Autorretrato 1º eso (1).pptx defintotitotitotiActividade do colexio de Friol, de 2º da Eso onde se retrataron mediante texto descritivo , fotografía e pintura.
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Diana SánchezRevista escolar do CPI Ponte Carreira, elaborada polo alumnado, profesorado, familias,... na se recollen algunha das moitas cousiñas que fixemos durante o curso
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Diana SánchezRevista escolar do CPI Ponte Carreira, elaborada polo alumnado, profesorado, familias,... na se recollen algunha das moitas cousiñas que fixemos durante o curso
Riamonte, un lugar para coñecer2TEREMemoria do proxecto anual Voz Natura. Un proxecto intercentros levado a cabo nos colexios de Primaria, Ceip Barouta e Agro do Muíño no curso 2015-16.
2. ASÍ SON EU
Son Rubén e vivo en Osebe,
no concello de Teo. Meus
pais chámanse Jorge e
Olimpia, o meu irmán,
Sergio e a miña cadela Lúa.
A min gústame moito a
informática, a música
electrónica, os animais, as
festas …
De maior, gustaríame ser
creador de videoxogos.
Considero que son un neno
amable, amigable, listo, e
divertido.
Rubén
3. ASI SON EU
Ola! Chámome Raúl Suárez Cea e vivo
en Pñeiro-Ames. Son rubio de ollos
marróns e grandes. Gústame moito
correr, andar en bicicleta, xogar no
ordenador e cos videoxogos...
Son atrevido, rápido e listo. Non me
gustan os sitios cerrados nin ir en barco.
De maior gustaríame ser arquitecto
porque teño moitas ideas de facer casas
e edificios.
No cole teño moitos amigos como Teo,
Adrián, Rubén, Miguel, Anxo, Uxia...
Aprendo moito grazas á profe Tere que
é estupenda e que leva ensinándome
desde primeiro.
Na casa teño dúas cadelas moi
xoguetonas chamadas Duna e Sasha.
E así son eu!!
RAÚL
4. FALANDO SOBRE MIN
Chámome Dani e vivo en Covas,
no concello de Ames.
Considérome un neno gracioso,
imaxinativo e bo amigo.
Estudo no colexio público de
Barouta e vou na clase de 5º de
Primaria. A miña profesora
chámase Teresa.
Nos recreos gústame xogar con
Manuel e Borja que son os meus
mellores amigos.
Cando estou na clase, a miña
materia favorita é mate.
E cando estou na casa, gústame
andar pola horta, xogar á wii,
xogar ao fútbol…
E ASI SON EU!!!!!!!
DANI
5. A MIÑA PRESENTACIÓN
Ola! Son NASTASIA e vivo en
Trasmonte, nunha aldea chamada
Suevos.
Vou a unha escola fantástica, o cole de
BAROUTA, onde teño moitos amigos.
Son loura, teño os ollos dunha cor gris e
son alta.
A miña cor preferida é o azul e o verde
pistacho. Gústame comer todo o que se
me poña no prato menos a remolacha,
as noces e o paté, que o odio.
Gústame ler cómics e libros. Todos os
deportes son os meus favoritos ...
BEN, POIS ASI SON EU!
NASTASIA MARTÍNEZ
6. ASÍ SON EU
CHÁMOME CARLA REDONDO PORTO. TEÑO 10 ANOS
E O MEU ANIVERSARIO É O 16 DE FEBREIRO. VIVO EN
TRASMONTE, UNHA ALDEA DE AMES, E ESTUDO 5º DE
PRIMARIA.
VIVO COS MEUS PAIS, MIÑA IRMÁ, MARTA E O MEU CAN
KANÚ. CONSIDÉROME UNHA NENA DIVERTIDA,
GRACIOSA, CREATIVA, OCORRENTE, CARIÑOSA,
FESTEIRA, ALEGRE, INTELIXENTE E ALGO PRESUMIDA.
GÚSTAME FACER EXERCICIO, IR Á PRAIA.
GÚSTAME MOITO: FACER RIR Á XENTE, OS ANIMAIS, A
NATUREZA, XOGAR, ESTAR COS AMIGOS, VIAXAR,…
DE MAIOR QUERO SER VETERINARIA OU BIÓLOGA.
