Outes, A CostaMonContosO concello de Outes está situado na marxe dereita da ría de Muros e Noia, co Tambre facendo linde polo sur. A costa é abrigada e está ocupada por amplas áreas de marismas nos esteiros dos ríos (Tambre, Entíns, Bendimón...), algúns areais, e zonas de cantís de pouca altura. Acolle importantes bancos marisqueiros. As principais actividades son os servizos, a industria (estaleiros, serradoiros...), a pesca, o marisqueo e a agricultura. Conta con áreas de grande interese natural e conserva un importante patrimonio cultural: castros, mámoas, pontes, hórreos (chamados localmente moas), cruceiros, igrexas...
Catoira, A CostaMonContosO concello de Catoira está situado na banda sur da Ría de Arousa, nun terreo de transición co esteiro do Ulla (espazo protexido).Ten unha costa baixa, con alternancia de zonas rochosas e areosas, con alguns seos e numerosos bancos de area e lameiros producidos polos sedimentos que achega o río. Está moi ocupada por recheos e construcións.
Pontevedra, A CostaMonContosO concello de Pontevedra conta cuns pequenos tramos de costa no fondo das rías de Pontevedra (5,5 km) e Vigo (1,2 km). É un litoral maiormente areoso ou lamacento con pequenos tramos rochosos de pouca altura e algún illote. Son áreas de enorme importancia biolóxica que acollen un grande número de aves acuáticas, sobre todo no inverno. Nos areais hai importantes zonas de marisqueo.
Pontevedra é un concello que acolle importantes valores histórico-artísticos, centrados sobre todo no casco antigo da cidade, un dos mellor conservados de Galiza. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e o turismo.
Rota 6º cursosenlleiro2Rota 4 do Proxecto " Coñecer a costa de Ribadeo" dentro do Plan Proxecta, dende a praia de Xuncos ás Catedrais. Participa o alumnado de 6º curso do CEIP Gregorio Sanz en Ribadeo. Curso 2012-2013.
Ría de FerrolmonadelaLitoral entre o cabo Prioriño e a punta da Coitelada, unha ría moi poboada e cunha intensa actividade industrial. De enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexida en parte no LIC/ZEC "Costa
Pontevedra, A CostaMonContosO concello de Pontevedra conta cuns pequenos tramos de costa no fondo das rías de Pontevedra (5,5 km) e Vigo (1,2 km). É un litoral maiormente areoso ou lamacento con pequenos tramos rochosos de pouca altura e algún illote. Son áreas de enorme importancia biolóxica que acollen un grande número de aves acuáticas, sobre todo no inverno. Nos areais hai importantes zonas de marisqueo.
Pontevedra é un concello que acolle importantes valores histórico-artísticos, centrados sobre todo no casco antigo da cidade, un dos mellor conservados de Galiza. As principais actividades son os servizos, o comercio, a industria e o turismo.
Rota 6º cursosenlleiro2Rota 4 do Proxecto " Coñecer a costa de Ribadeo" dentro do Plan Proxecta, dende a praia de Xuncos ás Catedrais. Participa o alumnado de 6º curso do CEIP Gregorio Sanz en Ribadeo. Curso 2012-2013.
Ría de FerrolmonadelaLitoral entre o cabo Prioriño e a punta da Coitelada, unha ría moi poboada e cunha intensa actividade industrial. De enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexida en parte no LIC/ZEC "Costa
Comarca Umia-CaldasmonadelaCONCELLOS: Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga
A comarca de Caldas, coñecida tamén co nome de Ulla-Umia ou simplemente Umia, está situada ao noroeste da provincia de Pontevedra, no linde coa de A Coruña, da que a separa o río Ulla. O territorio é unha transición entre as chairas costeiras da ría de Arousa e as pequenas elevacións que seguen o trazado das numerosas fallas que atravesan a comarca. As concas fluvias pertencen, na súa maior parte, ao Ulla (ao norte) e ao Umia, que atravesa a comarca polo sur, de leste a oeste.
É unha comarca moi diversa con ecosistemas e paraxes naturais moi ricos e variados: costa do fondo da Ría de Arousa e esteiro do Ulla, vales fluviais amplos, ríos encaixados e montañas de pouca altura.
Comarca O SalnésmonadelaA comarca do Salnés está situada no noroeste da provincia de Pontevedra entre a banda sur da ría de Arousa e a banda norte da ría de Pontevedra. O territorio está formado polo amplo val do Salnés, no curso baixo do río Umia, rodeado de pequenas elevacións, cunha costa recortada e protexida que é unha importante fonte de recursos pesqueiros e marisqueiros.
É unha comarca densamente poboada con importantes núcleos urbáns, entre os que destaca Vilagarcia e que conserva importantes espazos de interese natural, en especial na costa.
Concellos: Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagacía de Arousa e Vilanova de Arousa
Ria de Corme e LaxemonadelaA ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
Ria da ArousaMonContosA ría da Arousa ábrese entre as puntas Falcoeiro, ao norte, e o Con da Aguieira (na península do Grove), ao sur. É a maior das rías galegas, con 25 km de lonxitude, 10 km de cumprimento na zona máis ampla e 230 km2 de superficie. Está formada pola unión dos vales fluviais dos ríos Ulla e Umia.
Acolle importantes valores naturais, culturais e económicos e conta con varias proteccións.
