ݺߣ

ݺߣShare a Scribd company logo
LUIS SEOANE 1910-1979
CRONOLOXÍA Funda as coleccións  Hórreo  e  Dorna  en Emecé Editores. 1940 Debuxa  sen parar. Publica o seu primeiro libro,  Trece estampas da traizón 1937 Participa na campaña do  Estatuto de Autonomía . Estalla a  Guerra Civil .   Fuxe  ao  exilio  en  Bos Aires  dende Portugal. 1936 Trasládase a  A Coruña , onde exerce como  avogado laboralista . Amizade e faladoiros con  Huici ,  Cebreiro ,  Fernández Mazas ... Ingresa no  Partido Galeguista . 1934 Ilustra libros  e  revistas . Realiza as súas  primeiras exposicións .  Milita  en partidos de  esquerda republicana  e  galeguista .  1927- 1933 Trasládase a  Santiago de Compostela , onde estuda o  bacharelato , licenciándose en  Dereito . 1920 Regresa a Galicia coa súa familia, vive na  Coruña , onde realiza os seus  primeiros estudos . 1916 Nace o un de xuño en Bos Aires, nun fogar de  emigrantes   galegos. 1910
CRONOLOXÍA Crease na Coruña a  Fundación Luís Seoane  cos fondos do artista doados pola súa viúva. 1996 Dedícase o  Día das Letras Galegas  a súa figura. 1994 Volve a  Galicia . Realiza   exposicións  por España, Alemaña, Italia, Suíza, Brasil... Cofundador de   Sargadelos  e o  Museo Carlos Maside . Morre en 1979. 1963-1979 Exposicións  en Nova York. Funda a revista  Galicia emigrante , a  editorial Citania . Medalla na Exposición Universal de Bruxelas e do Senado de Arxentina. 1952-1962 Viaxa por Europa .  Expón   en Londres.  Coñece  a Henry Moore, Hebert Read, Lucian Freud, Pablo Picasso... 1949 Funda a editorial  Botella de Mar .  Expón  en Bos Aires e Caracas. 1948 Homenaje a la Torre de Hércules  é galardoado xunto a Historia Natural de Buffon, ilustrado por Picasso, como un dos mellores libros da década. 1945 Funda a revista  Correo literario  e a  Editorial Nova . 1943
Fotografía da  familia  de Luís Seoane (1916). Luís tiña daquela seis anos. É o que está a carón do seu pai
Orla da licenciatura  da Facultade de Dereito. 1933. Seoane é o primeiro da cuarta fila
Caricatura de  Carlos Maside. Quizais sexa o Artista que máis Influíu na súa  formación Inicial. Colabora na súa mocidade na publicación de revistas. Resol
Ilustra libros
Cartelista. Colabora activamente na campaña do Estatuto de 1936
A OBRA Pertence á xeración dos  renovadores da arte galega , xunto a un grupo de artistas que nacen ao redor de 1900 como:  Carlos Maside  (1897-1958),  Arturo Souto  (1901-1964),  Manuel Torres  (1901-1995),  Manuel Colmeiro  (1901-1999),  Fernández Mazas  (1902-1942) e  Laxeiro  (1908-1996) Introducen as vangardas artísticas , das que teñen un coñecemento directo a través de publicacións. De tódolos ismos quizais sexa o  expresionismo  o que máis asuman. Todos eles trataron de conciliar unha  temática galega  coas búsquedas europeas de renovación da arte.
ILUSTRADOR Deseña ilustracións para publicacións, carteis propagandísticos e  revistas de vangarda . Na mocidade ilustra, entre outros, poemas de Cunqueiro e Lorenzo Varela. Fai  exposicións  no  Café Español   de Santiago. Realiza carteis propagandísticos. Resaltando o que realiza para o estatuto de autonomía de 1936:  O Estatuto Libertará á Nosa Terra . Chegado ao exilio publica  Trece estampas de la traición . Fustigando aos militares que se levantaron contra a República, con caricaturas que lembran a George Grosz.
O xeneral locutor O mulo Mola
ILUSTRADOR Durante este período ilustra libros. En 1944 recibe o primeiro grande recoñecemento internacional con  Homenaje a la Torre de Hércules . Deseña as tapas da revista  Galicia emigrante . Mulleres campesiñas cun debuxo rotundo que harmoniza cunha cor plana dotada de símbolo estacional. Deseñou carteis publicitarios para as  firmas comerciais  ( Cinzano  e  Dupuy ). A influencia é moi grande:  Grosz ,  Léger ,  Matisse ,  Picasso ,  Castelao  ou  Maside . O esplendor da ilustración galega (e o cómic) non é alleo á súa obra.