VOU A 3 ACTIVIDADES: XUDO, INGLÉS E NATACIÓN.
ESTE ANO VEU UNHA NENA NOVA CHAMADA GAILA E
AGORA XA SOMOS 26 COA PROFESORA TERE.
AS MIÑAS MELLORES AMIGAS/OS SON: CARLA.C,
ALINA, BORJA, DAVID, ELENA, ANXO, TEO, RAÚL,
ANA…
E POIS… ASÍ SON EU!:)
CARLA REDONDO PORTO
7. ASÍ SON EU
Eu son Ana Beiroa Ons, teño 10 anos e vivo
en Lamas. Son alta, teño o pelo castaño e
liso e levo media melena. Os meus ollos son
marróns e uso lentes.
Estudo no colexio de Barouta, nel teño
moitos amigos. Unha das materias que máis
me gusta é Plástica porque nela expreso a
miña arte, que é debuxar e pintar.
Na miña casa vivo cos meus pais e coa miña
irmá. Con eles pásoo estupendamente.
Gústame vestir con cores claras aínda que o
negro tamén me favorece. Unha das prendas
de roupa que máis me gusta levar son as
mallas.
O meu deporte favorito é a natación. Tamén
me encanta cantar e bailar, por esa razón a
materia de Música tamén é unha das miñas
favoritas.
De maior gustaríame ser fisioterapeuta.
Despídome dicíndovos que teño dúas
mascotas, un bóxer chamado Lúa e un
pastor alemán chamado Bora.
Así son eu
Ana Beiroa Ons
8. EU SON ASÍ
Eu chámome Gaila e teño 10 anos. vivo en
Aldea Nova e o que máis me gusta facer é
xogar cos meus amigos.
Son simpática, amable e sincera. Tamén me
gusta cantar e facer amigos novos; este ano
vou a un novo colexio.
Son moi tímida e sempre estou colorada, e
máis cando coñezo xente que non coñecía
antes ou non recoñezo a outras persoas.
Tamén son un pouco olvidadiza e mandona
cando non me dou conta. O meu xogo
preferido é o escondite e os xogos de mesa.
As miñas mellores amigas son: Martina,
Lucía, Jessica e Carla A.
As miñas cores preferidas son a negra e
máis a vermella. A cor que menos me gusta
é a rosa. As miñas materias preferidas son
música, educación física e atención
educativa.
Dáseme ben debuxar e xogar cos nenos
pequenos como a miña irmá.
Tamén son moi sensible e teño a pel moi
delicada. Gústame a nova escola e
encántanme os meus novos compañeiros.
Gaila
9. ASÍ SON EU
Chámome David Gayo Rodríguez e teño nove anos.
Vivo en Bertamiráns coa miña familia. Nacín en África,
Etiopía. Meus pais adoptáronme cando era un bebé.
Vivín uns anos en Barcelona, Cataluña, e despois
viñemos a Galicia.
Teño a pel escura, os ollos grandes e marróns, o nariz
chato, a boca bastante grande e as orellas pequenas.
O meu pelo é rizo, curto e marrón escuro. Tamén son
baixiño e delgado. En xeral todo o meu corpo é
pequeno. Son gracioso e moi divertido. Sempre estou
moi feliz e contento.
Os meus gustos son cantar e os animais. Sobre todo
os cans e os guepardos. No meu tempo libre gústame
facer atletismo e piruetas. A miña comida preferida é o
marisco. Odio a pasta e a pizza.
En infantil ía ao colexio A Maia pero en primeiro de
primaria cambieime a Barouta. No cole gústame xogar
cos meus amigos e amigas. As miñas materias
preferidas son as mates, ximnasia e coñecemento do
medio.
Na miña casa teño unha piscina, un parque de area e
unha pista de padel. Pásoo moi ben xogando coas
miñas irmás e os meus veciños. Por iso, nunca quedo
na casa xogando á consola nin a wii.
David Gayo Rodríguez
10. ASÍ SON EU
Eu chámame José Ángel Blanco Pazos, pero
todos me chaman Anxo. Teño 9 anos e vivo
na Carreira, unha aldea da parroquia de San
Román do concello de Val do Dubra, cos
meus país e meu avó.
Os días de escola paso toda a tarde en Lamas,
na casa de miña madriña.
