Bilingüismo, conflito lingüístico e diglosiaManuel Antón Mosteiro GarcíaPresentación da pregunta tema de Sociolingüística para os alumnos de 2º de Bacharelato.
Sociolingüística: Conflito e diglosiaLucia TilvePresentación sobre a actual situación do galego (bilingüismo ou diglosia?) e todas aquelas causas que o levaron ata o estado actual.
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán LandínCadro sinóptico que recolle as etapas e principais acontementos, correntes e autores/as da literatura galega dende o Rexurdimento ata hoxe. Non ten carácter exhaustivo e complementa o temario de literatura do libro de texto de Lingua Galega e Literatura de 4º da ESO de Edicións Xerais de Galicia.
5. A poesía galega entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez RuizPanorámica xeral da poesía galega deste período. Principais autores. Inclúe algúns textos, arquivos de son, ligazóns de vídeo e actividades
Sociolingüística: Conflito e diglosiaLucia TilvePresentación sobre a actual situación do galego (bilingüismo ou diglosia?) e todas aquelas causas que o levaron ata o estado actual.
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán LandínCadro sinóptico que recolle as etapas e principais acontementos, correntes e autores/as da literatura galega dende o Rexurdimento ata hoxe. Non ten carácter exhaustivo e complementa o temario de literatura do libro de texto de Lingua Galega e Literatura de 4º da ESO de Edicións Xerais de Galicia.
5. A poesía galega entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez RuizPanorámica xeral da poesía galega deste período. Principais autores. Inclúe algúns textos, arquivos de son, ligazóns de vídeo e actividades
Idade e comportamentos sociolingüísticos en GaliciaAnxo LorenzoTraballo sobre a influencia da variable social da idade sobre os comportamentos sociolingüísticos na Galicia actual, presentado nas III Xornadas de Lingua e Usos da Universidade da Coruña en novembro de 2006
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxSinoSecundaria1Unha breve introdución a varios conceptos de sociolingüística e lingüística xeral para primeiro de bacharelato.
Guía de Lectura de "Made in Galiza". Por Xosé María Moreno VillarCoordinadora Galega ENDLGuía de Lectura de "Made in Galiza", de Séchu Sende, elaborada polo profesor de Lingua Galega e Literatura do IES de Beade (Vigo) Xosé María Moreno Villar. Esta guía quere ofrecer ao profesorado, coa axuda da lectura de Made in Galiza, material complementario para explicar a parte da programación de sociolingüística da materia de Lingua Galega e Literatura de 2º de Bacharelato. Tamén pode ser empregada noutros cursos da ESO ou en 1º de Bac. para facilitar a comprensión dos conceptos de sociolingüística comprendidos no programa de cada curso. Xa que logo, pretende ofrecer material didáctico para fomentar o debate sobre as actitudes e os comportamentos ante a lingua galega ente o alumnado.
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Coordinadora Galega ENDLNº 17 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Novembro 2014. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...IreneSeara
More from xenevra (20)
Postal dos correios.pdfxenevraO documento é um resumo de uma canção portuguesa que descreve uma carta enviada de uma zona urbana para uma zona rural. A carta fala sobre as atividades diárias dos destinatários, como o emprego da mulher e os estudos do filho, e pede notícias sobre a aldeia, enquanto expressa saudades e a intenção de visitar no Natal.
CartaxenevraComo escribir un correo electrónico formal
Era uma vez 25 de abrilxenevraO documento descreve a Revolução dos Cravos em Portugal em 25 de Abril de 1974, quando as Forças Armadas derrubaram o regime autoritário de Marcelo Caetano. O povo português vivia sob um governo opressivo desde 1933 e sofria censura, tortura e guerra colonial. Na revolução, os soldados distribuíram cravos vermelhos em vez de balas, simbolizando o novo período de liberdade que se iniciou.
3. As funcións sociais dunha fingua son en realidade funcións
xerais de relación social realizadas mediante a lingua,
Entre as distintas maneiras en que unha lingua pode
concretar a función comunicativa no seo dunha sociedade
salientamos as seguintes:
Función de identidade
Función cultural
Función institucionalFunción local
Función laboral
Función familiar
4. Función de identidade
A lingua opera como
vehículo de articulación
interior do pensamento
propio.
