O concello de Nigrán está situado no extremo sur da ría de Vigo. O litoral é un espazo formado por dous amplos seos, que acollen no seu fondo extensos areais, os promontorios que os limitan, e a beira norte do esteiro do río Miñor; en conxunto unha zona case chan a non ser nos perímetros de Monteferro, onde hai cantís de máis de 50 m, do monte Lourido e as beiras rochosas das illas Estelas.
As principais actividades son a industria, os servizos, o marisqueo e pesca.
Cambados, A CostaMonContosO concello de Cambados atópase á beira da ría de Arousa, no centro da comarca do Salnés. Ten 17 km de litoral (sen contar as illas) e a súa maior parte está no esteiro do Umia (espazo con varias figuras de protección). É unha costa abrigada e recortada que alterna areais, rochedos, pequenas praias e esteiros; de augas calmas e de pouca profundidade e grandes áreas que quedan en seco coa marea baixa, que acollen ricos bancos marisqueiros.
Vilagarcía da Arousa, A CostaMonContosVilagarcía da Arousa está situada ao norte da comarca do Salnés, no fondo da ría de Arousa, en parte no esteiro do Ulla. Ten unha costa típica de fondo de ría, baixa e recortada, na que se suceden puntas, areais e lameiros nos pequenos esteiros dos regos que baixan dos montes que a rodean (Xiabre e Lobeira). Destaca a presenza das illas de Cortegada e as Malveiras e os lombos da desembocadura do Ulla, que son importantes bancos marisqueiros. Unha parte importante do litoral está ocupada polas áreas portuarias.
O Grove, A CostaMonContosO concello do Grove ocupa a península que pecha a ría de Arousa polo sur, unido a terra polo istmo areoso da Lanzada. Nos seus 41,5 km de costa ao interior e o exterior da ría, hai unha sucesión de praias e areais con cantís e rochedos e numerosos illotes e illas (a maior é a da Toxa).
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o turismo. Hai algunhas industrias relacionadas co mar. É un concello de grandes valores naturais e culturais, cunha grande parte da súa costa protexida.
A Guarda, a costaMonContosO concello da Guarda está situado no extremo SO de Galiza, cunha parte na costa do Arco Miniano-Duriense, cara ao mar aberto e outra no esteiro do río Miño, con Portugal na outra banda.
A costa atlántica da Guarda é rectilínea, rochosa, exposta, con dous seos na parte central que acollen a localidade e os únicos areais costeiros da contorna. A ribeira do Miño, entre a desembocadura e a Pasaxe, é unha costa baixa e areosa na que os areais perden extensión e amplitude canto máis se adentran no esteiro.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo . Ademais dos valores naturais A Guarda conta cun importante patrimonio histórico e etnográfico.
LIC Costa da MortemonadelaConcellos: Arteixo, A Laracha Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.
O LIC Costa da Morte comprende o litoral coruñés desde Cabo Fisterra (Laxe de Corveiro) ata Arteixo (punta da Cancela), agás a maior parte da ría de Camariñas e as zonas próximas á áreas urbanas de Caión, Malpica, Corme, Laxe, Camelle e Muxía, ou o tramo comprendido entre Arou e Camelle (Camariñas). É o espazo de maior distribución territorial costeira do país.
-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.
-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.
-Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) .” Costa da Morte”, de 11.809 ha e “Costa da Morte (Norte)” de 7.962 ha.
-Correspóndese parcialmente coa IBA 004 Costa da Morte (Norte), incluida no inventario de SEO/BirdLife (1998).
-Sitio de Interese Nacional “Cabo Vilán”.
Baiona, a costaMonContosO concello de Baiona está situado no banda sur da Ría de Vigo. O litoral ten dúas partes contrapostas o fondo do seo e o esteiro do Miñor onde a costa é protexida, baixa e areosa, e a outra, a partir do monte do Boi ata o cabo Silleiro, rochosa e exposta.
As principais actividades son o turismo, os servizos, a pesca e o marisqueo. Baiona acolle un importante patrimonio natural e cultural.
Moaña, a costaMonContosO concello de Moaña está situado na banda norte da ría de Vigo. O territorio é de releve moi abrupto; cae dos cumes do Morrazo ao mar en poucos quilómetros. O litoral de Moaña ten interese paisaxístico e xeolóxico, cunha grande diversidade de rochas e formas de releve costeiro no que alternan pequenos cantís con seos e areais. Ten unha intensa ocupación.
Oia, a costaMonContosO concello de Oia está situado na costa atlántica do suroeste de Galiza. O litoral inclúese no chamado Arco Miniano-duriense, que abrangue desde o Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño. É unha costa rectilínea, con dirección norte-sur, rochosa, baixa e exposta, sen apenas abrigos, na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar.
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo.
Oleiros, A CostamonadelaO concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
Ría de Ribadeo/ do EoMonContosA ría de Foz está situada na Rasa Cantábrica, unha chaira litoral inclinada que se estende por parte da costa entre Galiza e Cantabria,
ábrese entre as puntas dos Castelos (oeste), en Foz, e dos Prados (leste), en Barreiros. Nela desembocan o río Masma e o Centiño.
Ortigueira. A costamonadelaLitoral do concello de Ortigueira, na ría de Ortigueira. Protexido nos LICs/ZECs "Estaca de Bares" e "Ortigueira-Mera", na ZEPA "Ortigueira-O Ladrido" e como Lugar de Importancia Internacional.
Ponteceso, A CostamonadelaO concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
A costa galegaMonContosA costa ten en Galiza 2.555 km de lonxitude (1.659 km de perímetro costeiro, 432 km de illas e 464 km de marismas), repartidos entre o Océano Atlántico e o mar Cantábrico, desde a Ría de Ribadeo ata a desembocadura do Miño.
O punto situado máis ao Norte é Estaca de Bares e o máis occidental o Cabo Touriñán.
Máis de 800 km son cantíse 300 km son de praias
Ribeira, A CostaMonContosO concello de Ribeira Ocupa o extremo suroeste da península do Barbanza, no final das rías de Arousa, e de Muros e Noia e as costas abertas de Corrubedo. O Territorio repártese entre as últimas estribacións da serra do Barbanza (Os Forcados, con 618 m; San Arberte, con 215 m e O Castro, con 209 m) e unha ampla chaira litoral. A costa é moi recortada e variada con numerosas praias, coídos, cantís, illas, illotes, lagoas litorais e pequenos seos. É unha zona de amplas e fermosas paisaxes que acolle hábitats mariños e terrestres dun enorme valor ambiental.
Valdoviño, A CostamonadelaUnha costa dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Protexida no LIC/ZEC “Costa Ártabra”, nas ZEPAs “Lagoa da Frouxeira” e “Costa Ferrolterra-Valdoviño”, no -Humidal Protexido e Humidal Ramsar “Lagoa e areal de Valdoviño” e no inventario de SEO/BirdLife.
Carnota, A CostaMonContosO concello de Carnota está situado fronte á costa de Fisterra, entre o remate das rías Baixas e o comezo da Costa da Morte. O litoral esténdese desde a desembocadura do río Xallas ata a praia de Lariño. É unha costa exposta que alterna áreas rochosas de pouca altura con enseadas e areais na que podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais, marismas e illotes...). Ten un enorme interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico.
LIC Monte Maior monadelaO espazo inclúe a serra de Monte Maior e as cabeceiras de varios pequenos ríos afluentes do Landro ou que van directamente ao Cantábrico, en terreos de Viveiro e Xove (Lugo)
Os ecosistemas máis interesantes son as turbeiras que acollen unha rica flora e fauna específicas,.
Parque Nacional das Illas Atlánticas de GaliciaRuben Losada NoyaPresentación de Diapositivas sobre el décimo tercer Parque Nacional a nivel estatal y primero de Galicia.
Vimianzo, A CostamonadelaO concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
Ria de Corme e LaxemonadelaA ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
Lic Complexo Húmido de Corrubedo monadelaCONCELLOS: Porto do Son e Ribeira (A Coruña)
Inclúe o tramo costeiro entre a Punta do Castro (Porto do Son) e a Punta do Francés, no Cabo Corrubedo; a costa desde o comezo da praia Ladeira ata a Punta Falcoeiro e as illas da boca da ría de Arousa ata o arquipélago de Sálvora, así como as áreas mariñas próximas o e sistema dunar e húmido de Corrubedo e as lagoas de Xuño e San Pedro de Muro ou Basoñas.