Eu son un rapaz ao que lle encantan os
animais, sobre todo, os domésticos; andar en
bicicleta por onde faga falta; axudar na
granxa, coas pacas, co tractor, coas vacas ou
cuchas e cuchos principalmente.
Eu son moi obediente e agarimoso e un
pouco feble. Non son mentireiro porque
sempre digo a verdade. A min no cole, no
recreo, gústame moito xogar cos meus
compañeiros de clase ao fútbol, sen contar as
milleiras de trompadas que levo cada día con
eles porque ….
Así é como son eu!
ANXO BLANCO PAZOS
11. COMO SON EU
Hoxe quero que me coñezades mellor,
clase de quinto.
Vou a comezar por dicirvos que creo que
este ano vai ser especial para todos nós e
desexo que a nova amiga que veu este
ano, Gaila, estea cómoda.
Xa penso que todos sabedes o meu
nome, Elena, pero o que ao mellor non
sabedes son características de min.
Entón alá vou: vivo en Piñeiro, unha aldea
pequena onde naceron os meus avós. O
que máis me gusta facer é montar a
cabalo, de feito, teño media vida niso.
Ademais gústame pasar tempo coa miña
familia e cos meus amigos. Son moi
alegre e social. Teño amigas e amigos
como CARLA C, ALINA, JESSICA,
NASTASIA, RAÚL, TEO, DAVID …
Esta clase é xenial e divertida, facemos
manualidades que nos gustan a todos.
ELENA
12. A MIÑA
PRESENTACION
Ola son Rebeca e teño 10 anos. Vivo
no concello de Ames, en Trasmonte.
Vou ao colexio de Barouta e este ano
empecei 5ª curso.
A miña paixón é a música. Toco o piano
e vou en 3ª de elemental. Tamén me
gusta pasar o tempo cos meus mellores
amigos porque me fan sentir ben e, ás
veces, ata me fan rir.
O meu deporte favorito é o fútbol.
Gústame vestir con roupa cómoda, non
me gustan as cores pastel como o rosa,
o laranxa ou o amarelo. Son máis fan
do negro, do azul e do marrón.
Non me gusta chamar a atención,
considérome unha chica máis ben
reservada.
Son unha persoa graciosa e alegre.
REBECA RIVAS GÓMEZ
5º de primaria- CEIP BAROUTA
13. EU, TEO
Eu son Teo Martínez De Lorenzo e vivo en
Pedrouzos-Ames. Estudio no CEIP Barouta, un
colexio bastante grande situado en Ames, onde
vou en 5º curso. Alí tamén fago xudo no pavillón
porque penso que é un bo deporte.
Xa dende pequeno, sentía grande interese pola
música, así que empecei a compoñer aos 6 anos,
pero logo decidín ir a clase para saber tocar mellor.
Interésame moito e, ademais miña tía é a mestra,
así que é moi divertido.
Agora teño interese pola cultura oriental, en
especial Xapón; sei que é un país moi importante
xa que alí a innovación non cesa. En Xapón
debuxan moi ben. Hai moito cómic e moitas series
de televisión e, algo que me encanta, os
videoxogos. A iso quero dedicarme no futuro e
buscarei clases, claro. Tamén algo que quero que
ma saia coma eles é o debuxo. Estou intentando
debuxar manga e vexo series en xaponés con
subtítulos en español… ata penso aprender o seu
idioma!
Tamén me encanta facer deporte. Corro, xogo ao
fútbol e baloncesto, ando en bicicleta e acabo con
ioga.
Outro interese meu é facer filmes! Fago curtas e
tráilers e vou empezar a facer de ciencia ficción.
Pois, así son eu. Adeus!
Teo Martínez De Lorenzo
14. FALANDO DE MIN
Eu chámome Borja e teño 10 anos. Vivo en
Castelo (Ames) con miña nai, meu pai e os
meus irmáns nunha casa de pedra.
Gústame nadar, o fútbol, os cabalos, as
motos. Despois do colexio, fago os deberes
tan pronto chego á casa para ter toda a tarde
libre.
A min gústame comer hamburguesa pero non
me gustan para nada as olivas nin o tomate.
Os meus intereses son estudar moito para
poder ser policía.
Teño unha cadela, dous cans e tres gatos. E
aínda me parecen poucos animais!
