Riamonte, un lugar para coñecer2TEREMemoria do proxecto anual Voz Natura. Un proxecto intercentros levado a cabo nos colexios de Primaria, Ceip Barouta e Agro do Muíño no curso 2015-16.
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraiesasoreyUn traballo sobre o monte da Pastora (Cambados) realizado por alumnado do IES Francisco Asorey na área de Proxecto Interdisciplinar (2009)
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá BonxeTurismo e Cultura. Deputación de Lugo.Díptico da Exposición "Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá - Bonxe
IES Francisco Asorey: A contorna- A PastoraiesasoreyUn traballo sobre o monte da Pastora (Cambados) realizado por alumnado do IES Francisco Asorey na área de Proxecto Interdisciplinar (2009)
Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá BonxeTurismo e Cultura. Deputación de Lugo.Díptico da Exposición "Formas tradicionais da cerámica popular Terra Chá - Bonxe
Aprendendo a escunchar na leira de ManuelpicasaponteUn traballo comunitario aínda vivo nas aldeas do Concello. Escunchar, esfollar, cabazo, millo do país... Moita sabedoría que non queremos perder!
Veciños da Magdalena e a Condomiña IaavvmagdalenaPrimeiro voceiro da Asociación de Veciños da Magdalena e a Condomiña facendo un repaso das actividades feitas nestes primeiros meses de traballo.
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintelaEncarna LagoRed Museistica Lugo. Practicas coordinadas por Encarna Lago
1. De Barouta a Buño e a Dombate
12 de febreiro de 2016
2. O 12 de febreiro, as aulas de 5º e 6º de Primaria fomos de excursión polo noroeste da provincia da Coruña. Visitamos o
ecomuseo Forno do Forte, en Buño, e o dolmen de Dombate, en Cabana de Bergantiños.
A primeira hora, collemos a información básica sobre o percorrido e marchamos. Aínda que o tempo nos puxo mala cara, nós
respondemos cun sorriso e con moitos xogos e conversas durante a longa viaxe en bus.
Xa en Buño, no medio do lugar, atopamos unha antiga casa de oleiros, hoxe convertida en museo. Como eramos moitos, fixemos
dous grupos: uns visitaban as exposicións permanentes sobre olaría, agricultura… e o resto facía un obradoiro de barro.
Foi interesante traballar coa arxila, o peor foi que non puidemos ir todos ao torno. Pero trouxemos igual a nosa figuriña feita á
man.
Xantamos alí mesmo pero chovía e facía frío. Tan pronto como puidemos, marchamos e paramos nun bar da estrada para repor
algo de enerxía antes de chegar a Dombate.
Aquí, mentres que uns quedaron facendo un obradoiro de gravado, o resto tocounos visitar primeiro o dolmen. Que pasada de
construción! Está resgardado baixo unha cúpula de vidro para protexer as pinturas que hai no seu interior. Esa é una das razón de
que sexa considerado a catedral do megalitismo galego.
Só o vimos por fóra, xa que está moi protexido; pero, logo, puidemos entrar nunha réplica que fixeron e vimos como eran as
pinturas e tamén o gravado que se atopou. Por certo, un anaco dese gravado foi o que representamos no obradoiro. Que ben
resultou e canto aprendemos!
<<Esta excursión foi xenial, aprendín un montón e nunca a esquecerei!>>
<<Encantoume, aprendín cousas novas e o ambiente foi agradable.>>
<<O que máis me impresionou foi o dolmen. É impresionante! E cada pedra mide 4 m de alto. Facer figuras no torno tamén doi
una experiencia única!>>
<<Encantoume esta excursión e aprendín algo máis das construcións megalíticas e de como traballar coa cerámica.>>
<<Foi xenial. Repetiría outra vez. Aprendín moito e as actividades foron divertidas.>>
<<Encantoume esta excursión porque foi coma volver ao pasado e aprender como se facían as cousas antes.>>
<<Longa e impresionante. Creo que foi do gusto de todas e todos.>>
<<É para repetir. E estou ansioso por chegar á casa e contarlles todo o que sei! Estiven en contacto coa Galicia neolítica, un pasado
non tan afastado. Esta experiencia gravouse en min coma o debuxo que fixen da “cousa” no cartón.>>
<<Fixemos cousas novas e diferentes. Gustoume esta experiencia.>>
<< Gustoume moito e repetiría pero sen tanta chuvia nin frío.>>
<<Foi xenial. O que máis me gustou foron os obradoiros e a visita ao dolmen.>>
<<Foi unha excursión fermosa, con moita aprendizaxe, algo diferente. Xenial! Volvería cada venres.>>
>>Para min, foi épica; tiña tantas ganas de que chegase o día! E paseino moi ben cos compañeiros e nos obradoiros. Aprendín
cousas que non sabía e que me serán de axuda no futuro.>>
Estes foron os comentarios recollidos na aula ao falar desta saída. Creo que está claro!