É un espazo cun grande valor ecolóxico, paisaxístico e histórico-etnográfico.
LIC Enseada de San SimónmonadelaO espazo protexido ocupa o fondo da Ría de Vigo, ata o estreito de Rande: as augas interiores da enseada, a liña costeira e o terreo limítrofe coas saíñas de Vilaboa no esteiro do río Tuimil.
CONCELLOS: Redondela, Soutomaior, Pontevedra, Moaña e Vilaboa.
Cee, A CostaMonContosO litoral do concello de Cee ten tres partes diferenciadas e separadas, dúas protexidas na ría de Corcubión e no seo de Fisterra, e outra exposta na costa da Morte. A de maior lonxitude e a da ría de Corcubión da que ocupa o fondo e toda a banda esquerda que se prolonga cara a enseada do Ézaro. No seo de Fisterra hai un pequeno tramo de cantís e a praia de Estorde e na costa exterior (Costa da Morte) unha sucesión de cantís e coídos e a ría de Lires.
É un litoral de enorme valor paisaxístico, xeolóxico e biolóxico que alterna zonas moi humanizadas e intensamente ocupadas con outras totalmente naturais.
Formas da costaMonContosA costa é a área terrestre que vai desde a liña litoral cara ao interior dos continentes e remata nos lugares onde o mar deixa de ter influencia sobre a paisaxe e os ecosistemas.
A Costa galega: características e formas máis representativas.
Outes, A CostaMonContosO concello de Outes está situado na marxe dereita da ría de Muros e Noia, co Tambre facendo linde polo sur. A costa é abrigada e está ocupada por amplas áreas de marismas nos esteiros dos ríos (Tambre, Entíns, Bendimón...), algúns areais, e zonas de cantís de pouca altura. Acolle importantes bancos marisqueiros. As principais actividades son os servizos, a industria (estaleiros, serradoiros...), a pesca, o marisqueo e a agricultura. Conta con áreas de grande interese natural e conserva un importante patrimonio cultural: castros, mámoas, pontes, hórreos (chamados localmente moas), cruceiros, igrexas...
Vilaboa, a costaMonContosO Concello de Vilaboa está situado na marxe dereita (oeste) da ría de Vigo. O litoral forma parte do Seo de San Simón e exténdese desde a punta do Aradoiro (no linde con Moaña) ata a desembocadura do río Ulló (linde con Pontevedra).
É unha costa abrigada que alterna rochedos de pouca altura con areais e seos nos que desembocan pequenos regos que nacen nos montes do Morrazo. As principais actividades son o marisqueo, a acuicultura, os servizos e a industria (estaleiros, conserveiras...).

LIC Ons o GrovemonadelaEspazo natural, situado nas as rías de Arousa e de Pontevedra constituído por varios sectores diferenciados.
-A punta do Carreirón, no extremo sur da Illa de Arousa, e varios illotes próximos (Rúa, Guidoiro Areoso, Guidoiro Pedregoso...)
-A enseada do Grove e o esteiro do río Umia, separados do mar aberto polo istmo da Lanzada;
-A costa de San Vicente do Grove coa lagoa Bodeira;
-A costa de Sanxenxo (Noalla e Portonovo) con alternancia de cantís e praias;
-A illa de Ons, na boca da ría de Pontevedra.
-Unha ampla extensión de augas mariñas entre Areoso e a illa de Arousa, na Enseada do Umia e entre Ons e A Lanzada.
A Pobra do Caramiñal, A CostaMonContosA costa da Pobra do Caramiñal atópase na banda norte da Ría de Arousa, con orientación ao sur e ao abrigo da serra do Barbanza. Alternan amplos areais con pequenas e acolledoras praias e tramos rochosos de pouca altura onde. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.