5. Función familiar
A lingua fálase na casa, de portas adentro, cos pais, cos
irmáns. Repárese en que a familia é o espazo da primeira
socialización, aquela en que o individuo aprende parte das
pautas que gobernarán a súa vida adulta, incluídas as
lingüísticas. Entre nós, o galego sobreviviu como lingua
familiar durante séculos. Fóra da casa, os adultos falaban
galego só ás veces (dependendo do contexto e do
interlocutor: diglosia) ou nunca.
6. Función laboral
A mudanza da lingua familiar no ámbito laboral
acontece adoito en lugares onde existen varias
linguas en contacto.
7. Función local
O idioma emprégase con normalidade nos contactos diarios entre
persoas do mesmo contorno (amigas, veciñas, coñecidas).
En Galicia, o cambio de lugar de residencia carrexou durante moito
tempo unha mudanza de lingua, de xeito que cando os habitantes do
rural marchaban á capital cambiaban o galego polo castelán.
- De andar a servir se me esquenció
de todo el jallego.
- Vaites, vaites.
8. Función institucional
Un idioma cumpre a función institucional cando é
empregado polos cidadáns para se comunicaren coas
institucións políticas e administrativas. En determinados
ámbitos (o xudicial, por exemplo), a presenza do galego
segue a ser aínda cativa. Noutros, algúns persoeiros
empregan o galego en público de maneira notoriamente
artificial ("galego litúrxico").
9. Función cultural
A lingua cumpre esta función cando é empregada non só por
aquelas persoas que a aprenderon orixinariamente como
lingua inicial (L1) senón por cidadáns doutros países que a
aprenderon voluntariamente como segunda lingua (L2).
Parte da relevancia que o inglés mantén nos nosos días como
lingua de cultura internacional apréciase na cantidade de
individuos de lingua orixinaria non inglesa que se esforzan en
aprendelo como L-2.
10. SÉCULO XX
ESPAÑOL GALEGO
cultural institucional local laboral familiar identidade internacional
0
20
40
60
80
100
ExerciciosExercicios
11. Características sociolingüísticas das
tres primeiras etapas do século XX.
A castelanización global da sociedade aumenta. O
español segue a medrar entre os habitantes de
núcleos urbanos.
Nisto inciden diversos factores como:
relativo crecemento urbano,
expansión das clases medias vinculadas ó sector servicios,
progresiva xeneralización do ensino,
aparecemento dos grandes medios de comunicación de masas.
12. Realizar un traballo de investigación sobre cál é a
situación actual do galego nos medios de
comunicación. Para realizar este estudio debes facer
un seguimentos de varios xornais galegos –cando
menos que sexa de tres xornais- de ámbito rexional,
provincial, comarcal ou local durante un período
mínimo dunha semana.
Cos datos obtidos deberás analizar: o tanto por cento
de información que aparece en galego e en castelán; o
tipo de novas que aparecen en galego e as seccións
nas que se soen inserir.
Tamén se pode facer un traballo no que se aborde cal
é a situación do galego nas revistas de divulgación
xeral ou especializadas que empreguen parcial ou
totalmente o galego.
13. E1. Elaborar unha enquisa sobre o uso do
galego entre todos os rapaces e rapazas do
instituto e con ela facer un estudio do nivel
de coñecemento e uso do galego na vila ou
vilas que incide o centro.
2. Fai un breve informe sobre as campañas de
Normalización lingüística que se realicen nalgún
secto da túa vila (concello, comercio, ensino,
medios de comunicación, igrexa...)
15. O ser humano é un ser social que convive con outros
membros no seo dunha sociedade. A sociedade
humana existe porque as persoas que as conforman
se relacionan entre si a través dun mesmo sistema de
comunicación. Agora ben, non todos falamos a
mesma lingua, pois os pobos somos diferentes.
