As variedades dialectais da lingua galega, por Noemí PazóRomán LandínPresentación sobre os bloques e áreas lingüísticas do idioma galego elaborada por Noemí Pazó. Fonte: material descargado do sitio web Na Punta da Lingua, de Rosa Salgueiro. http://napuntadalingua.rosasalgueiro.com/lingua2.htm
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galegaAntonio SalvadoresNormas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Normativa de 2003. Tiradas de http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf
Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galegaAntonio SalvadoresNormas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Normativa de 2003. Tiradas de http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf
2. Lingua ESTÁNDAR ou PADRÓN
Modelo de lingua común cuxa función principal é
servir como canle de comunicación nos usos
orais formais e na escrita:
• Documentación administrativa.
• Medios de comunicación.
• Ensino
• As conferencias e os discursos.
A proposta do galego estándar coñecida como normativa
oficial está recollida nas NORMAS ORTOGRÁFICAS E
MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO (2003)
3. Variedades lingüísticas
A diversidade interna da lingua pódese
clasificar, atendendo ás circunstancias
que inciden no seu uso, en:
• Variedades xeográficas ou dialectos.
• Variedades situacionais ou rexistros.
• Variedades sociais/profesionais.
4. Variades xeográficas ou dialectos
Os estudos sobre as variacións fonéticas e
morfolóxicas que presenta o galego ao longo do
seu territorio distinguen tres grandes bloques
lingüísticos:
• OCCIDENTAL
• CENTRAL
• ORIENTAL
O fenómeno lingüístico que nos permite establecer
estes bloques é o plural da palabras rematadas
en –N: corazóns/corazós/corazois.
6. Fenómenos lingüísticos
• Gheada: aspiración do fonema velar /g/ que se
pronuncia como velar ou aspirada (ghato, logho)
• Seseo Implosivo (final de sílaba: des, lus) e explosivo
( inicio de sílaba: sinco, cabesa, sen): transformación do
son interdental en alveolar /s/
• Diferentes terminacións para os sufixos latinos - anum/-
anam: o irmán/a irmán, o irmao/a irmá, o irmán/a irmá.
• Pronome tónico TI/TU , EL/IL e dos demostrativos
ESTE/ISTE
• Mantemento ou perda do u nos ditongos CUA/GUA
• Emprego dos pronomes átonos TE/CHE
• Terminacións do pretérito: colleches/colliches.
• Terminacións do presente: Cantades/cantais
• Ditongo UI / OI
8. BLOQUE OCCIDENTAL
• Seseo implosivo
• Seseo explosivo
• Gheada
• Pronome suxeito TI/TU
• Pronome suxeito EL
• Ditongo OI/UI
• Perdéches
• Terminación NS, camións, xamóns
• Terminación ÁN para masc. e fem.( verán, man,mañán)
• Formas: cantades, comedes
• * Zonas de cheísmo, teísmo.
9. BLOQUE CENTRAL
• Non hai seseo( algo de seseo implosivo)
• Non hai gheada*
• Ditongo OI maioritario
• Alternancia A/UA (catro, gardar/cuatro, guardar)
• Pronome suxeito TU
• Pronome suxeito IL/EL
• Terminación AO/Á masc. e fem.(verao, a mao,mañá)
• Colliches
• Terminación do plural Vogal tónica +S(xamós, pantalós)
• Demostrativo ISTE/ISE/AQUIL
• * zonas de LLELO
10. BLOQUE ORIENTAL
• Non gheada
• Non seseo
• Pronome suxeito TU
• Terminación AO/Á( o irmao, verao, mao, mañá)
• Plural IS (pantalois, xamois)
• Formas: cantais, comeis
• Ditongo UA (cuatro, guardar)
• Ditongo UI/U (truita, truta, trutia)
• Plural de palabras rematadas en –L en IS (animais)
• * Ancares: vogais nasais, gheada
• *Terminación –IN ( paxarín, camín)
• *Forma: Vecius(veciños)
11. Variedade s situacionais ou
rexistros
Determinadas polo contexto
• Canle: oral ou escrita.
• Interlocutores: grao de familiaridade,
idade…
• Tipo de mensaxe: carta, nota, discurso...
• Situación comunicativa: charla informal,
conferencia, comunicado …
12. Rexistro informal/oral/
non planificado/coloquial
• Dialectalismos: fonéticos e morfolóxicos
• Vulgarismos(dependendo do nivel cultural do falante)
• Abundancia de deícticos: demostrativos,
adverbios(aquí).
• Pronomes persoais de 1ª e 2ª persoa, posesivos.
• * Pronomes de solidariedade (che, vos, lle, lles)
• *Dativo de interese ( me, nos)
• Elementos non verbais: acenos, expresión facial …
• Sintaxe sinxela: simples, coordinadas, oracións curtas.
( anacolutos, frases inacabadas, elipses, hipérbatos)
• Interxeccións:
ah,ai,bah,boh,ca,canté,eh,ei,hala,ho,oi,ola,ouh,vaites.
13. Rexistro informal/oral/
non planificado/coloquial
• Léxico e información.
- Vocabulário pouco preciso: palabras “comodín” ( couso,
cousa, historia, asunto …)*inflúe o nivel cultural.
- Repeticións de palabras e información.
- Onomatopeas: facía téquele-téquele ao andar
- Frases feitas: chover a cachón, ser un ninguén, andar ás
minchas.
- Xirias(*inflúe o grupo social): chupa, carro, cocer …
- Refráns e proverbios: falar non ten cancelas …
- Coloquialismos, palabras tabú: espichar, cabrear, foder..
14. Rexistro formal/escrito
Acostuma ser non espontáneo, planificado.
• Falta de elementos non verbais.
• Progresión da información: estrutura, orde, causalidade.
• Lingua coidada:
- Sintaxe complexa: subordinación, interordinación,
oracións longas.
- Lingua estándar: respecta a gramatica, sen
dialectalismos.
- Léxico variado, preciso e respectuoso: tecnicismos,
cultismos, ausencia de palabras comodín.
- Non hai apoios verbais e interxeccións.