O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
Vilagarcía da Arousa, A CostaMonContosVilagarcía da Arousa está situada ao norte da comarca do Salnés, no fondo da ría de Arousa, en parte no esteiro do Ulla. Ten unha costa típica de fondo de ría, baixa e recortada, na que se suceden puntas, areais e lameiros nos pequenos esteiros dos regos que baixan dos montes que a rodean (Xiabre e Lobeira). Destaca a presenza das illas de Cortegada e as Malveiras e os lombos da desembocadura do Ulla, que son importantes bancos marisqueiros. Unha parte importante do litoral está ocupada polas áreas portuarias.
Cambados, A CostaMonContosO concello de Cambados atópase á beira da ría de Arousa, no centro da comarca do Salnés. Ten 17 km de litoral (sen contar as illas) e a súa maior parte está no esteiro do Umia (espazo con varias figuras de protección). É unha costa abrigada e recortada que alterna areais, rochedos, pequenas praias e esteiros; de augas calmas e de pouca profundidade e grandes áreas que quedan en seco coa marea baixa, que acollen ricos bancos marisqueiros.
Ria da CoruñamonadelaÉ unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
Ferrol, A CostamonadelaLitoral do concello de Ferrol, na marxe dereita da ría de Ferrol e na Costa Ártabra exterior. De interese xeolóxico, biolóxico e cultural.
Oleiros, A CostamonadelaO concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
Comarca O MorrazomonadelaA comarca do Morrazo está situada na costa leste de Pontevedra, entre as rías de Pontevedra e Vigo. O territorio presenta un releve moi irregular, aínda que non acada grandes alturas e unha costa moi recortada e diversa con zonas abrigadas en rías e enseadas, areaias e cantís de gran altura. Está moi fracturado e percorrido por numerosos ríos de curso curto e escaso caudal.
Acolle unha gran diversidade de ecosistemas e espazos naturais protexidos.
CONCELLOS: Bueu, Cangas, Marín e Moaña
Ria de CamariñasMonContosA ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
Ria de Corme e LaxemonadelaA ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
A Guarda, a costaMonContosO concello da Guarda está situado no extremo SO de Galiza, cunha parte na costa do Arco Miniano-Duriense, cara ao mar aberto e outra no esteiro do río Miño, con Portugal na outra banda.
A costa atlántica da Guarda é rectilínea, rochosa, exposta, con dous seos na parte central que acollen a localidade e os únicos areais costeiros da contorna. A ribeira do Miño, entre a desembocadura e a Pasaxe, é unha costa baixa e areosa na que os areais perden extensión e amplitude canto máis se adentran no esteiro.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo . Ademais dos valores naturais A Guarda conta cun importante patrimonio histórico e etnográfico.
Carnota, A CostaMonContosO concello de Carnota está situado fronte á costa de Fisterra, entre o remate das rías Baixas e o comezo da Costa da Morte. O litoral esténdese desde a desembocadura do río Xallas ata a praia de Lariño. É unha costa exposta que alterna áreas rochosas de pouca altura con enseadas e areais na que podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais, marismas e illotes...). Ten un enorme interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico.
Culleredo, A CostamonadelaO litoral de Culleredo ocupa a marxe esquerda da desembocadura do río Mero na parte máis interna da ría do Burgo, formando parte da ría da Coruña.
Vimianzo, A CostamonadelaO concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O Grove, A CostaMonContosO concello do Grove ocupa a península que pecha a ría de Arousa polo sur, unido a terra polo istmo areoso da Lanzada. Nos seus 41,5 km de costa ao interior e o exterior da ría, hai unha sucesión de praias e areais con cantís e rochedos e numerosos illotes e illas (a maior é a da Toxa).
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o turismo. Hai algunhas industrias relacionadas co mar. É un concello de grandes valores naturais e culturais, cunha grande parte da súa costa protexida.
Redondela, a costaMonContosO concello de Redondela está situado na banda sur da ría de Vigo. A costa, pola proximidade dos montes, é escarpada agás no esteiro do río Alvedosa e na praia de Cesantes. Alterna cantís de media altura, praias e seos que quedan amplamente ao descuberto co debalo da marea. É unha costa rica en bancos marisqueiros.
As principais actividades son a pesca e o marisqueo, os servizos e a industria.
LIC Monte Maior monadelaO espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
Noia, A CostaMonContosO concello de Noia está situado no fondo da ría de Muros e Noia, entre a desembocadura do Tambre e a Punta do Cabalo Baixo. Ten unha costa baixa e protexida, onde alternan rochedos con areais e esteiros dunha grande riqueza biolóxica que da lugar a importantes bancos marisqueiros.