LIC Costa da Mariña OccidentalmonadelaNeste espazo está incluída a parte oriental da ría do Barqueiro, a zona exterior da ría de Viveiro e a costa ata a punta de Morás (San Cibrao). Inclúe tamén as illas Coelleira, Ansarón, Os Farallóns e numerosos illotes (Gaveira, Area, Os Netos, Insua da Cal...).
Concellos: Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove (Lugo).
LIC Costa da VelamonadelaSituada entre a punta de Couso (praia de Couso) e Cabo Home. Inclúe a Punta do Couso, os cantís da costa da Vela, o Cabo Home, as praias de Melide, Barra e Nerga, e o espazo marítimo fronte á costa da vela.
É un espazo mariño/costeiro de grandes cantís e fermosos areais cun grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e etnográfico.
CONCELLOS: Cangas
Carnota, A CostaMonContosO concello de Carnota está situado fronte á costa de Fisterra, entre o remate das rías Baixas e o comezo da Costa da Morte. O litoral esténdese desde a desembocadura do río Xallas ata a praia de Lariño. É unha costa exposta que alterna áreas rochosas de pouca altura con enseadas e areais na que podemos atopar ecosistemas moi variados (cantís, dunas, areais, marismas e illotes...). Ten un enorme interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico.
Ria de CedeiramonadelaA ría de Cedeira ábrese entre as puntas Ardillosa e Chirlateira.
Unha costa dun enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico protexida no LIC/ZEC “Costa Ártabra”, no Lugar de Interese Xeolóxico Internacional “Cabo Ortegal” e como Reserva Mariña de Interese Pesqueiro.
Ria de CamariñasMonContosA ría de Camariñas está situada no centro da costa da morte, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. Ábrese entre o Cabo Vilán, ao norte, e a Punta da Barca, ao sur. O principal río é o Grande que desemboca na Ponte do Porto e serve de linde entre as comarcas Terra de Soneira e Fisterra. No seu interior ábrese o seo da Basa, na desembocadura do rego de Trasteiro. Acolle un importante patrimonio natural e cultural. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC “Costa da Morte”.
Carballo a costamonadelaO concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
Poio, A CostaMonContosO concello de Poio está situado na marxe dereita da ría de Pontevedra, desde Raxó ata o esteiro do Lérez, onde está conectado con Pontevedra pola ponte da Barca.
O relevo é moi accidentado, as abas dos montes caen bruscamente cara ao mar e só hai algúns territorios chans na pequena faixa costeira, con numerosos ríos que baixan do Castrove, de curto percorrido e pendentes pronunciadas.
Na área costeira alternan os esteiros e marismas formados polos numerosos ríos que achegan os seus sedimentos, algunhas praias e pequenas zonas rochosas de pouca altura. Hai importantes zonas de marisqueo a pé e parques de cultivo. As principais poboacións costeiras son Raxó, Combarro e Campelo.
Porto do Son, A CostaMonContosO concello de Porto do Son ocupa a cara noroeste da serra da Barbanza, na banda sur da ría de Muros e Noia. Ten unha ampla fronte costeira na que se alternan amplos areias, sistemas dunares, lagoas e cantís que acollen ecosistemas de grande interese. É un concello que vive en boa parte do mar e do turismo. Acolle un importante patrimonio natural e cultural.
Marín, A CostaMonContosO concello de Marín está situado na zona central a península do Morrazo, na banda sur da ría de Pontevedra. Conta con 10 km de costa que limitan o concello polo noroeste e na que alternan seos, praias e cantís.
As principais actividades son as pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar. Na cidade de Marín atópase un importante porto pesqueiro e comercial.
Acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, mámoas, restos romanos, salgas, portos tradicionais, igrexas, hórreos, pazos, muíños...
LIC Illas EstelasmonadelaAbrangue as illas Estelas (dúas pequenas illas, Estela Grande ou de Dentro e Estela Pequena ou de Fora), algún pequeno illote (Serralleiras), o litoral da punta de Meda ou Monteferro, e a zona mariña que os rodea.
A maior parte do espazo protexido é mariño.
