A organización política das sociedades. A organización política e territorial...rubempaulResumo sobre a organización política das sociedades, centrándose no caso español.
192.168.1.206docsopp$cartas presentacion201506_310_2014118898-1_cprMichael Corvent CLa carta solicita al gerente general de Satelital Comunicaciones SAC que brinde facilidades a la estudiante Patsy Yudith Molina Cusipuma para que realice sus prácticas pre-profesionales en su organización. Molina es estudiante del séptimo ciclo de la Escuela Académico Profesional de Contabilidad de la Universidad Continental y necesita completar su formación mediante esta modalidad formativa laboral, según lo establecido por la ley.
192.168.1.206docsopp$cartas presentacion201506_310_2014118898-1_cprMichael Corvent CLa carta solicita al gerente general de Satelital Comunicaciones SAC que brinde facilidades a la estudiante Patsy Yudith Molina Cusipuma para que realice sus prácticas pre-profesionales en su organización. Molina es estudiante del séptimo ciclo de la Escuela Académico Profesional de Contabilidad de la Universidad Continental y necesita completar su formación mediante esta modalidad formativa laboral, según lo establecido por la ley.
Tema 4 (4º ESO). Estado burgués e imperialismorubempaulTema teórico sobre as características do estado burgués, o imperialismo e a España da Restauración.
Tema 7. A época do RenacementorubempaulPresentación sobre o Renacemento, movemento artístico e cultural europeo dos ss. XV e XVI, que impuxo un modo de vida e pensamento que fluíu desde Italia cara a todo o continente.
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaulO paso do século XV ao XVI foi unha época de grandes cambios; por iso, este momento histórico marca o inicio dunha nova etapa na historia da humanidade, a Idade Moderna.
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaulPresentación sobre o mundo de entreguerras, o crac de 1929, a Gran Depresión dos anos 30 e o reximes totalitarios.
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaulPregunta teórica do Bloque 5: As paisaxes naturais e as relacións entre natureza e sociedade
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaulTema teórico que analiza a revolución agraria e demográfica, as características das revolucións industriais, a aparición do capitalismo e da sociedade de clases e o nacemento do movemento obreiro
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismorubempaulTema teórico que analiza as características do liberalismo, as revolucións liberais, a restauración e o nacionalismo decimonónico
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaulTitorial sobre o proceso que hai que levar a cabo para o comentario dunha pirámide de poboación, neste caso de España
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaulTitorial que explica paso a paso como calquera lugar da superficie terrestre pode ser referenciado pola intersección dun paralelo e un meridiano, é dicir, polo sistema de coordenadas xeográficas, un método que referencia calquera punto da superficie terrestre e que utiliza para iso dúas coordenadas angulares, latitude (norte ou sur) e lonxitude (leste ou oeste)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaulTeoría sobre mundo no período que vai dende o inicio da Primeira Guerra Mundial (1914) ata o remate da Segunda (1945)
2. INTRODUCIÓN
●
●
●
●
●
A xeografía política estuda como se organiza a sociedade no espazo.
O Estado é a organización básica e caracterízase por ter a soberanía, é
dicir, a autoridade suprema.
A soberanía pódese exercer de xeito democrático ou non democrático.
Os Estados cédenlles parte da súa soberanía a entidades supranacionais
(por encima do ámbito nacional) como a ONU ou a Unión Europea, e
transfírenlles competencias a entidades subestatais como as
Comunidades Autónomas ou os municipios.
Existen Estados plurinacionais e/ou multiculturais.
4. ●
●
●
●
●
O Estado é o conxunto de institucións creadas para regular a vida e as actividades
das persoas que viven nun mesmo territorio, gobernadas por unhas mesmas leis
baixo un mesmo poder.
O territorio do Estado está delimitado por unhas fronteiras.
As persoas que viven nun mesmo Estado están sometidas ao seu poder e as
súas leis e teñen uns dereitos e unhas obrigas comúns.
Dentro dunhas mesmas fronteiras poden convivir persoas de diversas culturas e
nacionalidades.
Entre outras funcións do Estado destacan:
–
Establecer as leis (Parlamento) e velar polo seu cumprimento (poder xudicial).
–
Manter a orde interior (policía) e a seguridade exterior (exército).
–
Dirixir e desenvolver a política exterior.
–
Recadar impostos.
–
Dirixir a economía.
–
Administrar e xestionar servizos (educación, sanidade) e infraestruturas
públicas (estradas, aeroportos, ferrocarrís,...).
7. ●
●
●
●
●
●
●
●
Nunha democracia, a elección dos gobernantes realízana todos os cidadáns e
cidadás maiores de idade xa que a soberanía (o exercicio do poder) reside no
pobo.
Un Estado é democrático cando os cidadáns e cidadás participan nas tarefas do
goberno.
A democracia é directa cando os cidadáns reunidos nunha asemblea ou a través
dun referendo (consultar unha cuestión concreta) toman as decisións, e é
representativa se os cidadáns votan nas eleccións a quen toma as decisións e
exerce a soberanía no seu nome.
As persoas elexidas forman o Parlamento que elabora e aproba as leis e elixe ao
Presidente do Goberno.
As eleccións democráticas deben ser libres (todos os cidadáns e cidadás se
poden presentar como candidatos), plurais (preséntanse varias opcións políticas),
facerse por sufraxio universal (poden votar todos os cidadáns e cidadás maiores de
idade), e ser periódicas (cada certo tempo).