Baiona, a costaMonContosO concello de Baiona está situado no banda sur da Ría de Vigo. O litoral ten dúas partes contrapostas o fondo do seo e o esteiro do Miñor onde a costa é protexida, baixa e areosa, e a outra, a partir do monte do Boi ata o cabo Silleiro, rochosa e exposta.
As principais actividades son o turismo, os servizos, a pesca e o marisqueo. Baiona acolle un importante patrimonio natural e cultural.
Vigo, a costaMonContosO concello de Vigo está situado na banda sur da ría de Vigo. Na costa distinguimos dúas zonas: a das illas Cies, toda ela rochosa e exposta cara ao mar aberto, e con algunhas praias na parte que da á ría; e a costa continental na que, a pesar de ter case a metade da súa lonxitude ocupada por instalacións portuarias e industriais, se alternan as zonas rochosas e areosas polo que conta con numerosas praias, entre as que destaca, tanto polo seu tamaño como polas súas infraestruturas, a de Samil.
Vigo conta coa agrupación urbana máis grande de Galiza con preto de 300.000 habitantes. As principais actividade son os servizos, a industria e a pesca. Acolle un importante patrimonio cultural e conta con varios museos.
Moaña, a costaMonContosO concello de Moaña está situado na banda norte da ría de Vigo. O territorio é de releve moi abrupto; cae dos cumes do Morrazo ao mar en poucos quilómetros. O litoral de Moaña ten interese paisaxístico e xeolóxico, cunha grande diversidade de rochas e formas de releve costeiro no que alternan pequenos cantís con seos e areais. Ten unha intensa ocupación.
Illa da Arousa, A CostaMonContosO concello da Illa de Arousa ocupa a illa do mesmo nome, situada no interior da ría da Arousa. É a illa máis grande de Galiza (6 km de lonxitude e 7 km2 de superficie) e a máis poboada. Conta cuns 36 km de costa na que alternan as zonas rochosas, os seos, as praias e as dunas. Está unida a terra desde 1985 por unha ponte de 2 km de lonxitude. Foi o último concello de Galiza en constituírse, no ano 1997.
Moitos dos areais da Ila de Arousa son ricos bancos marisqueiros.
Catoira, A CostaMonContosO concello de Catoira está situado na banda sur da Ría de Arousa, nun terreo de transición co esteiro do Ulla (espazo protexido).Ten unha costa baixa, con alternancia de zonas rochosas e areosas, con alguns seos e numerosos bancos de area e lameiros producidos polos sedimentos que achega o río. Está moi ocupada por recheos e construcións.
Ponteceso, A CostamonadelaO concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
Cariño. A costamonadelaLitoral do concello de Cariño, entre os cantís da serra da Capelada e a ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Cabo Ortegal" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.

Camariña. A CostamonadelaO concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
Camariñas, A CostaMonContosCamariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
Valdoviño, A CostamonadelaUnha costa dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Protexida no LIC/ZEC “Costa Ártabra”, nas ZEPAs “Lagoa da Frouxeira” e “Costa Ferrolterra-Valdoviño”, no -Humidal Protexido e Humidal Ramsar “Lagoa e areal de Valdoviño” e no inventario de SEO/BirdLife.
Bueu, A CostaMonContosO concello de Bueu está situado no extremo da banda sur da ría de Pontevedra e inclúe as illas de Ons, Onza e Centoleiro. Ten unha importante fachada costeira, o norte na ría de Pontevedra e o leste na de Aldán, cunha costa moi recortada e diversa, con zonas abrigadas e expostas, areais, praias, rochedos e cantís.
Acolle importantes valores naturais, asociados aos ecosistemas costeiros protexidos. O patrimonio cultural está representado por igrexas, pazos, cruceiros, hórreos, muíños, peiraos e embarcacións tradicionais, salgas...
LIC Costa ÁrtabramonadelaO espazo protexido abrangue desde a Punta Avarenta, en Ares, ata Mugardos, incluíndo o espazo marítimo próximo, e a costa desde o cabo Prioriño ata a punta do Seixo en cariño (agás a área urbana de Cedeira), áreas interiores da Serra da Capelada e o curso alto do río Seixo de Landoi.
Na zona atópanse ecosistemas mariños, cantís, praias e sistemas dunares, illas e illotes, montes e brañas. Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico botánico e faunístico.
CONCELLOS: Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Narón, Ferrol, Mugardos, Ares.
Arteixo, a costamonadelaO concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A costa galegaMonContosA costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantíse 300 km son de praias
Bergondo, A CostamonadelaBergondo está situado na marxe esquerda da ría de Betanzos, e na beira do río Mandeo que forma un extenso esteiro de grande valor medioambiental. A costa ocupa o fondo da ría e está formada por extensos areais (praias de Gandarío, O Regueiro, A Cabana e O Pedrido) e cantís de escasa altura.