CONCELLOS: Nigrán
Boiro, A CostaMonContosA costa de Boiro forma parte da banda norte da Ría de Arousa. É unha costa abrigada, con fermosas praias orientadas ao sur que alternan con rochedos e esteiros. Os ríos máis importantes son o Beluso, Grande e Coroño. Acolle áreas de enorme importancia biolóxica e bancos marisqueiros moi produtivos e conserva interesantes mostras arquelóxicas (castros, dolmes), histórico-artísticas (igrexas, cruceiros) e etnográficas (hórreos, portos, oficios e embarcacións tradicionais…).
Ria da CoruñamonadelaÉ unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
LIC Monte e Lagoa de LouromonadelaCONCELLOS: Carnota e Muros
Espazo litoral marítimo-terrestre que alterna zonas rochosas e areosas, situado entre o Monte Louro e o porto Cubelo, na punta dos Remedios.
Está formado polo Monte Louro, a lagoa e marismas do mesmo nome, as praias de Area Maior, Lariño e Raposeiros, os illotes dos Forcados e o espazo mariño próximo.
Parque Nacional Illas Atlánticas de GalizamonadelaO espazo protexido inclúe un conxunto de arquipélagos, illas e illotes situadas nas Rías Baixas: Cíes, Ons, Sálvora, Nor, Vionta, Cortegada e Malveiras e un amplo espazo mariño na súa contorna.
Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico, biolóxico e cultural. A maior riqueza ecolóxica do parque atópase no espazo marítimo e nas colonias de aves acuáticas.
Téñense identificado 200 especies de algas que serven de soporte a unha rica comunidade de invertebrados. Esta zona é ademais un importante punto de cría de peixes e mariscos e visitada habitualmente por por golfiños, baleas e tartarugas mariñas.
CONCELLOS: Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e Ribeira (A Coruña).
Os nenos da rata Luisa van aos cogomelos.pptxMonContosOs nenos de Luisa descubren o mundo dos cogomelos e amósannos algúns cogomelos e outras frutificacións curiosas de fungos que se poden atopar camiñando por Galiza
Os nenos da rata Luisa montan unha hortiñaMonContosOs nenos da rata Luisa: O horto.
Os nenos de Luisa montan unha hortiña e descubren o traballo que custa levala adiante.
os parentes dos corvos presentados polo morcego Roque.pptxMonContosAs lideiras de Roque: Os parentes dos corvos.
Mentres facía o traballo dos corvos Roque tamén foi descubrindo a outra xente da súa parentela coa que xuntou o material para este traballo.
os corvos do mundo presentados polo Morcego oque)MonContosAs lideiras de Roque: Corvos.
Roque ten un encontro cun corvo, o que lle serve para ver de coñecelo, a el e aos corvos do mundo.
As lavandeiras e outras especies semenllantesMonContosAs lideiras de Roque: Lavandeiras.
Un paxaro que lle resultou curioso serve de motivo para facer un traballo para coñecelo mellor e para achegarse aos seus parentes polo mundo.
bechos pau e outras especies semellantesMonContosAs lideiras de Roque: Bechos pau.
Roque descubre un becho pau e fai un traballo para coñecelo, logo aproveita para facer un achegamento ás familias do mundo e tenta ver de preto os da Península Ibérica.
As barbantesas e outras especies semellantesesMonContosAs lideiras de Roque: Barbantesas.
Despois de ver unhas imaxes, Roque métese na leria de coñecer ás barbantesas: achegarse ás da Península Ibérica e algunhas curiosas do mundo.
As anguías e outras especies semellantesMonContosAs lideiras de Roque: Anguías.
Roque buscando que facer deu cun peixe antes familiar mais que facía tempo que non vía, e púxose a buscar, para saber, información sobre a anguía, as anguías do mundo e outros peixes co mesmo nome.
As sardiña e especies semellantes (Roque)MonContosAs lideiras de Roque: Sardiñas.
Como a Roque calquera cousa lle da pé para meterse nunha enleada, desta volta foi o cheiro a sardiñas asadas o que serviu para querer aprender sobre as sardiñas, os seus parentes e outros peixes aos que nalgúns sitios tamén se lle chama sardiñas e o uso e o aproveitamento que se fai deles.
2. 1-Praia dos Muíños
2-Praia do Portiño
3-Punta de Prado.