3. O Ecomuseo nace como resultado da necesidade de expoñer ao público a tecnoloxía e o xeito de vida
tradicional dos “oleiros” (alfareiros) de Buño.
Está formado polas antigas casas/obradoiro, forno, “cabanote” (alpendre) e “cabazo” (hórreo) de varias
familias alfareiras.
O conxunto foi rehabilitado recentemente pola Deputación da Coruña, actual propietaria, que coidou
cada detalle co fin de ofrecer ao visitante a posibilidade de retroceder no tempo e poder coñecer, non só
como era a vivenda dun oleiro, senón tamén o seu oficio e o xeito de vida dunha familia da década de
1950.
http://www.concellomalpica.com/fornodoforte/ga/xml/index.php
FORNO DO FORTE
4. Forno do Forte é un dos conxuntos etnográficos máis emblemáticos de Buño.
Foi levantado ao longo dos s.XVIII-XIX. A súa orixe foi unha casa labrega de
gran tamaño. Cando o propietario cambiou de vivenda dividiuna en varios
apartados que alugou a oleiros e xornaleiros. Para atraer aos oleiros construíu
un cabanote (alpendre de grandes dimensións) onde podían gardar barro,
toxo e outros obxectos e levantou un forno, indispensable para que puideran
cocer. Este forno era dos máis apreciados pola calidade das súas coceduras.
Á composición inicial engadíronselle máis vivendas ocupadas por oleiros, ata
formar arredor do forno o que é o conxunto máis orixinal da localidade.
O forno coceu con regularidade ata a década de 1960. A partir de aí reduciu a
súa actividade ata abandonala nos anos 70 do século pasado.
En 1999 iniciáronse os traballos de restauración e posta en valor do conxunto
coa fin de crear o Ecomuseo que hoxe podemos visitar.
Dentro do grupo de construcións tamén debemos salientar o hórreo (cabazo),
un dos mellores conservados da comarca.
5. OBRADOIRO
O lugar de traballo estaba na vivenda do oleiro, sempre na cociña. Enriba da cociña estaba o
secadeiro da cerámica ou fumeiro, no que o fume do fogar secaba as pezas. A carón da cociña
ficaba o lugar onde se almacenaba o barro e se preparaba para poder tornealo.
FERRAMENTAS
As ferramentas utilizadas polos oleiros eran moi sinxelas, elementos naturais escasamente
transformados, como fragmentos de canas ou plumas de galiña; noutros casos aproveitábanse
restos de materiais, cachos de teas, de arámeos, etc... A ferramenta máis representativa de
Buño era a cana que se utilizaba para dar forma á vasilla, alisar a superficie ou decorar.
MATERIAS PRIMAS
A materia prima máis necesaria para a realización das pezas era o barro, seguido da leña e as
canas.
O barro empregado era de orixe sedimentaria a partir de rochas graníticas. En canto á leña,
necesaria para cocer a cerámica, empregábase o toxo. Hoxe en día, só se utiliza nas coceduras
do Ecomuseo e a maioría dos oleiros usan fornos de gas. As canas recollíanse dos humedais
próximos ou plantábanse nas hortas. A última materia prima indispensable é o esmalte ou frita,
co que se vidraban as pezas para impermeabilizalas.
11. Equipo traballando o barro á man, fóra no
cabanote. Con algo de frío, a verdade!
12. Todas as casas tiñan no baixo,
a súa lareira, co forno de
broa. Na cociña estaba tamén
o obradoiro, co torno, o barro
o pisón para machucalo...
13. No sobrado atopamos: o fumeiro, para secar as
pezas de barro, e o cuarto para durmir e asearse.
A cama, cun xergón de follato de millo,
as maletas de cartón, o lavamáns ...
14. Así vén o barro da canteira.
Logo, co pisón, vaise machucando ata
desfacelo ben. Este labor facíano as mulleres.
Con este po xa
se pode facer o
amasado.
15. Un xantar diferente, na taberna e logo a
esperar no cabanote. Tempo para o
xogo e as relacións, a pesares da friaxe.
Un pouco de
relax no bar.
19. Parte traseira do dolmen. Fixeron un corte no terreo para
ver a altura das laxas que pechan a construción megalítica.
No outeiro da esquerda, “mámoa”, vense as pedras doutro
dolmen moito máis pequeno.
No interior
do dolmen
hai pinturas
e gravados.