 59. ESTRUTURA DA POBOACIÓN ESPAÑOLA. 2.-Estrutura económica da poboación 2.2.-Sectores económicos: Sector terciario A comezos de século: só había un 17%. Foi medrando tras a Guerra Civil En 2008 ocupaba a un 668,1% da poboación e vai en aumento por: Aumento do nivel de vida Cambios na industria Incremento dos servizos públicos Incorpórase a muller no mundo laboral ocupada principalmente no sector servizos.
  • 60.
  • 61. O FUTURO DA POBOACIÓN ESPAÑOLA
  • 62. O FUTURO DA POBOACIÓN ESPAÑOLA
  • 63.
  • 64.
  • 65. FUTURO DA POBOACIÓN ESPAÑOLA Natalidade: poida recuperarse pero algúns pensan que este leve aumento é conxuntural. Mortalidade: increméntase pola taxa de envellecemento. Migracións: a exterior estará paralizada Crecemento da poboación: increméntanse ata 2050 pola inmigración, logo descenderán. Estrutura por sexo: predominan as mulleres. Estrutura por idade: país envellecido. Estrutura económica: a taxa medrará ata 2020 e logo diminuirá, será necesario recorrer á poboación inmigrante para manter as pensións actuais.
  • 66. POBOACIÓN GALEGA Descenso da natalidade: 7,7 por mil en 2007. Diferenza entre Ourense e Lugo cunha taxa de 5,5 fronte á da Coruña e Pontevedra cun7 e 8 por mil. Mortalidade: Descenso acusado, así a todo hai unha tendencia ao aumento polo envellecemento da poboación. As provincias do interior cun 13 por mil e as da costa é inferior. Migracións: transoceánicas, a Europa e ao interior de España.
  • 67.
  • 69. ESTRUTURA SOCIO-LABORAL Importancia das actividades agrarias: 11% Escasa ocupación na industria: 31% Terciarización da poboación europea cun 52%