Praia das Canas.
4-Seo de Patos ou Carreira
5-Praia da Patos
6-Monteferro
7-Punta Meda e faro.
8-Punta de San Bieito
9-Punta Gaiteiros.
Praia Rochas Brancas.
10-Illas Estelas de Terra
11-Illas Estelas de Fóra
12-Illas Serralleiras
13-Punta Valo Grande
14-Praia Portocelo
15-Punta Feitales
16-Praia de Area Fofa
17-Punta e praia da Madorra
18-Punta do Castro.
Porto de Panxón.
19-Praia de Panxón ou Area Alta
20-Río dos Muíños
21-Praia América ou Area Loura
22-Monte Lourido
23-Punta Redada
24-Pedra da Garza
25-Seo e esteiro da Ramallosa
26-Río Miñor.
Ponte da Ramallosa.
3. Praia Area Loura
O concello de Nigrán está situado no extremo sur da ría de Vigo. O litoral é un espazo
formado por dous amplos seos, que acollen no seu fondo extensos areais, os promontorios
que os limitan, e a beira norte do esteiro do río Miñor; en conxunto unha zona case chan a
non ser nos perímetros de Monteferro, onde hai cantís de máis de 50 m, do monte Lourido
e as beiras rochosas das illas Estelas.
As principais actividades son a industria, os servizos, o marisqueo e pesca.
4. Litoral de Nigrán visto desde os montes da Groba:
Monteferro, Panxón, monte Lourido e esteiro do río Miñor.
6. RÍA DE VIGO
Ábrese entre o Cabo Home, ao norte e Cabo Silleiro, ao sur. É a ría máis longa de Galiza, con
33 km, unha superficie de 176 km e unha profundidade máxima de 44 km. O estreito de
Rande separa a parte interior chamada Enseada de San Simón, unha zona abrigada con
augas pouco profundas, da exterior, máis aberta e de augas máis fondas.
16. 6-Monteferro (143 m).
Consérvanse restos da antiga batería costeira para a defensa da boca sur da ría de Vigo e no cume hai un
monumento á Mariña Universal feito en 1013. Desde o alto hai panorámicas da ría de Vigo, as costas de
Nigrán e Baiona ata o Cabo Silleiro, as illas e o océano.
32. As Illas Estelas son dúas pequenas illas graníticas (Estela Grande e Estela Pequena),
situadas fronte á punta de Meda entre a Ría de Vigo e a de Baiona, fronte a Panxón.
A costa é rochosa agás algunha pequena praia. Non teñen árbores e están
practicamente cubertas de mato de toxos e breixos. Os seus fondos mariños son dunha
grande riqueza biolóxica.
Illas Estelas e Cabo Silleiro desde Monteferro
43. PANXÓN é unha vila mariñeira e turística situada ao abrigo de Monteferro ao pé dos
areais de Panxón e Praia América, separadas polo río Muíños ou Lourido.
45. Un dos monumentos máis representativos
de Panxón é a igrexa de San Xoán (Templo
Votivo do Mar) deseñada polo arquitecto
Antonio Palacios, construida entre 1932 e
1937. Unha xoia de armonía e do
característico estilo do autor.
49. 20-Río dos Muíños. Nace nos montes de Chandebrito e ten todo o seu curso polo
concello de Nigrán, onde desemboca entre as praias de Panxón e Area Loura.
57. 25-Seo e esteiro da Ramallosa
Espazo situado na desembocadura do río Miñor, nos concellos de Baiona e Nigrán.
É unha zona de marismas separada e defendida do mar aberto pola ampla barra
areosa da praia Ladeira.
61. Seo e esteiro da Ramallosa: Monte Lourido e Boca do Río
62. 26-RÍO MIÑOR.
Fórmase pola conxunción dos ríos de Zamáns e Morgadáns, que recollen as augas
da serra do Galiñeiro e, despois de 16 km, desauga entre Nigrán e Baiona (Sabarís)
formando un amplo esteiro.
Monte Lourido e esteiro do Miñor
63. Ponte da Ramallosa, ou ponte da
Xunqueira, do século XIII, compartida
entre Nigrán e Baiona. É unha das
pontes de Galiza na que se realizaba o
ritual do Bautismo Prenatal.