18. Neve
• Schnee (al)
• Neu (cat)
• Neige (fr)
• Snow (ingl)
• Neve (it)
• Neve (pt)
• Snö (sueco)
• ninge (rom)
Na linguaxe esquimó temos para esta palabra:
aniu (neve no chan),
kanevvluk (neve lixeira),
murvaneq (neve suave e profunda),
natquik (neve en remuíño),
nevluk (neve pegañenta),
qanis, quineq (neve sobre a auga),
nutaryuk (neve fresca), etc.
Na lingua kangiryuarmiut aínda é maior o
número de palabras para a ‘neve caída’,
‘neve derretíndose’, ‘neve en po’, ‘neve
caendo’, etc.
19. A pluralidade lingüística
do planeta non é
maldición bíblica, senón
signo de variedade
humana e de progreso.
Falar dunha única lingua
como universal é un feito
antihistórico.
21. A adopción dunha determinada lingua como idioma
oficial implica unha decisión xurídico-política
(usualmente de rango constitucionalrango constitucional) que reflicta
toda unha serie de actitudes precedentes, de
proxectos de actuación, etc... que sería irreal
disociar do acto de autoridade.
Como a lingua oficial lle compete ao Estado, os
cambios de status das linguas oficiais teñen que ser
relacionados cos cambios na organización política.
O status oficialstatus oficial dunha lingua específica non está
fixado permanentemente, senón exposto a
flutuacións de acordo coas circunstancias
sociopolíticas.
22. A lingua oficial non é sempre a lingua do grupo ou
grupos lingüísticos asentados no territorio do
Estado. Os países do considerado Terceiro Mundo
ofrecen moitos exemplos desta situación: o inglés
na India, o francés no Líbano.
23. Dúas linguas nunha sociedade.
Ningún Estado nace multilingüe. Cando nos
atopamos dúas linguas no seo dunha sociedade,
estamos ante un feito antinatural, froito das
vicisitudes históricas.
Miquel Siguán explica isto aludindo a tres motivos:
- os procesos de expansión e unificación política.
- os movementos migratorios.
- os contactos internacionais.
24. A existencia de máis dunha comunidade idiomática
no seo dos estados a miúdo presenta unha situación
de desequilibrio e desigualdade non só numérica
(maioría/minoría), senón tamén xurídica (prohibición,
represión, eliminación/ promoción, protección,
defensa), de status (oficial/particular) e de emprego.
Esta realidade cristaliza nun conflito lingüístico.
25. No enfoque da realidade multilingüe caben dúas
opcións:
• eliminación directa ou indirectamente das linguas
minorizadas en favor da que o Estado define coma
“nacional” e “oficial”: uniformismo.
• recoñecemento desas linguas a través do seu
recoñecemento formal coma idiomas oficiais ou
eventualmente nacionais. Cada comunidade debe
manter, conservar e facer progresar a súa lingua,
establecendo unha segunda para se comunicar con
individuos doutra comunidade: ecoloxismo lingüístico.
26. O ideal do equilibrio lingüístico
consiste en que todas e cada
unha das linguas desempeñen
no seu territorio propio a
totalidade das funcións posíbeis
para calquera idioma.
28. "...o alumno que chega á escola falando a lingua de
maior prestixio, e na escola o sistema educativo
imponlle a adquisición dunha nova lingua. Se nestas
circunstancias o alumno se manifesta disposto a
emprender a aprendizaxe dunha segunda lingua, esta
non significará ningunha ameaza para o seu status
lingüístico privilexiado, xa que fala a lingua prestixiosa e
seguirá falándoa. A posibilidade dun fracaso na
aprendizaxe da segunda lingua non lle producirá
ningunha perda de prestixio. Nestas condicións a súa
actitude diante das dúas linguas pode ser positiva e as
aprendizaxes refórzanse mutuamente. Para estes
alumnos o proceso de educación bilingües terá efectos
aditivos.
29. ... se nun primeiro momento a lingua cumpre funcións
primordialmente afectivas, nun estado posterior troca
a función da linguaxe, para enlazar directamente co
desenvolvemento cognitivo.