HOMENAXE Á TORRE DE HÉRCULES
O GRAVADOR Seoane  combina  o traballo dun  artesán  coa  difusión industrial . Gravar é un rito:  Gravan os labradores os xugos dos bois e as propias zocas. Gravan os nenos nos pupitres das escolas . Durante a mocidade xa utiliza o gravado como forma de difusión propagandística. Aínda que traballou gravado en metal, o linóleo, a serigrafía, a litografía e o estarcido a estampación que máis frecuentou foi a  xilografía . Collendo como referencia o grupo expresionista alemán  Die Brücke  (A Ponte)  (1905) e os seus angulosos gravados influídos polas tallas da arte primitiva africana, os gravados da Baixa Idade Media e pola obra de  Durero . A xilografía ou gravado en madeira é unha técnica antiga, popular e profundamente enraizada na tradición alemana que Seoane vai recoller. Fixo máis de  corenta libros  de gravados para ilustrar libros seus e doutros autores (Lorenzo Varela, Federico García Lorca, Rafael Alberti, Pablo Neruda, Franz Kafka, Unamuno)
MARÍA PITA E TRES RETRATOS MEDIEVAIS. 1944  ROI XORDO. 1944
CAMPESIÑOS. SERIGRAFÍA. 1954
CAMPESIÑOS. SERIGRAFÍA. 1954
GRAVADO. JULIO CORTÁZAR E DURERO. 1967
PAUL KLEE  MIGUEL HERNÁNDEZ. 1967
MULLER CON SOMBREIRO. SEN DATA O CONDE ASASINO DE SOBRADO. 1972
O PINTOR Seoane  faise pintor no exilio . Nos seus  primeiros óleos  (segunda metade dos anos corenta) predominan os  grandes volumes ,  grandes pinceladas de cor . Máis que a liña perfilan as figuras. Na súa  temática  predominan as  personaxes populares  (emigrantes, campesiños) e  nus femeninos . Despois da súa viaxe por Europa, en  1949 , a pintura evoluciona nun  proceso de síntese  (influenciado principalmente por Henry Moore e Picasso) cara un  cubismo sintético . Durante os  anos cincuenta  as liñas en negro van aparecendo rotundas,  xeometrízanse  e definen os contornos das figuras. As  cores  son  vivas  e  planas . O espacio ocupado polas  cores non coincide  cos  contornos  marcados polas  liñas , o que provoca  superposicións  nunhas zonas e  espazos brancos  noutras.
O PINTOR Nos anos  sesenta  a evolución na síntese provoca a  esquematización das liñas .  A cor deixa de estar subordinada á liña  e ten un forte protagonismo. Dá sensación de “ collage ” onde as cores semellan trozos de papel cortados e pegados na superficie do lenzo. Neste proceso chega a raiar o abstracto pero sin perder o valor da figura humana. En 1968 o artista proclama as súas influencias: Matisse  no vitalismo. (importancia das  cores ) Léger  no  xenio risoño , a  vea popular . Picasso  nas  formas cúbicas  e a expresividade. Paul Klee  na  fantasía expresiva . Torres García  na  disciplina formal .
Torso de  de nu nunha pena na praia. 1945
Vello e o paxaro. 1950 Muller pelando patacas. 1950
Campesiño 1950
Mozo campesiño 1950
O gaiteiro 1950
Muller con Cesto 1952
Figuras 1956
Muller con vara de rosquiñas 1958 Muller con rodete 1959
Figura sentada en ocres e vermellos 1957 Figura en verde con fondo ocre 1957
TRES MULLERES. 1963
O MECO. 1963
MANTÓN VIOLETA. 1973 CORPIÑO VERDE CON FONDO AMARELO. 1973
A CONVERSA. 1975
CARTÓNS PARA TAPICES Leiteira, 1979 A sega, 1979
COMENTAR UN CADRO É unha historia que sucedeu de certo e que lin nos xornais, unha historia de emigrantes. Unha mulleriña galega que na súa vida saíra da súa aldea viaxou ata Suíza para ver ós seus fillos que traballaban aló. Ela aquí vivía soa, os veciños escribiron o enderezo dos seus fillos en Xenebra, peduráronllo do pescozo nun letreiro e metérona no tren: no letreiro dicíase onde tiña que chegar a muller. A pobre íalle amosando a todo o mundo o seu letreiro co enderezo escrito para que lle dixeran que tren tiña que coller, a que ventaniña tiña que se dirixir, en que cola poñerse... Non falaba máis ca galego e ficou completamente tola despois dunha viaxe que non remataba nunca. Cando chegou a Xenebra non sabía quen era nin recoñecía a ninguén: soamente amosaba o seu letreiriño e xemía, que xa non falaba. Non a deixaron entrar si quera. Aló, como en todas partes sonche moi cucos e moi asépticos: unha muller naquelas condicións, doente, trasvariada non podía entrar no país, non é rendible, non serve, e os seus fillos tampouco puideron facer cousa ningunha. Aquí remata a historia: puxéronlle un calmante, metérona no tren, sen conciencia, e mandárona de volta para a aldea. Lin a historia nos xornais e axiña pintei o cadro que ves: co letreiro case que abonda. A traxedia coméntase a si mesma.