Borja
15. Presentación
Eu son Alex e vivo nunha aldea, en Quintáns
(Ames). É unha aldea tranquila.
Ben, pois o que fago aquí é xogar ao fútbol,
pasear, en verán gústame nadar... E algo
novo, unha táboa de exercicio físico.
Meus pais chámanse Juan e Isabel ; case
non están na casa por mor do traballo.
Teño 7 mascotas: 1 can e 6 gatos.
Os domingos gústame ir á casa de meu
primo. E pola semana, fago os deberes de 4
a 5 e logo teño a tarde libre para xogar cos
meus gatos pequenos e tamén coido do
meu can; o malo é que agora ten carrachos.
Alex
16. Presentación
Eu chámome María Dans Rosende.
Nacín en Kazajistan o 1 de setembro
de 2004. Agora vivo en Ribeira de
Maguxe , en Ortoño (Ames).
O meu pai chámase Bruno, a miña nai
chámase Loreto e o meu irmán,
chámase Eugeny.
Eugeny vai comigo ao colexio. El
estuda 3º de Primaria e eu estudo 5º.
Imos ao Colexio de Barouta e gústame
moito.
A min gústame xogar no xardín da
miña casa e cando chove xogo dentro
co meu irmán.
A miña clase preferida é matemáticas.
MARÍA
17. ASÍ SON EU
Ola! chámome Carla Álvarez pero prefiro que me
chamedes Carla A. Teño 10 anos e veño dunha
aldea de Trasmonte, Leboráns, no concello de
Ames. Vivo cos meus pais, a miña irmá e os meus
avós.
No meu tempo libre gústame ler libros, escoitar
música e, se podo, xogar cos meus compañeiros.
Encántanme os animais, por iso, de maior, quero
ser veterinaria para coidalos e curalos.
Os idiomas que máis me gustan son o francés e
un pouco o ruso. Cando me dedico ao estudo, de
vez en cando distráiome pero, por outro lado,
atendo e participo. Aquí, na escola, teño moitos
amigos e amigas dende fai moito tempo.
CARLA ÁLVAREZ JUNCAL
18. A MIÑA PRESENTACIÓN
Chámome Jessica Natalia Pinheiro e nacin
en Poboa De Varzim, Portugal, o día 13 de
xaneiro de 2004.
Agora teño 10 anos, vivo en Ames, Galicia,
e vou ao colexio de Barouta na clase de 5º
de primaria cos meus 25 compañeiros e a
profe Terre. Somos unha clase estupenda e
fantástica; ademais este ano incorporouse
Gaila que é a nena nova.
Teño 3 irmáns: Sergio, Esther e Bogdana.
Vivo con meu pai, miña nai e miña irmá
Esther que ten 9 anos. Teño animais como
cans, galiñas, pombas...
A miña cor preferida é o azul , a miña froita
preferida é a cereixa. No meu tempo libre
gústame facer deporte, pintar, escribir,
xogar, pasar tempo cos amigos e familia.
O meu deporte preferido é o voleibol. Son
afeccionada ao fútbol e por iso o practico.
Visto con roupa alegre e escura, curta ou
longa, con debuxos de animais e persoas...
Teño o pelo longo e marrón, os ollos
grandes e marróns, son alta, forte, lista e
guapa.
JESSICA
19. PRESENTACIÓN
Son Miguel teño 9 anos son alto e
forte. Son do concello de Brión e vivo
nunha aldea chamada Cabanas. Eu
estou en 5º de primaria, gústame o
fútbol e a natación, e a miña afección
preferida é andar en bici.
Cando teño tempo libre doulle de
comer aos animais: galiñas, ovellas,
coellos, cans, patos e gatos... temos de
todo na casa.
Isto é o que fago cada día.
Miguel
20. ASI SON EU
Eu son Soraya. Vou ao colexio de
Barouta e penso que son boa
estudante. No cole fago ben os
deberes.
Penso que son agradable, graciosa e
unha boa amiga.
Vivo en Castelo, Ames de Abaixo,
número 60. Estou cerca do cole e
tamén de meus primos.
Os meus intereses son seguir
estudando, seguir sendo amiga de
Andrea e de Gaila, ser boa nos
estudos do cole e moitas cousas máis.