Se un neno chega á escola cun uso cognitivo da
linguaxe aínda feble, e alí recibe a proposta dunha
lingua distinta, e se coincide que o neno pertence a
unha familia ou grupo social que minusvalora a súa
propia lingua, e ademais non a utiliza en funcións
cognitivas, nin tampouco na escola é estimulado a
utilizar a súa lingua para funcións cognitivas, senón que
a escola insta ó neno a utilizar coma única lingua para
as funcións cognitivas a segunda, prodúcese entón
unha fractura no desenvolvemento lingüístico, con
resultados negativos para ambas as dúas linguas."
Mackey/Siguán 1986.
30. CUESTIÓNS:
1. Busca no dicionario as palabras subliñadas no
texto.
2. ¿Que ambiente lingüístico describe o texto? Cita
outros países ou comunidades onde tamén se
produza esta situación.
3. Extrae as ideas principais do texto.
4. Fai unha valoración crítica destas ideas.
33. Miguel Siguán propón chamar
bilingüe ao individuo que é quen de
empregar dúas ou máis linguas en
calquera situación e con parecida
facilidade e eficacia.
35. Do punto de vista individualindividual o bilingüismo
é a capacidade que posúe un individuo para
comunicarse coa mesma facilidade en dúas
linguas.
O problema xorde ao determinar o grao de
dominio de ambas as dúas linguas
atendendo tanto ao código oral coma
escrito.
36. Do punto de vista socialsocial falamos de
bilingüismo cando no seo dunha comunidade
se empregan dúas linguas diferentes como
medio de comunicación, sendo condición
indispensábel que unha parte importante dos
individuos desa sociedade sexan bilingüesbilingües.
Se isto non se cumpre,
estamos ante un fenómeno de
colingüismo.
37. Un exemplo disto é o caso belga.
En BélxicaBélxica existen oficialmente varias
comunidades lingüísticas: no norte, en
Flandes, fálase flamengo, mentres que no
sur, na Valónica, as linguas utilizadas son
o valón e o francés.
En Bélxica recoñécense catro rexións
lingüísticas, cada unha cun territorio
determinado. Tres delas son monolingües: a
flamenga, a francesa (cos valóns falantes) e
a xermana. Só na capital, Bruxelas,
recoñecen o bilingüismo franco-flamengo;
agora ben, a poboación non é maioritariamente
39. Tanto uns coma outros desenvolven a súa
vida social nun dos sistemas sociais, con
locais onde se atopan falantes dunha ou
outra lingua, asociacións profesionais ou
recreativas distintas, servizos públicos
separados ou con ventás distintas segundo
a lingua... e o que é máis significativo, con
dous sistemas escolares distintosdous sistemas escolares distintos
onde non ten éxito a promoción do idioma
alleo.
40. Cando nunha zona bilingüe a
maioría dos falantes prefire
utilizar unha lingua ou outra
dependendo das situacións,
prodúcese unha situación de
diglosia.
lingua A ou dominante é a que se
emprega nas situacións máis formais
lingua B ou dominada só se emprega,
habitualmente, en situación coloquiais
41. Hai diglosia sempre que entre as linguas
non existe unha situación de equilibrio, o
cal se manifesta, por exemplo, en que se
opta por unha lingua para o uso familiar e
outra para o ensino ou para usos máis
formais.
Tamén hai diglosia cando o emprego
dunha das linguas implica menor
consideración social.
42. Hábitat Nivel cultural Nivel económico
rural urbano Nos centros urbanos e nas capas sociais con
status económico superior, aumenta o
emprego do castelán. Esta tendencia, sen
embargo, non ten exacta correspondencia se
atendemos aos indicadores culturais.
43. O castelán preséntase como a lingua
prestixiosa, a da cidade e das clases
dominantes, dos usos formais e do futuro,
do progreso
44. o galego chega a identificarse co mundo
rural ou mariñeiro, os espazos non
urbanos, os usos non formais e a
tradición, o pasado...
45. DIGLOSIADIGLOSIA
O individuo pode tomar actitudes tales como as de:
•aceptar que as dúas linguas teñen funcións sociais distintas.