EMIGRANTE 1963
COMENTARIO SOBRE A PINTURA DE SEOANE É unha pintura moi elaborada? É unha pintura de apariencia tosca? É unha pintura culta? É unha pintura popular? Mantén o contacto coas vangarda? Mantén o contacto coa tradición? É unha pintura universal? É unha pintura galega?
MAR DE ORZÁN. 1973
O MURALISTA A  guerra civil frustrara moitas iniciativas de muralismo  por parte dos renovadores galegos. Arturo Souto, Maside entre outros, desexaban pintar nas paredes dos edificios públicos galegos, como facían os mexicanos Orozco, Rivera, Siqueiros en México. Episodios do pasado histórico de Galicia e o traballo da clase traballadora galega na terra e no mar. Seoane  coñece  a  pintura mural dos mexicanos  e os  europeos  (Matisse, Léger, Miró...). A súa pintura non é ocasional.  Pinta máis de trinta murais  que fixo en Arxentina (bares, bancos, teatros, corredores e vestíbulos de edificios privados, durante os anos cincuenta e sesenta. A pintura mural  permite superar  o  elitismo  da arte e  comunicarse directamente co público .
Esbozo de mural para un banco da  provincia de San Xoán
O MURALISTA O  pintor  que sobe a un  andamio  non é o mesmo home que pechado no seu taller. Completa a súa vida. A súa  vida será verdadeiramente pública e xulgada por unha extensa maioría . Está na  rúa . Está interesado na  integración  das  artes  e a  arquitectura . Co seu traballo  Galicia  aparecerá  nos muros  (xentes medievais, músicos, labores campesiños e mariñeiros). Ademais da  pintura  utiliza  outros materiais  industriais: porcelana, lousa, mosaico, cerámica, pedra picada, mármore, resinas sintéticas, metais recortados ou vitrais. Á volta a  Galicia  realiza dous murais na fábrica de  Sargadelos  e outro no  Castro de Sada .
O ESCRITOR Forma parte dos escritores do exilio, que denuncian sen concesións o sufrimento do pobo galego: pobreza, emigración e exilio. Para Maside o Seoane escritor non é inferior en nada ao artista. As aportacións que fai á nosa literatura son:  recuperación da poesía civil ,  innovación do teatro ,  ensaio  na investigación artística. As obras de poesía son:  Fardel de eisilado   (1952),  Na brétema ,  Sant-Iago   (1956),  As cicatrices   (1959) e  A maior abondamento   (1972). O teatro:  A soldadeira   (1957),  Esquema da farsa   (1957) e  O  irlandés astrólogo   (1959). Ademais de dramaturgo destaca temén como  escenógrafo .
O ESCRITOR Narrativa:  Tres hojas y un ajo verde . Escenografía: decorados para  El trébol florido   de Rafael Alberti en Bos Aires (1965).  Os vellos non deben namorarse   de Castelao (figuríns, decorados e máscaras) en Coimbra (1969).  Castelao e a súa época  de Ricard Salvat. Non se chegou a estrear en Portugal (1969).  As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas   de Carlos Casares (1973) en Ribadavia polo grupo coruñés O Facho.
O ESCRITOR Ensaio : investigación e crítica da arte. Realiza monografías dedicadas a autores galegos (Xosé María Cao, Pérez Villamil, Serafín Avendaño, Eiroa, Souto, Castelao ou Maside) e universais (Piero della Francesca, Grünewald, O Bosco, Diego Rivera e Georg Grosz) Realizou  locucións radiofónicas  para os galegos en América (en castelán aínda que se incluían textos literarios en galego). En 1954 comezou a emitir Seoane o programa “Galicia emigrante”, audición que mantivo ata o ano 1971 e para a que colaborou con 900 traballos.
O EDITOR Todos os camiños de Seoane desembocan no libro; o ilustrador, gravador, debuxante, maquetista. Na súa mocidade compostelana ao redor da  editorial Nós  dirixida por Ánxel Casal descubre o traballo do libro. Será en Arxentina onde materializará esta actividade con outros exiliados como Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Rafael Dieste. Con eles naceron as editoriais galegas na emigración e o libro galego moderno. Funda en Emecé editores as coleccións  Hórreo  e  Dorna  coleccións de literatura galega que contarán con ilustracións súas. Funda a  editorial Nova  onde crea as coleccións  Camiño de Santiago  e  Pomba .  Segue  Botella de Mar ,  Citania ... Publicándose algunhas das obras fundamentais da literatura e a arte galega.
FARDEL DE EISILADO
A INDUSTRIA CULTURAL Seguindo o espírito da Bauhaus da alemaña entreguerras, xunto Isaac Díaz Pardo, trata de promover a industria artística ou o que é o mesmo, difundir a cultura. En 1968 nace o  Laboratorio de Formas de Galicia  amplísimo proxecto restaurador no que se integran escritores e artistas, tanto do interior como do exterior de Galicia. En 1970 inaugurase a  Fábrica de Sargadelos  e o  Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside  que xunto a  Cerámicas do Castro  (fundada en 1949) pretenden recuperar o impulso artístico.