Soraya
21. ASÍ SON EU
Chámome CARLA e teño dez anos. Vivo
en Augapesada, Ames.
No meu tempo libre, gústame facer
actividades deportivas. Vou a patinaxe, a
baile e a piscina. Tamén me gustan as
linguas e por iso vou a inglés e a francés.
Estou en 5º de Primaria. Este ano xa
somos 25 na clase, porque veu unha
nena nova que se chama Gaila.
Eu son festeira, alegre, deportista,
fachendosa …
Gústame facer deporte, andar por fóra,
estar cos meus amigos, xogar co meu
irmán e cos meus animais. Tamén me
gusta moito ler.
As miñas mellores amigas son Elena,
Alina e Carla R.
CARLA C.
22. A MIÑA PRESETACION
Son Fátima Cebey Naveiro. Teño 11
anos e vivo no Lombao, número 56
(Ames), con meus pais e meu irmán.
Estudio 5º de Primaria no colexio de
Barouta.
Na casa teño 4 cans que se chaman
Pupi, Linda, Roni e Tuna.
Teño 2 coballas que se chaman León e
Violeta, un gato, que se chama Lucas,
moitas galiñas e pitiños pequenos.
Gústame xogar ao fútbol, andar en bici e
bañarme na piscina.
Teño unha profesora que se chama Tere.
É moi boa e algún día gustaríame ser
coma ela.
Fati
23. FALANDO DE MIN
Ola!
Chámome Andrea Suárez Vázquez.
Vivo en Agrón, Ames, e teño dez
anos.
Gústame axudar aos demais e o meu
deporte preferido é o voleibol.
Son simpática e alegre. Adoro os
animais. Encántame debuxar, estar
ao aire libre, as manualidades e
tamén ler.
Gústame facer cousas novas, viaxar e
xogar cos meus animais.
Así son eu!
Andrea
24. PRESENTACIÓN
Eu chámome Alina e teño 10 anos.
vivo en Pedras, número 17, (Ames).
Gústame moito patinar e facer deporte
e tamén xogo cos meus amigos que se
chaman CarlaC e Elena.
Ás veces, xogo cos meus veciños,
Martiño e Bento; xogamos na miña casa.
A miña casa é moi grande; ten unha
finca tamén grande e, a veces, xogo ás
agochadas.
Eu non teño animais pero os veciños
déixannos xogar co seu gato, que se
chama Mouriño. E cando se van de
vacacións, déixannolo quedar para que
nós o coidemos.
Alina
25. ASÍ SON EU
Chámome Adríán e vivo en Piñeiro (Ames).
Teño 9 anos e vou ao colexio de Barouta.
Vivo nunha casa grande con meus pais e mais
unha cadela.
Cando chego da escola chamo por teléfono a
Raúl para facer os deberes. A veces vou eu
para a súa casa e a veces vén el para a miña.
Gústanme os animais, por iso adoptamos a
cadela que temos na casa.
No meu tempo libre gústame facer deporte,
como o fútbol, pero co brazo escaiolado non
podo xogar. Tamén me gusta xogar á consola e
ver a tele.
Estou nun equipo de fútbol (S.D. Dubra). Os
martes e os venres temos que ir adestrar, e os
domingos temos os partidos.
Polo verán gústame moito ir á praia, pero este
ano meus pais mercaron unha piscina moi
grande, así que xa non fun tanto á praia.
Os meus pratos favoritos son o pescado con
patacas, a lasaña e a tortilla.
Adrián
26. QUEN SON EU
NACIN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA UN,
24 DE DECEMBRO E PESEI CASE 4 KG.
AGORA, DENTRO DE 3 MESES, VOU
CUMPRIR 10 ANOS.
VIVO NO CONCELLO DE AMES E LEVO
DESDE OS 3 ANOS NO C.E.I.P BAROUTA.
ESTE ANO CURSO QUINTO DE PRIMARIA É
O QUINTO ANO QUE NOS TOCA COA PROFE
TERE E ESTOU MOI CONTENTA DE TELA
OUTRO ANO MÁIS PORQUE ME AXUDA
MOITO.
TEÑO O PELO NEGRO, OLLOS AZUIS, PEL
BRANQUIÑA E ALGUNHA QUE OUTRA
PECA.
SABES XA QUEN SON?
UXÍA