Entrevista á escritora Chus PatoAsnosasletrasEntrevista dos alumnos do IES Manuel García Barros da asignatura de Literatura galega do século XX e da actualidade á escritora galega Chus Pato.
Lirica medieval xenerosmenoresMiguel Lamelas PlaBreve presentación sobre os xéneros menores da poesía medieval galego portuguesa. Material de apoio para a clase. 3º ESO.
Cantiga de amorMiguel Lamelas PlaBreve presentación sobre as características temáticas e formais da cantiga de amor. Material de apoio para a clase. 3º ESO.
Lirica medieval xenerosmenoresMiguel Lamelas PlaBreve presentación sobre os xéneros menores da poesía medieval galego portuguesa. Material de apoio para a clase. 3º ESO.
Cantiga de amorMiguel Lamelas PlaBreve presentación sobre as características temáticas e formais da cantiga de amor. Material de apoio para a clase. 3º ESO.
Textos PoeticosAvelina OssandónEl documento habla sobre la poesía. Define la poesía como la manifestación de la belleza o los sentimientos a través de las palabras, que genera emociones en el lector. Explica conceptos como verso, estrofa, rima, poema y diferentes tipos de rima. También describe figuras literarias como la personificación, comparación, metáfora e hipérbole. Finalmente, presenta ejemplos de caligramas, acrósticos y la importancia de la declamación poética.
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román LandínPresentación de diapositivas que aborda sinteticamente as características da linguaxe literaria e a tipoloxía básica dos xéneros literarios para 1º da ESO. Fontes:
- VV. AA., Lingua Galega e Literatura 1º ESO, Edit. Obradoiro-Santillana, 2007.
- Carricoba Armesto, Juan Mª, Os xéneros literarios (1º ESO), Departamento de Lingua Galega do CPI Doutor López Suárez de Friol
Enderezo: http://www.slideshare.net/saamasas/os-xneros-literarios-9965953
VangardasRomán LandínAs vangardas internacionais e galegas na arte e na literatura. Inclúe textos e actividades. Material elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES de Meaño.
Orientacións para o comentario de texto da lírica medievalIsabel BsotoOrientacións para o comentario de texto da lírica medieval. 3º ESO Lingua galega e literatura.
A narrativa despois da Guerra Civil, incluída a NNGtrafegandoronseisPresentación realizada a partir doutras presentacións atopadas na rede sobre a Narrativa da Posguerra en Galicia. Inclúe tamén a Nova Narrativa Galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseisA poesía galega durante a ditadura
Relaciones en igualdadtrafegandoronseisPresentación de María del Pilar Díaz Burgos no IES Laxeiro, charla enmarcada dentro do Plan Proxecta contra a Violencia de xénero
2. Que é a Literatura?
• Calquera forma de comunicación escrita.
• Unha forma determinada de mensaxe
verbal.
• A comunicación é transmisión de
información. O xeito máis importante de
comunicación é a linguaxe. Por tanto, a
comunicación é a función esencial da
lingua, pero
• Cando a mensaxe é literaria, a esa función
sumáselle unha función estética .
4. Que é a Literatura?
• Na obra literaria, a lingua sofre distintas
alteracións que teñen como finalidade a
LITERATURIZACIÓN do código lingüístico.
O emisor chama a atención sobre a lingua.
• A linguaxe literaria caracterízase por
representar un mundo imaxinario e pola súa
plurisignificación
• O signo lingüístico é portador de múltiples
dimensións semánticas, lonxe do significado
unívoco das linguaxes científica, xurídica…
5. Que é a Literatura?
• A historia da Literatura é unha constante
exploración das posibilidades
significativas da lingua e unha
permanente creación de novos recursos
expresivos.
• A Literatura pode servir como vehículo de
evasión e ao mesmo tempo de crítica
social.
6. Sobre a Literatura
• Félix de Azúa :
“Sobre a poesía, canto menos
se diga, mellor.
A poesía é a verdade da arte,
non nace da conciencia do poeta,
senón da súa coraxe.
A conciencia do home só fala
do paso do tempo”.
7. Sobre a Literatura
• José Ángel Valente :
“A poesía non é comunicación, é
incomunicación, para andar no oculto,
para nos meter nun cuarto pechado sen
chave, sen que ninguén apareza e nos
saque e nos suplicie a xorda ladaíña
cotiá, a ladaíña aciaga da morte”.