COMPLEXO DE SARGADELOS Pezas de personaxes da literatura  e historia galegas, realizadas para cerámica  do Castro, 1968.
OBRA EN MUSEOS A FUNDACIÓN LUÍS SEOANE Ten obra en importantes museos como o Museo de Arte Moderna e o Metropolitano de  Nova York , Biblioteca do Congreso de Washington, Children´s Museum ( Detroit ), Museo de Belas Artes de  Caracas ,  Montevideo ,  Santiago de Chile  e Museo de Arte Moderna e Nacional de Belas Artes de  Boas Aires . En Galicia, no Museo de Castrelos de  Vigo , no de  Pontevedra , no Carlos Maside e na Fundación Luís Seoane creada en 1996 con sede na  Coruña .
Ad

Recommended

Ver Coruña. 05. Arquitectura de principios do século XX
Ver Coruña. 05. Arquitectura de principios do século XX
Agrela Elvixeo
As Vangardas
As Vangardas
Román Landín
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Agrela Elvixeo
As vanguardas vanse á guerra
As vanguardas vanse á guerra
Antonio
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
trafegandoronseis
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Román Landín
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
Román Landín
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
xenevra
Tema5 lite20
Tema5 lite20
xenevra
Castelao
Castelao
Román Landín
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Marlou
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
xenevra
A arte no exilio
A arte no exilio
trafegandoronseis
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
trafegandoronseis
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Román Landín
Teatro galego na II República
Teatro galego na II República
noagaliza
Vicente risco
Vicente risco
amelia-rodrigues
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
trafegandoronseis
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
Ignacio Rodiño
Castelao
Castelao
trafegandoronseis
A xeración nós
A xeración nós
trafegandoronseis

More Related Content

What's hot (20)

Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
xenevra
Tema5 lite20
Tema5 lite20
xenevra
Castelao
Castelao
Román Landín
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Marlou
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
xenevra
A arte no exilio
A arte no exilio
trafegandoronseis
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
trafegandoronseis
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Román Landín
Teatro galego na II República
Teatro galego na II República
noagaliza
Vicente risco
Vicente risco
amelia-rodrigues
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
trafegandoronseis
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
Poesía de 1936 a 1976_aprentic3
Ignacio Rodiño
Castelao
Castelao
trafegandoronseis

Viewers also liked (13)

A xeración nós
A xeración nós
trafegandoronseis
Literatura medieval galaico-portuguesa
provaltecno
Narrativa de posguerra
lenguaorejaverde
Manuel Antonio
Manuel Antonio
Xoán Díaz
Narrativa De Postguerra
Narrativa De Postguerra
dorneiro
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGA
Marlou
Narrativa de Postguerra
Narrativa de Postguerra
guest202c88
Literatura medieval galaico-portuguesa
provaltecno
Narrativa de posguerra
lenguaorejaverde
Narrativa De Postguerra
Narrativa De Postguerra
dorneiro
Guía para a lectura de A ESMORGA
Guía para a lectura de A ESMORGA
Marlou
Narrativa de Postguerra
Narrativa de Postguerra
guest202c88
Ad

Similar to LUÍS SEOANE (20)

Caderno para colorear
Caderno para colorear
calcetin5
Caderno para colorear
Caderno para colorear
calcetin5
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Antonio Gregorio Montes
Vanguardas galegas
Vanguardas galegas
Galiza Cursos
Pioneir@s galeg@s da fotografía
Pioneir@s galeg@s da fotografía
normalizacioniesn1ordes
Xoán Guerreiro
Xoán Guerreiro
Carmela Rodríguez
Brocos e a 'Defensa de Lugo?
Brocos e a 'Defensa de Lugo?