Os cidadáns adoitan participar na política mediante os partidos políticos, que
presentan os seus programas e candidaturas para ser elixidos nas eleccións.
Os cidadáns, co seu voto, escollen unha das opcións políticas ou votan en
branco.
A división de poderes pretende que ningunha institución acapare o poder: o
Parlamento desempeña a función lexislativa ;(elabora e vota as leis) o Goberno, a
función executiva (determina a política a seguir) e os tribunais, a función xudicial
(aplica as leis e castiga a quen non as cumpre).
10. ●
Existen diferentes tipos de Estados democráticos:
–
–
●
●
●
Nas Monarquías parlamentarias o xefe de Estado é o Rei, que reina pero non
goberna, o seu cargo é vitalicio e hereditario (non é elexido pola cidadanía):
Reino Unido, Bélxica, Países Baixos, Suecia, Noruega, España.
Nas Repúblicas parlamentarias, o xefe do Estado é o Presidente da república,
elixido pola cidadanía. O Goberno do Estado está en mans do Primeiro Ministro
ou Presidente do Goberno: Francia, Italia, Alemania...
Os Estados liberais non interveñen na economía nin nos asuntos sociais; os
Estados sociais si interveñen nalgúns ámbitos socioeconómicos.
Nos Estados centralistas todas as decisións tómaas o Goberno central (Francia,
Polonia); nos Estados descentralizados, o Estado delega unha parte do poder aos
gobernos territoriais (Alemaña, EE.UU, España).
Os principais tipos de Estados non democráticos son:
–
Monarquía absoluta, na que o Rei concentra todos os poderes (Arabia Saudí)
–
Ditadura, onde unha persoa , co apoio dun partido político ou do exército,
goberna cun poder absoluto (China, Corea do Norte, Cuba).
20. ●
●
●
●
●
Os Estados caracterizáronse tradicionalmente
exercicio exclusivo de poder e da soberanía.
polo
O
Estado
tradicional
transformouse
debido,
principalmente, á globalización da economía e á
xeneralización das novas tecnoloxías.
Creáronse organizacións supranacionais, que asumen
parte da soberanía dos Estados que as integran: ONU
ou UE.
Xunto á globalización, tamén aumenta a importancia dos
espazos locais e rexionais: as nacións sen Estado, e as
grandes cidades globais. En España temos as
Comunidades Autónomas que teñen competencias
exclusivas e outras compartidas co Estado.
Na actualidade, os Estados cumpren estas funcións:
–
Coordinar rexións e cidades, asegurar o cumprimento
das leis e a igualdade de dereitos e deberes de todos
os cidadáns dun Estado.
–
Crear e manter infraestruturas básicas.
–
Coordinar a loita contra o terrorismo mundial.
22. ●
●
●
●
Os Estados relacionanse uns con outros, xurdindo, a veces, problemas entre eles.
Para conseguir unha acción conxunta dos Estados, tómanse algunhas iniciativas
como a asignatura de tratados, e convenios internacionais e declaracións
internacionais de dereitos: Declaración Universal de Dereitos Humanos,
Declaración dos dereitos da Infancia,...
Tamén se crean Ծós internacioniais nas que os Estados delegan
algunhas funcións.
As Ծós Supranacionais intentan solucionar problemas comúns. No
ámbito mundial a máis importante é a Ծó das Nacións Unidas (ONU),
creada en 1945. Ten na actualidae 193 membros. Os seus principais obxectivos son:
a paz, a seguridade, a cooperación internacional e a defensa dos dereitos humanos.
●
Ծós de ámbito rexional son a Unión Europea (U.E) ou a Liga Árabe.
●
Relacionadas coa ONU están outras organizacións como:
–
UNICEF: creada para protexer a infancia e a xuventude.
–
UNESCO: cuxos fins son acadar a paz e o benestar social a través da cultura.
25. ●
●
As Ծós Non Gobernamentais (ONG) son entidades privadas con fins
humanitarios e sociais que non dependen de gobernos nin partidos políticos.
Están formadas por empresas, centros de investigación ou asociacións. Poden estar
formadas por milleiros de persoas que aportan e recollen fondos, e contan con
empregados e colaboradores. Funcións:
–
Levan a cabo accións humanitarias: Cruz Roja, Manos Unidas, Médicos sin
Fronteras.
–
Promover o respecto dos dereitos humanos: Amnistía Internacional.
–
Protexer o medio ambiente: Greenpeace, WWF.
27. ●
●
●
●
●
A cultura é o conxunto de costumes, coñecementos e maneiras de vivir que un
grupo de persoas sente como propio e diferente doutros grupos.
Toda cultura posúe uns elementos fundamentais, como poden ser a lingua, a
historia, e tamén a alimentación, a música…
As diferenzas culturais (diversidade cultural) débense á educación e á forma de
vivir e de pensar.
O pluralismo cultural ou multiculturalidade está a favor da coexistencia, e
considera que os membros doutras culturas deben ser respectados.
Estase a impoñer no mundo a cultura de masas, que se caracteriza por unha
homoxeneización de pautas de consumo e formas de vida. Este proceso xera
tensións fronte ás culturas tradicionais, que non sempre poden adaptarse aos seus
rápidos cambios.