“Como fuxir da morte? A través da poesía”
8. Características da lingua literaria
1. Predominio da función poética: o acto de
comunicación céntrase na mensaxe, na
súa disposición, na forma como se
transmite. A linguaxe ten un propósito
estético.
2. Uso da linguaxe connotativa: as
palabras cárganse de significacións
subxectivas.
3. Emprego de recursos literarios.
10. Características da lingua non
literaria
1. Predominio da función representativa.
2. Uso da lingua denotativa.
3. Emprego dunha lingua informativa.
11. Funcións da literatura
• USO ESTÉTICO DA LINGUAXE
• Fonte de coñecementos
• Transmisión de tradicións e valores
• Función pedagóxica
• Compromiso ideolóxico e político
• Crítica social
• Función de evasión
• Función lúdica
13. 1. O poema e a poesía
• Poema : é a obra poética en verso.
• Poesía : é un tipo de texto e mais un
xénero literario, habitualmente referido á
poesía lírica.
14. 1.2. Tipos de poema
• Cantiga: destinada ao canto
• Égloga: diálogo entre pastores
• Elexía: laio por unha morte
• Epigrama: carácter festivo ou satírico
• Himno: composición patriótica
• Oda: gabar a alguén
15. 2. Narrativa
Obras en prosa nas que un narrador conta
unha historia dun xeito determinado
(discurso), protagonizada por uns personaxes
nun espazo e nun tempo concretos.
16. 2.1. Xéneros narrativos
• Epopea: longa narración en verso de
feitos grandiosos de pobos antigos
• Cantar de xesta: poema medieval en
verso de longa extensión que conta as
fazañas dun heroe
• Novela: narración extensa e complexa
• Conto: relato breve moi concentrado
17. 2.1. Xéneros narrativos
• Apólogo: relato breve con finalidade
moral. Na Idade Media chamábase
«exemplo»
• Fábula: os protagonistas son animais,
tamén con finalidade moral.
18. 3. Teatro
Feito para ser representado por uns actores nun
escenario, ante un público e cun diálogo.
XÉNEROS:
•Traxedia: con remate catastrófico
•Comedia: procura o riso do espectador
•Drama: mestúrase
o cómico co serio
19. Recursos da linguaxe literaria
• A lingua literaria caracterízase por
presentar a mensaxe dun xeito atractivo a
través da utilización de recursos literarios.
• Estes recursos empréganse tanto na
prosa como no verso, aínda que algúns
deles aparecen só na poesía (ex. a
métrica).
20. Figuras literarias :
Utilización de palabras no seu sentido
habitual, pero con algunha particularidade
fonética, gramatical ou semántica que as
afasta do seu uso na lingua cotiá.
21. Figuras de carácter fonolóxico
• Aliteración : repetición de fonemas ou
sílabas en palabras próximas:
- Lagoas laiando na lama das leiras (Informe da
gavilla, Vítor Vaqueiro).
• Onomatopea : Repetición de fonemas que
reproducen sons naturais
- Fiu, Fiu (asubío)
22. Figuras de carácter sintáctico
• Anáfora : repetición dunha ou máis
palabras ao comezo de varios enunciados
ou dentro dun enunciado:
– Era Galicia un puro val… Era Galicia a chaira
máis espida… Era Galicia a patria do
traballo… (Xosé Luís Méndez Ferrín)
– Que non se debe ter por trobador / trobador
que troba por trobar. (Uxío Novoneyra)
– ‘Amén, miña vella, amén’ .
23. Figuras de carácter sintáctico
• Polisíndeto : Repetición de conxuncións
para unir varios elementos
- E pinchaba, e brincaba, e corría, e
bailaba.
• Asíndeto : Supresión de conxuncións.
- Comprei pan, cebolas, allos, tomates.
24. Figuras de carácter sintáctico
• Paralelismo : Repetición de construcións
similares
- Ti destérrasme por un; /
Eu destérrome por catro
• Hipérbato : Alteración da orde normal da
oración
- Volverán as escuras andoriñas no teu
balcón os seus niños a colgar
25. Figuras semánticas
• Hipérbole : esaxeración desmesurada e
inverosímil:
– Estou tan canso que non podo dar un paso
máis
• Antítese : contraposición entre dúas
palabras:
– Invoca a luz desde esta dura tebra.
26. Figuras semánticas
• Personificación : atribución de
características humanas a seres
inanimados:
– Hoxe cásanse os paxaros (Luís Amado
Carballo)
• Metonimia : substitución dun elemento por
outro co que garda unha relación de
contigüidade:
– Non traias viños tristes de Hungría. Quero
Burdeos. Quero Marsala ardente. (Otero
Pedrayo)
27. Figuras semánticas
• Ironía : consiste en dicir o contrario do
que se quere dar a entender.