• intentar identificarse co grupo lingüístico preponderante e
tratar de asumir esa lingua preponderante coma se fose a súa
primeira lingua.
•manterse fiel á súa primeira lingua
(Ambigüidade : actitudes mesturadas coas acabadas de
mencionar.)
46. A coexistenciacoexistencia entre as dúas linguas é
tensa e inestábel.
Grupo monóglata
en lingua foránea
Grupo diglósico
Grupo monóglata
en lingua propia
GlotofaxiaGlotofaxia
48. Os procesos normalizadores dependen de:
acción institucional da
comunidade,
materializada a través
do poder políticopoder político
acción individualindividual,
derivada da vontade de
ser das persoas que
conforman a sociedade
da accións
colectiva non institucionalcolectiva non institucional
daqueles individuos que se
agrupan para levar a cabo o
proceso normalizador
50. O obxectivo final dun estado multilingüe
e democrático non é “promover o
bilingüismo” senón garantir agarantir a
utilización de dúas ou máisutilización de dúas ou máis
linguas na comunidade políticalinguas na comunidade política
asegurando o seu futuroasegurando o seu futuro.
Garantir a utilización de dúas
ou máis linguas asegurando o
seu futuro.
Asegurando oAsegurando o
seu futuroseu futuro
51. A única alternativa posíbel
para a supervivencia das
linguas é a
normalizaciónnormalización
lingüísticalingüística, isto é, facer
da lingua o vehículo normal de
comunicación dunha sociedade.
Cada lingua debe
cumprir no seu
territorio propio a
totalidade de
funcións posíbeis.
52. Por outro lado, estudios sociolingüísticos sobre os niveis
de coñecemento e uso do galego revelan que é entendido
pola xeneralidade da poboación, que ademais é capaz de
falalo; pero só posúen competencia escrita menos da
metade dos falantes.
O analfabetismo en galegoO analfabetismo en galego é xeral entre os adultos
aínda que, gracias á súa introdución no ensino, as novas
xeracións están adquirindo destrezas de lecto-escritura no
idioma propio.
54. Que son os prexuízos?
• Son xuízos de valor sen
base suficiente emitidos
sobre unha lingua ou
sobre os falantes dela
co propósito de
provocar o seu
rexeitamento.
56. Estes prexuízos son moi variados e atéstanse so
formulacións diversas, aínda que teñen un fondo
común que non é outro máis que o desprezo pola
diferenza e o afán de asimilación
62. "Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo
das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo da Bretaña. ¿E
sabedes por que? Porque os probes animaes aínda están no idioma
universal...” (Castelao 1961: 43)
64. o emprego do galego como un sinal de descortesía ou de faltao emprego do galego como un sinal de descortesía ou de falta
de educaciónde educación en determinados contextos:
1)O galego como desconsideración cara ás persoas descoñecidas (de
asumirmos iso, estariamos reservando para o galego un papel totalmente
subordinado como lingua inferior condenada á progresiva desaparición).
2) Renuncia ao uso do galego por respecto ás persoas foráneas.
67. O galego, imposición dunha minoría política intolerante
(tanto a Lei de normalización lingüística como o Plano
xeral de normalización da lingua galega, por exemplo,
foron aprobados por unanimidade no Parlamento galego).
A imposición do galego no sistema educativo (todas as
materias teñen o mesmo grao de imposición; sería como
falarmos en Inglaterra da imposición do inglés).
Como antes se impuxo o castelán, agora quérese da
mesma forma impor o galego (moita xente foi ridiculizada,
castigada e inclusive nalgún caso asasinada por falar ou
defender o galego: deuse un só caso á inversa?).
68. Os nenos e nenas non gostan da materia de lingua
galega (e gostan das outras materias?; aquelas
crianzas que menosprezan o galego están a proxectar
o desprezo das persoas maiores do seu contorno).
O castelán tamén é lingua propia da Galiza (que o
castelán é tan galego como o galego resulta unha
contradictio in terminis; sería como dicir que o queixo
de Castela é tan galego como o do país porque tamén
o consomen persoas galegas).