Antonio Gregorio Montes
Atrapa Pintores - Wallame
Atrapa Pintores - Wallame
bibliobrozos
Lorenzo Varela
Lorenzo Varela
Paz Pereiro
Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
profesor historia
Roteiro 16
Roteiro 16
Xenza
Obras imprescindibles da pintura
Obras imprescindibles da pintura
Dolores García
Castelao-Artista-grafico-comprometido (1).pptx
Castelao-Artista-grafico-comprometido (1).pptx
MarcosSalgadoRodrgue1
Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
cabeiroweb
Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
Urbano Lugrís Freire: "O ARTISTA QUE IMAXINOU O MAR"
cabeiroweb
Ad

More from Agrela Elvixeo (20)

GAUDÍ: un arquitecto Modernista e Universal
GAUDÍ: un arquitecto Modernista e Universal
Agrela Elvixeo
GUIÓN DA XIMCANA DA CORUÑA (IES AGRA DE LEBORÍS-IES MONELOS) (7-4-2025).pdf
GUIÓN DA XIMCANA DA CORUÑA (IES AGRA DE LEBORÍS-IES MONELOS) (7-4-2025).pdf
Agrela Elvixeo
CASTELO DE SANTO ANTÓN (MONUMENTOS CORUÑESES)
Agrela Elvixeo
Antonio Palacios. Un arquitecto nado en Galicia
Antonio Palacios. Un arquitecto nado en Galicia
Agrela Elvixeo
Pascual Veiga: compositor do Himno Galego
Pascual Veiga: compositor do Himno Galego
Agrela Elvixeo
Dique de abrigo de A Coruña (grandes obras públicas)
Dique de abrigo de A Coruña (grandes obras públicas)
Agrela Elvixeo
José Castro (Chané). Compositores coruñeses
Agrela Elvixeo
Xosé Baldomir. Compositores coruñeses. XIX-XX
Xosé Baldomir. Compositores coruñeses. XIX-XX
Agrela Elvixeo
Marcial del Adalid. Compositores coruñeses
Agrela Elvixeo
RAFAEL GONZÁLEZ VILLAR un arquitecto coruñés
Agrela Elvixeo
Hipatia de Alexandria. Mulleres na ciencia e na historia
Agrela Elvixeo
Canuto Berea un gran compositor coruñés e galego
Agrela Elvixeo
Compositores galegos: Eugenia Osterberger
Compositores galegos: Eugenia Osterberger
Agrela Elvixeo
Aspasia na arte. Unha precursora do feminismo
Agrela Elvixeo
ANDRÉS GAOS: IMPORTANTE FIGURA DA MÚSICA CLÁSICA GALEGA
Agrela Elvixeo
FÁBRICA DE LOUZAS LA VITORIA (A Coruña).pptx
FÁBRICA DE LOUZAS LA VITORIA (A Coruña).pptx
Agrela Elvixeo
A ACTIVIDADE SIDERÚRXICA NA CORUÑA (XIX-XX)
A ACTIVIDADE SIDERÚRXICA NA CORUÑA (XIX-XX)
Agrela Elvixeo
A ARQUITECTURA DE ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT
A ARQUITECTURA DE ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT
Agrela Elvixeo
CONCEPCIÓN ARENAL A REDENTORA DAS MULLERES
Agrela Elvixeo
Castelao 1886-1850. Presentación do 75 aniversario da súa morte
Castelao 1886-1850. Presentación do 75 aniversario da súa morte
Agrela Elvixeo
GAUDÍ: un arquitecto Modernista e Universal
GAUDÍ: un arquitecto Modernista e Universal
Agrela Elvixeo
GUIÓN DA XIMCANA DA CORUÑA (IES AGRA DE LEBORÍS-IES MONELOS) (7-4-2025).pdf
GUIÓN DA XIMCANA DA CORUÑA (IES AGRA DE LEBORÍS-IES MONELOS) (7-4-2025).pdf
Agrela Elvixeo
CASTELO DE SANTO ANTÓN (MONUMENTOS CORUÑESES)
Agrela Elvixeo
Antonio Palacios. Un arquitecto nado en Galicia
Antonio Palacios. Un arquitecto nado en Galicia
Agrela Elvixeo
Pascual Veiga: compositor do Himno Galego
Pascual Veiga: compositor do Himno Galego
Agrela Elvixeo
Dique de abrigo de A Coruña (grandes obras públicas)
Dique de abrigo de A Coruña (grandes obras públicas)
Agrela Elvixeo
José Castro (Chané). Compositores coruñeses
Agrela Elvixeo
Xosé Baldomir. Compositores coruñeses. XIX-XX
Xosé Baldomir. Compositores coruñeses. XIX-XX
Agrela Elvixeo
Marcial del Adalid. Compositores coruñeses
Agrela Elvixeo
RAFAEL GONZÁLEZ VILLAR un arquitecto coruñés
Agrela Elvixeo
Hipatia de Alexandria. Mulleres na ciencia e na historia
Agrela Elvixeo
Canuto Berea un gran compositor coruñés e galego
Agrela Elvixeo
Compositores galegos: Eugenia Osterberger
Compositores galegos: Eugenia Osterberger
Agrela Elvixeo
Aspasia na arte. Unha precursora do feminismo
Agrela Elvixeo
ANDRÉS GAOS: IMPORTANTE FIGURA DA MÚSICA CLÁSICA GALEGA
Agrela Elvixeo
FÁBRICA DE LOUZAS LA VITORIA (A Coruña).pptx
FÁBRICA DE LOUZAS LA VITORIA (A Coruña).pptx
Agrela Elvixeo
A ACTIVIDADE SIDERÚRXICA NA CORUÑA (XIX-XX)
A ACTIVIDADE SIDERÚRXICA NA CORUÑA (XIX-XX)
Agrela Elvixeo
A ARQUITECTURA DE ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT
A ARQUITECTURA DE ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT
Agrela Elvixeo
CONCEPCIÓN ARENAL A REDENTORA DAS MULLERES
Agrela Elvixeo
Castelao 1886-1850. Presentación do 75 aniversario da súa morte
Castelao 1886-1850. Presentación do 75 aniversario da súa morte
Agrela Elvixeo

LUÍS SEOANE

  • 2. CRONOLOXÍA Funda as coleccións Hórreo e Dorna en Emecé Editores. 1940 Debuxa sen parar. Publica o seu primeiro libro, Trece estampas da traizón 1937 Participa na campaña do Estatuto de Autonomía . Estalla a Guerra Civil . Fuxe ao exilio en Bos Aires dende Portugal. 1936 Trasládase a A Coruña , onde exerce como avogado laboralista . Amizade e faladoiros con Huici , Cebreiro , Fernández Mazas ... Ingresa no Partido Galeguista . 1934 Ilustra libros e revistas . Realiza as súas primeiras exposicións . Milita en partidos de esquerda republicana e galeguista . 1927- 1933 Trasládase a Santiago de Compostela , onde estuda o bacharelato , licenciándose en Dereito . 1920 Regresa a Galicia coa súa familia, vive na Coruña , onde realiza os seus primeiros estudos . 1916 Nace o un de xuño en Bos Aires, nun fogar de emigrantes galegos. 1910
  • 3. CRONOLOXÍA Crease na Coruña a Fundación Luís Seoane cos fondos do artista doados pola súa viúva. 1996 Dedícase o Día das Letras Galegas a súa figura. 1994 Volve a Galicia . Realiza exposicións por España, Alemaña, Italia, Suíza, Brasil... Cofundador de Sargadelos e o Museo Carlos Maside . Morre en 1979. 1963-1979 Exposicións en Nova York. Funda a revista Galicia emigrante , a editorial Citania . Medalla na Exposición Universal de Bruxelas e do Senado de Arxentina. 1952-1962 Viaxa por Europa . Expón en Londres. Coñece a Henry Moore, Hebert Read, Lucian Freud, Pablo Picasso... 1949 Funda a editorial Botella de Mar . Expón en Bos Aires e Caracas. 1948 Homenaje a la Torre de Hércules é galardoado xunto a Historia Natural de Buffon, ilustrado por Picasso, como un dos mellores libros da década. 1945 Funda a revista Correo literario e a Editorial Nova . 1943
  • 4. Fotografía da familia de Luís Seoane (1916). Luís tiña daquela seis anos. É o que está a carón do seu pai
  • 5. Orla da licenciatura da Facultade de Dereito. 1933. Seoane é o primeiro da cuarta fila
  • 6. Caricatura de Carlos Maside. Quizais sexa o Artista que máis Influíu na súa formación Inicial. Colabora na súa mocidade na publicación de revistas. Resol
  • 8. Cartelista. Colabora activamente na campaña do Estatuto de 1936
  • 9. A OBRA Pertence á xeración dos renovadores da arte galega , xunto a un grupo de artistas que nacen ao redor de 1900 como: Carlos Maside (1897-1958), Arturo Souto (1901-1964), Manuel Torres (1901-1995), Manuel Colmeiro (1901-1999), Fernández Mazas (1902-1942) e Laxeiro (1908-1996) Introducen as vangardas artísticas , das que teñen un coñecemento directo a través de publicacións. De tódolos ismos quizais sexa o expresionismo o que máis asuman. Todos eles trataron de conciliar unha temática galega coas búsquedas europeas de renovación da arte.
  • 10. ILUSTRADOR Deseña ilustracións para publicacións, carteis propagandísticos e revistas de vangarda . Na mocidade ilustra, entre outros, poemas de Cunqueiro e Lorenzo Varela. Fai exposicións no Café Español de Santiago. Realiza carteis propagandísticos. Resaltando o que realiza para o estatuto de autonomía de 1936: O Estatuto Libertará á Nosa Terra . Chegado ao exilio publica Trece estampas de la traición . Fustigando aos militares que se levantaron contra a República, con caricaturas que lembran a George Grosz.
  • 11. O xeneral locutor O mulo Mola
  • 12. ILUSTRADOR Durante este período ilustra libros. En 1944 recibe o primeiro grande recoñecemento internacional con Homenaje a la Torre de Hércules . Deseña as tapas da revista Galicia emigrante . Mulleres campesiñas cun debuxo rotundo que harmoniza cunha cor plana dotada de símbolo estacional. Deseñou carteis publicitarios para as firmas comerciais ( Cinzano e Dupuy ). A influencia é moi grande: Grosz , Léger , Matisse , Picasso , Castelao ou Maside . O esplendor da ilustración galega (e o cómic) non é alleo á súa obra.
  • 13.
  • 14. HOMENAXE Á TORRE DE HÉRCULES
  • 15.
  • 16.
  • 17.