Noia, A CostaMonContosO concello de Noia está situado no fondo da ría de Muros e Noia, entre a desembocadura do Tambre e a Punta do Cabalo Baixo. Ten unha costa baixa e protexida, onde alternan rochedos con areais e esteiros dunha grande riqueza biolóxica que da lugar a importantes bancos marisqueiros.
Vimianzo, A CostamonadelaO concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
Ponteceso, A CostamonadelaO concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
Laxe, A CostamonadelaO concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
Camariña. A CostamonadelaO concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
Cabana de Bergantiños. A CostamonadelaCABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
Malpica, A CostamonadelaO concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
Carballo a costamonadelaO concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
Arteixo, a costamonadelaO concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A Laracha, A CostamonadelaO concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
LIC/ZEC Costa de DexomonadelaA costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
Ria da CoruñamonadelaÉ unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
Oleiros, A CostamonadelaO concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
Culleredo, A CostamonadelaO litoral de Culleredo ocupa a marxe esquerda da desembocadura do río Mero na parte máis interna da ría do Burgo, formando parte da ría da Coruña.
A Coruña, A CostamonadelaO concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Esteiro do BaxoimonadelaProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
2. ENERXÍA DAS MAREAS
(mareomotriz)
A enerxía da auga encorada
durante a marea chea
aprovéitase para mover
mecanismos na baixamar.
Acea da Illa de Arousa
3. OS MUÍÑOS DE MAREA
A enerxía producida polas correntes de marea foi
aproveitada desde tempos antigos para mover muíños de
cereais. Hai referencias do seu uso en Basora, no Golfo
Pérsico, no século X, e en Europa desde o século XI. En
Galicia usouse desde o século XVI.
Muíño en
Bréhat
(Bretaña)
7. Os muíños de marea son semellantes aos dos ríos na súa estrutura.
Están instalados na costa en lugares con forte oscilación entre mareas, e espazos
onde sexa posible construír unha presa para almacenar a auga da chea e
aproveitala durante a marea baixa para mover os rodicios.
entrada da
auga ao muíño
auga encorada
comportas das canles
presa
cubos e
rodicios
comportas
entrada da auga á presa
coa subida da marea
saída da auga
8. A auga pasa pola planta baixa do muíño durante a marea baixa. Unha canle
condúcea ao cubo (xeralmente de forma cilíndrica) para que colla máis presión e
mova os rodicios que accionan o mecanismo de moer.
moega
moa
pé
pechadoiro
tempero
eixo ou veo
auga encorada
rodicio
viga ou mesa
14. Muíños de marea en Galicia
En Galicia danse condicións
naturais para o
aproveitamento enerxético
das mareas xa que teñen un
desnivel medio de 3 m e a
costa recortada ofrece
abundantes esteiros e
enseadas.
Situación dos muíños de marea en Galicia, a
partir dos datos de Begoña Bas.
Coñecense un total de 14 muíños e considérase
probable a existencia de dous máis.
15. As Aceñas. Ove (Ribadeo)
Na desembocadura do rego de Ramos.
Só se conservan anacos da presa e do muíño.
16. Aceas dos Verxeis (Viveiro)
Na desembocadura do río Xunqueiras.
Construído a finais do século XVIII, traballou ata 1960 aprox.
Tiña catro moas e vivenda. Está transformado en dúas vivendas.
17. O muíño do Mar, As Aceas (Ortigueira).
Situado no esteiro do río Maior. Construído en 1905, deixou de traballar en 1970.
Ten dúas moas.
28. Acea de Ama (Santiago do Burgo-Culleredo).
Construído no século XII e reconstruído no XVI.
Situado na desembocadura do rego da Trabe.
Ten catro moas. Actualmente está restaurado como museo.
32. Muíño das Torres. Muíño da Arcea
(Santiago de Cereixo-Vimianzo).
Na desembocadura do río do Cereixo ou Tufión.
Construído en 1647, deixou de funcionar a mediados do século XX.
35. Muíño das
Mareas.
Serres
(Muros).
Na desembocadura do río
Valdexería no lugar de
Agro das Mareas ou Ponte
dos Muíños.
Construído arredor de
1815, deixou de traballar
entre 1915 e 1930.
A finais do s. XIX
construíselle unha casa
de baños anexa.
Ten seis moas.
Está restaurado como
Centro de Interpretación
dos muíños da Costa da
Morte.
38. Muíño do Cura (Catoira)
As primeiras referencias son do século XIX. Deixou de funcionar a comezos do
século XX.
Ten dúas moas. Tiña vivenda na parte superior.
40. As Aceñas. Illa de Arousa.
As primeiras referencias aparecen en documentos de 1681. Deixou de funcionar
arredor de 1980 (foi o último muíño de marea de Galicia en facelo).
Ten catro moas.
44. Muíño de marea da Seca (Cambados)
Situado na desembocadura do rego da Ucha. Construído sobre unha vella saíña
en 1622; deixou de traballar arredor de 1975.
Ten catro moas e unha vivenda no 1º andar. Na actualidade é un museo.
50. As Bancas de Casó. Vilaboa
Só se conserva o muro da presa. Hai referencias á posible existencia dun muíño
de marea. Non seguridade de que chegase a funcionar.
A presa foi empregada polas saíñas do Ulló.
52. MONTAXE : Adela Leiro, Mon Daporta
IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, Sixpac, Google Earth.
BIBLIOGRAFÍA: -“Muíños de Marés e de vento en Galicia”, de Begoña Bas (Ed F. Barrié de la Maza)