Cangas, A costaMonContosO concello de Cangas está situado na península do Morrazo, entre as rías de Vigo e Aldán. O territorio é moi irregular e ten un grande tramo costeiro moi accidentado e diversificado, con numerosas praias, seos e altos cantís.
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar.
Ria de CedeiramonadelaA ría de Cedeira ábrese entre as puntas Ardillosa e Chirlateira.
Unha costa dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico protexida no LIC/ZEC “Costa Ártabra”, no Lugar de Interese Xeolóxico Internacional “Cabo Ortegal” e como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro.
LIC Costa da MortemonadelaConcellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
Porto do Son, A CostaMonContosO concello de Porto do Son ocupa a cara noroeste da serra da Barbanza, na banda sur da ría de Muros e Noia. Ten unha ampla fronte costeira na que se alternan amplos areias, sistemas dunares, lagoas e cantís que acollen ecosistemas de grande interese. É un concello que vive en boa parte do mar e do turismo. Acolle un importante patrimonio natural e cultural.
Muxía, A CostaMonContosO concello de Muxía abrangue un amplo espazo de costa desde o fondo da ría de Camariñas ata a ría de Lires (río do Castro). Muxía ten no seu litoral dúas caras diferentes á do interior da ría menos elevada, pero igual de recortada, con paredes rochosas e coídos, e numerosos seos e desembocaduras de regatos nos que se acumula a area que forma grandes praias; e o litoral exterior exposto, de altas pendentes, e sen apenas abrigos. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”. As principais actividades do concello están relacionadas coa pesca e cos sevizos. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Un desvío do Camiño xacobeo a Fisterra remata en Muxía.
Marín, A CostaMonContosO concello de Marín está situado na zona central a península do Morrazo, na banda sur da ría de Pontevedra. Conta con 10 km de costa que limitan o concello polo noroeste e na que alternan seos, praias e cantís.
As principais actividades son as pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar. Na cidade de Marín atópase un importante porto pesqueiro e comercial.
Acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, mámoas, restos romanos, salgas, portos tradicionais, igrexas, hórreos, pazos, muíños...
Lic Complexo Húmido de Corrubedo monadelaCONCELLOS: Porto do Son e Ribeira (A Coruña)
Inclúe o tramo costeiro entre a Punta do Castro (Porto do Son) e a Punta do Francés, no Cabo Corrubedo; a costa desde o comezo da praia Ladeira ata a Punta Falcoeiro e as illas da boca da ría de Arousa ata o arquipélago de Sálvora, así como as áreas mariñas próximas o e sistema dunar e húmido de Corrubedo e as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro ou Basoñas.
É un espazo cun grande valor ecolóxico, paisaxístico e histórico-etnográfico.
Ares A CostamonadelaNa rías de Ferrol e de Ares-Betanzos. De enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexida, en parte, no LIC/ZEC "Costa Ártabra"
Laxe, A CostamonadelaO concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
Cabana de Bergantiños. A CostamonadelaCABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
Malpica, A CostamonadelaMalpica de Bergantiños é uma localidade na Costa da Morte, destacando-se por suas praias, montanhas e valiosos recursos naturais e culturais. A economia local baseia-se em pesca, serviços e indústria relacionada ao barro. A região é rica em biodiversidade e geologia, oferecendo diversos ecossistemas e formações rochosas únicas.
Carballo a costamonadelaO concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A Laracha, A CostamonadelaO concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
LIC/ZEC Costa de DexomonadelaA costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
Esteiro do BaxoimonadelaProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
Inclúe o tramo final do río Baxoi desde Ponte Baxoi ata a punta Redonda e unha pequena parte da frecha que forma a praia Grande de Miño. Os ecosistemas de maior interese son o esteiro, as dunas e un pequeno bosque de ribeira.
Rias de Ares/BetanzosmonadelaRías da Costa Átártabra nos concellos de Ares, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Sada e Oleiros. Ábrense entre as puntas Coitelada (Ares) e Torrella (Oleiros). Pódense considerar dúas rías que comparten unha boca común, aínda que cada unha delas ten as súas propias características.
Pontedeume, A CostamonadelaO concello de Pontedeume está situado na banda sur da ría de Ares e unha pequena parte na de Betanzos. A costa esténdese desde a desembocadura do Eume ata a praia de Andaío.
O litoral está marcado por un relevo que, a non ser na vila e no esteiro, logo acada os 50 m de altitude e está moi próximo ou por enriba dos 20 m en case toda a liña de costa.
