Presentación sobre o Proxecto Abalar feita por Carlos Mariño Pego para o curso de Coordinadores TIC da ConsellerÃa de Educación da Xunta de Galicia. Curso 2012/2013
3. UN CAMBIO DE MODELO
O proxecto ABALAR persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo
galego co TRANSITO:
da aula de informática á informática na aula.
dos actuais libros de texto aos libros dixitais.
da aprendizaxe pasiva á aprendizaxe colaborativa, a investigación e a aprendizaxe
activa e interactiva.
do profesor que ensina informática ao profesor que usa a informática para ensinar.
De xeito que todo o alumnado ao completar a súa formación deberá posuÃr
competencia dixital.
ESTRATEXIA GLOBAL E INTEGRADORA
ABALAR integra os recursos actuais dun xeito organizado, eficiente e lóxico., buscando
o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros
educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente.
É unha estratexia educativa global e integradora que impulsa un cambio de modelo
educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do
ensino.
4. CENTRO EDUCATIVO DIXITAL
A estratexia do proxecto ABALAR xira arredor do
concepto de centro educativo dixital.
Persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos,
asà como de infraestruturas e servizos axeitados
para o uso cotián da tecnoloxÃa por parte de todos
os axentes da comunidade educativa, na actividade
docente, de aprendizaxe e administrativa.
EIDOS DE ACTUACIÓN
No camiño cara ao centro educativo dixital converxerán
de forma coordinada e aliñada iniciativas nos seguintes
eidos, nos que se desprega o proxecto.
6. 3. FOMENTO DA CULTURA DIXITAL
O proxecto ABALAR busca a adopción e integración cultural das TIC en todos os ámbitos do proceso educativo.
• Nos docentes: cun plan de formación especÃfico para a súa habilitación no uso das TIC na práctica docente e recursos
educativos dixitais para empregar nas distintas materias.
• Nas familias, difundindo as novas canles e soportes audiovisuais de comunicación, favorecendo con isto o acceso aos
servizos que proporciona a e- administración.
Todo isto orientado a apoiar a xestión do cambio de modelo do centro educativo tradicional ao novo centro
educativo dixital.
7. 4. INTEGRACIÓN E PARTICIPACIÓN
O proxecto ABALAR disporá dun portal propio, espazoABALAR, que será o referente dos servizos educativos en Galicia
para toda a comunidade.
• Achega a educación á cidadanÃa e involucra as familias na educación dos fillos.
• Promove o desenvolvemento das TIC no ámbito educativo, invita á participación e motivación do alumnado e loita contra
o fracaso escolar.
• Fomenta a participación colaborativa dos centros e da comunidade docente, incorporando un repositorio de contidos.
9. EspazoAbalarcomponse de áreas diversas que están integradas nunha única plataforma que posibilita a
colaboración e achegamento de todos os axentes do sistema educativo: