A escultura barroca: Berniniprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega as características máis senlleiras da escultura barroca a través da obra de Bernini
A pintura góticaprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da pintura gótica, a través da obra de Giotto
A pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismoprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez, onde se nos achega as principais características da pintura barroca, en concreto do tenebrismo, a través da obra de Caravaggio
A escultura barroca: Berniniprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega as características máis senlleiras da escultura barroca a través da obra de Bernini
A pintura góticaprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da pintura gótica, a través da obra de Giotto
A pintura barroca: Caravaggio e o tenebrismoprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez, onde se nos achega as principais características da pintura barroca, en concreto do tenebrismo, a través da obra de Caravaggio
A escultura renacentista no Cinquecento: a obra de Miguel Anxoprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega ás principais características da escultura no alto Renacemento a través da obra de Miguel Anxo Buonarroti
A escultura renacentista: o Quattrocentoprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da escultura do Quattrocento
A escultura góticaprofesor historiaTradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da escultura gótica
U N I D A D E 8 Pintura gótica: Giotto E Van Eyck1
1. UNIDADE 8 PINTURA NA FIN DA IDADE MEDIA: GIOTTO E VAN EYCK Borja Campos Seijo I.E.S García-Barbón (Verín)
2. 1. PINTURA ITALIANA: RUPTURA FIGURATIVA DE GIOTTO. - Fronte a espectacular transformación escultura gótica, a pintura evolucionou a ritmo máis lento, xa que faltaban os modelos antigos e era + difícil simular volume e tridimensionalidade nunha superficie plana. En Francia domina o Gótico Internacional (S.XIV) que espalla por Europa un gusto refinado e cortesán beleza ornamental (decorativa) e preciosista dominando a liña dentro dunha natureza idealizada e elegante.
3. - Mentres en Italia a pintura vive explosión creadora a finais do S.XIII, xa que a Italia medieval sempre mantivo vivo o pasado romano e o contacto coa civilización bizantina estilo neobizantino ( maniera greca ) que domina Italia na Plena e Baixa Idade Media características: fondos de ouro que crean espazos irreais e celestais, perspectivas cabaleiras, liñas suaves e delicadas e formas estilizadas e elegantes (Ex: Duccio e Simone Martini)
4. - Giotto afástase maniera greca revolución pictórica orixes pintura occidental. Desenrola o seu labor entre Duocento e Trecento (c.1270-1336) dende Florencia por gran parte de Italia (Padua, Asís, Roma…) decorando muros das igrexas (fresco). ´Trazos da súa pintura: Supera bizantinismo acentuando masa e volume, propios da Antigüidade clásica en contraste a Duccio (que se basa no refinamento cromático) e o Gótico Internacional (liña). Non imita directamente a natureza, senón que se inspira en como a representaban os antigos. Episodios non anecdóticos gravidade histórica = o que importa non é o motivo concreto senón o significado profundo. Suxire profundidade sen construir perspectiva rigorosa o espacio non existe en sí mesmo pero as figuras suxiren tridimensionalidade e profundidade.
5. - Giotto = pintor mural (+ que de táboa) uso técnica de fresco (cores á augada aplicados en parede revocada) principais obras: Basílica de Asís (serie de frescos adicados a S.Francisco) e Capela Scrovegni en Padua (narra vida de S. Xaquín, a súa filla a Virxe e Cristo) ruptura artística inicio ilusionismo = volve transparente plano figurativo (ventana) de xeito que o espacio pictórico semella continuar o noso espazo físico, ilusión que se reforza con sensación de volume das figuras, creadas por medio de xogos de luces e sombras (claroscuro).
6. 31. CAPELA SCROVEGNI: PRENDEMENTO DE CRISTO GIOTTO - Fresco sobre muro. - Capela Scrovegni, Padua. c 1304/06. - Pintura gótica italiana. - Decoración de capela privada por encargo de Enrico Scrovegni. - Motivo: ciclos da vida de S. Xaquín, a Virxe e Cristo. - Iconografía: bico de Xudas e prendemento de Cristo.
7. - Frescos da Capela Scrovegni (Padua, 1304-06) por Giotto = un dos conxuntos + sobranceiros da pintura mural de todos os tempos. Contén case 40 composicións de formato rectangular en rexistros horizontais e narran historia de S. Xaquín, a Virxe e Cristo. - Encargo de E. Scrovegni para decorar capela privada, ofrenda para expiar os seus pecados, onde Giotto amosa trazos da súa particular ruptura figurativa.
8. - O Prendemento = 1 das súas obras máis coñecidas, bo exemplo do seu estilo e das novidades que introduce. 1ª novidade = forma de representar o escenario en lugar de representar o acontecemento dende o alto, traéo a primeiro plano, a mesma altura e tamaño que o espectador plano figurativo vólvese transparente, como se o noso espazo físico continuara no espacio ficticio pintado por Giotto. - Ademáis usa outros recursos para suxerir profundidade, como personaxe de costas ao espectador que semella formar parte connosco do grupo que asistimos ao suceso. - Giotto reforza este ilusionismo espacial co volume das figuras conseguido por medio do claroscuro (modelando superficies con luces e sombras sólida monumentalidade e sensación de masa das formas, de inspiración clasicista.
9. - Composición = claridade e unidade compositiva. Fronte a predecesores que mergullaban as figuras entre mil anécdotas narrativas, Giotto concentra toda atención no tenso cruce de miradas entre Cristo e Xudas, ao redor dos cales xiran todos os demáis vertixinosamente (elipse no fondo) tensión dramática a piques de estoupar.
10. 32. CAPELA SCROVEGNI: PRANTO POR CRISTO MORTO GIOTTO - Fresco sobre muro. - Capela Scrovegni, Padua. c 1304/06. - Pintura gótica italiana. - Decoración de capela privada por encargo de Enrico Scrovegni. - Motivo: ciclos da vida de S. Xaquín, a Virxe e Cristo. - Iconografía: lamentación pola morte de Cristo. Personaxes: a Virxe, Magdalena e santas mulleres
11. - Lamentación por Cristo morto intenso sentido tráxico, expresada a mágoa de xeito diferente polos personaxes. - Centro da composición moi baixo, na cabeza inclinada da Virxe e de Cristo. Ali se cruzan 2 liñas en diagonal: unha, na dereita, declina lentamente nas masas de personaxes e a suave pendente do outeiro; outra precipítase bruscamente na chea de figuras amoreadas á esquerda. - Completa a composición o contraste entre o círculo inmóbil de discípulos aflixidos, e o círculo superior arroutado dos anxos. Os brazos alzados de Xoan interrompen a diagonal da rocha e unen as 2 expresións de dor na terra e no ceo nun único berro.
12. - Aumenta dramatismo o escenario de severa simplicidade (montaña núa). A única árbore que enlaza os 2 espazos (ceo e terra) ofrece dobre lectura: O seu illamento natureza comparte a dor por morte de Cristo. A súa presencia alude Árbore Sabiduría, murchada por pecado orixinal e devolta á vida por Redención. - Un 1º plano de personaxes doentes introdúcenos de cheo no acontecemento. As figuras son masas compactas e monumentais, das que só sobresaen cabezas e mans que expresan cruamente a dor. - O azul denso do ceo pecha máis alá do penedo calquera posibilidade de evadirnos da traxedia.
13. 2. PINTURA DOS PRIMITIVOS FALMENGOS: VAN EYCK - Cidades de Flandres = centros da nova economía mercantil dende o século XIII dirixida por clase corteá e burguesa enriquecida adicada a comercio téxtil. No S. XV aparición da pintura primitivos flamengos cadros case sempre de pequenas dimensións, para decorar habitacións, pequenas capelas privadas e poucas igrexas. - Uso da nova técnica de pintura ao óleo sobre madeira cadros, dípticos, trípticos ou polípticos. - Principais mestres flamengos do S.XV son irmáns Van Eyck, Roger Van der Weyden (autor do Descendemento do Museo do Prado) e o Bosco, creador de alegorías poboadas dun mundo imaxinario e fantástico, repleto de símbolos ( Carro de Heno ou tríptico do Xardín das Delicias , ambas no Prado).
14.
15. - Pintura flamenga contribúe a crear novo sistema figurativo creación do ilusionismo (xunto a Quattrocento italiano). Trazos pintura flamenga: Representación literal da natureza representación realidade completa, incluso detalles que ollo non ve a simple vista minuciosidade, concedendo igual importancia a todos os obxetos sen xerarquías. Perspectiva a partir de superposición de planos de referencia para construir un espazo que imita ao real, sen a perspectiva matemática dos italianos. Luz natural define o espacio aire iluminado onde se moven as figuras entre planos de luz e sombra. Brillantez característica grazas a técnica de oléo sobre táboa.
16. - Iniciador escola flamenga S.XV = Jan Van Eyck (nado c.1380), desenvolve a súa labor na 1ª ½ S.XV en Bruxas. 1ª obra mestra é o Políptico do Cordeiro Místico da catedral de Gante, comezado polo seu irmán Hubert e rematado por él, formado por 12 táboas e adicado ó culto de Cristo redentor. - En Flandres o avance do individualismo e o éxito social da clase cortesá e mercantil orixinan os primeiros retartos e cadros de devoción (imaxe de culto con doante) para capela privada do cliente (Ex: A Virxe do Chanceler Rolin de Van Eyck).
17. - Van Eyck pinta os primeiros retratos psicolóxicos, xénero profano que centra a atención na face do personaxe sobre fondo neutro (Home do turbante). Tamén retarto dobre, máis complexo, co Famoso matrimonio Arnolfini = alarde do sistema de representación flamengo e expresión da nova mentalidade burguesa e laica.
18. 33. VIRXE DO CHANCELER ROLIN JAN VAN EYCK - Pintura primitiva flamenga. c. 1435. - Óleo sobre táboa. - Museo do Louvre. París. - Encargo de Nicolás Rolin, chanceler do duque de Borgoña. - Xénero relixioso: cadro de devoción con retrato de doante. - Iconografía: Virxe coroada co Neno e doante.
19. - Virxe do Chanceler Rolin ofrece unha mostra da portentosa técnica de Van Eyck, moi minuciosa nesta táboa de dimensi´ns tan reducidas. - Home de confianza do duque de Borgoña, Nicolás Rolin encargou esta obra coma imaxe privada de devoción que legou á igrexa da súa cidade natal. O chanceler faise representar dun xeito insolente, invadindo o espazo onde se atopa a Virxe, sen distancia nin separación xerárquica. O doante ricamente vestido, de xeonllos nun reclinatorio, interrompe a súa oración, para mirar a Virxe, corodada por un anxo e termando do Neno, quen bendice ao chanceler.
20. - Unha galería de tres arcos abre a un xardín que remata nunha muralla pola que asoman dous individuos ante unha cidade en medio dunha paisaxe atravesada por un río que se perde nun fondo montañoso. - Panofsky (historiador da arte) sostiña que esta insólita “familiaridade” do doante cos seres sagrados obedecía a mensaxe en clave representación Xerusalén celestial na que Rolin estaría tras a súa morte. Ademáis os temas esculpidos nos capiteis ( Expulsión do Paraíso, Caín e Abel e a Embriaguez de Noé ), farían referencia ós pecados do propio doante polos que ora. Sen embargo, esta hipótese se ben coherente, carece de apoio documental.
21. - Sendo asombrosa toda a pintura, seica sexa a paisaxe dominada desde as ameas o que máis abrae, xa sexa a Xerusalén Celeste, Flandres ou Borgoña, sorprende a súa minuciosidade tendo en conta as escasas dimensións da obra. - Rolin dá a imprensión de estar satisfeito consigo mesmo, e baixo pretesto de piedade, crea un monumento a súa propia vaidade (compatible con sincera devoción), grazas á destreza de Van Eyck.
22. 34. MATRIMONIO ARNOLFINI JAN VAN EYCK - Pintura primitiva flamenga. C. 1434. - Óleo sobre táboa. - National Gallery. Londres. - Xenero: retrato. - Encargo de Giovanni Arnolfini e a súa dona Giovanna Cenami. - Iconografía: rito nupcial con obxectos simbólicos e alegóricos.
23. - Esta pintura, exemplo do sist de representación flamengo, amosa o virtuosismo da técnica do óleo transmisión con todo detalle da presencia física dos obxectos e expresión dos ideais da mentalidade burguesa e laica. - Jan Van Eyck pintou o cadro en 1434 (inscripción sobre o espello: Xan Van Eyck estivo aquí 1434). Representa a voda de Giovanni Arnolfini e Giovann Cenami, mercader italiano asentado en Bruxas. No espello vemos aos dous cónxuxes de costas e outras 2 figuras emprazadas fóra da pintura (no espazo do espectador), o pintor e un personaxe actuando de testemuñas. Todo cadra co rito nupcial que adoitaba daquela: privado, civil e na propia casa.
24. - Os obxectos esparexidos pola estancia, toman ademáis unha presencia significativa, un contido simbólico: Lámpada: porta unha única vela prendida, sinal de Cristo como testemuña. Can: signo de fidelidade. Froitas da fiestra: pureza da alma humana en gracia e sacramento matrimonio. Zapatos no chan: pacto entre Deus e Moisés, quen descalzou para pisar terreo sacro. Rosario e espello: suxiren pureza. No marco do espello aparecen talladas dez escenas da Paixón. Na cabeceira do leito unha talla de Santa Margarida e o Dragón representa a portadora dos partos
25. - Salienta individualización dos personaxes un dos retratos dobres mellor conseguidos da historia. Retrato onde destacan a precisión das calidades que dá conta da riqueza e status da parella, tanto nos obles como nas suntuosas teas. Van Eyck articula o espazo figurativo coma prolongación do espazo real do espectador, servíndose tanto de elementos lineais (perspectivos) de mobles e teito, leito e fiestras, como de planos alternativamente claros e escuros, pero sobre todo do sútil recurso de pintar o noso espazo de espectadores a través do espello. - Recolle coa súa mirada, ademaís unha imaxe completa de toda a realidade que percibe, con todos os compoñentes tratados na mesma escala e importancia, sexan persoas, indumentarias, can e froitos. Mirta todo por igual e retrata coa mesma atención aos seus clientes e os obxectos que se atopan alí concepción femomenolóxica da natureza natureza ilimitada e continua na que estamos mergullados e que desborda o que vemos dunha simple ollada.