Paderne, A CostamonadelaO concello de Paderne está situado na marxe dereita da ría de Betanzos. A liña costeira vai desde o esteiro do Mandeo ata o do Lambre e alterna pequenas áreas de rochas e cantís de pouca altura con extensos areais protexidos.
Miño, A CostamonadelaO litoral de Miño está formado por cantís, que reciben as ondas do mar aberto pola ampla boca da ría de Betanzos, e praias que se acollen nos seos que se forman entre as puntas. O elemento máis destacado é a praia Grande e a súa frecha na que se amorea a area coa que o mar quere pechar a saída do río Baxoi e a forza coa que a corrente do río se abre paso.
Cabanas, A CostamonadelaO concello de Cabanas está situado na marxe dereita da ría de Ares á beira do río Eume. O litoral ten dúas partes de características totalmente diferentes: unha a frecha da desembocadura do Eume e a coñecida praia que se asenta nela, e a outra de cantís moi recortados de ata 20 m de altura.
Ría de FerrolmonadelaLitoral entre o cabo Prioriño e a punta da Coitelada, unha ría moi poboada e cunha intensa actividade industrial. De enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico, protexida en parte no LIC/ZEC "Costa
3. O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o
porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as
de Orzán e Riazor.
Os espazos de interese natural están ligados á costa, que, aínda que está moi ocupada e
humanizada, conserva lugares con todo o seu encanto nos que facer rutas de sendeirismo.
Acolle un importante patrimonio histórico artístico: o casco da Cidade Vella, a torre de
Hércules, o castelo de San Antón, museos, conxuntos ܱóDz...
5. 1-RÍA DA CORUÑA
A Ría da Coruña é unha ría curta e ampla, que se abre entre a punta de Mera e a Punta
Herminia, cunha separación de 4 km e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a
metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, o río
principal, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
Ten un perfil recortado con varias enseadas e numerosas praias. As rochas da banda
oriental son xistos que lle dan ao releve formas suaves, mentras que as da beira occidental
son granitos que se erosionan en penedos e bolos e forman releves máis abruptos.
É unha ría densamente poboada e dunha gran actividade industrial e turística.
18. O porto interior da Coruña é un dos máis importantes de Galiza no desembarco de pesca
fresca. Tamén conta con terminais de marcadorías (graneis e contedores), petroleiros,
trasatlánticos, embarcacións deportivas…
31. 11-Punta Durmideiras.
Nas proximidades, cara ao interior da ría, na enseada dos Pelamios, atópase a furna das Sereas ou da
Sereíña onde, segundo conta a tradición, cantan as sereas e atraen fatalmente aos mariñeiros
facéndoos naufragar.
40. Punta Herminia
Jerónimo del Hoyo, nas súas Memorias do Arzobispado de Santigo (século XVII) relata varios casos de
homes mariños das rías coruñesas. Conta que nunha das praias da Coruña viron peixes con figura de
homes, coas máns e pés un pouco tortos por andaren sempre nadando a xeito de ra, con espiñas
negras moi delgadas na cabeza, peito e costas. Segundo os mariñeiros a súa presenza era amigable,
presaxiaba moita pesca e había que darlles pan. Ás veces van a terra para teren relación coas
mulleres e deles nace un neno humán con algunha escama e moita inclinación pola auga.
41. Vista da punta Herminia desde o alto da Torre de Hércules
87. 32-O Portiño de San Pedro de Visma. Un fermoso recanto onde descansan e se abrigan
unhas poucas pequenas embarcacións coas que navegan e realizan actividades
pesqueiras e marisqueiras as persoas da zona.
97. VALOR XEOLÓXICO
As rochas máis comúns no litoral da Coruña son os granitos (alcalinos e calcoalcalinos)
con algunhas bandas de xistos. Na ría do Burgo e no fondo das enseadas hai depósitos
sedimentarios.
MAPA LITOLÓXICO
103. VALOR BIOLÓXICO
Aínda que o litoral da Coruña está intensamente urbanizado e ocupado por instalacións
portuarias, edificios varios, paseos marítimos e otras insfraestruturas podemos atopar
áreas onde se conservan hábitats de interese, en especial nos cantís, onde se conserva
unha variada flora e fauna mariña e terrestre.
Punta Eiras
114. Unha camiñada polo
litoral urbán e periurbán
da cidade que nos
permite percorrer os
seus lugares máis
emblemáticos e outros
menos coñecidos, pero
non por eso de menos
interese. Un percorrido
co mar como guía e fio
conductor pero non
como único protagonista;
o mar manso da ría e da
dársena, e o mar aberto
da costa exterior.
Distancia: 20 km (lineal)
Podemos facer un percorrido en coche (25 km+camiñadas) desde
a Ponte de Pasaxe ata Punta da Illa Redonda.