  • 18. O GRAVADOR Seoane combina o traballo dun artesán coa difusión industrial . Gravar é un rito: Gravan os labradores os xugos dos bois e as propias zocas. Gravan os nenos nos pupitres das escolas . Durante a mocidade xa utiliza o gravado como forma de difusión propagandística. Aínda que traballou gravado en metal, o linóleo, a serigrafía, a litografía e o estarcido a estampación que máis frecuentou foi a xilografía . Collendo como referencia o grupo expresionista alemán Die Brücke (A Ponte) (1905) e os seus angulosos gravados influídos polas tallas da arte primitiva africana, os gravados da Baixa Idade Media e pola obra de Durero . A xilografía ou gravado en madeira é unha técnica antiga, popular e profundamente enraizada na tradición alemana que Seoane vai recoller. Fixo máis de corenta libros de gravados para ilustrar libros seus e doutros autores (Lorenzo Varela, Federico García Lorca, Rafael Alberti, Pablo Neruda, Franz Kafka, Unamuno)
  • 19. MARÍA PITA E TRES RETRATOS MEDIEVAIS. 1944 ROI XORDO. 1944
  • 22. GRAVADO. JULIO CORTÁZAR E DURERO. 1967
  • 23. PAUL KLEE MIGUEL HERNÁNDEZ. 1967
  • 24. MULLER CON SOMBREIRO. SEN DATA O CONDE ASASINO DE SOBRADO. 1972
  • 25. O PINTOR Seoane faise pintor no exilio . Nos seus primeiros óleos (segunda metade dos anos corenta) predominan os grandes volumes , grandes pinceladas de cor . Máis que a liña perfilan as figuras. Na súa temática predominan as personaxes populares (emigrantes, campesiños) e nus femeninos . Despois da súa viaxe por Europa, en 1949 , a pintura evoluciona nun proceso de síntese (influenciado principalmente por Henry Moore e Picasso) cara un cubismo sintético . Durante os anos cincuenta as liñas en negro van aparecendo rotundas, xeometrízanse e definen os contornos das figuras. As cores son vivas e planas . O espacio ocupado polas cores non coincide cos contornos marcados polas liñas , o que provoca superposicións nunhas zonas e espazos brancos noutras.
  • 26. O PINTOR Nos anos sesenta a evolución na síntese provoca a esquematización das liñas . A cor deixa de estar subordinada á liña e ten un forte protagonismo. Dá sensación de “ collage ” onde as cores semellan trozos de papel cortados e pegados na superficie do lenzo. Neste proceso chega a raiar o abstracto pero sin perder o valor da figura humana. En 1968 o artista proclama as súas influencias: Matisse no vitalismo. (importancia das cores ) Léger no xenio risoño , a vea popular . Picasso nas formas cúbicas e a expresividade. Paul Klee na fantasía expresiva . Torres García na disciplina formal .
  • 27. Torso de de nu nunha pena na praia. 1945
  • 28. Vello e o paxaro. 1950 Muller pelando patacas. 1950
  • 34. Muller con vara de rosquiñas 1958 Muller con rodete 1959
  • 35. Figura sentada en ocres e vermellos 1957 Figura en verde con fondo ocre 1957
  • 38. MANTÓN VIOLETA. 1973 CORPIÑO VERDE CON FONDO AMARELO. 1973
  • 40. CARTÓNS PARA TAPICES Leiteira, 1979 A sega, 1979
  • 41. COMENTAR UN CADRO É unha historia que sucedeu de certo e que lin nos xornais, unha historia de emigrantes. Unha mulleriña galega que na súa vida saíra da súa aldea viaxou ata Suíza para ver ós seus fillos que traballaban aló. Ela aquí vivía soa, os veciños escribiron o enderezo dos seus fillos en Xenebra, peduráronllo do pescozo nun letreiro e metérona no tren: no letreiro dicíase onde tiña que chegar a muller. A pobre íalle amosando a todo o mundo o seu letreiro co enderezo escrito para que lle dixeran que tren tiña que coller, a que ventaniña tiña que se dirixir, en que cola poñerse... Non falaba máis ca galego e ficou completamente tola despois dunha viaxe que non remataba nunca. Cando chegou a Xenebra non sabía quen era nin recoñecía a ninguén: soamente amosaba o seu letreiriño e xemía, que xa non falaba. Non a deixaron entrar si quera. Aló, como en todas partes sonche moi cucos e moi asépticos: unha muller naquelas condicións, doente, trasvariada non podía entrar no país, non é rendible, non serve, e os seus fillos tampouco puideron facer cousa ningunha. Aquí remata a historia: puxéronlle un calmante, metérona no tren, sen conciencia, e mandárona de volta para a aldea. Lin a historia nos xornais e axiña pintei o cadro que ves: co letreiro case que abonda. A traxedia coméntase a si mesma.
  • 43. COMENTARIO SOBRE A PINTURA DE SEOANE É unha pintura moi elaborada? É unha pintura de apariencia tosca? É unha pintura culta? É unha pintura popular? Mantén o contacto coas vangarda? Mantén o contacto coa tradición? É unha pintura universal? É unha pintura galega?