64. VALOR XEOLÓXICO
A maior parte do litoral de Nigrán é de xistos, cunha zona de granitos (parte da Punta de
Monteferro e as illas Estelas) e pequenas faixas de lousas. Hai unha ampla zona
sedimentaria na desembocadura dos ríos e nos seos onde se asentan as praias.
MAPA LITOLÓXICO
73. VALOR BIOLÓXICO
Golfo (Saccorhiza polyschides)
No litoral de Nigrán podemos atopar unha grande variedade de ecosistemas e hábitats:
esteiros, lameiros, areais, dunas, rochedos, cantís, pozas mareais… o que da lugar a una
enorme biodiversidade.
74. Mato de toxos e breixos
Nos fondos mariños que rodean os rochedos e cantís abondan os bosques de golfos
(Laminarias e Saccorhizas) e nas rochas do litoral unha gran diversidade de algas: verdellos,
algas calcárias, bochos... que proporcionan alimento e refuxio a multitude de especies. Nas
rochas dos cantís atopamos liques, herba de namorar, pirixel do mar... Na zona terrestre hai
mato de breixos e toxos e no Monteferro plantacións de piñeiros e eucaliptos.
78. As marismas son ecosistemas húmidos costeiros dun grande valor ecolóxico. Nelas conflúen
a auga doce dos ríos coa salgada do mar e están variando periodicamente co abalar e
debalar das mareas o que determina un ambiente onde varía a salinidade e a temperatura
da auga ao longo do día e amplas zonas quedan en seco.
79. Os bochos e os verdellos son algas que viven en lugares tranquilos e pouco fondos.
Soportan a exposición solar directa e a desecación no intermareal.
80. Xunco mariño.
Forma grandes pradeiras nas marismas
que so cobre ocasionalmente a marea.
A Spartina maritima soporta as inmersións
periódicas das mareas, aínda que case nunca
queda cuberta totalmente pola auga.
84. Gaivota patiamarela
(Larus michaellis)
Nos hábitatas mariños hai multitude de especies de moluscos, crustáceos e peixes. No
infralitoral rochoso viven estrelas, ourizos, anémonas e unha grande diversidade de vermes e
outros pequenos invertebrados. No intermareal abondan os mexillóns, os ourixos, os
arneiróns, os percebes… Nos hábitats terrestres destaca a presenza de numerosas aves
mariñas e algunhas do mato así como insectos e algún réptil.
89. Os vermes atopan nas zonas areosas lamacentas ricas o lugar ideal para o seu
desenvolvemento. Nos lugares areoso fangosos como as marismas da Ramallosa son
habituais estas formacións, produto da a expulsión de resíduos dos cagóns (Arenicola
marina) que se alimentan filtrando os sedimentos, co que contribúen a sanear o terreo e
eliminar materia orgánica.
92. LIC/ZEC ILLAS ESTELAS
O espazo protexido abrangue as illas
Estelas (dúas pequenas illas, Estela de
Dentro e de Fóra), algún pequeno illote e
o litoral de Monteferro. Pertence ao
concello de Nigrán. Das 713 ha protexidas
unha gran parte é ecosistema mariño, cun
fondos mariños dunha enorme riqueza
biolóxica.
93. LIC/ZEC A RAMALLOSA
Espazo na desembocadura do río Miñor, na
parte más interna da ría ou seo de Baiona.
Esta pequena área, ben abrigada e de
augas tranquilas e mornas, mantén unha
enorme diversidade de invertebrados que
serven de alimento a numerosas aves
mariñas, especialmente limícolas, que
teñen nesta zona unha importante área de
descanso, sobre todo no inverno.
96. COÑECENDO O LITORAL DE NIGRÁN
Percorrer o litoral de Nigrán é doado pola súa propia
natureza e porque conta con espazos acondicionados
que o facilitan, aínda que hai moitas zona privadas sen
acceso polo litoral.
Percorrido en coche: (14 km lineal máis camiñadas)
Percorrido a pé: 10 km (lineal), + 4 km si lle damos a
volta a Monteferro.
Ruta en coche