- Que boa sorte teño!
• Interrogación retórica : Pregunta da
que non se agarda resposta.
28. Figuras semánticas
• Símil : comparación entre dous termos
expresos, que se fai explícita coa palabra
“como”:
– Unha canción tan lonxana… / como a
sombra do aire sobre a herba. (Luís
Pimentel)
• Metáfora : substitución dun elemento por
outro, habitualmente co uso do verbo ser
ou da aposición:
– Dime onde vas, miña cerva querida. (Álvaro
Cunqueiro)
29. Recursos literarios do verso
1. O verso:
1. Medida: palabra final e licenzas poéticas.
2. Rima: consonante, asonante e sen rima.
3. Ritmo: acento, pausas e encabalgamento.
1. A estrofa e o poema:
número de versos
e esquema métrico.
30. 1. O verso
• Unidade rítmica en que pode dividirse un
poema, xeralmente superior á palabra e inferior
á estrofa.
• Conxunto de palabras suxeitas a medida, rima e
ritmo, en contraposición á prosa, que non está
sometida habitualmente a estes procedementos.
• Provén do latín versus, que significa “suco ou
liña", por oposición a prorsus, que significa
“dereitamente, todo seguido”, de onde vén
prosa).
• A disciplina que estuda as clases de versos e
estrofas denomínase métrica.
31. 1.1. Medida do verso
• Palabra final:
– Aguda: + 1 sílaba: unha casa de marfil (7+1=8)
– Esdrúxula: - 1 sílaba: estas claras efemérides
(9-1=8)
• Licenzas poéticas:
– Sinalefa: para a virtude o humilde (10 > 8)
– Sinérese: recollendo realidades (9 > 8)
– Diérese: fragor e süavidade (7 > 8)
• Segundo o número de sílabas os versos poden
ser de arte menor (ata 8) ou maior
(desde 9).
32. 1.2. Rima
• Repetición dunha secuencia de fonemas ao
final de dous ou máis versos a partir da
última vogal acentuada, incluída esta.
– Asonante: cando se repiten só as vogais; é
característica da poesía tradicional ou de inspiración
popular: terra-ela (“Airiños, airiños aires” de Rosalía
de Castro).
– Consonante: cando se repiten vogais e
consoantes; é característica da poesía culta, de raíz
trobadoresca, eclesiástica ou italianizante:
verdecente-transparente (Himno galego - “Os pinos”
de Eduardo Pondal).
33. 1.3. Ritmo
• Movemento marcado pola sucesión regular
de elementos fortes e débiles, que se logra
mediante a repetición de acentos e pausas
e mais polos encabalgamentos:
– Acento: último acento presente no verso,
corresponde sempre á penúltima sílaba.
– Pausas: silencios que delimitan elementos do
verso tales como os hemistiquios.
– Encabalgamento: desaxuste entre a pausa
versal e a pausa sintáctica.
34. 2. A estrofa
• Estrofa : é un grupo de versos unidos
por unha serie de criterios fixos de
extensión, rima e ritmo. As estrofas
clasifícanse polo número de versos que
conteñen (habitualmente de 2 a 14).
35. 2.1. Tipos de estrofas
• Pareado: dous versos de rima consonante AA
• Terceto: tres versos de rima consonante A-A
• Cuarteto: catro versos hendecasílabos de rima
consonante ABBA
• Serventesio: catro versos hendecasílabos de
rima consonante ABAB
• Redondilla: catro versos octosílabos de rima
consoante abba
• Cuarteta: catro versos octosílabos de rima
consoante abab
36. 2.1. Tipos de estrofas
• Quintilla: combinación libre de cinco
versos octosílabos con dous xogos de
rimas consonantes aabab, aabba, abaab
• Quinteto: igual que a quintilla pero con
versos de arte maior.
• Oitava real: oito versos de arte maior e
rima consoante ABABABCCA
• Décima: dez versos de arte menor.
37. 2.1. Tipos de estrofas
• Romance: número indeterminado de
versos octosílabos de rima asonante
• Silva: número indeterminado de versos
heptasílabos e hendecasílabos de rima
consonante
• Soneto: Catro estrofas, as dúas primeiras
de catro versos –cuartetos- e as outras
dúas tercetos. Case sempre con
hendecasílabos.