  • 45. O MURALISTA A guerra civil frustrara moitas iniciativas de muralismo por parte dos renovadores galegos. Arturo Souto, Maside entre outros, desexaban pintar nas paredes dos edificios públicos galegos, como facían os mexicanos Orozco, Rivera, Siqueiros en México. Episodios do pasado histórico de Galicia e o traballo da clase traballadora galega na terra e no mar. Seoane coñece a pintura mural dos mexicanos e os europeos (Matisse, Léger, Miró...). A súa pintura non é ocasional. Pinta máis de trinta murais que fixo en Arxentina (bares, bancos, teatros, corredores e vestíbulos de edificios privados, durante os anos cincuenta e sesenta. A pintura mural permite superar o elitismo da arte e comunicarse directamente co público .
  • 46. Esbozo de mural para un banco da provincia de San Xoán
  • 47. O MURALISTA O pintor que sobe a un andamio non é o mesmo home que pechado no seu taller. Completa a súa vida. A súa vida será verdadeiramente pública e xulgada por unha extensa maioría . Está na rúa . Está interesado na integración das artes e a arquitectura . Co seu traballo Galicia aparecerá nos muros (xentes medievais, músicos, labores campesiños e mariñeiros). Ademais da pintura utiliza outros materiais industriais: porcelana, lousa, mosaico, cerámica, pedra picada, mármore, resinas sintéticas, metais recortados ou vitrais. Á volta a Galicia realiza dous murais na fábrica de Sargadelos e outro no Castro de Sada .
  • 48.
  • 49.
  • 50.
  • 51.
  • 52. O ESCRITOR Forma parte dos escritores do exilio, que denuncian sen concesións o sufrimento do pobo galego: pobreza, emigración e exilio. Para Maside o Seoane escritor non é inferior en nada ao artista. As aportacións que fai á nosa literatura son: recuperación da poesía civil , innovación do teatro , ensaio na investigación artística. As obras de poesía son: Fardel de eisilado (1952), Na brétema , Sant-Iago (1956), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972). O teatro: A soldadeira (1957), Esquema da farsa (1957) e O irlandés astrólogo (1959). Ademais de dramaturgo destaca temén como escenógrafo .
  • 53. O ESCRITOR Narrativa: Tres hojas y un ajo verde . Escenografía: decorados para El trébol florido de Rafael Alberti en Bos Aires (1965). Os vellos non deben namorarse de Castelao (figuríns, decorados e máscaras) en Coimbra (1969). Castelao e a súa época de Ricard Salvat. Non se chegou a estrear en Portugal (1969). As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas de Carlos Casares (1973) en Ribadavia polo grupo coruñés O Facho.
  • 54. O ESCRITOR Ensaio : investigación e crítica da arte. Realiza monografías dedicadas a autores galegos (Xosé María Cao, Pérez Villamil, Serafín Avendaño, Eiroa, Souto, Castelao ou Maside) e universais (Piero della Francesca, Grünewald, O Bosco, Diego Rivera e Georg Grosz) Realizou locucións radiofónicas para os galegos en América (en castelán aínda que se incluían textos literarios en galego). En 1954 comezou a emitir Seoane o programa “Galicia emigrante”, audición que mantivo ata o ano 1971 e para a que colaborou con 900 traballos.
  • 55. O EDITOR Todos os camiños de Seoane desembocan no libro; o ilustrador, gravador, debuxante, maquetista. Na súa mocidade compostelana ao redor da editorial Nós dirixida por Ánxel Casal descubre o traballo do libro. Será en Arxentina onde materializará esta actividade con outros exiliados como Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Rafael Dieste. Con eles naceron as editoriais galegas na emigración e o libro galego moderno. Funda en Emecé editores as coleccións Hórreo e Dorna coleccións de literatura galega que contarán con ilustracións súas. Funda a editorial Nova onde crea as coleccións Camiño de Santiago e Pomba . Segue Botella de Mar , Citania ... Publicándose algunhas das obras fundamentais da literatura e a arte galega.
  • 57. A INDUSTRIA CULTURAL Seguindo o espírito da Bauhaus da alemaña entreguerras, xunto Isaac Díaz Pardo, trata de promover a industria artística ou o que é o mesmo, difundir a cultura. En 1968 nace o Laboratorio de Formas de Galicia amplísimo proxecto restaurador no que se integran escritores e artistas, tanto do interior como do exterior de Galicia. En 1970 inaugurase a Fábrica de Sargadelos e o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside que xunto a Cerámicas do Castro (fundada en 1949) pretenden recuperar o impulso artístico.
  • 58. COMPLEXO DE SARGADELOS Pezas de personaxes da literatura e historia galegas, realizadas para cerámica do Castro, 1968.
  • 59. OBRA EN MUSEOS A FUNDACIÓN LUÍS SEOANE Ten obra en importantes museos como o Museo de Arte Moderna e o Metropolitano de Nova York , Biblioteca do Congreso de Washington, Children´s Museum ( Detroit ), Museo de Belas Artes de Caracas , Montevideo , Santiago de Chile e Museo de Arte Moderna e Nacional de Belas Artes de Boas Aires . En Galicia, no Museo de Castrelos de Vigo , no de Pontevedra , no Carlos Maside e na Fundación Luís Seoane creada en 1996 con sede na Coruña .
  • 60.